Memphis Grizzlies Índice Canchas | Historia | Tempadas | Xogadores | Curiosidades | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióngrizzlies.comCadroTransaccións"Grizzlies introduce Lionel Hollins as new coach"Grizzlies Officially Waive Iverson"Grizzlies: Players""Memphis Grizzlies Career Leaders"Web oficial dos Memphis GrizzlieseIDWorldCatno2001096426
Equipos da NBA
baloncestoMemphisTennesseeDivisión SuroesteConferencia OesteNational Basketball AssociationToronto RaptorsCanadáVancouverVancouver GrizzliesToronto RaptorsNBA1995CanadáToronto HuskiesBryant Reeves1996Shareef Abdur-RahimDenver NuggetsfebreiroabrilAntonio DanielsMike BibbyOrcaBayVancouver CanucksNHLMichael Heisley2000MemphisLos Angeles LakersHall of FameJerry WestGeneral Manager2002Executivo do Ano2001Pau GasolRookie do AnoHubie BrownAdestrador do AnoTNTMike FratelloBonzi WellsJason WilliamsStromile SwiftJames PoseyDamon StoudamireBobby JacksonEddie JonesConferencia OesteDallas Mavericks22 de xaneiroMarc IavaroniJohnny DavisLionel Hollins25 de xaneiro25 de xuñoDraft da NBAHasheem ThabbeetUniversidade de ConnecticutDeMarre CarrollUniversidade de Missouri9 de setembroAllen IversonDetroit PistonsZach RandolphMarc Gasoltempada 2009-10tempada 2010-11
Memphis Grizzlies
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Memphis Grizzlies | |
---|---|
Información xeral | |
Conferencia | Oeste |
División | Suroeste |
Fundación | 1995 |
Historia | Vancouver Grizzlies (1995–2001) |
Cores | Azul, celeste |
G League | Iowa Energy |
Localización | |
Cidade | Memphis, Tennessee |
Pavillón | FedExForum |
Capacidade | 18.119 espectadores |
Inauguración | 6 de setembro de 2004 |
Persoal | |
Propietario(s) | Robert Pera |
Director | Chris Wallace |
Adestrador | David Joerger |
Títulos | |
Campión | 0 |
Conferencia | 0 |
División | 0 |
grizzlies.com |
Os Memphis Grizzlies son un equipo profesional de baloncesto de Memphis, Tennessee. Xogan na División Suroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Xunto aos Toronto Raptors, os Grizzlies foron fundados en 1995 como parte da expansión da NBA no Canadá. O equipo comezou en Vancouver, e trasladouse no ano 2001 a Memphis.
Índice
1 Canchas
2 Historia
2.1 Vancouver
2.2 Memphis
2.2.1 2008-presente: Gay e Randolph
3 Tempadas
4 Xogadores
4.1 Cadro actual
4.2 Líderes históricos
4.3 Basketball Hall of Fame
4.4 Galardóns individuais
5 Curiosidades
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Ligazóns externas
Canchas |
- Vancouver
General Motors Place (1995–2001)
- Memphis
Pyramid Arena (2001–2004)
FedExForum (2004–presente)
Historia |
Vancouver |
- Artigo principal: Vancouver Grizzlies.
Os Vancouver Grizzlies xunto ós Toronto Raptors convertéronse en franquías da NBA en 1995. Ámbolos dous equipos foron os primeiros en xogar no Canadá dende que o fixeran os Toronto Huskies na tempada 1946-1947. Inicialmente o equipo foi composto de xogadores conseguidos nun draft de expansión, sendo a primeira elección dos Grizzlies Bryant Reeves. Aínda que gañaron o seu primeiro partido na casa, acabaron a tempada 1995-1996 co peor balance da NBA, o normal para un equipo novo na liga. En 1996, os Grizzlies elixiron no draft a Shareef Abdur-Rahim no posto número tres. Pero os Grizzlies continuaban a loitar sen éxito, e na tempada 1996-1997 perderon 23 partidos seguidos (récord da NBA compartido cos Denver Nuggets), dende febreiro ata abril, a remataron co peor récord da liga de novo.
En 1997, os Grizzlies elixiron no draft a Antonio Daniels co número 4. Viuse unha lixeira melloría no equipo, que acabou no sexto posto da división. Pero volveron ó derradeiro posto na tempada seguinte, malia a elección do base Mike Bibby no segundo posto no draft de 1998. Na tempada da folga de 1999, só gañarían oito partidos.
Despois da folga, a asistencia á cancha dos Grizzlies comezou a descender, e os donos do equipo, a empresa OrcaBay (que tamén posuía os Vancouver Canucks da NHL) comezou a perder cartos. Michael Heisley mercou o equipo en 2000, pero despois doutro ano con baixa venda de entradas, decidiu muda-lo equipo a Memphis.
Memphis |
Despois do translado a Memphis na pretempada 2001-2002, o equipo contratou ó ex-xogador de Los Angeles Lakers e membro do Hall of Fame da NBA Jerry West como General Manager en 2002, quen recibiría na tempada 2003-2004 o premio ó Executivo do Ano da NBA. No draft do ano 2001 elixiríase a Pau Gasol na terceira posición, que gañaría o premio ó Rookie do Ano. Na tempada 2002-2003 tamén sería fichado Hubie Brown como adestrador xefe. Logrou gañar o premio ó Adestrador do Ano na seguinte tempada tras alcanzar-los playoffs por primeira vez na historia dos Grizzlies quedando sextos de conferencia.
Hubie Brown foi despedido na tempada 2004-2005, no momento no que os Grizzlies estaban a ter un balance negativo. Jerry West asinou ó analista da TNT e antigo adestrador Mike Fratello. O balance mellorou e o equipo logrou entrar na postempada por segunda vez consecutiva. Os Grizzlies tiveron un período vacacional moi activo, no que remodelaron o equipo e engadiron talento veterán. Perderon a Bonzi Wells, a Jason Williams, a Stromile Swift e a James Posey, pero adquiriron a Damon Stoudamire, a Bobby Jackson e a Eddie Jones.
Nesa tempada lograron chegar ós playoffs por terceira vez seguida, calificándose como quintos na Conferencia Oeste. Tiveron que enfrontarse ós Dallas Mavericks e foron barridos en catro partidos. A franquía de Memphis ten o récord de derrotas consecutivas en playoffs, 12, que fan tres anos sen gañar nin unha serie, e nin un encontro en postempada na curta historia da franquía.
2008-presente: Gay e Randolph |
O 22 de xaneiro de 2009, o adestrador Marc Iavaroni foi despedido e substituído temporalmente polo adestrador asistente de Iavaroni, Johnny Davis. Coma substituto, chegou Lionel Hollins o 25 de xaneiro de 2009.[1]
O 25 de xuño de 2009, coa segunda elección do Draft da NBA, os Grizzlies seleccionaron ao pivote Hasheem Thabbeet da Universidade de Connecticut, e seleccionaron máis tarde a DeMarre Carroll da Universidade de Missouri coa 27ª elección.
O 9 de setembro de 2009, os Grizzlies asinaron coma axente libre a Allen Iverson por un ano e 3.5 millóns de dólares. A fichaxe de Iverson xerou moita controversia debido á súa tempada anterior nos Detroit Pistons, a pesar de que el comentou que estaba impaciente e emocionado por axudar ao equipo. Malia as súas boas intencións, tan só xogar en tres partidos, ningún deles en Memphis, antes de deixar o equipo por "problemas persoais". Despois, foi cortado polos Grizzlies.[2]
Tras a saída de Iverson, os Grizzlies foron mellorando pouco a pouco. Coa adquisición de Zach Randolph xogando ao nivel de All-Star, a mellora de Marc Gasol e a entrega e intensidade da defensa, os Grizzlies foron candidatos a Playoffs durante gran parte da tempada 2009-10, antes de rematar 10º no Oeste, cun récord de 40-42.
Na tempada 2010-11, cumpríronse 10 anos de baloncesto en Memphis. Esta tempada foi diferente ás demais, cambiaron o deseño da pista cun logo do 10º aniversario nela. Malia que os Grizzlies e os seareiros estaban a celebrar o décimo aniversario, o equipo fixo unha gran tempada, e quedou 8º, clasificándose para os Playoffs. Remataron cun récord de 46-36 esa tempada.
Tempadas |
Campións da NBA | Campións de Conferencia | Campións de División | Clasificado para Playoffs |
Tempada | Conferencia | División | Posición | V | D | % | PD | Playoffs | Adestrador |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Vancouver Grizzlies | |||||||||
1995-96 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 15 | 67 | .183 | 44 | Brian Winters | |
1996-97 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 14 | 68 | .171 | 50 | Brian Winters Stu Jackson | |
1997-98 | Oeste | Medio-Oeste | 6º | 19 | 63 | .232 | 43 | Brian Hill | |
1998-99 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 8 | 42 | .160 | 29 | Brian Hill | |
1999-00 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 22 | 60 | .268 | 33 | Brian Hill Lionel Hollins | |
2000-01 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 23 | 59 | .280 | 35 | Sidney Lowe | |
Memphis Grizzlies | |||||||||
2001-02 | Oeste | Medio-Oeste | 7º | 23 | 59 | .280 | 35 | Sidney Lowe | |
2002-03 | Oeste | Medio-Oeste | 6º | 28 | 54 | .341 | 32 | Sidney Lowe Hubie Brown | |
2003-04 | Oeste | Medio-Oeste | 4º | 50 | 32 | .610 | 8 | Perde primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 0–4 | Hubie Brown |
2004-05 | Oeste | Suroeste | 4º | 45 | 37 | .549 | 14 | Perde primeira rolda vs. Phoenix Suns, 0–4 | Hubie Brown Lionel Hollins Mike Fratello |
2005-06 | Oeste | Suroeste | 3º | 49 | 33 | .598 | 14 | Perde primeira rolda vs. Dallas Mavericks, 0–4 | Mike Fratello |
2006-07 | Oeste | Suroeste | 5º | 22 | 60 | .268 | 45 | Mike Fratello Tony Barone | |
2007-08 | Oeste | Suroeste | 5º | 22 | 60 | .268 | 34 | Marc Iavaroni | |
2008-09 | Oeste | Suroeste | 5º | 24 | 58 | .293 | 30 | Marc Iavaroni Johnny Davis Lionel Hollins | |
2009-10 | Oeste | Suroeste | 4º | 40 | 42 | .488 | 15 | Lionel Hollins | |
2010-11 | Oeste | Suroeste | 3º | 46 | 36 | .561 | 15 | Gaña primeira rolda vs. San Antonio Spurs, 4–2 Perde semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 3–4 | Lionel Hollins |
2011-12 | Oeste | Suroeste | 2º | 41 | 25 | .621 | 9 | Perde primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 3–4 | Lionel Hollins |
2012-13 | Oeste | Suroeste | 2º | 56 | 26 | .683 | 2 | Gaña primeira rolda vs. Los Angeles Clippers, 4–2 Gaña semifinais de Conferencia vs. Oklahoma City Thunder, 4–1 Perde finais de Conferencia vs. San Antonio Spurs, 0–4 | Lionel Hollins |
2013-14 | Oeste | Suroeste | 3º | 50 | 32 | .610 | 12 | Perde primeira rolda vs. Oklahoma City Thunder, 3–4 | David Joerger |
Xogadores |
Cadro actual |
Memphis Grizzlies 2018–2019 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cadro • Transaccións |
Líderes históricos |
Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía.
Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.
Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2014-15)[3]
Pau Gasol (8.966)
Rudy Gay (8.562)
Mike Conley (7.923)
Shareef Abdur-Rahim (7.801)
Marc Gasol (7.464)
Zach Randolph (7.355)
Mike Miller (5.982)
Bryant Reeves (4.945)
O.J. Mayo (4.584)
Shane Battier (4.275)
Stromile Swift (3.829)
Jason Williams (3.400)
Mike Bibby (3.153)
Lorenzen Wright (3.148)
Hakim Warrick (3.126)
Tony Allen (3.016)
Michael Dickerson (2.710)
Blue Edwards (2.393)
Darrell Arthur (1.656)
Greg Anthony (1.583)
Othella Harrington (1.556)
James Posey (1.531)
Tony Massenburg (1.513)
Earl Watson (1.508)
Chucky Atkins (1.479)
Bonzi Wells (1.449)
Courtney Lee (1.416)
Sam Young (1.241)
Kyle Lowry (1.217)
Dahntay Jones (1.133)
Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2014-15)[4]
Minutos xogados
Mike Conley (19.281)
Marc Gasol (17.755)
Rudy Gay (17.338)
Pau Gasol (16.904)
Zach Randolph (14.461)
Rebotes
Zach Randolph (4.579)
Marc Gasol (4.137)
Pau Gasol (4.096)
Shareef Abdur-Rahim (3.070)
Rudy Gay (2.758)
Asistencias
Mike Conley (3.309)
Jason Williams (2.069)
Mike Bibby (1.675)
Marc Gasol (1.590)
Pau Gasol (1.473)
Roubos
Mike Conley (908)
Rudy Gay (640)
Tony Allen (589)
Shane Battier (523)
Marc Gasol (479)
Tapóns
Pau Gasol (877)
Marc Gasol (810)
Stromile Swift (607)
Shane Battier (428)
Rudy Gay (420)
Basketball Hall of Fame |
Membros do Basketball Hall of Fame dos Memphis Grizzlies | ||||
Contribuidores | ||||
---|---|---|---|---|
Nº | Nome | Posición | Período | Ano de ingreso |
– | Hubie Brown | – | 2002–05 | 2005 |
Galardóns individuais |
Rookie do Ano
Mellor Denfensor
Mellor Sexto Home
Xogador máis deportivo
All-Star
| Primeiro equipo All-NBA
Segundo equipo All-NBA
Terceiro equipo All-NBA
Primeiro equipo defensivo
Segundo Equipo defensivo
| Primeiro equipo rookie
Segundo equipo rookie
|
Curiosidades |
- Xeograficamente, Memphis é a cidade máis ó leste das que teñen equipo na Conferencia Oeste.
- Memphis Grizzlies tamén foi o nome da franquía que formaba parte da xa extinta World Football League na década dos 70. Isto da a Memphis a distinción de ter un nome de franquía deportiva usado dúas veces para equipos diferentes na historia da cidade.
- Na petición de entrada orixinal da franquía na NBA, o equipo estaba nomeado como Vancouver Mounties. O goberno do Canadá vetou o nome argumentando que o tiñan rexistrado, forzando o cambio ó actual.
- Os Grizzlies foron o primeiro equipo da NBA en ter unha páxina web, que foi creada por Bob Kerstein, Xefe da Oficina de Información do equipo por aquela época.
- En 2006, os Grizzlies son o único equipo representante de Memphis, Tennessee nas catro maiores ligas deportivas dos Estados Unidos: NBA, NFL, NHL e MLB.
- Nunha irónica coincidencia para unha cidade que normalmente era obviada polas ligas maiores do deporte, os Vancouver Grizzlies e os Charlotte Hornets pediron o traslado a Memphis o mesmo día, o 26 de marzo de 2001. Os Hornets terían que facelo a Nova Orleáns.
FedEx desexaba que o equipo mudara o seu nome ó de Memphis Express cando se transladou a Memphis. A NBA rapidamente prohibiu a idea, xa que non desexaba que os equipos foran nomeados por patrocinadores.
Sidney Lowe foi o primeiro adestrador do equipo en Memphis.
Notas |
↑ "Grizzlies introduce Lionel Hollins as new coach".
↑ Grizzlies Officially Waive Iverson, "Grizzlies officially waive Iverson", Yahoo! News, 17 de novembro de 2009.
↑ "Grizzlies: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015.
↑ "Memphis Grizzlies Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015.
Véxase tamén |
Ligazóns externas |
Web oficial dos Memphis Grizzlies (en inglés).
|
|
Categoría:
- Equipos da NBA
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.492","walltime":"0.647","ppvisitednodes":"value":5896,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":143501,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":35076,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":2,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":3767,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":3,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 445.131 1 -total"," 31.33% 139.476 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.77% 79.119 7 Modelo:Navbox"," 17.00% 75.665 1 Modelo:Listaref"," 14.40% 64.086 1 Modelo:NBA"," 13.94% 62.051 1 Modelo:Memphis_Grizzlies"," 13.62% 60.631 1 Modelo:Navbox_con_columnas"," 11.95% 53.190 1 Modelo:Cita_novas"," 8.94% 39.807 1 Modelo:Equipo_NBA"," 8.60% 38.289 17 Modelo:Player2"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.135","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3212785,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1332","timestamp":"20190409205101","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":819,"wgHostname":"mw1332"););