México Índice Toponimia | Historia | Política | Subdivisións | Xeografía | Economía | Demografía | Cultura | Deporte | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónmellorar este artigomellorar este artigo23°N 102°O / 23, -102e"Status by country"o orixinalConvención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradanteso orixinalProtocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturaleso orixinalProtocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujero orixinalProtocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidado orixinalTurismo en México"Historia de la Charrería"o orixinal"Celebración del Día Mundial del Turismo"o orixinal"La Charrería""Historia de la Charrería""Traje de Charro""Pelota Tarasca: Una aportación de Tierra Caliente al deporte mundial"o orixinal"Juego de pelota lúdico ritual prehispánico"o orixinalPresidencia da RepúblicaeeWorldCat154775570XX457537311864872z2201540DA02943005ID1211700004229639960633035-2494039058-533790000 0001 2359 3927n81013960ID00567575ge12851536590136ID114686646154026392577mexico7005560D008800
Antiga e BarbudaArxentinaBahamasBarbadosBelizeBoliviaBrasilCanadáChileColombiaCosta RicaCubaDominicaEcuadorEstados UnidosGranadaGuatemalaGüianaHaitíHondurasMéxicoNicaraguaPanamáParaguaiPerúRepública DominicanaSaint Kitts e NevisO SalvadorSan Vicente e as GranadinasSanta LucíaSurinameTrinidad e TobagoUruguaiVenezuelaXamaica
México
América do NorteAmérica Centralistmo de TehuantepecEstados Unidos de Américagolfo de Méxicomar CaribeCubaGuatemalaBelizeocéano PacíficoIllas Revillagigedoocéano Pacíficocabo San LucasBaixa Californiaséculo XIXEstado federalConstitución de 1824Constitución de 1857Constitución vixente1917México-TenochtitlanlinguacoloniacrioulosNova EspañaPlan de IgualanáhuatlmexicasBernardino de SahagúnCecilio RobeloAlfonso CasoGutierre TibónClavijeroHuitzilopochtlimexicasescritaolmecaGolfo de MéxicoVeracruzTabascoMesoamérica400200TeotihuacanMonte AlbánmaiasPalenqueUxmánCopán650900século XItoltecachichimecamexicaespañolasFrancisco Hernández de Córdoba1517Juan de GrijalvaHernán CortésVeracruzMalitzinTexcoclozapotecosTenochtitlán1521cabalo15301550guerra do MixtónchichimecaZacatecasInquisiciónNova EspañaEspañaNapoleón I16 de setembro1810Miguel HidalgoSan Miguel el GrandeJosé María MorelosVicente GuerreroAgustín de IturbideAntonio López de Santa Anna1821Tratado de CórdobaJuan de O'DonojúPlan de IgualaGuadalupe VictoriaIgnacio ComonfortIgrexa católicaGuerra de ReformaBenito Juárez1864Maximiliano de HabsburgoCerro de las CampanasQuerétaro18671876Porfirio DíazFrancisco MaderoPlan de San Luis PotosíRevolución mexicanaEmiliano ZapataPancho VillaPascual OrozcoVenustiano CarranzaFranciaPancho VillaEmiliano Zapata5 de febreiro1917Guerra CristeraPartido Revolucionario InstitucionalPlutarco Elías Callesguerra civil españolaManuel Ávila CamachoChiapasExército ZapatistaErnesto ZedilloVicente Fox QuesadaPartido de Acción NacionalestadosDistrito FederalCidade de Méxicoconstitución1917repúblicaexecutivolexislativoxudicialpresidenteparlamentocongreso federalSenadoCámara de Deputadosrepresentación proporcionaldereitos humanosComité de Dereitos Humanosnorteamericanoistmo de Tehuantepecocéano Pacíficogolfo de CaliforniaBaixa Californiagolfo de Méxicomar Caribeocéano AtlánticovolcánsPico de Orizabaclimadesertosfraga húmidaRío Bravo del NorteGrijalvaBalsasYaquiturismoAmérica Latinalingua españolaAmérica LatinaBrasilcatólico romanoprotestantesDistrito FederalBaixa CaliforniaXaliscoChihuahuaTamaulipasChiapascharreríadeportedeporteMaximiliano de HabsburgocharroMesoaméricapelota tarascapelota purépechapelota mixtecaOaxacaulamaSinaloaxogo de pelotaChihuahuatarahumarasrarajíparaariwetaeducación físicafútbolbaloncestobéisbolsófbolCidade de Méxicofrontónpelota vascapatinaxe artística sobre xeohóckey sobre xeovoleibolfútbol americanoONEFA
México
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A introdución deste artigo precisa dunha ampliación, redución, carece de contexto ou non fornece un resumo axeitado do artigo segundo indica o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Coordenadas: 23°N 102°O / 23, -102
Estados Unidos Mexicanos | |||
---|---|---|---|
| |||
| |||
Capital • Poboación | Cidade de México 8 720 916 | ||
Cidade máis poboada | Cidade de México | ||
Linguas oficiais | Ningún a nivel federal1 | ||
Forma de goberno | República federal democrática | ||
Presidente | Andrés Manuel López Obrador | ||
Independencia de España | |||
• Iniciada • Declarada | 16 de setembro de 1810 27 de setembro de 1821 | ||
Superficie | Posto 14º | ||
• Total | 1 984 375 km² | ||
• % auga | 2,5 | ||
Fronteiras | 4 301 km | ||
Poboación | Posto 11º | ||
• Total (2008[1]) | 106 682 500 hab. | ||
• Densidade | 52,3 hab./km² | ||
PIB (nominal) | Posto 10º | ||
• Total (2006) | 840 012 mill. US$ | ||
• per cápita | 8 066 US$ | ||
PIB (PPA) | Posto 10º | ||
• Total (2006) | 1 171 506 mill. US$2 | ||
• per cápita | 11 249 US$ | ||
Moeda | Peso mexicano ($, MXN ) | ||
IDH | n/d | ||
Xentilicio | mexicano/a | ||
Fuso horario | UTC-6 a UTC-8 | ||
• Horario de verán | Non aplica | ||
Dominio de Internet | .mx | ||
Prefixo telefónico | +52 | ||
Prefixo radiofónico | 4AA-4CZ, 6DA-6JZ, XAA-XIZ | ||
Código ISO | 484 / MX / MEX | ||
Membro de: TLCAN, ONU, OEA, OCDE, APEC, G.3 | |||
1 Non existe declaratoria constitucional de lingua oficial. O español e 62 lenguas indíxenas teñen a mesma validez en todo o territorio mexicano 2 Fonte: FMI. | |||
México (nome oficial: Estados Unidos Mexicanos) é un país localizado maioritaria ou totalmente en América do Norte (dependendo de onde se trace o límite con América Central, ora na fronteira mexicana, ora no istmo de Tehuantepec).
Limitado ao norte polos Estados Unidos de América, ao leste polo golfo de México e polo mar Caribe, a través dos cales se acerca a Cuba, ao sur por Guatemala e máis Belize, e ao oeste polo océano Pacífico. Alén do territorio continental e illas adxacentes á costa, México inclúe tamén as Illas Revillagigedo, localizadas no océano Pacífico, a máis de 400 km a sur do cabo San Lucas, na Baixa California.
Índice
1 Toponimia
2 Historia
2.1 México precolombiano
2.2 Conquista e colonización española
2.3 A independencia
2.4 A Revolución mexicana
3 Política
3.1 Dereitos humanos
4 Subdivisións
5 Xeografía
6 Economía
6.1 Turismo
7 Demografía
8 Cultura
8.1 Festivos
9 Deporte
9.1 Deportes tradicionais
10 Notas
11 Véxase tamén
11.1 Outros artigos
11.2 Ligazóns externas
Toponimia |
México é unha entidade política que naceu no século XIX. Desde a súa conformación como Estado federal, o nome oficial do país é Estados Unidos Mexicanos, aínda que a Constitución de 1824 usaba indistintamente as expresións Nación Mexicana e Estados Unidos Mexicanos.[2] A Constitución de 1857 fai oficial o uso do nome República Mexicana, pero no texto emprégase tamén a expresión Estados Unidos Mexicanos.[3] A Constitución vixente, promulgada en 1917, establece que o nome oficial do país é Estados Unidos Mexicanos.
O xentilicio mexicano empregouse na lingua española desde o contacto entre europeos e americanos con diferentes sentidos. Para os españois do século XVI, os mexicanos eran os habitantes de México-Tenochtitlan e a súa lingua. Durante a colonia, algúns crioulos e peninsulares avecindados na Nova España usaron o xentilicio para denominarse a si mesmos.[4] Os líderes da guerra de independencia vacilaron tanto na denominación do país como dos seus habitantes. A partir do Plan de Iguala, o país adoptará definitivamente o nome de México e os seus habitantes foron todos mexicanos.
México é un topónimo de orixe náhuatl cuxo significado é discutido. Deriva do vocábulo náhuatl Mēxihco [me:ʃiʔko], que designaba a capital dos mexicas. De acordo con Bernardino de Sahagún, o vocábulo significaría 'o embigo da lúa',[5] suxestión que logo fixeron súa Cecilio Robelo, Alfonso Caso e Gutierre Tibón e que se popularizou a través dos libros de texto gratuítos. Con todo, esta hipótese non é sustentable porque a morfoloxía do náhuatl non admite unha derivación do topónimo a partir das voces propostas.[nota 1]Clavijero suxeriu que o topónimo debía interpretarse como '[no] lugar de Mexihtli', é dicir, de Huitzilopochtli, pois Mexihtli era un dos seus nomes alternativos. No mesmo texto, Clavijero engade como nota que creu por algún tempo que o vocábulo significaba 'No centro do maguey', pero que a través do coñecemento da historia dos mexicas chegou á conclusión de que o topónimo se refire ao deus tutelar dos aztecas.[nota 2]
Historia |
- Artigo principal Historia de México
México precolombiano |
Os primeiros achados arqueolóxicos en México teñen unha datación de máis de 20.000 anos, eran pobos que se dedicaban á caza e a recolleita de plantas e froitas silvestres. Arredor do 5.000 a.C. comezan a cultivar as primeiras plantas silvestres, e de nómades nun proceso longo convertéronse en bandas seminómades e posteriormente en comunidades sedentarias arredor do 2500 a.C.
Entre o 1200 e o 400 a.C. desenvólvese a escrita, o calendario e os grandes centros cerimoniais da cultura olmeca, localizada na costa do Golfo de México, nas actuais Veracruz e Tabasco, difundindo unha sociedade xerarquizada noutros pobos de Mesoamérica.
Entre o 400 a.C. e o 200 d.c. produciuse un aumento demográfico e da produción agrícola, desenvolvéronse máis centros urbanos e aumentou o comercio. Destacan neste período Teotihuacan, Monte Albán e as cidades estado maias como Palenque, Uxmán ou Copán.
O colapso das grandes cidades produciuse entre o 650 e o 900, é un período caracterizado pola inestabilidade política, a mobilidade social, estes cambios acentuaronse dende o século XI, cando pobos do norte, seguramente por motivos climáticos, migraron ao centro de México, e deron lugar a sociedades militaristas, ao ter que dominar aos pobos asentados con anterioridade nos territorios nos que se estableceron.
No centro de México déronse tres vagas migratorias diferentes, a tolteca nos séculos X e XII, a chichimeca, no XII e a mexica no XV
Conquista e colonización española |
As primeiras expedicións españolas á área que agora é México realizounas Francisco Hernández de Córdoba en 1517. En 1518 Juan de Grijalva explorou o sur de México. Pero foi Hernán Cortés en 1519 o que dende a actual Veracruz deu comezo á conquista española, obtivo a primeira vitoria militar nas costas de Tabasco e entre o botín de guerra estaba Malitzin que lle serviu de intérprete e foi vitar para coñecer as rivalidades entre os pobos mexicanos. Trala conquista de Texcoclo por Cortés diversas poboacións indíxenas, como os zapotecos aliánronse con el contra dos aztecas, e tras unha serie de batallas os españois sitiaron a súa capital Tenochtitlán, conquistada en 1521. Tres factores contribuíron á rápida vitoria española, a superioridade do armamento e a utilización do cabalo, a expansión das novas enfermidades que traían os europeos e a axuda doutros pobos indíxenas que vían aos aztecas como opresores.
Os conquistadores eran poucos, uns 2.000 arredor de 1530 e 10.000 en 1550, e o seu avance cara o norte foi lento, pola resistencia dos pobos nómades que alí habitaban, a guerra do Mixtón (1540-42) supuxo a conquista do territorio chichimeca e o descubrimento das minas de prata de Zacatecas (1546).
Cos conquistadores chegaron tamén os evanxelizadores cristiáns, organizouse a Inquisición e as fundacións relixiosas multiplicáronse en toda Nova España, en 1559 había uns 160 conventos e 800 relixiosos no territorio.
A conquista provocou tamén unha forte diminución da poboación indíxena, consecuencia non só das guerras, senón da expansión de novas enfermidades, os traslados de poboación, traballos obrigatorios para os indíxenas e unha mala alimentación, así a poboación pasou de 25.000.000 en 1519 a 2.600.000 en 1550.
Nos séculos XVII e XVIII houbo un aumento demográfico, ao tempo que aparecían poboacións mestizas, mulatas e creoulas. A expansión da minería e a comercialización da agricultura e a gandería reforzaron a economía da colonia. Grandes extensións de terra eran propiedade dos brancos, que tamén dominaban a economía e a política colonial
A independencia |
Logo da invasión de España por Napoleón I os liberais e conservadores concordan en pedir máis autonomía para Nova España. A guerra de independencia de México comeza o 16 de setembro de 1810 dirixida por Miguel Hidalgo, un sacerdote crioulo e de ideas progresistas. Os sublevados apoderáronse de San Miguel el Grande e ao pouco tempo tiñan un exército de 25.000 homes, que en outubro eran xa 80.000. Entre os líderes independentistas sobresaían José María Morelos, Vicente Guerrero, Agustín de Iturbide e Antonio López de Santa Anna. A guerra durou once anos ata que os independentistas entraron na cidade de México en 1821. En agosto dese ano asinouse o Tratado de Córdoba en Veracruz entre o vicerrei español, Juan de O'Donojú, e Agustín de Iturbide que ratificaba o Plan de Iguala.
En 1821 Iturbide, un antigo xeneral español que cambiara de bando para loitar pola independencia, proclamouse emperador; oficialmente unha medida temporal ata que un membro da realeza europea asumira o posto. En 1823 unha revolta contra Iturbide estableceu a República de México e Guadalupe Victoria converteuse no primeiro presidente do país.
O século XIX estivo caracterizado pola inestabilidade política. A figura dominante no segundo cuarto do século foi o ditador Antonio López de Santa Anna. Neste período México perdeu os seus territorios máis ao norte. En 1836 Texas declarouse independente. Entre 1846 e 1848 estalou a guerra mexicano-americana que significou non só a perda dos territorios do norte, senón unha maior intervención norteamericana na política mexicana.
En 1855 un presidente moderado, Ignacio Comonfort, chega ao poder e en 1857 apróbase a nova constitución, que tentaba unha vía intermedia entre os conservadores e os liberais. Nesta carta magna, a Igrexa católica mantén a maioría dos privilexios que tiña dende a época colonial, pero deixa de ser a única da nación. Isto provoca unha dura reacción da igrexa, que excomunga ao goberno, e dos conservadores que se rebelan en armas contra o goberno. É a coñecida como Guerra de Reforma que dura ata xaneiro de 1861. Trátase unha guerra sanguenta e polariza politicamente ao país, de xeito que boa parte dos moderados únense aos liberais. Durante un tempo hai dous gobernos no país: o conservador na cidade de México e o liberal en Veracruz. A contenda remata coa vitoria dos liberais liderados por Benito Juárez.
En 1864 Maximiliano de Habsburgo convértese en emperador de México co apoio dos conservadores e dos franceses, interesados en explotar as ricas minas do noroeste do país. Porén, Maximiliano tentou seguir unha política liberal, o que provocou que os conservadores lle retirasen o seu apoio. Maximiliano foi, finalmente, capturado polas forzas leais a Benito Juárez e fusilado en Cerro de las Campanas, Querétaro en 1867. Restableceuse a república e redactouse unha nova constitución que confiscaba as enormes propiedades da Igrexa Católica e establecía a separación de Igrexa e Estado.
En 1876 o xeneral Porfirio Díaz rebelouse contra o goberno, co apoio dos conservadores, e mantívose no poder ata 1911, período que se coñece como o porfiriato. Foi un período de relativa prosperidade e paz, pero as condicións das clases máis baixas empeoraron ao desapareceren os "ejidos", as terras que os indios cultivaban de xeito comunal. Estas terras pasaron a engrosar os grandes latifundios. Porén, non se permitía a disidencia política, manténdose no poder un sistema político corrupto baseado na sistemática falsificación do sufraxio electoral.
En 1910 o xa ancián presidente decidiu presentarse para outro mandato. Aínda que pensaba non contar con ningún opositor serio, apareceu Francisco Madero, un académico de rica familia que decidiu presentarse. Madero rapidamente obtivo popularidade e Díaz ordenou metelo en prisión. As eleccións foron unha fraude enorme: oficialmente Madero só recibiu uns poucos centos de votos. Isto provocou revoltas populares por todo o país.
A Revolución mexicana |
O 20 de novembro Madero redactou o coñecido como Plan de San Luis Potosí, no que chamaba a loitar contra do goberno ditatorial. Así deu comezo a chamada Revolución mexicana. O exército federal foi derrotado polas forzas revolucionarias dirixidas, entre outros, por Emiliano Zapata no sur, Pancho Villa e Pascual Orozco no norte e Venustiano Carranza. Porfirio Díaz dimitiu e marchou ao exilio a Francia.
Porén, cada un dos triunfantes líderes revolucionarios tiñan diferentes obxectivos políticos. Madero negábase a alterar a estrutura económica, o que lle supuxo a perda do apoio campesiño que frustrado se revolveu esixindo a repartición das terras. Consecuentemente, abriuse unha cruenta loita polo polo poder: Pancho Villa e Emiliano Zapata foron os líderes populares que encabezaron as revoltas en 1913. Carranza foi nomeado presidente o 5 de febreiro de 1917 e promulgouse unha nova constitución coa que se encetaba unha vasta reforma agraria. En 1920 Álvaro Obregón converteuse en presidente. Durante o seu mandato, mellorou a educación e déronse pasos para acadar a igualdade entre homes e mulleres. Obregón contou co apoio de case toda a sociedade mexicana. Só se opuñan a el os terratenentes e o clero máis conservador. Este último levantouse na coñecida como Guerra Cristera co obxectivo de loitar contra da separación entre a Igrexa e o Estado.
En 1929 formouse o Partido Nacional Mexicano (máis tarde denominado Partido Revolucionario Institucional) para servir ao presidente Plutarco Elías Calles. O PNM esparexeu as milicias dos xenerais revolucionarios.
En 1934 o presidente Lázaro Cárdenas del Río, que principou unha política de transformación do país, exiliou en Calles, o último xeneral con ambicións ditatoriais, conseguiu unir as diferentes tendencias no seo do PRI, nacionalizou a industria do pretróleo, deu asilo aos refuxiados da guerra civil española e comezou a reforma agraria.
O seu sucesor Manuel Ávila Camacho procurou crear un clima máis favorable para o capital internacional polo que reprimiu as folgas, perseguiu aos disidentes, e deu volta atrás na reforma agraria.
A oposición política medrou sobre todo dende a masacre de Tlatelolco de 1968 a economía entrou en recesión na década de 1970, o peso devaluouse. A crise de 1994 deixou provocou un clima de axitación política e a aparición en Chiapas do Exército Zapatista, polo que o presidente Ernesto Zedillo viuse obigado a reformar a lei electoral e reducir o poder do PRI e nas eleccións de 2000 venceu Vicente Fox Quesada, o candidato do Partido de Acción Nacional.
Política |
- Artigo principal: Política de México.
México é unha república representativa, democrática e federal, composta por 31 estados libres e soberanos no que concirne a seu réxime interno e un Distrito Federal, sede do Poder Executivo Federal, no cal se encontra a Cidade de México.
A constitución mexicana de 1917 criou unha república federal con separación de poderes entre ramos executivo, lexislativo e xudicial separados. Historicamente, o executivo é o ramo dominante, co poder investido no presidente, que promulga e executa as leis emanadas do parlamento, o congreso federal, ou Congreso de la Unión.
O Congreso Nacional é bicameral e composto por un Senado (Cámara de Senadores) e unha Cámara de Deputados (Cámara de Diputados). A reelección consecutiva está prohibida. Os senadores son electos para mandatos de 6 anos, e os deputados por 3 anos. Os ocupantes dos 128 lugares do Senado son escollidos a través dunha mistura de elección directa e de representación proporcional. Na Cámara (baixa) dos Deputados, 300 dos 500 deputados son electos directamente en círculos uninominais, e os restantes 200 lugares son electos a través dunha forma modificada de representación proporcional con base en cinco rexións electorais. Estes 200 lugares foron criados para axudar os partidos máis pequenos a ter acceso ao parlamento.
Dereitos humanos |
- Artigo principal: Dereitos humanos en México.
En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), México firmou ou ratificou:
México | Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[7] | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
CESCR | CCPR | CERD | CED | CEDAW | CAT[8] | CRC | MWC | CRPD | |||||||||
CESCR | CESCR-OP[9] | CCPR | CCPR-OP1 | CCPR-OP2-DP | CEDAW | CEDAW-OP[10] | CAT | CAT-OP | CRC | CRC-OP-AC | CRC-OP-SC | CRPD | CRPD-OP[11] | ||||
Pertenza | |||||||||||||||||
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes. |
Subdivisións |
- Artigo principal: Subdivisións de México.
División política de México | ||||
Estado | Poboación (2010) | Superficie (km²) | Capital | |
Estados Unidos Mexicanos | 103.088.000 | 1.959.248 | Cidade de México | |
1. Aguascalientes | 1.184.996 | 5.625 | Aguascalientes | |
2. Baixa California | 3.155.070 | 71.546 | Mexicali | |
3. Baixa California Sur | 637.026 | 73.943 | La Paz | |
4. Campeche | 899.931 | 57.727 | Campeche | |
5. Chiapas | 4.796.580 | 73.681 | Tuxtla Gutiérrez | |
6. Chihuahua | 3.406.465 | 247.487 | Chihuahua | |
7. Coahuila de Zaragoza | 2.742.029 | 151.571 | Saltillo | |
8. Colima | 650.555 | 5.627 | Colima | |
9. Durango | 1.632.934 | 123.367 | Victoria de Durango | |
10. Guanajuato | 5.486.372 | 30.621 | Guanajuato | |
11. Guerrero | 3.388.768 | 63.794 | Chilpancingo | |
12. Hidalgo | 2.665.018 | 20.856 | Pachuca de Soto | |
13. Xalisco | 8.079.782 | 78.630 | Guadalaxara | |
14. México | 15.175.862 | 22.333 | Toluca | |
15. Michoacán | 4.351.037 | 58.667 | Morelia | |
16. Morelos | 1.777.227 | 4.892 | Cuernavaca | |
17. Nayarit | 1.084.979 | 27.862 | Tepic | |
18. Nuevo León | 4.653.458 | 64.203 | Monterrey | |
19. Oaxaca | 3.801.962 | 93.343 | Oaxaca de Juárez | |
20. Puebla | 5.779.829 | 34.251 | Puebla de Zaragoza | |
21. Querétaro | 1.827.937 | 11.658 | Santiago de Querétaro | |
22. Quintana Roo | 1.325.578 | 42.535 | Chetumal | |
23. San Luis Potosí | 2.585.518 | 61.165 | San Luis Potosí | |
24. Sinaloa | 2.767.761 | 57.331 | Culiacán Rosales | |
25. Sonora | 2.662.480 | 184.946 | Hermosillo | |
26. Tabasco | 2.238.603 | 24.747 | Villahermosa | |
27. Tamaulipas | 3.268.554 | 80.148 | Ciudad Victoria | |
28. Tlaxcala | 1.169.936 | 4.016 | Tlaxcala de Xicohténcatl | |
29. Veracruz Llave | 7.643.194 | 71.856 | Xalapa de Enriquez | |
30. Iucatán | 1.955.577 | 39.671 | Mérida | |
31. Zacatecas | 1.490.668 | 75.416 | Zacatecas | |
32. Cidade de México | 8.851.080 | 1.479 |
Xeografía |
- Artigo principal: Xeografía de México.
Localizado na parte suroeste do continente norteamericano e de forma aproximadamente triangular, México esténdese por máis de 3 000 Km de noroeste a sueste. A súa longura varía entre máis de 2 000 km no norte e menos de 220 km no istmo de Tehuantepec, no sur. O México ten litorais en dúas grandes masas de auga: o océano Pacífico (co golfo de California entre o continente e maila península da Baixa California) a occidente e, a oriente, o golfo de México e mailo mar Caribe, que conduce ao océano Atlántico. Nos litorais atópanse planicies costeiras, ao paso que o México central consiste de planaltos elevados e montañas escarpadas, incluíndo volcáns, o máis elevado dos cales é o Pico de Orizaba, con 5610 m de altitude.
O terreo e o clima varían dos desertos do norte á fraga húmida tropical no sur. Os principais ríos mexicanos son o Río Bravo del Norte (tamén coñecido como Río Grande), o Grijalva, o Balsas e o Yaqui.
Economía |
- Artigo principal: Economía de México.
Turismo |
- Artigo principal: Turismo en México.
O turismo en México é unha actividade económica importante para o país e é unha das maiores no mundo, colocada no oitavo lugar a nivel mundial de chegadas de turistas internacionais, co 21,4 millóns de visitantes en 2006, e o primeiro destino para turistas estranxeiros dentro de América Latina.[12]
Turismo de México | |||||||
Cancún Quintana Roo | Puebla Puebla | Chichén Itzá Iucatán | Cabo San Lucas Baixa California Sur | Teotihuacán Estado de México | |||
Creel Chihuahua | San Miguel de Allende Guanajuato | Acapulco Guerrero | Monte Albán Oaxaca | Cidade de México Distrito Federal | |||
Tijuana Baixa California | San Cristóbal de las Casas Chiapas | Porto Vallarta Xalisco | El Tajín Veracruz | Morelia Michoacán |
Demografía |
- Artigo principal: Demografía de México.
- Artigo principal: Inmigración en México.
México é o país máis populoso de lingua española do mundo e o segundo país máis populoso da América Latina, despois do Brasil. O país é predominantemente católico romano (89%), cun 6% de adhesión a varias fés protestantes e os restantes 5% ou a adherir a relixións máis pequenas ou sen relixión.
As diferenzas entre as estimacións oficiais e de organismos privados sobre o número de estranxeiros vivindo en México é significativa. A cifra de estranxeiros residindo en México é de aproximadamente 1,000,000.00, dos cales a maioría (86.9%) proveñen de Estados Unidos, Guatemala, España, O Salvador, Arxentina e Colombia (agás en Chiapas, onde a maioría dos inmigrantes son de Centroamérica). As entidades federais co maior número de inmigrantes estranxeiros son: Distrito Federal (12,1% de total de inmigrantes), Baixa California (11,4%), Xalisco (9,9%), Chihuahua (9%), Tamaulipas (7,3%), Chiapas (7.2%). Máis do 54% da poboación inmigrante ten menos de 15 anos de idade, e o 9% máis de cincuenta.
Cultura |
- Artigo principal: Cultura de México.
A construción da cultura mexicana é o resultado dun proceso histórico que inclúen as relacións de poder, os intercambios pacíficas, a asimilación de elementos culturais exógenos e reinterpretações de elementos culturais xa existentes. Como ocorre en todos os países de América Latina, cando o México se tornou libre do dominio español, os seus habitantes non tiñan o que se dá para chamar de identidade nacional. Quizais a única cousa que a maioría dos mexicanos partes no momento da independencia foi ter nacido nun territorio que era para ser un estado e da relixión católica. Ademais, os lazos inter-rexionais e comunidade eran escasos e as identidades étnicas estaban profundamente enraizadas.
Asociado ao triunfo da Revolución, novas formas de pensar sobre a identidade nacional. Un dos principais pensadores desta nova fase de reflexión sobre o que é mexicano José Vasconcelos Calderón. Para este avogado, o México era unha especie de "crisol" onde todas as razas se unir. Na construción da cultura e da historia do país había contribuído os europeos mesma indíxenas, africanos que os asiáticos. Polo tanto, por definición foron os mexicanos mestizos, culturalmente. Vasconcelos chamou o mestizo da raza cósmica, no que converxen o mellor de todos os pobos do mundo. A súa influencia foi sentido inmediatamente en todo o país a través do traballo da Secretaría de Educación Pública. En 1920-1940, a educación en México, foi usada como un dos mecanismos polos que estender a tese de mestizos de México.
Festivos |
Data | Festa local |
---|---|
1 de xaneiro | Ano Novo |
5 de febreiro | Día da Constitución |
21 de marzo | Natalicio de Benito Juárez |
1 de maio | Día do Traballo |
16 de setembro | Día da Independencia |
20 de novembro | Revolución Mexicana |
25 de decembro | Nadal |
Deporte |
- Artigo principal: México nos Xogos Olímpicos.
Deportes tradicionais |
Adóitase considerar a charrería como o deporte nacional dos mexicanos.[14] Este deporte derivou das tarefas dos caporais nas facendas gandeiras.[15] A súa orixe data da época colonial,[16] e atribúese a Maximiliano de Habsburgo a creación do traxe de charro na súa forma definitiva.[17]
Algúns deportes teñen unha orixe nas culturas prehispánicas de Mesoamérica. É o caso da pelota tarasca,[18] a pelota purépecha, a pelota mixteca de Oaxaca e o ulama de Sinaloa, todos eles vencellados co antigo xogo de pelota practicado polos pobos mesoamericanos.[19] Este xogo de pelota dramatizaba o movemento dos astros no firmamento, e en teoría os seus descendentes actuais tamén o fan; claro está que agora os equipos vencidos non son sacrificados ós deuses. En Chihuahua, os tarahumaras realizan carreiras rituais chamadas rarajípara e ariweta. A primeira é para varóns, e é xogada en equipos que se relevan para completar un percorrido de varios quilómetros pola serra pateando unha pequena pelota. A segunda é para mulleres, e elas deben facer o percorrido empurrando un aro.
Se ben a Secretaría de Educación Pública inclúe o ensino da educación física nas escolas ó seu cargo, como fan tamén as instancias estatais encargadas da instrución, o deporte organizado non é unha actividade común entre o pobo. O máis estendido é o fútbol, aínda que no norte do país teñen maior presenza o baloncesto, o béisbol e o sófbol, tendo estes dous últimos moi boa aceptación no sur do país. No sur da Cidade de México, a práctica afeccionada do frontón e a pelota vasca é moi importante, e deu lustre ó deporte mexicano a nivel internacional. A patinaxe artística sobre xeo e o hóckey sobre xeo son deportes practicados pola xuventude mexicana acomodada, amosando un constante crecemento. Outros deportes que gozan de gran popularidade en México son o voleibol que é practicado como un dos deportes básicos a nivel escolar, así como o fútbol americano que se practica de xeito organizado en diversas ligas integrantes da ONEFA.
Notas |
↑ Karttunen (1983) sinala que a hipótese de Sahagún non é etimolóxicamente satisfactoria xa que non encaixa nin a cantidade vocálica da /?/ de x?c- 'embigo', nin o saltillo que precede ao locativo, ademais a derivación presenta unha caída irregular do grupo -tz- en mētz-.
↑ Á letra, Clavijero di:[6]Eu algún tempo crin que o nome verdadeiro era México, que quere dicir no centro do maguey ou a pita, ou o aloe mexicano; pero desenganoume o estudo da historia, e agora estou seguro de que México é o mesmo que o lugar de Mexitli ou Huitzilopochtli, é dicir, o Marte dos Mexicanos, á causa do santuario que naquel sitio construirón.
↑ INEGI,Consulta de resultados. Numeralia (Publicaciones de contenido general sobre el país), http://www.inegi.gob.mx/est/contenidos/espanol/proyectos/integracion/inegi324.asp?s=est&c=11722#tres
↑ Constitución de los Estados Unidos mexicanos (1824), passim
↑ Constitución de la República Mexicana (1857), passim
↑ Por exemplo, Francisco Xavier Clavijero comeza o seu Historia antiga de México e da súa conquista falando do país do Anáhuac no primeiro capítulo, pero ao longo del referirase indistintamente ao territorio mexicano ou reino dos mexicanos a unha ampla porción de Nova España que incluía non só os dominios dos mexicas, senón tamén territorios maias e purépechas.
↑ De Metzxico: metz(tli) (lúa), xic(tli) (embigo, centro) e -co (locativo). Sahagún, Historia xeral....
↑ Clavijero 1844, p. 74.
↑ Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
↑ Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
↑ Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
↑ Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
↑ Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
↑ Turismo en México
↑ Federación Mexicana de Charrería. "Historia de la Charrería". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2011.
↑ Secretaría de Turismo (25 de agosto de 2004). "Celebración del Día Mundial del Turismo". Arquivado dende o orixinal o 27 de novembro de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2011.
↑ México Maxico. "La Charrería". Consultado o 18 de decembro de 2011.
↑ DeCharros. "Historia de la Charrería". Consultado o 18 de decembro de 2011.
↑ nuestraedad.com.mx. "Traje de Charro". Consultado o 18 de decembro de 2011.
↑ Jorge Arturo Olivares Benítez. "Pelota Tarasca: Una aportación de Tierra Caliente al deporte mundial". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2011. Consultado o 18 de decembro de 2011.
↑ Tabasco Hoy (11 de xuño de 2006). "Juego de pelota lúdico ritual prehispánico". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2011.
Véxase tamén |
Outros artigos |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: México |
- Lista de xefes de estado de México
- América do Norte
- Linguas de México
- Inmigración galega en México
Ligazóns externas |
Presidencia da República (en castelán)
|
|
|
|
Categoría:
- México
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"1.608","walltime":"2.988","ppvisitednodes":"value":4094,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":147185,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":10728,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":26,"limit":500,"unstrip-depth":"value":1,"limit":20,"unstrip-size":"value":21644,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":26,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 2603.191 1 -total"," 74.24% 1932.647 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 10.11% 263.298 3 Modelo:Navbox"," 7.08% 184.229 1 Modelo:América"," 5.73% 149.196 1 Modelo:Listaref"," 5.54% 144.095 62 Modelo:Nowrap"," 3.67% 95.419 1 Modelo:Commonscat"," 3.58% 93.117 8 Modelo:Cita_web"," 3.50% 91.240 1 Modelo:Irmáns"," 3.34% 86.894 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.998","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":16688835,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1336","timestamp":"20190414215306","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Mu00e9xico","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/M%C3%A9xico","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q96","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q96","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-02-21T13:06:57Z","dateModified":"2019-03-01T11:18:41Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/fc/Flag_of_Mexico.svg","headline":"pau00eds de Amu00e9rica do Norte"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":205,"wgHostname":"mw1323"););