Skip to main content

Vilariño Frío, Montederramo Índice Xeografía | Patrimonio histórico | Lugares e parroquias | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación42°19′02″N 07°32′29″O / 42.31722, -7.54139Ponte de Vilariño Frío

Parroquias de MontederramoParroquias de Galicia baixo a advocación de santa María


ourensánMontederramoTerra de CaldelasIGE20121999C-536N-120Pobra de Trivesserra de San Mamedemontes de Ibilmontes da EsperelaParada de Silmonte do Brozomonte da Penalongaalto da Tabenxaalto do OuteiroPedro Manuel de Billar y Toubesrío Maorío de HedradaSeoane VelloPradomaoA HedradaParada de SilChásMacedaCovasVigueira de AbaixoNogueiraVía Novaitinerario de AntoninoBragaAstorgaFrei Martín SarmientoAugas SantasAllarizCornocesAmoeiroCondes de Lemospeto de ánimasVirxe do CarmeneoclásicabarrocoÁngel Temiño SaizAs PoulasVilariño FríoVilariño PequenoOs Abeledos (San Vicente)As Chás (San Xoán)Covas (San Xoán)Gabín (San Pedro)Marrubio (Santo André)A Medorra (Santiago)Montederramo (Santa María)Nogueira (Santa María)Paredes (Santa María)San Cosme de Montederramo (San Cosme)Sas do Monte (San Pedro)Seoane Vello (San Xoán)Vilariño Frío (Santa María)










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Vilariño Frío, Montederramo




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


Coordenadas: 42°19′02″N 07°32′29″O / 42.31722, -7.54139









Vilariño Frío

Montederramo, Vilariño Frío, Nosa Señora dos Remedios.JPG
Igrexa de Nosa Señora dos Remedios.

ConcelloMontederramo
Poboación84 hab. (2012)
Entidades de poboación3

Santa María de Vilariño Frío é unha das 13 parroquias do concello ourensán de Montederramo, situada na Terra de Caldelas. Segundo o IGE en 2012 tiña 84 habitantes (45 mulleres e 39 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 118 habitantes.




Índice





  • 1 Xeografía


  • 2 Patrimonio histórico


  • 3 Lugares e parroquias

    • 3.1 Lugares de Vilariño Frío


    • 3.2 Parroquias de Montederramo



  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Outros artigos





Xeografía |


Ten 5 entidades de poboación: Vilariño Grande, onde se sitúa a igrexa parroquial e cruza a estrada da Ribeira ou estrada a Parada do Sil. O Mesón, antigamente chamado A Casa Nova, sitúase na estrada C-536 (antiga N-120) que une Ourense coa Pobra de Trives. Vilariño Pequeno situado no antigo camiño de Vilariño Frío a Pradomao; As Poulas e O Agro, ámbolos dous na estrada que desde O Mesón vai ó encoro de Leboreiro, encoro de Edrada e ós lugares de Pradomao e Forcas.


Na zona montañosa da cara norte da serra de San Mamede, o seu territorio sitúase a unha altitude media superior aos 800 metros, entre os 860 m dos montes de Ibil, os 888 m dos montes da Esperela (no concello de Parada de Sil), os 911 m do monte do Brozo, os 909 do monte da Penalonga, os 948 do alto da Tabenxa e os 920 m do alto do Outeiro.


Ocupa unha extensión aproximada duns 3,2 km², ocupando o territorio que a mediados do século XVIII constituía o coto de Santa María de Vilariño Frío (33 veciños), dependente de Pedro Manuel de Billar y Toubes, rexedor de Ourense, situado entre os seguintes puntos: a marxe esquerda do río Mao (desde a altura do lugar da Retorta ata a unión do río Mao (o medieval rivulum Humano ou Omano Maior) co río de Hedrada (o medieval rivulum Humano ou Omano Minore), á altura do lugar de Praducelos); a marxe dereita do encoro de Hedrada (desde a ponte de Hedrada ata a súa unión co río Mao, a altura de Praducelos); a marxe dereita do regato do Brozo, monte do Brozo, monte da Penalonga e monte Salgueiros, e ao sur da Tabenxa e do Oural.


A parroquia de Vilariño Frío linda ó oeste coa parroquia de Seoane Vello (da que a separa o río Mao). Ó norte e nordeste coas parroquias de Pradomao e A Hedrada (as dúas do concello de Parada de Sil), das que a separa o río de Hedrada. Ó oeste linda coa parroquia das Chás e co concello de Maceda. Ó Sur linda coa parroquia de Covas e co lugar de Vigueira de Abaixo -o medieval Begeira-, pertencente á parroquia de Nogueira.




Peto de ánimas.



Patrimonio histórico |


Aínda que historicamente situouse por Vilariño Frío o paso da Vía Nova do itinerario de Antonino (a vía romana XVIII que unía Braga con Astorga), os últimos estudos feitos por S. Alvarado, J. C. Ribas e Tomas Vega[1] afirman que esta discorría pola marxe sur do seu territorio, seguindo a liña leste-oeste de Nogueira, Vigueira de Abaixo, Cadaval, Covas e A Palela en dirección ao Camiño da Xe (situado un pouco por encima de Xinzo da Costa, no concello de Maceda).


Por Vilariño Frío pasa o medieval Camiño Real da Cruz de Ferro, que, saíndo do Burgo de Caldelas, vai por Pereiro, Portela, Figueiras, Pousa, Santiago da Medorra, Abeledos (da Cruz de Ferro), Folgoso, A Retorta, Vilariño Frío e segue por Bouzas e Casetas do Rodicio baixando ó val de Maceda por Tioira. Como resto máis visible do paso deste camiño por Vilariño Frío conservase, aínda en bo estado, a chamada Ponte Vella, que consta de tres arcos semicirculares de luces distintas e bóvedas de medio punto. Arcos constituídos por perpiaños de labra moi esmerada e sentados "a oco". A construción actual é, probablemente do século XVII polas súas características construtivas: doelas, irregularidade do trasdous, moderado ancho da calzada, tipo de sillería, alzado e planta dos taxamares e rasante alombada. Por esta ponte pasou Frei Martín Sarmiento o día 3 ou 4 de novembro de 1755, logo de sentir o terremoto do 1 de novembro dese ano en Augas Santas (Allariz), na súa viaxe de volta a Madrid, deténdose medio día en Vilariño Frío para logo seguir camiño de San Paio da Aveleda.[2].




Ponte romana.[3]


Na casa chamada dos «señores de Cornoces», na actualidade propiedade de dona Maruja Rodríguez, atópase un escudo cuartelado onde se representan as armas da familia Reinoso (coa cruz de Calatrava no primeiro cuartel), unha das familias máis potentes e coñecidas de Ourense do século XVIII que posuían pazo en Cornoces (Amoeiro). Tamén están os escudos da familia Figueroa y Calderón, anteriores posuidores do pazo de Cornoces, (con folla de figueira e tres pequenos caldeiros, do segundo cuartel), da familia Ojea (castelo e media lúa, do terceiro cuartel) e da familia Castro (seis roeles de azur, no cuarto cuartel), da que descenden os Condes de Lemos.


No centro do lugar, preto da dita casa de Cornoces, no lugar chamado As Laixas e sobre rocha natural, atópase un peto de ánimas, que presenta un corpo liso formado por perpiaños ben encadrados. No corpo superior, sobre o que emerxe un pedestal de lados cóncavos para unha cruz, presenta un pequeno nicho que alberga un panal deteriorado de madeira coa escena da Virxe do Carme sobre as nubes e as ánimas apiñadas na zona inferior.


A igrexa parroquial, dedicada a Santa María, presenta unha arquitectura neoclásica do século XVIII. No seu interior destaca o retablo maior pola súa riqueza decorativa, a ornamentación exuberante e a expresividade das imaxes. É un claro exemplo do barroco galego. O mesmo os dous retablos laterais: Cristo crucificado (á esquerda) e a Virxe Inmaculada (dereita) enmarcados en arcos neoclásicos. Foi de presentación laical da casa de Tor ata o ano 1957, no que o Bispo de Ourense, Ángel Temiño Saiz (1953-1987) fixo unha nova regulamentación do dereito do padroado na Diocese debido ao excesivo número de parroquias de presentación laical.



Lugares e parroquias |



Lugares de Vilariño Frío |




Lugares da parroquia de Vilariño Frío no concello de Montederramo (Ourense)

As Poulas | Vilariño Frío | Vilariño Pequeno



Parroquias de Montederramo |





Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Montederramo


Os Abeledos (San Vicente) | As Chás (San Xoán) | Covas (San Xoán) | Gabín (San Pedro) | Marrubio (Santo André) | A Medorra (Santiago) | Montederramo (Santa María) | Nogueira (Santa María) | Paredes (Santa María) | San Cosme de Montederramo (San Cosme) | Sas do Monte (San Pedro) | Seoane Vello (San Xoán) | Vilariño Frío (Santa María)





Notas |




  1. La Vía Romana XVIII (Vía Nova). Revisión de su trazado y mensuración. II: de los Limici a los Cigurri. Boletín Auriense, Ourense, 2000


  2. F. Martín Sarmiento: Escritos Xeográficos. Xunta de Galicia, 1996; páx.64


  3. Ponte de Vilariño Frío en TurGalicia.



Véxase tamén |





Outros artigos |


  • Lugares de Montederramo



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vilariño_Frío,_Montederramo&oldid=4437823"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.112","walltime":"0.163","ppvisitednodes":"value":446,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":8056,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":703,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":10,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1346,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 116.879 1 -total"," 28.52% 33.339 1 Modelo:Coordenadas"," 24.82% 29.012 1 Modelo:Commonscat"," 22.39% 26.171 1 Modelo:Irmáns"," 19.90% 23.260 1 Modelo:Parroquia"," 19.52% 22.817 1 Modelo:Caixa_lateral"," 16.81% 19.647 1 Modelo:Infobox"," 5.81% 6.788 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 3.71% 4.335 1 Modelo:Listaref"," 2.56% 2.988 1 Modelo:Montederramo"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.017","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":921889,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1293","timestamp":"20190312185204","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":96,"wgHostname":"mw1253"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?