Skip to main content

Ponte, Silleda Índice Xeografía | Historia | Cultura | Vías de comunicación | Lugares e parroquias | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónRuta elaborada por Adela LeiroInterrogatorio do Catastro de Ensenada sobre o couto de Rosende en http://pares.mcu.esCando San Miguel deixou o seu lugarA batalla da Ponte LedesmaO movemento obreiro na comarca do Deza ata 1936ArquivadoHistorias de DezaArquivadoUn camiño caído no esquecementoFicha de Ponte na web municipal de turismo

Parroquias de SilledaParroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel


SilledaIGE20172000San Pedro de Losónrío DezaSaídresSilledaO CastroVilarAnzoO SinoA Aldea de AbaixoTrasfontaoCasderreiO EspiñoTrasdosistoRosendeMeixomencerío Dezaregueiro de RosendeGouxaMeraSilledaPerfecto Pereiro Castro1920Casas do MonteFeira Internacional de Galiciaséculo XXPonte do Pozo Negro14631521SantiagoTrasdezaAldea de AbaixoCasderreiTrasfontaoVilarEncomenda de BeadeOrde de San Xoán de XerusalénSan Miguelvalos18631800novembro1891Casas do MonteTrasdeza1809guerra da independencia españolaSilledaguerra civil española1936estación depuradora de augas residuaisPO-205Feira Internacional de GaliciaMeixomenceSilledaSemana VerdeigrexaadropatrónRosendeO Sino1799inundaciónsliturxiaséculo XX1930presbiteriosancristíamoderna igrexa parroquialsantosretabloshebreocampanarioprata18791948bronce2000oliveirasepulturascasa reitoralhortapozocruceirocastelánTrasdosistopontescanteríarío DezaPO-205CorpiñovalSan Pedro de Losónmuíñosregueiro de RosendeMeixomencecorrente eléctricasetembroSan MiguelVirxe do CarmeVirxe dos Remediossan Breixocampo da festaSan AntónSan Andrés2007Inmaculada Concepción2010Festa do chourizo ao viñoIdade MediaTrasdezaDeza1930ZamoraA Coruñaguerra civil19508 de setembro1958Castro1980PO-205Vila de CrucesAP-53OurenseOuteiroSilledaAldea de AbaixoCarderreiO EspiñoMeixomenceRosendeSinoTrasdosistoTrasfontaoAbades (Santa María)Ansemil (San Pedro)Breixa (Santiago)Carboeiro (Santa María)O Castro (San Mamede)Cervaña (San Salvador)Chapa (San Cibrao)Cira (Santa Baia)Cortegada (Santa María)Dornelas (San Martiño)Escuadro (San Salvador)Fiestras (San Martiño)Graba (Santa María)Lamela (San Miguel)Laro (San Salvador)Manduas (San Tirso)Margaride (San Fiz)Martixe (San Cristovo)Moalde (San Mamede)Negreiros (San Martiño)Oleiros (San Miguel)Parada (San Tomé)Pazos (San Martiño)Piñeiro (San Xiao)Ponte (San Miguel)Refoxos (San Paio)Rellas (San Martiño)Saídres (San Xoán)Siador (San Miguel)Silleda (Santa Baia)Taboada (Santiago)Vilar (San Martiño)Xestoso (Santa María)












Ponte, Silleda




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura













Ponte

Igrexa de Ponte.JPG
Igrexa de Ponte

ConcelloSilleda
Área4,1 km²
Poboación155 hab. (2017)
Densidade37,8 hab./km²
Entidades de poboación8

San Miguel de Ponte é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE, no ano 2017 tiña 155 habitantes (79 homes e 76 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 32 habitantes en relación ao ano 2000 cando tiña 187 habitantes. O seu nome provén da antiga ponte que servía de paso entre as terras de Trasdeza e as de Deza.




Índice





  • 1 Xeografía

    • 1.1 Lindes e división


    • 1.2 Hidrografía


    • 1.3 Orografía


    • 1.4 Demografía



  • 2 Historia

    • 2.1 Idade Media


    • 2.2 Idade Moderna


    • 2.3 Idade Contemporánea



  • 3 Cultura

    • 3.1 Patrimonio arquitectónico

      • 3.1.1 Igrexas


      • 3.1.2 Pontes


      • 3.1.3 Muíños


      • 3.1.4 A escola



    • 3.2 Festas e celebracións



  • 4 Vías de comunicación


  • 5 Lugares e parroquias

    • 5.1 Lugares de Ponte


    • 5.2 Parroquias de Silleda



  • 6 Notas


  • 7 Véxase tamén

    • 7.1 Bibliografía


    • 7.2 Outros artigos


    • 7.3 Ligazóns externas





Xeografía |



Lindes e división |


Os linde desta parroquia son: San Pedro de Losón (co río Deza no medio) e Saídres polo norte, Silleda polo sur, Saídres e O Castro polo oeste e Vilar, Anzo e San Pedro de Losón (estas últimas separadas polo Deza) polo leste. Ten 10 núcleos de poboación (de norte a sur): O Sino, A Aldea de Arriba, A Aldea de Abaixo, A Regueira, Trasfontao e Casderrei, que forman a parte da parroquia coñecida como "San Miguel"; O Espiño, Trasdosisto, onde se atopa o campo da festa; Rosende e Meixomence, sendo este último o máis afastado do resto.[1]



Hidrografía |


O río Deza, de sudeste a noroeste, separa esta parroquia de San Pedro de Losón e de Anzo. O Deza, fundamental na historia de Ponte, deixa ao seu paso grandes pozos, os máis deles moi profundos. Famosos son o Pozo do Pego ou de Avogado ou o "Puzo Negro", os cales son protagonistas de multitude de historias e anécdotas.


Outra gran corrente de auga é o chamado regueiro de Rosende, coñecido noutros puntos da xeografía silledense como "río da Gouxa" ou "río da Mera, que discorre de sur a nordeste, desembocando no Deza. Este regueiro, que discorre polo lugar do mesmo nome e recibe a auga doutro regueiro que procede do lugar de Meixomence, era o que movía varios muíños que agora se atopan en ruínas. Próximas a estas construcións, atópanse as "Fervenzas dos Muíños"[2], nun entorno de gran beleza, pero na actualidade practicamente inaccesible. Augas abaixo, ademais doutros saltos de auga, atópase a "central de Pereiro", a antiga central hidroeléctrica que levaba a corrente producida a Silleda. Foi construída por Perfecto Pereiro Castro e posta en funcionamento en 1920, sendo atendida por varias persoas que viviron na vivenda anexa. Finalmente o regueiro de Rosende desemboca no Deza, dividindo antes o monte da Devesa: a Devesa de San Miguel, na marxe esquerda; e a Devesa de Rosende, na marxe dereita. Un afluente deste é o antes citado regueiro de Meixomence, que nace no lugar das Casas do Monte, atravesa entubado as instalacións da Feira Internacional de Galicia, sae de novo á superficie no lugar do que recibe o nome e continúa ata Rosende onde desemboca no regueiro antes citado.


Por último, destaca o rego da Regueira ou do Regueiro, que nace na Fonte de Outeiro, no lugar de Casderrei, e que no seu viaxe cara o Deza, serviu para regar cultivos e prados ao longo dos últimos séculos. Dá nome a dous lugares: o núcleo de poboación da Regueira e os prados coñecidos como "do Regueiro".



Orografía |


Ponte caracterízase polo seu relevo irregular. Dende as pendentes que caen dende Silleda, báixase cara unha pequena chaira no centro da parroquia, que logo vai desaparecendo para dar lugar a pequenos vales que van converténdose en angostas pendentes canto máis preto está o Deza. As principais elevacións da parroquia son o Picoto, en Rosende; a Lomba, en Trasdosisto; o Coto de Laxes, preto da Regueira; e o Coto do Outeiro, próximo ao Sino.



Demografía |




Censo total (2012)
166 habitantes

Evolución da poboación:





Historia |



Idade Media |


A denominación de Ponte deriva das sucesivas pontes que foron construídas para cruzar o río Deza como a Ponte da Insua ou a Ponte do Preguntoiro. Da primeira, considerada a máis antiga, conservábanse as fundacións onde nunha pedra das mesmas se podía ler a seguinte inscrición en castelán: "Este puente se hizo con vino de Cantalarrama". Esta ponte dá nome a terreos na veciña San Pedro como a Zarra da Ponte. Na actualidade só queda unha, construída a principios do século XX e mais tarde modificada, a Ponte do Pozo Negro.




Ponte do Puzo Negro, sobre o río Deza


Os primeiros datos rexistrados sobre a parroquia de Ponte datan dun documento de 1463, onde aparece o aforamento de tres casales: o Casal de Rey (do que deriva do nome de Casderrei), o de Trasfontao e o de Numelle (ou Nonelle)[3]. Estes casais volven ser protagonistas doutro documento de aforamento datado de 1521.



Idade Moderna |


Ponte pertencía no século XVIII á provincia de Santiago dentro da xurisdición de Trasdeza. Estaba constituída polos núcleos de poboación de Aldea de Abaixo, Casderrei, A Regueira e Trasfontao[4]. Ademais, a ela estaba agregado parte do chamado couto de Rosende, formado polos núcleos de Meixomence, As Casas do Monte e Rosende. Este último lugar atopábase dividido entre Ponte e Vilar[5]. Esta demarcación estaba rexida pola Encomenda de Beade, orde pertencente á Orde de San Xoán de Xerusalén. A igrexa de San Miguel estaba situada no lugar do Agriño, nunha posición idónea xa que consta que había outros núcleos de poboación en lugares como Nonelle, xa citado, ou Raras, situados ao norte e a menor altitude da mesma, quedando esta no centro da parroquia. Estes lugares foron quedando deshabitados, sendo utilizados polos veciños os restos das vivendas para construír valos na chousas e leiras próximas a estes lugares.



Idade Contemporánea |




Restos do cemiterio e da igrexa vella


Debido á súa mala situación e as constantes inundacións, en 1863, a liturxia foi trasladada á capela da Virxe dos Remedios situada ás aforas de Rosende, que foi construído no ano 1800, e coas pedras da igrexa vella púxose en marcha a ampliación do pequeno santuario. A día de hoxe, aínda se poden ver restos (soamente o valo do adro e pedras espalladas polo mesmo) da antiga igrexa ocultos pola maleza. Así, o patrón deixaría o lugar ao que daba nome e trasladaríase ao santuario, que foi progresivamente ampliado e sometido a reformas dando lugar á actual igrexa parroquial[6].


En novembro de 1891, o lugar de Rosende quedou totalmente integrado en Ponte. Ademais, produciuse outro cambio: o lugar das Casas do Monte, onde estivo situado o cuartel das tropas da xurisdición de Trasdeza en 1809 durante a guerra da independencia española[7], pasou a pertencer á parroquia de Silleda. Disgregábase e desaparecía entón o couto de Rosende. Deste modo, a parroquia quedábase con 8 lugares, cifra que aumentaría co paso do tempo.


No século XX, Ponte destacaría polo sindicato de traballadores da vía do ferrocarril, a Unión Obrera de Ponte, de certo carácter socialista. Esta organización sería perseguida e algúns dos seus membros serían represaliados ao iniciarse a guerra civil española en 1936[8]. Tamén se comezaría a explotar unha canteira no monte do Picoto, por onde transcorre o límite entre Ponte e Vilar. Nas proximidades da mesma atópase a fábrica da luz (no regueiro de Rosende), así como a estación depuradora de augas residuais de Silleda. Coa Concentración Parcelaria e a PO-205, melloraríanse as comunicacións na parroquia. Nas décadas finais deste século, empézase a construción do recinto da Feira Internacional de Galicia, parte del no monte do lugar de Meixomence e outra parte en terreos da parroquia de Silleda, onde se celebra a Semana Verde.



Cultura |



Patrimonio arquitectónico |



Igrexas |


A antiga igrexa de Ponte estaba situada no "Agriño", no centro da primixenia parroquia. Tiña unhas dimensións bastantes reducidas, xa que non pasaría dos 20 metros cadrados de oco interior. Arredor dela, situábase o adro, no que eran soterrados os defuntos. Este recinto estaba pechado por un pequeno valado de pedra, que na actualidade é practicamente o único que se conserva. Debido as malas condicións de situación do templo, os veciños e o párroco trasladan en 1863 o patrón á pequena capela dos Remedios, en Rosende, que irían aumentando coas pedras de vella igrexa. Hai que destacar que a igrexa deu nome a varios lugares próximos: O Sino e Tras da igrexa (ou da igrexa vella).


O santuario ou capela da Virxe dos Remedios foi dotado e construído polos veciños de Rosende en 1799 debido aos malos acontecementos ocorridos por aquel entón (malas colleitas, inundacións...) e a longa distancia ás respectivas igrexas de Ponte e Vilar. Coas pedras da vella igrexa, foise ampliando para acoller a liturxia parroquial e maila imaxe do patrón. A primeira gran reforma produciuse entre finais do devandito século e comezos do século XX, debido ao derrube da fachada, que foi levantada uns metros desprazada do lugar anterior, do que dá boa conta a inscrición en castelán que se pode ler na fachada: "Esta obra se hizo en 1903 siendo cura D. José García". Sufriría dúas reformas máis ao longo deste século ata acadar o estado actual, converténdose na nova igrexa de Ponte. Destas, destaca a realizada a finais da década de 1930, sendo párroco Manuel Sánchez Noya, que consistiu na construción do presbiterio e dos arcos da nave central, así como o cambio de localización da sancristía, que pasou dun lateral á parte posterior da igrexa.




Oliveira


A moderna igrexa parroquial conta no seu interior con 11 imaxes de distintos santos. Destaca pola súa antigüidade a do Arcanxo Miguel, patrón desta freguesía. Ademais, destacan tres retablos: o altar maior, en cuxo centro se atopa o patrón e no que se aparecen as letras Q C e D, iniciais da tradución ao castelán do nome hebreo de San Miguel (Quién como Dios); o altar da "Purísima" e o dos "Remedios". No campanario, atópanse dúas campás de distinto tamaño. A máis pequena delas, cun pequeno baño de prata, está datada do ano 1879 e formaba parella con outra algo maior das mesmas características, que en 1948 tivo que ser substituída por mor dunha fractura por outra de bronce dun tamaño algo maior. Como dato anecdótico, nesta campá aparece o nome do parroco daquela época: o antes citado Manuel Sánchez Noya, que exerceu en Ponte en dous períodos distintos.


Arredor da igrexa, atopamos o cemiterio parroquial pechado cun valado de pedra, que no 2000 foi ampliado cara un terreo situado nun plano inferior. Ao pé dese valado atópase a oliveira centenaria, que serve de acubillo para os fregueses nos días de sol. A existencia desta árbore deu pé á expresión "ir para debaixo da oliveira", dado que baixo ela se atopan varios nichos e sepulturas, que se usa para falar do feito de soterrar a unha persoa da parroquia. Na fondo norte do adro atópase a casa reitoral, vivenda dos párrocos ata mediada a segunda metade do século XX. Acompañábaa unha pequena horta, regada pola auga que se saca dun pozo artesán situado á beira do adro, a carón das escaleiras que daban acceso dese a casa ao recinto da igrexa.


Por último, hai un cruceiro de ferro, sobre un pé e unha base de pedra (cunha pequena inscrición en castelán: El redentor de la vida) situado no lugar de Trasdosisto, que procede da antiga igrexa e que, tras pasar pola nova, foi colocado onde historicamente se considerou o límite entre o couto de Rosende e o resto da parroquia de Ponte.



Pontes |


As principais iconas desta parroquia son as pontes, xa que esta palabra do nome á parroquia. A Ponte do Puzo Negro, situada nunha paraxe de gran beleza, é a última obra de cantería, testemuña do empeño por tentar cruzar o río Deza. Coa construción da PO-205, ergueuse un viaduto de 155 metros de longo e uns 70 de alto, pero durante moito tempo as pontes que se foron construíndo, e por suposto a do Puzo Negro, serviron de paso desde Ponte cara terras do Corpiño. Cóntanse por miles as anécdotas que fan referencia a elas e ás xentes que a cruzaron. A súa localización, no val encaixado do Deza, entre o Monte de San Miguel (en Ponte) e o Oucido (en San Pedro de Losón), foi un dos aspectos que deu pé a máis historias[9].



Muíños |


Ao pé do río Deza, en Ponte, non se construíron muíños (aínda que si na parte de San Pedro, como o muíño do Avogado, próximo ao Pozo do mesmo nome), pero si foron construídas algúns no regueiro de Rosende e tamén hai constancia dunha destas edificacións no regueiro de Meixomence[5].


Tamén se construeu unha fábrica de luz, a chamada "central de Pereiro", no citado regueiro de Rosende, que se aproveitaba da auga para producir corrente eléctrica. Actualmente non está en funcionamento e atópase semiderruída.



A escola |




Antiga escola de Ponte.


Convén destacar, por último, a antiga escola parroquial, unha construción ao estilo das vivendas tradicionais galegas. Situada nunha propiedade privada, estaba dividida en dous andares: a planta baixa era utilizada polos propietarios do inmoble para os labores do campo, mentres que na planta superior se impartía clase.



Festas e celebracións |


No mes de setembro, celébranse en Ponte as festas patronais na honra a San Miguel e á Virxe do Carme o derradeiro fin de semana, trasladadas a estas datas por motivos laborais, xa que en realidade se festexarían o 29 e o 30 de dito mes. Tamén se celebra o segundo domingo de setembro a festividade da Virxe dos Remedios e a de san Breixo ou Verísimo[10] o domingo anterior ás patronais. Este último era festexado o domingo anterior ao día 29, pero polo cambio antes citado, celébrase o domingo anterior ás patronais.


A festa de San Verísimo era moi soada nos arredores de Ponte e a ela acudían moitas persoas da contorna, que traían canda elas mesas e comida para pasar o día, acompañado polo son dos músicos que animaban a antiga carballeira do Arrieiro, situado onde está o actual campo da festa. Convertérase deste xeito dunha gran romaría campestre. Pero pouco a pouco perdeu forza e a comezos da década dos 70, deixou de festexarse dese xeito e viuse reducida a unha sinxela misa en honra ao santo. Por outra banda, as festas patronais colleron forza e pasaron a ser as festas principais.


No pasado, tamén se festexara o San Antón, romaría organizada por algúns veciños con ese nome, e tamén o San Andrés, pero ambas festas se esmoreceron na memoria da parroquia. Recentemente, en decembro do 2007, celebrouse a festividade de Inmaculada Concepción coincidindo co 50º aniversario do actual párroco, Luis Galego García, a cargo desta parroquia.[11]. Ademais, coincidindo coas festas patronais, desde 2010 celébrase a Festa do chourizo ao viño, que congrega a centos de persoas no campo da festa ao que aínda moitos chaman "campo do san Verísimo".



Vías de comunicación |


Ponte foi, desde a Idade Media, paso de persoas e mercadorías entre Trasdeza e Deza, ben fose a través dunha das tantas pontes que se contruíron ou nas barcazas de Juanito (nome polo que coñecían a Juan Soto, veciño de San Pedro de Losón) ou a do Pozo do Pego ou de Avogado. Destacable foi o paso de feirantes con gando camiño da feira de Silleda os días que esta se celebraba, así como o seu retorno cara as súas terras de orixe.




Ponte de Laxes


Na década de 1930 iniciouse a construción da vía férrea Zamora-A Coruña. Esta obra foi interrompida por mor da guerra civil, retomándose na década de 1950 e inaugurándose o 8 de setembro de 1958. O camiño de ferro deixou nesta parroquia tres túneles (de oeste a leste): o túnel da Estivada ou do Outeiro (próximo á estación do Castro), o túnel da Xaldiña e o túnel da Canteira, este último cunha boca en Vilar, todos eles dunha lonxitude similar. Durante o devandito parón das obras, as trincheiras, principalmente a chamada "de Laxes", foron utilizadas polos veciños para desprazarse co gando ás leiras que quedaran separadas por causa do ferrocarril. Esta costume provocou que os animais se afixesen a circular por onde mais tarde se colocarían as travesas e os raíles, o que resultou fatídico e do que dan fe moitos atropelos de vacas ou ovellas producidos polas locomotoras unha vez estas circulaban. Para cruzala, contruíronse dous pasos elevados (Laxes e a Xaldiña) e outros tantos inferiores (o Pontón de Suseixos e o das Regas, por onde pasa o regueiro de Rosende e ao lado un camiño).


Sería trinta anos despois, a finais da década de 1980, cando a Concentración Parcelaria mellorase as comunicacións na parroquia abrindo novos camiños. Este proxecto levouse acabo en practicamente todas as terras de cultivo e monte situadas ao sur da vía férrea, o que fixo que se botasen a cultivo moitos terreos a monte e deixando en moitos casos as terras da outra beira da vía á mercé da maleza. Varios anos máis tarde, iniciouse a construción da PO-205, que uniría Silleda con Vila de Cruces, achegando Ponte a San Pedro de Losón dun xeito mais cómodo e permitindo un acceso tamén máis cómodo ás zonas non concentradas. Coa chegada do século XXI, comeza a andar a AP-53, que une Santiago de Compostela e Ourense, deixando na parroquia unha saída, permitindo deste xeito aos veciños ir a Santiago en 30 minutos. No seu paso por Ponte, cruza a PO-205 por enriba e foron construídas dúas pontes para cruzala: a do Monte de Arriba e a de Guncín, esta última na pista que une Rosende con Outeiro, en Silleda.



Lugares e parroquias |



Lugares de Ponte |




Lugares da parroquia de Ponte no concello de Silleda (Pontevedra)

Aldea de Abaixo | Carderrei | O Espiño | Meixomence | Rosende | Sino | Trasdosisto | Trasfontao





Parroquias de Silleda |





Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda


Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)



Notas |




  1. ↑ Os lugares da Regueira e da Aldea de Arriba non aparecen recollidos no nomenclátor da Xunta


  2. ↑ Ruta elaborada por Adela Leiro[Ligazón morta]


  3. ↑ García Tato, Isidro. Las encomiendas gallegas...,páxina 443.


  4. ↑ Véxase Real de Legos de San Miguel de Ponte, AHP de Pontevedra


  5. ↑ 5,05,1 Interrogatorio do Catastro de Ensenada sobre o couto de Rosende en http://pares.mcu.es


  6. ↑ Cando San Miguel deixou o seu lugar en Faro de Vigo (29/09/2013) (Consultado o 22/04/2016).)


  7. ↑ A batalla da Ponte Ledesma en Faro de Vigo (13/09/09) (Consultado o 22/4/2016).


  8. ↑ O movemento obreiro na comarca do Deza ata 1936 Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine. no blog Historias de Deza Arquivado 11 de marzo de 2016 en Wayback Machine..


  9. ↑ Un camiño caído no esquecemento en Faro de Vigo (28/09/2014) (Consultado o 22/4/2016).


  10. ↑ En Ponte coñécese o santo polo seu nome castelán: San Verísimo


  11. ↑ Celebrouse en decembro do 2007, aínda que el cumpría os 50 anos de párroco no mes de setembro seguinte



Véxase tamén |



Bibliografía |


  • Anónimo, Enciclopedia Universal Ilustrada Europeo-Americana (Enciclopedia Espasa-Calpe). Ed. Espasa-Calpe, 1926, 70 vol.


  • Ferreira Priegue, E. (1988). Los caminos medievales de Galicia. Ourense: Museo Arqueolóxico Provincial, Boletín Auriense, Anexo 9. 


  • García Tato, I. (2004). Las encomiendas gallegas de la Orden Militar de San Juan de Jerusalén. Santiago de Compostela: Publicacións da Universidade de Santiago. 


  • Madoz Ibáñez, Pacual (1849): Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar. Madrid, 16 vol.


  • Miñano Bedoya, S. (1829): Diccionario geográfico y estadístico de España y Portugal. Madrid, 8 vol.


  • Rodríguez Ferreiro, H. (1973). La tierra de Trasdeza:Una economía rural antiga. Santiago de Compostela: Monografías da Universidade de Santiago. 


Outros artigos |


  • Lugares de Silleda


Ligazóns externas |


  • Ficha de Ponte na web municipal de turismo



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ponte,_Silleda&oldid=5063244"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.244","walltime":"0.608","ppvisitednodes":"value":812,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":18042,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1456,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6241,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":0,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 497.726 1 -total"," 11.55% 57.489 3 Modelo:Cita_libro"," 8.63% 42.955 1 Modelo:Sen_referencias"," 7.53% 37.455 2 Modelo:Ifsubst"," 7.10% 35.353 2 Modelo:Ambox"," 6.01% 29.910 1 Modelo:Parroquia"," 5.11% 25.452 1 Modelo:Infobox"," 4.95% 24.639 1 Modelo:Listaref"," 1.86% 9.269 2 Modelo:Webarchive"," 1.34% 6.673 1 Modelo:Lp_Ponte"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.056","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2275959,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1245","timestamp":"20190410015553","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":121,"wgHostname":"mw1261"););

Popular posts from this blog

What does “fit” mean in this sentence? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How does 'jealousy' mean 'suspicion'?What does “not so say” mean?Does “somebody of my caliber” mean the speaker themselves?“accounting for high fasting blood glucose”- help about the meaningWhat does “cloaked by NDA” mean in this context?What does it mean by 'community ownership' in this context?What does “human corroborators” mean in this context?What does “everything but a fire” mean in this context?What does “run” mean here?What does “rabbited” mean/imply in this sentence?

Is it wise to focus on putting odd beats on left when playing double bass drums?What does the tie across other different notes mean?How to improve right hand picking/strumming technique for electric and acoustic guitar?How fast is the BPM should you start to use double bass pedal?Alternative or more advanced methods for counting rhythmsLost direction in practicing drumsIs there any way at all to tell if these measures are 6/4 vs. 3/2?Why is alberti bass so tiring?How does 'meter' differ from 'rhythm' in music?Rhythm question about piano sheet notationWhy is Bach's Cello Suite 1 written in 16th notes

History of India Contents Prehistoric era (until c. 3300 BCE) Bronze Age – "First urbanisation" (c. 3300 – c. 1800 BCE) Climate change, de-urbanisation, and Indo-Aryan migrations (c.1800 – 1500 BCE) Iron Age - Vedic period (c. 1500 – c. 600 BCE) "Second urbanisation" (c. 600 – c. 200 BCE) Classical to early medieval periods (c. 200 BCE – c. 1200 CE) Late medieval period (c. 1200 – 1526 CE) Early modern period (c. 1526–1858 CE) Modern period and independence (after c. 1850 CE) Historiography See also References Further reading External links Navigation menureviewedee[update]The crisisThe Evolution and History of Human Populations in South Asia: Inter-disciplinary Studies in Archaeology, Biological Anthropology, Linguistics and GeneticsThe Ancient Indus: Urbanism, Economy, and Society"Indus River Valley Civilizations"The Ancient Indus: Urbanism, Economy, and Society"India before the British: The Mughal Empire and its Rivals, 1526–1857"Why Europe Grew Rich and Asia Did Not: Global Economic Divergence, 1600–1850Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical StatisticsDeveloping cultures: case studiesEthnic Groups of South Asia and the Pacific: An Encyclopedia: An Encyclopedia"Indian Economy During British Rule""Economic Impact of the British Rule in India | Indian History"The Bone Readers: Science and Politics in Human Origins Research"Out of Africa: new hypotheses and evidence for the dispersal of Homo sapiens along the Indian Ocean rim"10.3109/0301446100363924920334598"Genetic and archaeological perspectives on the initial modern human colonization of southern Asia"2013PNAS..11010699M10.1073/pnas.1306043110369678523754394"Edakkal Caves|Places Around in Wayanad"Protecting megaliths to keep history alive The Hindu daily"Archaeologists rock solid behind Edakkal Cave"The Global Prehistory of Human Migration"Indus Valley 2,000 years older than thought"the original"Stepwells -Cosmology of Subterranean Architecture as seen in Adalaj"A History of Ancient and Early medieval India : from the Stone Age to the 12th century"Stone celts in Harappa"the original"Peoples and languages in pre-islamic Indus valley"the original"The Sindhi language"the originalThe Aryan chromosome"Fluvial landscapes of the Harappan Civilization"2012PNAS..109E1688G10.1073/pnas.1112743109338705422645375"Is River Ghaggar, Saraswati? Geochemical Constraints""An Ancient Civilization, Upended by Climate Change""Huge Ancient Civilization's Collapse Explained"2003GeoRL..30.1425S10.1029/2002GL0168222006QSRv...25.1283M10.1016/j.quascirev.2005.10.0122011QuInt.229..140M10.1016/j.quaint.2009.11.012Climate Change and the Course of Global History: A Rough JourneyA History of Ancient and Early Medieval India: From the Stone Age to the 12th CenturyA History of Ancient and Mediaeval India: From the Stone Age to the 12th CenturyAntennae SwordA History of IndiaA History of IndiaAn Introduction to Hinduism"India: The Late 2nd Millennium and the Reemergence of Urbanism"The Coinage of Ancient IndiaA Sanskrit reader: with vocabulary and notesPedigree: the origins of words from nature"Early Sanskritization. Origins and Development of the Kuru State"10.11588/ejvs.1995.4.823The Sanskrit epics, Part 2The City in South AsiaThe UpanishadsAn Introduction to HinduismReligions of the World, Second Edition: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and PracticesA History of Ancient and Early Medieval India: From the Stone Age to the 12th CenturyEarly India: From the Origins to AD 1300Republics in ancient Indiapp. 83ff"Magadha Empire""Lumbini Development Trust: Restoring the Lumbini Garden"the originalThe great armies of antiquityarchived"The Achaemenid Persian Empire (550–330 B.C.)""East–West Orientation of Historical Empires"1076-156X"Dinner on the Grand Trunk Road"10.2307/32502263250226"Silappathikaram Tamil Literature"the originalManimekalai – English transliteration of Tamil originalIndian Temple Architecture: Form and Transformation : the Karṇāṭa Drāviḍa Tradition, 7th to 13th CenturiesBuddhist ArchitectureA History of India"The World Economy (GDP) : Historical Statistics by Professor Angus Maddison"The World Economy – Volume 1: A Millennial Perspective and Volume 2: Historical Statistics10.2307/32502140004-36483250214A Comprehensive History of India: Volume 2Between the Empires: Society in India, 300 to 400Emergence of Viṣṇu and Śiva Images in India: Numismatic and Sculptural Evidence"Parthian Pair of Earrings"the originalThe Medical Times and Gazette, Volume 1Greatest emporium in the worldThe Cambridge History of Ancient China: From the Origins of Civilization to 221 BCBuddhist Records of the Western WorldArchaeology in Soviet Central AsiaThe Grandeur of Gandhara: The Ancient Buddhist Civilization of the Swat, Peshawar, Kabul and Indus ValleysIndian Sculpture: Circa 500 B.C.-A.D. 700"The History of Pakistan: The Kushans"Gupta Dynasty – MSN Encartathe original"India – Historical Setting – The Classical Age – Gupta and Harsha""Gupta Dynasty, Golden Age Of India"the original"The Age of the Guptas and After"the originalNumber Theory and Its History"Gupta dynasty (Indian dynasty)""Gupta dynasty: empire in 4th century"the original"The Story of India – Photo Gallery"The ASI say499315420"Pallava script"p. 145"CNG: eAuction 329. INDIA, Post-Gupta (Ganges Valley). Vardhanas of Thanesar and Kanauj. Harshavardhana. Circa AD 606–647. AR Drachm (13mm, 2.28 g, 1h)""Harsha""Sthanvishvara (historical region, India)""Harsha (Indian emperor)"Shyama Kumar Chattopadhyaya (2000) The Philosophy of Sankar's Advaita VedantaShankara's IntroductionShankara's Introduction19373677Shankara's IntroductionIs The Buddhist 'No-Self' Doctrine Compatible With Pursuing Nirvana?The Seven Spiritual Laws Of YogaIndia: The Ancient Past. A History of the Indian-Subcontinent from 7000 BC to AD 1200The Kashmir Series: Glimpses of Kashmiri Culture – Vivekananda Kendra, Kanyakumari (p. 57).Al-Hind: Early Medieval India and the Expansion of Islam, 7th–11th CenturiesHistory of GopāchalaLand of Two Rivers: A History of Bengal from the Mahabharata to MujibEuropean Trade and Colonial ConquestA History of IndiaA Comprehensive History Of Ancient India (3 Vol. Set)"The Last Years of Cholas: The decline and fall of a dynasty"the originalFascinating Hindutva: Saffron Politics and Dalit MobilisationGazetteer of the province of OudhAl- Hind: The slave kings and the Islamic conquest. 2"Shahi Family"The Cambridge history of Islam"Ameer Nasir-ood-deen Subooktugeen"Gazetteer of the Attock District, 1930, Part 1Land of seven rivers: History of India's GeographyTemple Desecration and Indo-Muslim StatesIslam in South Asia: A Short HistoryBeyond Orientalism: The Work of Wilhelm Halbfass and Its Impact on Indian and Cross-cultural StudiesThe Making of Terrorism in Pakistan: Historical and Social Roots of ExtremismOrnament in Indian ArchitectureA historical review of Hindu India: 300 B.C. to 1200 A.D."Indian States and Union Territories"Islam in South Asia: A Short HistoryA Brief History of the Indian PeoplesThe Modern ReviewDelhi Sultanate"Battuta's Travels: Delhi, capital of Muslim India"the original"Timur – conquest of India"the originalIndia HandbookBhaktiThe Four Denomination of Hinduism10.1007/s11407-008-9049-925691067"Vijayanagara Research Project::Elephant Stables"10.2307/26465262646526Historical Dictionary of the TamilsBihar General Knowledge DigestMapping Bihar: From Medieval to Modern TimesPopular Literature and Pre-modern Societies in South AsiaA manual of the Kistna district in the presidency of MadrasAncient Indian History and CivilizationFragmented Memories: Struggling to be Tai-Ahom in India"The Islamic World to 1600: Rise of the Great Islamic Empires (The Mughal Empire)"the originalDynasties: A Global History of Power, 1300–1800, p. 105"Whose fort is it anyway"10.1111/0020-8833.000532600793Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical Statistics"India's Deindustrialization in the 18th and 19th Centuries"The Mughal Empire, p. 190"The Long Globalization and Textile Producers in India"The Mughal World: Life in India's Last Golden AgeAurangzeb: The Life and Legacy of India's Most Controversial KingIn the Shadow of the Taj: A Portrait of Agra"Iran in the Age of the Raj"p. 8610.2307/20539802053980Delhi, the Capital of IndiaAn Advanced History of Modern India"Journal of the Tanjore Maharaja Serfoji's Sarasvati Mahal Library"The Rediscovery of India: A New SubcontinentIslamic Renaissance In South Asia (1707–1867) : The Role Of Shah Waliallah & His SuccessorsAn Advanced History of Modern IndiaThe Great Maratha Mahadaji Scindia"Full text of "Selections from the papers of Lord Metcalfe; late governor-general of India, governor of Jamaica, and governor-general of Canada""The Discovery Of IndiaThe Sacred City of the Hindus: An Account of Benares in Ancient and Modern TimesResurrecting Banaras: Urban Space, Architecture and Religious BoundariesFaith & Philosophy of Sikhism"Missiles mainstay of Pak's N-arsenal"History Modern India By S.N. Sen"Sirajuddaula"ArchivedLongman History & Civics (Dual Government in Bengal)Madhya Pradesh National Means-Cum-Merit Scholarship Exam (Warren Hasting's system of Dual Government)A Military History of Britain: from 1775 to the PresentIndian Cultural Heritage Perspective For TourismHindu Rulers, Muslim Subjects: Islam, Rights, and the History of KashmirIndian HistoryAn Atlas and Survey of South Asian HistoryAn Historical Account of the British Trade Over the Caspian SeaIndian Merchants and Eurasian Trade, 1600–1750The Indian diaspora in Central Asia and its trade, 1550–1900From Constantinople to the home of Omar Khayyam: travels in Transcaucasia and northern Persia for historic and literary researchA journey from Bengal to England: through the northern part of India, Kashmire, Afghanistan, and Persia, and into Russia, by the Caspian-SeaA Second Journey through Persia, Armenia, and Asia Minor, to Constantinople, between the Years 1810 and 1816Reports from the consuls of the United States, 1887Portugal and its Empire, 1250–1800 (Collected Essays in Memory of Glenn J. Ames).: Portuguese Studies Review, Vol. 17, No. 1The Dutch Power in Kerala, 1729–1758http://mod.nic.inArchivedDossier Goa – A Recusa do Sacrifício InútilAn Imperial Crisis in British India: The Manipur Uprising of 1891The Truth of Babri Mosque"Kolkata (Calcutta) : History"the original"Robert Clive, Baron Clive, 'Clive of India', 1725–1774""The Transformation from a Pre-Colonial to a Colonial Order: The Case of India"10.2307/25955872595587A versatile geniusArchived10.1109/MWSYM.1997.602854"Rabindranath Tagore on Education"the original"Essay on 'Derozio and the Young Bengal Movement'"Poverty and Famines: An Essay on Entitlement and Deprivation"Plague"the originalPopulation Growth and Land Use"Reintegrating India with the World Economy""Census Of India 1931"A history of modern India, 1480–1950"'India's well-timed diversification of army helped democracy' | Business Standard News"Bal Gangadhar Tilak: Struggle for Swaraj"Participants from the Indian subcontinent in the First World War""Commonwealth War Graves Commission Annual Report 2007–2008 Online"the original1462689197110.1017/s0010417500016534178920Eurocentrism: a marxian critical realist critique"Ranjit Guha, "On Some Aspects of Historiography of Colonial India""10.2307/2168385216838510.7202/016593ar"Harvard scholar says the idea of India dates to a much earlier time than the British or the Mughals""In The Footsteps of Pilgrims""India's spiritual landscape: The heavens and the earth""India: A Sacred Geography by Diana L Eck – review"Modern India: The Origins of an Asian Democracy10.2307/21694222169422964322464"The Indian Subcontinent and 'Out of Africa 1'"254043308Encyclopedia of World ReligionsThe Evolution and History of Human Populations in South Asia: Inter-disciplinary Studies in Archaeology, Biological Anthropology, Linguistics and Genetics"The Early Paleolithic of the Indian Subcontinent: Hominin Colonization, Dispersals and Occupation History"Ancient Indian History and CivilizationAncient Indian Social History: Some Interpretationsthe originalIndia Before EuropeA Concise History of Modern India"The beginning of the historical period, c. 500–150 BCE"full textA History of Indiathe originalexcerpt and text searchexcerptexcerptAn Economic History of India: From Pre-Colonial Times to 1991excerpt and text searchexcerpt and text searchIndia as known to the ancient world10.1111/j.1468-0289.1985.tb00391.x2597191onlineThe History of India, as told by its own historians. The Muhammadan Periodonline editionHans William Brown research collection on 19th-century missionary work in India, 1882–1932, Ms. Coll. 1033, Kislak Center for Special Collections, Rare Books and Manuscripts, University of Pennsylvaniaee