Skip to main content

Músculo Índice Embrioloxía | Estrutura | Tipos de músculos | Funcións do músculo | Lista do músculos do corpo humano | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"Múscul", Diccionari enciclopèdic de medicina"múscul""Muscle""Muscle""Musculatura""El cos humà 2.0 - Tipus de teixits"o orixinal"Contracció muscular""Natja"Basic Concepts in Embryology: A Student's Survival Guide"Human Muscle Tutorial - páxina web interactiva con fotos e gráficos dos músculos do corpo humano co seu nome en latín"o orixinal"Os músculos do corpo humano en táboas"ee45782241133IDmuscular-diseases00565842662muscolo32558D009132A04.0.00.0000001630

Musculatura


latíntecidofibra muscularórganosfisioloxíaepiteliotecido conxuntivotecido nerviosocorazónsistema dixestivoollocuadrícepsglúteo maiorglúteo medioglúteo menorpelvemesoderma paraxialembriónsomitoscolumna vertebralesclerotomadermatomamiotomanervios espiñaismioblastosstecido conxuntivotecidocélulasorganelasnúcleo celularmioglobinaactinamiosinacorazónmúsculo esqueléticomúsculo cardíacovisceralórgano










Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Músculo




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





Músculos humanos segundo un debuxo do anatomista Andreas Vesal (De humani corporis fabrica (1543).


O músculo[1] (do latín, musculus, diminutivo de mus, "rato"[2][3][4][5]) é o tecido contráctil do corpo; deriva da capa mesodérmica de células xerminais embrionarias. En conxunto, son cada un dos órganos carnosos que, con súa contractilidade, son os instrumentos inmediatos para producir ou contrarrestar os movementos. O elemento anatómico constitutivo é a fibra muscular, que pode ser lisa ou estriada.[3] E por musculatura enténdese a agrupación de, ora todos os músculos do corpo, ora os dunha parte concreta do corpo[6] (por exemplo, a musculatura facial ou a musculatura cervical).


A súa función debe ser o feito de producir movemento de forza que fai posible a locomoción ou o movemento dentro dos órganos internos; os músculos contráense co obxectivo de desprazar ou mover partes do corpo, e transportar substancias no seu interior. En fisioloxía, o músculo é un dos catro tipos de tecidos. Os outros tres son o epitelio, o tecido conxuntivo e o tecido nervioso.[7]


Moitas das contraccións de músculos realízanse sen unha acción consciente, e son accións precisas para a supervivencia, como o é a contracción do corazón, ou o movemento peristáltico, que fai circular o alimento a través do sistema dixestivo. A contracción consiste na capacidade que teñen os músculos de diminuír de lonxitude nunha das dimensións e aumentala noutras.[8] A contracción de músculos voluntarios utilízase para mover o corpo, e pódese controlar minuciosamente, como son os movementos do ollo, ou movementos grandes como o do cuadríceps da coxa. O meirande é o glúteo maior (o cal, xunto co glúteo medio e o glúteo menor serven para erguerse e soster a pelve, por movementos do fémur e da coxa).[9]




Índice





  • 1 Embrioloxía


  • 2 Estrutura


  • 3 Tipos de músculos

    • 3.1 Segundo a natureza


    • 3.2 Segundo a súa localización



  • 4 Funcións do músculo


  • 5 Lista do músculos do corpo humano


  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Outros artigos


    • 7.2 Ligazóns externas





Embrioloxía |


Todos os músculos derivan do mesoderma paraxial.[10] O mesoderma paraxial divídese ó longo do embrión en somitos, que se corresponden coa segmentación do corpo (como se pode observar de maneira obvia na columna vertebral).[10] Cada somito ten 3 divisións, esclerotoma (que forma vértebras), dermatoma (que forma a pel) e miotoma (que forma os músculos).[10] O miotoma divídese en dúas seccións, o epímero e o hipómero, para formar músculos epaxiais e hipaxiais, respectivamente.[10] Nos seres humanos, os músculos epaxiais son só os músculos erector da columna (sacroespinais) e os pequenos músculos intervertebrais, e están innervados polas pólas dorsais dos nervios espiñais.[10] Todos os outros músculos, incluíndo os das extremidades, son hipaxiais, formados a partir do hipómero e innervados polas pólas ventrais dos nervios espiñais.[10]


Durante o desenvolvemento, os mioblastoss (células precursoras das fibras musculares) poden permanecer nos somitos para formar os músculos asociados coa columna vertebral ou migrar cara o corpo para formar todos os outros músculos.[10] A migración dos mioblastos é precedida pola formación de tecido conxuntivo, en xeral formado a partir da somática placa lateral do mesoderma.[10] Os mioblastos seguen sinais químicas nos lugares axeitados, onde se funden en células alongadas de músculo esquelético.[10]



Estrutura |


O músculo é un tecido formado por células fusiformes constituídas polo sarcolema, que é a membrana celular e o sarcoplasma que conteñen as organelas, o núcleo celular, mioglobina e un complexo armazón proteico de fibras chamadas actina e miosina cuxa principal propiedade, chamada contractilidade, é a de acurtar a súa lonxitude cando son sometidas a un estímulo químico ou eléctrico. Estas proteínas teñen forma helicoidal ou de hélice, e cando son activadas únense e rotan de forma que producen un acurtamento da fibra. Durante un só movemento existen varios procesos de unión e desunión do conxunto actina-mielina



Tipos de músculos |




Músculos do peito, ombro e brazo



Segundo a natureza |


  • Músculo estriado
De natureza estriada e de control voluntario. Forma os músculos esqueléticos do corpo, ou músculos voluntarios.
  • Músculo liso
Non contén estrías e é controlada de xeito involuntario. Forma os músculos das paredes do tracto dixestivo, urinario, vasos sanguíneos e o útero: músculos involuntarios ou viscerales.
  • Músculo cardíaco

De natureza estriada e de control involuntario. Presente só no corazón.


O corpo humano está formado aproximadamente dun 40% de músculo esquelético e dun 10% de músculo cardíaco e visceral.



Segundo a súa localización |


De acordo coa súa localización, clasifícanse os músculos en dous grandes grupos:


  • Músculos cutáneos
Inmediatamente debaixo da pel, teñen as súas insercións na derme.
  • Músculos profundos
Estes son os esqueléticos, propiamente: están baixo aponeurose, e as súas insercións son -polo menos unha delas- óseas.


Funcións do músculo |




Un corazón humano onde existen fibras musculares diferenciadas


  • Produce movemento.

  • Xeran enerxía mecánica pola transformación da enerxía química (biotransformadores).

  • Dá estabilidade articular.

  • Serve como protección.

  • Mantemento da postura.

  • É o sentido da postura ou posición no espazo, grazas a terminacións nerviosas incluídas no tecido muscular.

  • Información do estado fisiolóxico do corpo, por exemplo un cólico renal provoca contraccións fortes do músculo liso xerando unha forte dor, signo do propio cólico.

  • Achegue de calor, pola súa abundante irrigación, pola fricción e polo consumo de enerxía.

  • Estimulante dos vasos linfáticos e sanguíneos, por exemplo a contracción dos músculos da perna bombean axudando ó sangue venosa e á linfa a que se dirixan en contra da gravidade durante a marcha.

O músculo é o órgano de maior adaptabilidade, modifica máis que ningún outro órgano tanto o seu contido como a súa forma, dunha atrofia severa pode volver reforzarse en pouco tempo, grazas ó adestramento, do mesmo xeito que co desuso se atrofia conducindo ó músculo a unha diminución de tamaño, forza, ata redución da cantidade de organelas celulares. No músculo esquelético, se se inmobiliza en posición de acurtamento, ó cabo de pouco tempo adáptase á súa nova lonxitude requirindo adestramento a base de estiramentos para volver á súa lonxitude orixinal, ata se se deixa estirado un tempo, pode dar inestabilidade articular pola hiperlaxitud adoptada.



Lista do músculos do corpo humano |



Artigo principal: Lista de músculos do corpo humano.


Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para músculo.


  2. O nome déuselle pola semellanza que viron entre os movementos deste roedor e dos que fai un músculo cando se contrae "Múscul", Diccionari enciclopèdic de medicina (consultado o 25 de xaneiro de 2008)


  3. 3,03,1 Grup Enciclopèdia Catalana (ed.). "múscul". Diccionari Enciclopèdic de Medicina. Barcelona. Consultado o 5 de marzo de 2012. 


  4. Alfred Carey Carpenter (2007). "Muscle". Anatomy Words (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2012. 


  5. Douglas Harper (2012). "Muscle". Online Etymology Dictionary (en inglés). Consultado o 3 de outubro de 2012. 


  6. "Musculatura". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 


  7. Departament d'Ensenyament. Generalitat de Catalunya (ed.). "El cos humà 2.0 - Tipus de teixits". Arquivado dende o orixinal o 11 de maio de 2013. Consultado o 7 de maio de 2013. 


  8. "Contracció muscular". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 


  9. "Natja". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 


  10. 10,010,110,210,310,410,510,610,710,8 Sweeney, Lauren J. (1 de dececmbro de 1997). Basic Concepts in Embryology: A Student's Survival Guide (en inglés) (1a ed. ed.). McGraw-Hill Professional. p. 480. ISBN 978-0-07-063308-7. Consultado o 6 de marzo de 2012. 



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Sistema muscular


Ligazóns externas |



  • "Human Muscle Tutorial - páxina web interactiva con fotos e gráficos dos músculos do corpo humano co seu nome en latín" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 1998. Consultado o 05 de outubro de 2018. 


  • "Os músculos do corpo humano en táboas" (en alemán). 




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Músculo&oldid=4951000"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.572","walltime":"0.803","ppvisitednodes":"value":3598,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":118935,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":10708,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":11,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":12365,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":12,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 699.404 1 -total"," 40.50% 283.259 1 Modelo:Listaref"," 35.86% 250.790 9 Modelo:Cita_web"," 23.95% 167.482 8 Modelo:Navbox"," 21.35% 149.303 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 12.43% 86.929 6 Modelo:Navbox_subgroup"," 11.98% 83.770 1 Modelo:Commonscat"," 11.01% 76.989 1 Modelo:Irmáns"," 10.91% 76.315 1 Modelo:Sistemas_e_órganos"," 10.25% 71.677 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.295","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4479904,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1302","timestamp":"20190325090742","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Mu00fasculo","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/M%C3%BAsculo","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q7365","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q7365","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-08-24T08:45:42Z","dateModified":"2018-10-15T10:55:35Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/a/ad/Vesalius_Fabrica_p178.jpg","headline":"u00f3rgano formado por tecido muscular"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":147,"wgHostname":"mw1331"););

Popular posts from this blog

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?

Barrañán, Arteixo Índice Festas | Galería de imaxes | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°18′23″N 8°33′04″O / 43.3064, -8.5510

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано