Ollo Índice Funcións do ollo | Estrutura do ollo | Funcionamento do ollo | Principais defectos e patoloxías do ollo | Véxase tamén | Menú de navegaciónA evolución do ollo.ee3004004844090XX52587611938400h2363414ID01490584122841-8eyessh8504664200567549742occhio75665D005123A01.456.505.420C12401A15.2.00.0010000970C0015392
Vista
latínórganoluzsentidovistavistaollos compostosartrópodosvertebradosmoluscosretinanervio ópticotransparentehumor vítreocristalinocristalinomúsculoiriscor aos ollosrefractarcórneapresbiciavisiónaparello lagrimalmúsculosglobo ocularmembranaescleróticacoroidevasos sanguíneosretinacélulasbastónsconoscórneaconxuntivairispupilacristalinohumor acuosonutriciónestromadilatacióncontraccióncor do irispigmentoalbinosembarazomácula lúteairisnegrailuminaciónretinadiafragmafenómenorefracciónopacocatarataspelículacerebroencéfaloquiasma ópticotecidoescuridadedíasubstanciaretinolperiferiaCono (célula)distanciaconverxenciarefraccióncongénitacabezaperiódicoelasticidadehomemullerinflamaciónconxuntivapopuslíquidocegueiraferidacontusiónproxectilraios ultravioletassolneveareaaugaexposiciónfiltro
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Enu003Ctd class="mbox-image"u003En u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Comunicado_24_marzo_2019" title="Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019"u003Eu003Cimg alt="Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/75px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png" decoding="async" width="75" height="86" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/113px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/150px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 2x" data-file-width="135" data-file-height="155" /u003Eu003C/au003Eu003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003EA Galipedia estará "apagada" ata o día 26 de marzo en protesta pola proposta de directiva de dereitos de autor da Unión Europea. Tes máis información en u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Comunicado_24_marzo_2019" title="Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019"u003EWikipedia:Comunicado_24_marzo_2019u003C/au003Eu003C/bu003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Comunicado_24_marzo_2019" title="Wikipedia:Comunicado 24 marzo 2019"u003Eu003Cimg alt="Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/75px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png" decoding="async" width="75" height="86" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/113px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/6d/Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg/150px-Wikipedia-logo-v2-gl-black.svg.png 2x" data-file-width="135" data-file-height="155" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Ollo
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O ollo ( pronunciación (axuda · info)), (do latín ocŭlus), ou globo ocular é o órgano que detecta a luz, sendo a base do sentido da vista. Componse dun sistema sensible aos cambios de luz, capaz de transformar estes en impulsos eléctricos. Os ollos máis sinxelos non fan máis que detectar se os arredores están iluminados ou escuros. Os máis complexos serven para proporcionar o sentido da vista.
As partes do ollo son esenciais para a existencia humana porque grazas a elas captamos, percibimos e atopamos o que se chama as imaxes percibidas por este sistema.
Os ollos compostos atópanse nos artrópodos (insectos e animais semellantes) e están formados por moitas facetas simples que dan unha imaxe "pixelada", ou sexa, en mosaico (non imaxes múltiples, como a miúdo crese).
Na maioría dos vertebrados e nalgúns moluscos, o ollo funciona proxectando imaxes a unha retina sensible á luz, onde se detecta e transmítese un sinal correspondente a través do nervio óptico. O ollo polo xeral é aproximadamente esférico, cheo dunha substancia transparente xelatinosa chamada humor vítreo, que enche o espazo comprendido entre a retina e o cristalino, o humor transparente, atópase no espazo existente entre o cristalino e a córnea transparente, cuxa función é a de controlar o estado óptimo da presión intraocular, cun lente de enfoque chamado cristalino e, a miúdo, un músculo chamado iris que regula a cantidade de luz que entra e lle dá cor aos ollos.
Para que os raios de luz se poidan enfocar débense refractar. A cantidade de refracción que cómpre depende da distancia do obxecto que se ve. Un obxecto distante requirirá menos refracción que un máis próximo. A maior parte da refracción acontece na córnea, que ten unha curvatura fixa. O resto da refracción requirida dáse no cristalino. Ao avellentar, o ser humano vai perdendo esta capacidade de axustar o enfoque, deficiencia coñecida como presbicia ou vista cansa.
Os ollos máis simples non fan máis que detectar se as zonas ao seu redor están iluminadas ou escuras. Os máis complexos serven para proporcionar o sentido da visión.
Índice
1 Funcións do ollo
2 Estrutura do ollo
3 Funcionamento do ollo
3.1 Pupila
3.2 Córnea e cristalino
3.3 Retina
3.4 Conos e bastóns
3.5 Outras partes do ollo
3.5.1 Musculatura extrínseca
4 Principais defectos e patoloxías do ollo
4.1 Miopía
4.2 Hipermetropía
4.2.1 Presbicia
4.3 Daltonismo
4.4 Conxuntivite
4.5 Catarata
4.6 Glaucoma
4.7 Traumatismos
4.8 Oftalmía
4.9 Outros defectos e patoloxías
5 Véxase tamén
5.1 Outros artigos
5.2 Ligazóns externas
Funcións do ollo |
O ollo recibe os estímulos dos raios da luz procedentes da contorna e transfórmanos en impulsos nerviosos. Estes impulsos chegan ata o centro cerebral da visión, onde se descodifican e convértense en imaxes. A vista é un dos cinco sentidos que nos permiten comprender o mundo que nos rodea e desenvolvernos nel.
Estrutura do ollo |
O órgano da visión está composto polas pálpebras, os globos oculares, o aparello lagrimal e os músculos oculares externos. A visión binocular, coa participación de ambos os ollos, permite apreciar as imaxes en tres dimensións. O globo ocular mide uns 25 mm de diámetro e mantense na súa posición grazas aos músculos oculares. Está envolvido por unha membrana composta de varias capas.
A capa exterior, chamada esclerótica (27), é espesa, resistente e de cor branca. Recobre a capa intermedia, a coroide (28), que contén abondosos vasos sanguíneos. A capa interna chámase retina (30), e nela atópanse as células sensibles á luz: os bastóns e os conos. A parte anterior do globo ocular está cuberta pola córnea (8), unha membrana transparente e resistente que non posúe vasos sanguíneos.
Ao redor da córnea está a conxuntiva (4). Por detrás da córnea áchase a cámara anterior, limitada polo iris (9) e a pupila (18). Detrás da pupila atópase o cristalino, o corpo ciliar e a cámara posterior. As dúas cámaras están cheas dun líquido, o humor acuoso, que por unha banda mantén a tensión do interior do ollo e, por outro, humedece o cristalino e garante a súa nutrición. O iris está formado por unha fina rede de fibras conxuntivas, ou estroma, provista de numerosos vasos sanguíneos e dos músculos que controlan a dilatación e a contracción da pupila.
A cor do iris depende da transparencia do estroma e da cantidade de pigmento que contén. Cando o pigmento é escaso, os ollos son azuis, mentres que cando hai unha cantidade maior aprécianse matices verdes ou castaños.
O pigmento fórmase durante os primeiros meses de vida, polo que todos os recentemente nados teñen os ollos de cor azul agrisada. A cor definitiva establécese aos dous ou tres meses de vida. Senón hai pigmentación, os ollos parecen vermellos: é o caso dos albinos.
O cristalino, situado xusto detrás da pupila, está sostido por unhas fibras conxuntivas moi finas que á súa vez están unidas ao músculo constritor do corpo ciliar. O cristalino fórmase ao longo da terceira ou cuarta semana do embarazo. É brando e elástico nos nenos, pero se endurece co paso dos anos.
O cristalino medra durante toda a vida: nun individuo de 70 anos é case tres veces maior que nun bebé. Detrás do cristalino atópase o humor vítreo, unha masa xelatinosa, abrancazada e transparente que ocupa a maior parte do interior do ollo. Esta masa está rodeada pola retina, que é a túnica máis interna do ollo. A retina, sensible aos impulsos luminosos, está conectada coas fibras do nervio óptico que se prolonga cara ao cerebro.
A zona que rodea o nervio óptico é a papila óptica, unha área que non contén células sensoriais e constitúe o denominado punto cego. Sobre a superficie da retina, no eixo anteroposterior do ollo, hai unha depresión: a mácula lútea ou amarela, que é a zona con maior agudeza visual. O ollo ve a luz visible que vai desde 400 milimicras a 750 milimicras, aproximadamente 3x107 Hz (3 por 10 elevado a 7 Hz) de frecuencia de ancho de banda.
Funcionamento do ollo |
Pupila |
- Artigo principal: Pupila.
A pupila é a parte central do iris. Trátase dunha abertura dilatable e contráctil de cor negra coa función de regular a iluminación que lle chega á retina, na parte posterior do ollo.
A pupila é o diafragma do ollo. Os músculos do músculo ciliar que teñen forma circular e de radio, ábrena ou péchana en función da luminosidade.
Córnea e cristalino |
- Artigos principais: Córnea e Cristalino.
A córnea é unha importante porcion anatomica do ollo e o cristalino é un compoñente do ollo con forma viconvexa; constitúen o obxectivo do ollo. Cando un raio de luz pasa dunha substancia transparente a outra, a súa traxectoria desvíase: este fenómeno coñécese co nome de refracción. A luz se refracta no cristalino e proxéctase sobre a retina. O cristalino regula a distancia curvándose máis ou menos. Se o cristalino é opaco, a retina transmite unha imaxe borrosa. Esta patoloxía é coñecida como "cataratas".
Retina |
- Artigo principal: Retina.
Na retina están as células visuais, polo que se pode comparar a unha película fotosensible. A luz, é dicir, a imaxe que percibimos, transfórmase alí en impulsos eléctricos que o nervio óptico transmite ao cerebro. Os nervios ópticos da zona nasal de ámbolos dous ollos entrecrúzanse antes de entrar no encéfalo, formando o quiasma óptico, en cambio a zona temporal non se cruza, deixando nun lado do cerebro o sector nasal dun ollo e o temporal do outro. Logo prolónganse polas vías visuais cara á zona media do cerebro e atravesando o tecido cerebral, alcanzan os centros visuais dos lóbulos occipitales. Ignórase que ocorre con exactitude despois, pero os impulsos eléctricos transfórmanse en imaxes. A imaxe chega investida á retina, pero o cerebro rectifícaa e podemos percibila na súa posición orixinal.
Conos e bastóns |
- Artigos principais: Cono (célula), Bastón (célula) e Fotorreceptor.
As células sensoriais da retina reaccionan de forma distinta á luz e as cores. Os bastóns actívanse na escuridade, e só permiten distinguir o negro, o branco e os distintos grises. Os conos, en cambio funcionan de día e en ambientes iluminados, e fan posible a visión nas cores.
En realidade hai tres tipos de conos, adaptados a cada un ás cores azul, vermello e verde; os cales interaccionan mezclandose para formar o espectro completo de luz visible. O pigmento dos conos é unha substancia coloreada do retinol.
Os conos están concentrados no centro da retina mentres que a frecuencia dos bastóns aumenta a medida que nos afastamos da mácula lutea cara á periferia. Cada Cono (célula) está conectado individualmente co centro visual do cerebro, o que na práctica permite distinguir a unha distancia de 10 metros dous puntos luminosos separados por só un milímetro.
Outras partes do ollo |
- Esclerótica
- Fóvea
- Humor vítreo
- Iris
- Mácula
- Punto cego
Tapetum lucidum (non nos seres humanos)- Coroide
- Humor acuoso
- Músculo ciliar
Musculatura extrínseca |
- Músculo recto interno
- Músculo recto externo
- Músculo recto superior
- Músculo recto inferior
- Músculo oblícuo superior
- Músculo oblícuo inferior
Principais defectos e patoloxías do ollo |
Miopía |
- Artigo principal: Miopía.
A miopía é a dificultade para ver de lonxe, xeralmente débese a un diámetro anteroposterior do ollo maior do normal a unha converxencia excesiva do cristalino ou a unha refracción demasiado forte da córnea. En todos os casos, as imaxes proxéctanse por encima da retina e transmítense de forma borrosa.
Hipermetropía |
- Artigo principal: Hipermetropía.
A Hipermetropía xeralmente congénita, débese a un diámetro anteroposterior do ollo menor do normal, polo que as imaxes proxéctanse por detrás da retina. Non esta relacionada coa distancia ou proximidade do obxecto observado. Os nenos hipermétropes intentan ver mellor entornando os ollos co que sobrecargan os músculos que controlan a forma do cristalino. Por iso adoitan ter a vista cansa dores de cabeza e dificultades para concentrarse.
Presbicia |
- Artigo principal: Presbicia.
A presbicia maniféstase en avanzada idade, cando xa resulta difícil ver de cerca e para poder ler o periódico hai que afastalo dos ollos. Este problema débese á perdida de elasticidade do cristalino. Para garantir unha boa visión de cerca, o cristalino debe contraerse: cando xa non pode facelo, a visión próxima faise borrosa con todo a visión de lonxe segue sendo boa.
Prodúcese máis ou menos a partir dos 40 anos de idade.
Daltonismo |
- Artigo principal: Daltonismo.
O daltonismo é un defecto xenético polo cal hai unha falta de conos na retina, o cal provoca unha dificultade para distinguir o vermello e o verde, aínda que hai casos en que tamén é difícil diferenciar as demais cores.
O daltonismo, moito máis corrente no home que na muller, pode ser hereditario. Non adoita causar outros trastornos, aínda que pode constituír un problema nalgunhas profesións que esixen unha correcta visión das cores.
Conxuntivite |
- Artigo principal: Conxuntivite.
A conxuntivite é unha inflamación da conxuntiva, que se irrita e adquire unha cor avermellada en vez do branco habitual. Tense picores no ollo e a sensación que se meteu po dentro. Tamén pode producirse pus como as secreciones coagulan durante a noite, pola mañá resulta difícil abrir as pálpebras. A conxuntivite é unha enfermidade infecciosa ou alérxica moi corrente.
Catarata |
- Artigo principal: Catarata.
A catarata corresponde a unha opacificación do cristalino e é unha enfermidade bastante frecuente nas persoas maiores. Dado que o cristalino vólvese opaco progresivamente pérdese visión. Moitas veces descoñécese as causas da enfermidade pero pode aparecer en casos de diabetes ou tras unha infección.
Glaucoma |
- Artigo principal: Glaucoma.
O glaucoma é unha afección caracterizada por unha acumulación de líquido no interior do ollo. Dentro do ollo hai unha produción constante de humor acuoso, pero este líquido evacúase na mesma produción. Se a canle por onde se drena o humor acuoso se obstrúe, o líquido non se elimina e a presión intraocular aumenta en exceso.
O glaucoma é unha afección grave que se non se cura a tempo, pode xerar a perdida da visión.
Hai moitos medicamentos contraindicados cando se padece glaucoma. O incumprimento desta regra pode provocar unha cegueira.
Traumatismos |
Calquera ferida ou contusión do ollo pode alterar a visión ou causar unha cegueira. En principio o ollo está ben protexido dentro da órbita ósea pero un golpe directo, un proxectil, os anacos do parabrisas ou un produto irritante pode afectalo.
Oftalmía |
O ollo é moi sensible aos raios ultravioletas ben sexa de orixe natural (reflexo do sol na neve, a area ou a auga) ou artificial (soldaduras eléctricas, aparellos de esterilización, raios UVA).
Unha exposición excesiva produce unha inflamación moi dolorosa coñecida co nome de oftalmia. A única prevención consiste en levar lentes de sol tratadas cun filtro capaz de deter os raios ultravioletas e non uns simples cristais escuros.
Outros defectos e patoloxías |
- Acromatopsia
- Astigmatismo
- Cegueira
- Cegueira de neve
- Dexeneración macular asociada á idade
- Ectropion
- Entropion
- Estrabismo
- Lentes
Miodesopsias ou "moscas volantes"- Nictalopía
- Nistagmo
- Ollo seco
- Tirizó
- Retinopatía
- Uveíte
- Xantelasma
- Queratocono
Véxase tamén |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ollo |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de ollo |
Outros artigos |
- Adaptación visual
- Macropsia
- Micropsia
- Optometría
- Visión
- Cor dos ollos
- Órbita
- Hialocito
Ligazóns externas |
- A evolución do ollo.
|
|
|
|
Categoría:
- Vista
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.432","walltime":"0.529","ppvisitednodes":"value":4048,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":125797,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":10966,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":20,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":21,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 352.387 1 -total"," 54.12% 190.700 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 26.88% 94.735 8 Modelo:Navbox"," 13.26% 46.742 1 Modelo:Commons"," 13.04% 45.958 2 Modelo:Irmáns"," 12.88% 45.391 6 Modelo:Navbox_subgroup"," 11.93% 42.046 2 Modelo:Caixa_lateral"," 11.36% 40.043 1 Modelo:Sistemas_e_órganos"," 7.33% 25.829 1 Modelo:Anatomía_rexional"," 5.09% 17.940 11 Modelo:Artigo_principal"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.176","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4432884,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1309","timestamp":"20190319191338","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":151,"wgHostname":"mw1243"););