Comarca de Bergantiños Índice Xeografía | Economía | Lugares de interese | Concellos da comarca de Bergantiños | Poboación | Historia | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónSeries históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellosNomenclatorAsociación de Desenvolvemento da Comarca de BergantiñoseeWorldCat2482880353128197Traballa nel
ArzúaA BarbanzaA BarcalaBergantiñosBetanzosA CoruñaO EumeFerrolFisterraMurosNoiaOrdesOrtegalSantiagoO SarA Terra de MelideA Terra de SoneiraO XallasAllariz - MacedaA Baixa LimiaO CarballiñoA LimiaOurenseO RibeiroA Terra de CaldelasA Terra de CelanovaA Terra de TrivesValdeorrasVerínVianaMariña de LugoTerra de MontesVal da LouriñaVal Miñor
Comarcas da provincia da CoruñaCosta da Morte
comarcasgalegasprovincia da CoruñaCarballoCabana de BergantiñosCarballoCoristancoA LarachaLaxeMalpica de BergantiñosPonteceso2014provincia da CoruñaCosta da Morteocéano Atlánticocomarca da Coruñacomarca do Xallascomarca da Terra de Soneiracomarca de OrdesLaxerío Anllónsestuarioría de Corme e LaxeRebordeloDolmen de DombatePedra da ArcaCastro de BorneiroTorre da PenelaTorres de Mensareal de BaldaioenseadaLaxeTrabaRazoBalaresMalpicaCormeLaxeillas Sisargascabo de Santo Adrián2014choivasarqueolóxicosantropolóxicosmegaliticodolmensDombatePedra da ArcaPedra MouraFornela dos MourosIdade de BroncecastrosBorneiroPedra da ArcaDolmen de DombateCabana de BergantiñosCarballoFesta da pataca de CoristancoCaiónLarachaLaxeMalpica de BergantiñosIllas SisargasEduardo PondalPonteceso
Comarca de Bergantiños
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Comarca de Bergantiños | |
|---|---|
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Capital | Carballo |
| Área | 742 km² |
| Poboación | 68.928 hab. (2014) |
Densidade | 92,89 hab./km² |
Concellos | Cabana de Bergantiños Carballo Coristanco A Laracha Laxe Malpica de Bergantiños Ponteceso |
| Xentilicio | bergantiñán, bergantiñá |
A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.
Índice
1 Xeografía
2 Economía
3 Lugares de interese
4 Concellos da comarca de Bergantiños
5 Poboación
5.1 Principais núcleos de poboación
6 Historia
7 Galería de imaxes
8 Notas
9 Véxase tamén
9.1 Ligazóns externas
Xeografía |
Sitúase ao oeste da provincia da Coruña, en plena Costa da Morte, limitando ao norte co océano Atlántico e a comarca da Coruña, ao sur coa comarca do Xallas e a comarca da Terra de Soneira, ao leste coa comarca de Ordes e ao oeste co océano Atlántico. Os seus 742 km² de extensión repártense de maneira desigual entre os seus 7 concellos, dende o máis pequeno, Laxe, que abrangue unha superficie de 36,9 km², ata o máis grande, Carballo, que ten unha superficie de 167,49 km².
Vista desde a parroquia de Canduas da desembocadura do río Anllons.
O río máis importante, e no que se artella toda a rede hidrográfica da comarca, é o río Anllóns que atravesa esta comarca de leste a oeste formando no seu discorrer polas terras de Bergantiños un val e na súa desembocadura forma un estuario, que dá diversas formas segundo a marea estea baixa ou alta, antes de desembocar na ría de Corme e Laxe. O cumio de máis importancia é o monte Castelo (598 m). Bergantiños dispón de numerosas praias, como as de Baldaio, Balares, Laxe e Traba de Laxe, Area Maior de Malpica e Razo-Baldaio, Rebordelo en Cabana.
O clima desta comarca é de temperaturas suaves, con pequenas oscilacións térmicas e abundantes precipitacións.
Economía |
Na economía desta comarca destacan sobre todo a agricultura a gandaría e a pesca.
Entre os portos da comarca destacan os de Caión, Malpica, Corme e Laxe.
Lugares de interese |
Entre o patrimonio histórico destacan o Dolmen de Dombate, a Pedra da Arca e o Castro de Borneiro, a Torre da Penela, a igrexa e as Torres de Mens. Entre os espazos naturais salientar o areal de Baldaio, a enseada do río Anllóns, as praias de Laxe, Traba Razo e Balares, os porto de Malpica, Corme, Laxe así como as illas Sisargas xunto co cabo de Santo Adrián.
Concellos da comarca de Bergantiños |
Bergantiños | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Poboación |
Con 68.928 habitantes en 2014, a comarca de Bergantiños é a cuarta comarca máis poboada da provincia da Coruña e a décima de Galiza. A meirande parte da poboación da comarca concéntrase na capital, o concello de Carballo, onde reside algo máis do 45% da poboación total da mesma. Por outra banda, o concello menos poboado é o de Laxe, que con 3.207 habitantes representa menos do 5% da poboación total da comarca. A perda de poboación converteuse nunha constante na comarca, onde case todos os concellos perden poboación coas únicas excepcións de Carballo e A Laracha.
| Concello | N.º de parroquias | Habitantes | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1981 | 1986 | 1991 | 1996 | 2001 | 2006 | 2011 | 2014 | ||
| Cabana de Bergantiños | 10 | 6.991 | 7.167 | 6.291 | 6.009 | 5.689 | 5.199 | 4.865 | 4.623 |
| Carballo | 18 | 25.713 | 26.962 | 26.033 | 27.287 | 28.497 | 29.985 | 31.303 | 31.288 |
| Coristanco | 15 | 10.314 | 10.271 | 9.334 | 8.416 | 8.098 | 7.582 | 7.102 | 6.706 |
| A Laracha | 13 | 11.710 | 12.007 | 10.521 | 10.791 | 10.666 | 10.803 | 11.337 | 11.443 |
| Laxe | 6 | 3.654 | 3.786 | 3.479 | 3.616 | 3.575 | 3.489 | 3.366 | 3.207 |
| Malpica de Bergantiños | 8 | 8.549 | 8.560 | 7.950 | 7.443 | 7.172 | 6.567 | 6.102 | 5.768 |
| Ponteceso | 14 | 8.714 | 8.607 | 8.035 | 7.663 | 7.118 | 6.588 | 6.134 | 5.893 |
| Total | 84 | 75.645 | 77.360 | 71.643 | 71.225 | 70.815 | 70.213 | 70.209 | 68.928 |
Fonte[1]: IGE e Instituto Nacional de Estadística
| Censo total 2014 | 68.928 habitantes |
|---|---|
| Menores de 15 anos | 8.053 (11.68 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 43.442 (63.02 %) |
| Maiores de 65 anos | 17.433 (25.29 %) |
Principais núcleos de poboación |
Vista da vila e do porto de Caión
No ano 2014, os principais núcleos de poboación por concello eran[2]:
Cabana de Bergantiños: As Grelas (146 hab.), Taboído (141 hab.) e O Valado (141 hab.).
Carballo: Carballo (18.237 hab.), Entrecruces Baixa (376 hab.) e Mirón (350 hab.).
Coristanco: San Roque (552 hab.), Bormoio (362 hab.) e A Rabadeira (213 hab.).
A Laracha: A Laracha (2.996 hab.), Paiosaco (746 hab.) e Caión (641 hab.).
Laxe: Laxe (1.804 hab.), Matío (132 hab.) e Mórdomo (121 hab.).
Malpica de Bergantiños: Malpica (1.957 hab.), Buño (537 hab.) e Barizo (251 hab.).
Ponteceso: Corme-Porto (1.141 hab.), A Trabe (616 hab.) e Ponteceso (423 hab.).
Historia |
Pedra da Arca en Cerqueda, Malpica de Bergantiños
Debido a acidez do chan mesturada coas inmensas choivas predominantes na zona non se dispón de restos arqueolóxicos (os máis antigos que se puideron datar derón unha cronoloxía moi por debaixo dos atopados noutros sitios[3]) nin antropolóxicos no que poder fundarse para determinar a maneira e forma de vida dos primeiros poboadores da comarca.
Do período megalitico atópanse varios monumentos dos que destacan os dolmens de Dombate, Pedra da Arca, Pedra Moura e Fornela dos Mouros.
Da Idade de Bronce atópanse numerosos castros dos que destacan os de Borneiro e Pedra da Arca.
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca de Bergantiños.

Situación da comarca de Bergantiños.

Dolmen de Dombate (Cabana de Bergantiños).

Pazo da Cultura (Carballo).

Carroza deseñada con patacas na Festa da pataca de Coristanco de 2005.

Vista xeral de Caión, parroquia costeira da Laracha.

Vista panoramica de Laxe.
Capela do Santo Hadrián (Malpica de Bergantiños) coas Illas Sisargas ó fondo.

Pazo de Eduardo Pondal (Ponteceso).
Notas |
↑ Series históricas de poboación. Poboación para Galicia, provincias, comarcas e concellos IGE. Consultado o 30/10/2015.
↑ Nomenclator INE. Consultado o 30/10/2015 (en castelán)
↑ Fernández Carrera, Xan X. (2001). Descubre A Comarca de Bergantiños.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Comarca de Bergantiños |
Ligazóns externas |
- Asociación de Desenvolvemento da Comarca de Bergantiños
| ||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||||
|
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Categorías:
- Comarcas da provincia da Coruña
- Costa da Morte
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.400","walltime":"0.585","ppvisitednodes":"value":986,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":37800,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3234,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":2,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":8400,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":3,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 447.465 1 -total"," 25.94% 116.070 1 Modelo:Commonscat"," 25.86% 115.717 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 24.94% 111.583 1 Modelo:Irmáns"," 24.11% 107.867 1 Modelo:Caixa_lateral"," 17.78% 79.551 1 Modelo:Listaref"," 16.17% 72.374 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 15.87% 71.013 1 Modelo:Cita_libro"," 8.28% 37.055 1 Modelo:ConcellosBergantiños"," 7.52% 33.654 1 Modelo:Navbox_con_columnas"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.137","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2941472,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1311","timestamp":"20190315091938","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Comarca de Bergantiu00f1os","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Comarca_de_Berganti%C3%B1os","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q793437","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q793437","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-11-15T21:25:10Z","dateModified":"2019-01-26T09:11:22Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/e9/Comarca_Berganti%C3%B1os.png","headline":"comarca da provincia da Coruu00f1a"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":159,"wgHostname":"mw1321"););