Skip to main content

Lámnidos Índice Características | Diversidade | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónLamnidaeCarcharodon carchariasLamnidaeLamnidaeIDLamnidae200309218791LAMNF80587588850874114380159901NHMSYS00210535007844139137114183105702

Elasmobranquios


familiacondrictioselasmobranquiosordelamniformesespeciestiburónstiburón brancomarraxoscorpohidrodinámicofociñodentesfendeduras branquiaisaleta dorsalanaldagaollosmembrana nictitantecolaaleta caudalpolaresovovivíparosespeciesxénerosmarraxo azulmarraxo azul pequenomarraxomarraxo do Pacíficotiburón brancofósilcretáceosuperdepredadoresvertebrados mariñosneóxenotiburón baleatiburón peregrino












Lámnidos




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Lámnidos
(Lamnidae)

Rango fósil: cretáceo superior - actualidade [1]

Tiburón branco (Carcharodon carcharias)
Tiburón branco (Carcharodon carcharias)

Clasificación científica


















Reino:

Animalia


Filo:

Chordata

Subfilo:

Vertebrata


Clase:

Chondrichthyes

Subclase:

Elasmobranchii

Superorde:

Selachimorpha


Orde:

Lamniformes


Familia:

Lamnidae
Berg, 1958

Xéneros viventes

  • Carcharodon

  • Isurus

  • Lamna


A dos lámnidos (Lamnidae) é unha familia de condrictios elasmobranquios da orde dos lamniformes (Lamniformes) que inclúe cinco especies de tiburóns, entre as que destacan o tiburón branco e os marraxos.[2]




Índice





  • 1 Características


  • 2 Diversidade


  • 3 Notas


  • 4 Véxase tamén

    • 4.1 Bibliografía


    • 4.2 Outros artigos


    • 4.3 Ligazóns externas





Características |


Os lámnidos caracterízanse polo seu corpo fusiforme, moi hidrodinámico, fociño cónico, dentes separados á mesma distancia os uns dos outros, fendeduras branquiais longas, por teren a mesma forma característica da primeira aleta dorsal, a segunda aleta dorsal pequena e dun tamaño aproximado ao da anal.


Os dentes son triangulares e afiados, semellantes a unha daga e os ollos arredondados, de cor negra uniforme e sen membrana nictitante.


A cola presenta unha especie de "quilla" nos laterais, e o lóbulo inferior da aleta caudal é máis da metade de longo que o lóbulo superior.


O metabolismo interno está bastante desenvolvido, o que lles permite manter a temperatura corporal entre 10 e 18 °C, posibilitando asílo que estes tiburóns poidan vivir en augas temperado-frías (aínda que non en zonas realmente frías como as polares).


Son ovovivíparos.



Diversidade |


Os lámnidos inclúen cinco especies viventes, englobadas en tres xéneros:


O xénero Isurus conta con dúas especies: o marraxo azul (Isurus oxyrinchus) e o marraxo azul pequeno (Isurus paucus).


O xénero Lamna con outras dúas: o marraxo propiamente dito (Lamna nasus) e marraxo do Pacífico (Lamna ditropis).


Finalmente, Carcharodon é o único xénero que conta cunha soa especie, o famoso tiburón branco (Carcharodon carcharias).




Debuxo dun marraxo (Lamna nasus).


Os lámnidos aparecen representados no rexistro fósil xa no cretáceo, e sempre foron superdepredadores doutros vertebrados mariños, alcanzando nalgúns casos dimensións realmente xigantescas como Cretoxyrhina (do cretáceo, 8 m) e sobre todo Carcharodon megalodon (ou Carcharocles megalodon) (do neóxeno, até 24 m). Na actualidade, o tiburón branco é o seu maior representante, con case 8 m de lonxitude máxima recoñecida cientificamente,[3] só superado entre os tiburóns actuais por animais filtradores, como o tiburón balea ou o tiburón peregrino.



Notas |




  1. Froese, Rainer e Daniel Pauly, eds. (2009): Lamnidae en FishBase. Versión xaneiro de 2009. (en inglés) Consultada o 25/11/2012.


  2. Froese e Pauly (2009, Op. cit.


  3. Carcharodon carcharias en FishBase. Versión 7 de xaneiro de 2012. (en inglés) Consultada o 25/11/2012.



Véxase tamén |







Bibliografía |


  • Compagno, Leonard; Marc Dando & Sarah Fowler (2005): Sharks of the World. New Jersey: Princeton University Press. ISBN 0-691-12072-2.

  • Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4.

  • Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1992): Peixes do mar de Galicia. (I) Lampreas raias e tiburóns. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-654-8.

  • Solórzano, Manuel R[odríguez]; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0.


Outros artigos |


  • Tiburóns

  • Lamniformes


Ligazóns externas |



  • Lamnidae en Animal Diversity Web. (en inglés) Consultada o 25/11/2012.


  • Lamnidae[Ligazón morta] en SIIT. (en castelán) Consultada o 25/11/2012.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Lámnidos&oldid=5035695"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.368","walltime":"0.551","ppvisitednodes":"value":1151,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":17671,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1840,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":15,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1493,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":16,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 496.841 1 -total"," 74.76% 371.423 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.25% 65.819 1 Modelo:Taxobox"," 11.05% 54.898 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 7.16% 35.581 2 Modelo:Irmáns"," 7.00% 34.754 1 Modelo:Commons"," 6.37% 31.626 2 Modelo:Caixa_lateral"," 1.75% 8.687 1 Modelo:Listaref"," 1.49% 7.380 2 Modelo:Título_sen_retrouso"," 1.10% 5.445 1 Modelo:Wikispecies"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.216","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2909596,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1331","timestamp":"20190416095658","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Lu00e1mnidos","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/L%C3%A1mnidos","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q136902","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q136902","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2012-11-25T21:01:38Z","dateModified":"2019-01-16T13:01:23Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/5/56/White_shark.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":118,"wgHostname":"mw1271"););

Popular posts from this blog

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?

Barrañán, Arteixo Índice Festas | Galería de imaxes | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°18′23″N 8°33′04″O / 43.3064, -8.5510

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано