Skip to main content

Copa de Europa de rugby Índice Historia | Palmarés | Véxase tamén | Menú de navegaciónWeb oficial EPCRPáxina web oficial da EPCRe

Heineken CupCompeticións de clubs de rugby


rugbyseis naciónsFranciaInglaterraIrlandaEscociaGalesItaliaromanesesespañoisportuguesesEuropean Challenge CupCopa da UEFAfutbolCopa de Campións Europea de RugbyfrancesesromanesesalemánsbritánicosStade Toulousainmundial de rugby1995International Rugby BoardFranciaGalesIrlandaItaliaRomaníaholandés2012European Rugby Cupxuño2012Heineken CupEuropean Challenge Cupsetembro2012£BT SportSky Sportsoutubro201310 de abril2014European Rugby Challenge Cup












Copa de Europa de rugby




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Heineken Cup")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura















Copa de Europa de Rugby
H bianca su verde.png

Datas
Entre outubro e maio.

Equipos
20

Edicións
20

Último Campión

Flag of Ireland.svg Leinster Rugby (4ª)

Máis títulos (4)

Francia Stade Toulousain
Flag of Ireland.svg Leinster Rugby

Sitio web

Web oficial EPCR

A Copa de Europa de rugby, coa súa antiga denominación Heineken Cup (1995/2014) e a nova Champions Cup (2014/presente), é a máxima competición europea de clubs de rugby.


A particularidade e a orixinalidade da Heineken Cup foi facer competir entre eles a clubs, rexións e franquías das seis nacións: Francia, Inglaterra, Irlanda, Escocia, Gales e Italia. (Tamén outros clubs romaneses participaron na Heineken Cup e os mellores clubs españois e portugueses na European Challenge Cup que viría sendo máis ou menos o equivalente da Copa da UEFA en futbol).
A Heineken Cup foi unha das máis prestixiosas competicións deportivas do continente europeo.
Na tempada 2014-2015, a Heineken Cup foi substituída pola Copa de Campións Europea de Rugby.




Índice





  • 1 Historia

    • 1.1 Fundación


    • 1.2 Abandono da ERC e creación da nova Copa (2012-14)


    • 1.3 Torneo actual (Copa de Campións Europea de Rugby)



  • 2 Palmarés

    • 2.1 Finais


    • 2.2 Títulos



  • 3 Véxase tamén

    • 3.1 Ligazóns externas


    • 3.2 Outros artigos





Historia |



Fundación |


Nos anos '60, franceses, romaneses e alemáns xa trataran de crear unha Copa de Europa de rugby con clubs representando a cada un deses países. Mais os clubs británicos non participaban na competición.


Nos anos '80 o club francés do Stade Toulousain organizara un Master e un Torneo do centenario, onde os mellores clubs e provincias de varios países do mundo participaban. Esas competicións foron gañadas por ese mesmo club.


Logo do terceiro mundial de rugby en 1995, a International Rugby Board tomou a decisión de autorizar a práctica profesional do rugby. Pouco tempo despois, os clubs e provincias de Francia, Gales, Irlanda, Italia e Romanía participaron na primeira Copa de Europa de rugby, e o fabricante de cervexa holandés Heineken xa era o principal patrocinador da competición.



Abandono da ERC e creación da nova Copa (2012-14) |


No ano 2012, clubs franceses e ingleses manifestaron protestas contra o formato e a estrutura da Heineken Cup (organizada pola European Rugby Cup (ERC)) basándose na distribución de fondos económicos e no sistema de clasificación. Algúns fixeron protestas de que nun futuro, en lugar de que os países do Pro12 mandaran o mellor equipo de cada nación, tiveran que ir os mellores posicionados do Pro 12, sendo indiferente a súa nacionalidade.


En xuño de 2012, a Aviva Premiership e o Top 14, en representación dos clubs ingleses e franceses, notificáronlle á ERC que nun prazo de dous anos os equipos deixarían de xogar na Heineken Cup e no European Challenge Cup.


En setembro de 2012, os equipos da liga inglesa anunciaron un contrato de catro anos de televisión por 125.000.000 £ con BT Sport, o cal incluía os dereitos tanto para as competicións nacionais como para as competicións europeas. A ERC respostou este anuncio reclamando á liga de Inglaterra que non tiña os dereitos das competicións europeas e anunciando un contrato da mesma duración para estes torneos pero con Sky Sports. En consecuencia, 12 meses máis tarde destes anuncios, os equipos ingleses e franceses proclamaron a súa intención de organizar o seu propio torneo continental, convidando ao resto de clubs europeos a unirse a el. Esta competición chamaríase Copa de Campións (en inglés: Champions Cup).


Un mes máis tarde, en outubro de 2013, a Federación de Rugby de Gales, representando os catro equipos da nación, confirmou o seu total apoio á nova Copa de Campións de rugby proposta polos ingleses e franceses.



Torneo actual (Copa de Campións Europea de Rugby) |


O 10 de abril de 2014, logo de dous anos de duras negociacións, unha organización nova denominada European Professional Club Rugby anunciou que os tres grupos anteriores firmaran un acordo para a formación da European Rugby Champions Cup, a European Rugby Challenge Cup e un novo Torneo de Clasificación. No mesmo día, BT e Sky firmaron outro acordo, este para dividirse a cobertura da nova competición europea. Os dous emitirían os partidos da fase de grupos á metade, así como os cuartos de final e as semifinais. A final retransmitiríana as dúas canles de televisión á vez. BT tería o dereito preferente para elixir os partidos da Copa de Campións, mentres que Sky tería esa preferencia para os partidos da Challenge Cup.



Palmarés |



Finais |

































































































































Finais da Heineken Cup / Champions Cup
Tempada
CAMPIÓN
Resultado
FINALISTA
Final
2018/19---
St James' Park, Newcastle
2017/18
Leinster Rugby Irlanda
15 - 12
Francia Racing 92

San Mamés, Bilbao
2016/17
Saracens FC Inglaterra
28 - 17
Francia ASM Clermont

Murrayfield Stadium, Edimburgo
2015/16
Saracens FC Inglaterra
21 - 9
Francia Racing 92

Parc Olympique Lyonnais, Lion
2014/15
RC Toulon Francia
24 - 18
Francia ASM Clermont

Twickenham Stadium, Londres
2013/14
RC Toulon Francia
23 - 6
Inglaterra Saracens FC

Millennium Stadium, Cardiff
2012/13
RC Toulon Francia
16 - 15
Francia ASM Clermont

Aviva Stadium, Dublín
2011/12
Leinster Rugby Irlanda
42 - 14
Irlanda Ulster Rugby

Twickenham Stadium, Londres
2010/11
Leinster Rugby Irlanda
33 - 22
Inglaterra Northampton Saints

Millennium Stadium, Cardiff
2009/10
Stade Toulousain Francia
21 - 19
Francia Biarritz Olympique

Stade de France, Saint Denis
2008/09
Leinster Rugby Irlanda
19 - 16
Inglaterra Leicester Tigers

Murrayfield Stadium, Edimburgo
2007/08
Munster Rugby Irlanda
16 - 13
Francia Stade Toulousain

Millennium Stadium, Cardiff
2006/07
London Wasps Inglaterra
22 - 16
Inglaterra Leicester Tigers

Twickenham Stadium, Londres
2005/06
Munster Rugby Irlanda
23 - 19
Francia Biarritz Olympique

Millennium Stadium, Cardiff
2004/05
Stade Toulousain Francia
18 - 12
Francia Stade Français

Murrayfield Stadium, Edimburgo
2003/04
London Wasps Inglaterra
27 - 20
Francia Stade Toulousain

Twickenham Stadium, Londres
2002/03
Stade Toulousain Francia
22 - 17
Francia USAP Perpignan

Lansdowne Road, Dublín
2001/02
Leicester Tigers Inglaterra
15 - 9
Irlanda Munster Rugby

Millennium Stadium, Cardiff
2000/01
Leicester Tigers Inglaterra
34 - 30
Francia Stade Français

Parc des Princes, París
1999/00
Northampton Saints Inglaterra
9 - 8
Irlanda Munster Rugby

Twickenham Stadium, Londres
1998/99
Ulster Rugby Irlanda
21 - 6
Francia US Colomiers

Lansdowne Road, Dublín
1997/98
Bath Rugby Inglaterra
19 - 18
Francia CA Brive-Corrèze

Parc Lescure, Bordeos
1996/97
CA Brive-Corrèze Francia
28 - 9
Inglaterra Leicester Tigers

Arms Park, Cardiff
1995/96
Stade Toulousain Francia
21 - 18
Gales Cardiff RFC

Arms Park, Cardiff


Títulos |

































































































Equipo
Campión
Finalista
Anos campión
Anos finalista

FranciaStade Toulousain
4295/96, 02/03, 04/05, 09/1003/04, 07/08

IRFU flag.svgLeinster Rugby
4008/09, 10/11, 11/12, 17/18

FranciaRC Toulon
3012/13, 13/14, 14/15

InglaterraLeicester Tigers
2300/01, 01/0296/97, 06/07, 08/09

IRFU flag.svgMunster Rugby
2205/06, 07/0899/00, 01/02

InglaterraSaracens FC
2115/16, 16/1713/14

InglaterraWasps RFC
2003/04, 06/07

IRFU flag.svgUlster Rugby
1198/9911/12

InglaterraNorthampton Saints
1199/0010/11

FranciaCA Brive
1196/9797/98

InglaterraBath Rugby
1097/98

FranciaASM Clermont
0312/13, 14/15, 16/17

FranciaStade Français
0200/01, 04/05

FranciaBiarritz Olympique
0205/06, 09/10

FranciaRacing 92
0215/16, 17/18

FranciaUSAP Perpignan
0102/03

FranciaUS Colomiers
0198/99

GalesCardiff RFC
0195/96


Véxase tamén |



Ligazóns externas |



  • Páxina web oficial da EPCR (en inglés)


Outros artigos |




Tempadas da Heineken Cup/Champions Cup


1995/96 - 1996/97 - 1997/98 - 1998/99 - 1999/00 - 2000/01 - 2001/02 - 2002/03 - 2003/04 - 2004/05 - 2005/06 - 2006/07 - 2007/08 - 2008/09 - 2009/10 - 2010/11 - 2011/12 - 2012/13 - 2013/14 - 2014/15 - 2015/16 - 2016/17 - 2017/18 - 2018/19




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Copa_de_Europa_de_rugby&oldid=4986530"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.292","walltime":"0.366","ppvisitednodes":"value":487,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":13676,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":4,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 187.010 1 -total"," 53.60% 100.229 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 34.29% 64.119 1 Modelo:Competicións_entre_clubs_de_rugby"," 32.60% 60.972 1 Modelo:Navbox"," 3.51% 6.570 1 Modelo:PORb"," 1.59% 2.969 1 Modelo:Col-end"," 1.54% 2.887 1 Modelo:Col-begin"," 1.54% 2.881 20 Modelo:ENGb"," 1.45% 2.715 33 Modelo:FRAb"," 1.37% 2.569 1 Modelo:En"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.079","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1252820,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1306","timestamp":"20190408082034","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Copa de Europa de rugby","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Copa_de_Europa_de_rugby","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q877423","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q877423","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2009-12-29T12:34:28Z","dateModified":"2018-11-11T16:52:39Z"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":173,"wgHostname":"mw1265"););

Popular posts from this blog

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?

Barrañán, Arteixo Índice Festas | Galería de imaxes | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°18′23″N 8°33′04″O / 43.3064, -8.5510

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано