Budapest Índice Historia | Lugares de interese | Transportes | Cidades irmás | Véxase tamén | Menú de navegación47°28′19″N 19°3′1″L / 47.47194, -19.05028Páxina oficial de Budapest47°29′54″N 19°02′27″L / 47.49833, -19.04083400ePáxina oficial de BudapestGuía da Cidade, BudapesteeWorldCat1547591191193340511886753ID1206109001267930546384008684-70000 0001 1551 6585n79091691ID00629139ge128848372440291286417017994hy804365
ÁmsterdamAtenasBerlínBratislavaBruxelasBucarestBudapestCopenhagueDublínHelsinquiLisboaLiublianaLondresLuxemburgoMadridNicosiaParísPragaRigaRomaSofíaEstocolmoTalínA ValetaVienaVilniusVarsoviaZagrebBács-KiskunBaranyaBékésBorsod-Abaúj-ZemplénCsongrádFejérGyőr-Moson-SopronHajdú-BiharHevesJász-Nagykun-SzolnokKomárom-EsztergomNógrádPestSomogySzabolcs-Szatmár-BeregTolnaVasVeszprémZalaBudapest
BudapestPatrimonio da Humanidade en HungríaCidades Patrimonio da Humanidade
Hungría2005Unión Europea1873DanubioBudaÓbudaPest89106Pannonia896maxiaresÁrpád1000Estevo Imongois1241Visegrád13081361otománs15261686Habsburgoreis de Hungría15261780alemán1849187318671900Imperio AustrohúngaroVienaPrimeira Guerra Mundialséculo XXséculo XX189019101930Segunda Guerra Mundial24 de decembro194413 de febreiro1945soviéticosUnión EuropeaOrganización de Cidades do Patrimonio MundialaeroportoHungríatrenmetrolondinense
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Budapest
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 47°28′19″N 19°3′1″L / 47.47194, -19.05028
Budapest | |||
---|---|---|---|
Vistas da cidade | |||
Localización | |||
Budapest | |||
País | Hungría | ||
Rexión | Hungría central | ||
Subrexión | Budapest | ||
Xeografía | |||
Altitude | 96-527 msnm | ||
Superficie | 525,09 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 1 740 041 hab. (2012) | ||
Densidade | 3.300 hab/km² | ||
Xentilicio | Budapesti | ||
Outros datos | |||
Código postal | 1011–1239 | ||
Alcalde | István Tarlós (Fidesz-KDNP) | ||
Páxina oficial de Budapest |
Budapest é a capital de Hungría e o seu principal centro industrial, comercial e de transportes. Ten 1,7 millóns de habitantes segundo o censo de 2005 (unha diminución significativa respecto dos case 2,1 millóns con que contaba a mediados dos anos 80), que representan un quinto da poboación total do país. É a sétima cidade en tamaño da Unión Europea.
A cidade de Budapest é o resultado da unificación en 1873, ocupando ambas as dúas beiras do Danubio, das cidades de Buda e Óbuda, na beira dereita, e Pest, na esquerda.
Índice
1 Historia
2 Lugares de interese
3 Transportes
3.1 Aéreo
3.2 Ferroviario
3.3 Metro
4 Cidades irmás
5 Véxase tamén
5.1 Ligazóns externas
Historia |
A historia coñecida de Budapest remóntase á antiga cidade romana de Aquincum, fundada no ano 89 sobre o sitio dun antigo campamento celta, próximo ao que actualmente é Óbuda. Do 106 ata finais do s. IV, foi a capital da provincia de Pannonia.
Cara ao ano 896 os maxiares, devanceiros do pobo húngaro actual, colonizan a rexión baixo o comando de Árpád e aséntanse no val pannoniano así como no sector de Óbuda. Hungría é fundada un ano máis tarde, no ano 1000, coa coroación do seu primeiro rex, Estevo I. Aínda que a cidade foi case destruída polos mongois en 1241 e que a residencia real foi trasladada a Visegrád en 1308, a cidade converteuse na capital do país en 1361.
A conquista da maior parte do país polos otománs interrompeu o crecemento da cidade. Pest cae en mans dos invasores en 1526. Buda, que foi defendida polo seu castelo, coñeceu a mesma sorte quince anos despois. Mentres que Buda se converte en base do goberno turco na rexión, Pest é abandonada polos seus habitantes despois da reconquista en 1686 por parte dos Habsburgo, que eran reis de Hungría desde 1526 aínda que gran parte do seu territorio fora perdido ante os otománs.
Durante os ss. XVII e XVIII, malia que a cidade sufriu unha grande inundación que deixou uns 70.000 mortos, Pest tivo un crecemento enorme, grazas ao comercio e ao crecemento combinado das tres cidades. En 1780 o alemán é introducido como lingua oficial polos Habsburgo.
A fusión das tres cidades toma forza por primeira vez en 1849 baixo o impulso dun goberno revolucionario, antes de ser revogada despois da reconstitución da autoridade dos Habsburgo. A unión das tres cidades queda definida polo goberno real autónomo húngaro en 1873 despois do Ausgleich (Compromiso austrohúngaro) de 1867.
En 1900 a poboación de Pest é máis importante que a de Buda e Óbuda xuntas e a cidade era a segunda do Imperio Austrohúngaro, despois de Viena. Durante o seguinte século, a poboación multiplicarase por vinte mentres que a de Buda e Óbuda multiplicarase por cinco. Durante o s. XX a maior parte da industria húngara centrouse en Budapest, o crecemento da poboación foi entón máis importante. As perdas humanas da Primeira Guerra Mundial e a perda consecuente de máis de dous terzos do territorio, constituíron un trauma temporal: Budapest era agora a capital dun país seguramente máis pequeno, pero independente e soberano. A comezos do século XX, Budapest tiña unha poboación de 730.000 habitantes (7 veces máis que no censo de 1840).
Durante o século XX, a maior parte do crecemento da cidade realizouse nos arrabaldes, multiplicándose por dous a poboación do arrabalde de Újpest entre 1890 e 1910 e multiplicándose por cinco a poboación de Kispest respondendo á centralización da industria na capital do país. En 1930 a cidade tiña un millón de habitantes no seu centro, e 400.000 nos seus arrabaldes.
Trala Segunda Guerra Mundial Budapest quedou parcialmente destruída polas tropas británicas e americanas. Estes ataques tiveron lugar entre o 24 de decembro de 1944 e o 13 de febreiro de 1945, nos ataques contra os soviéticos e na defensa das tropas húngaras e alemás. Nos ataques foron destruídas tódalas pontes da cidade e morreron máis de 38.000 civís. No xenocidio nazi levado a cabo entre 1944 e 1945 morreron entre o 20% e o 40% dos 250.000 cidadáns xudeus que vivían na cidade. A pesar disto, Budapest segue a ser a cidade con máis xudeus per capita da Unión Europea.
Lugares de interese |
Budapest, coas ribeoras do Danubio, o barrio do castelo de Buda e a avenida Andrássy | |
---|---|
Castelo de Buda visto dese o río Danubio | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Hungría |
Localización | 47°29′54″N 19°02′27″L / 47.49833, -19.04083 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 1987 (11ª Sesión) ext. 2002 |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 400 |
Budapest é membro da Organización de Cidades do Patrimonio Mundial.
En Buda:
- No Barrio do Castelo atópase:
- O castelo real de Buda, de estilo barroco.
- A igrexa Matías de Buda, un símbolo de Hungría.
- O Museo de Historia Militar (Hadtörténeti Múzeum).
- A Galería Nacional de Arte.
- O Bastión dos Pescadores, chamado así porque foi construído polos pescadores da cidade.
- O funicular (Budavári Sikló).
En Pest:
- O Parlamento de Budapest, construído polo arquitecto Imre Steindl (1839-1902), profesor da Universidade Técnica, de estilo neogótico. A construción do Parlamento comezou o 12 de outubro de 1885. Agora contén a coroa dos reis húngaros, o símbolo do país, no Salón da Cúpula.
- A Basílica de Santo Estevo de Pest, a maior igrexa da cidade.
- O Museo de Belas Artes (Szépművészeti Múzeum) con pinturas españolas e europeas.
- O Museo Nacional Húngaro (Magyar Nemzeti Múzeum).
- A Praza dos Heroes (Hősök tere) co Monumento do Milenario da chegada dos maxiares (1896).
- O Gran Circo de Budapest e o parque zoolóxico.
- O Castelo de Vajdahunyad.
- A Estación do oeste (Nyugati pályaudvar) de Gustave Eiffel.
- O Belvárosi Templom, a igrexa máis antiga de Hungría, do século XII.
- A sinagoga da rúa Dohány, a máis grande de Europa do Leste.
- O Museo Etnográfico.
En Buda e en Pest:
- O Metro de Budapest, construído en 1896, un dos máis antigos do mundo.
- As pontes: entre outras a Ponte da Cadea (Lánchíd) e a Ponte Erzsébet.
- A Illa Margaret (Margit-sziget), conectada con Buda e Pest pola ponte Margaret. A illa enteira é un parque cun estadio deportivo, unha piscina e balnearios.
- As famosas termas públicas: Balneario Gellért (Gellért fürdő), Balneario Széchenyi (Széchenyi fürdő), Balneario Lukács (Lukács fürdő), Balneario Rudas (Rudas fürdő), Balneario Király (Király fürdő), Balneario Rác (Rác fürdő).
Transportes |
Aéreo |
O aeroporto internacional de Ferihegy é o maior de Hungría, con tres terminais de pasaxeiros (1, 2A e 2B). Atópase ó leste do centro, do lado de Pest.
Ferroviario |
Budapest posúe tres estacións de tren: Keleti (ó leste), Nyugati (ó oeste) e Déli (ó sur). Os servizos ferroviarios están operados pola MÁV.
Metro |
O metro de Budapest considérase o segundo máis antigo de Europa, tralo londinense. Actualmente, o metro posúe tres liñas: M1 (histórica), M2 e M3. A liña M4 está en construción mentres hai unha quinta en planificación.
Cidades irmás |
|
|
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Budapest |
Ligazóns externas |
Páxina oficial de Budapest (en húngaro)
Guía da Cidade, Budapest (en castelán)
|
|
|
Categorías:
- Budapest
- Patrimonio da Humanidade en Hungría
- Cidades Patrimonio da Humanidade
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.652","walltime":"0.831","ppvisitednodes":"value":1372,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":56624,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":5104,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":18,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":19,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 588.878 1 -total"," 48.52% 285.724 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.10% 100.683 1 Modelo:Commonscat"," 16.60% 97.754 1 Modelo:Irmáns"," 16.05% 94.525 1 Modelo:Caixa_lateral"," 12.41% 73.097 2 Modelo:Navbox"," 12.34% 72.660 1 Modelo:Capitais_UE"," 8.37% 49.275 2 Modelo:Infobox"," 7.16% 42.161 1 Modelo:Cidade"," 5.31% 31.253 2 Modelo:Coordenadas"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.336","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":8330896,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1293","timestamp":"20190326220301","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":166,"wgHostname":"mw1238"););