Skip to main content

Morcegos Índice Etimoloxía | Morfoloxía | Clasificación | Anatomia | Reprodución | Inimigos | Vector da rabia | Morcegos en Galicia | Aspectos culturais | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"Chiroptera (bat)""A Nuclear DNA Phylogenetic Perspective on the Evolution of Echolocation and Historical Biogeography of Extant Bats (Chiroptera)"1593015310.1093/molbev/msi1800210-136X"Dispersión de sementes por morcegos: a súa importancia na conservación e rexeneración do bosque tropical"Galicia cuenta con casi la mitad de la diversidad de murciélagos de Europa"murciégalo""Biología de los murciélagos hematófagos""El origen etimológico del vampiro moderno"o orixinal"How bats made the leap from gliding to flying""Bumblebee bat (Craseonycteris thonglongyai)""Acerodon jubatus""Habitat selection of endangered and endemic large flying-foxes in Subic Bay, Philippines"10.1016/j.biocon.2005.05.001o orixinal"Chiroptera"Flying FurMorcego como símbolo300310316330103518584ID92594154574-6batssh8501239300566532922Chiroptera3000299155039561CHIRO12623ID40622734402681122017998513800001NHMSYS000037616093971389461037271

Quirópteros


ordemamíferosplacentariosásespeciesclaseroedoresAntártidavoarnichos ecolóxicospolinizadoresdispersiónsementesecolocacióninsectívorasfruxívorasvampirossanguemmgmorcego moscardónmkgraposo voador filipinoChinaiconascinema de terrormitoslendashematófagasvampirosGaliciaEuropanome científicoordegregosnome comúnlatinosratonome comúnvoarcatalánalemánéuscarochinesesaztecasmorcegos hematófagosmíticosvampiroslinguas eslavaspolacoturcopersaloboavesextintospterosauriosanimais vertebradosvoardesenvolveroncaracterespolgarsustentaciónpataxiotecidosinervadosvasos sanguíneosfibrasmuscularespelaxemmgmkgenvergaduramegaquirópterosmicroquirópterosesqueléticaquiridioradioulnaúmerocóbadocarpometacarpianosfalanxesproximaispataxiodistaisesternomúsculos pectoraisclavículaescápulacostelasvértebrasdiafragmáticapelveacetábulosínfisepubianamicroquirópterosilionsacromegaquirópeterosesternebrasespiñas neuraiscolumna vertebralrexión lumbartetrápodospataxiopolgartendónsinsectosecolocaciónvampirossangueevolución converxenteEocenoprimatesvasos sanguineosfibras muscularesnerviosecolocacióngolfiñosbaleasquitinaglándulas mamariascuruxasfalcónsavegatoparasitospulgascarrachasácarosrabiavectoresTongaÁfricaBosniaalmavampirosmetamorfosearlobospantasmasmortedoenzacreekcherokeesapachesembusteirochinesaPoloniarexión da MacedoniaárabesKwakiutlsvilánsDráculaheroesBatmanReino Unido












Morcegos




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Chiroptera")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Morcegos
Rango fósil: Paleoceno superior - Recente[1]

Corynorhinus townsendii
Corynorhinus townsendii

Clasificación científica
















Reino:

Animalia


Filo:

Chordata


Clase:

Mammalia

Subclase:

Theria

Infraclase:

Eutheria
Clado: Boreoeutheria Epitheria

Superorde:

Laurasiatheria[2]


Orde:

Chiroptera
Blumenbach, 1779
Subordes

  • Megachiroptera

  • Microchiroptera


Os quirópteros ou morcegos (Chiroptera) son unha orde de mamíferos placentarios cuxas extremidades superiores se desenvolveron como ás. Con aproximadamente 1.100 especies, representan aproximadamente un 20% de todas as especies de mamíferos,[3] o que os converte na segunda orde máis numerosa desta clase (tras os roedores). Están presentes en todos os continentes, agás na Antártida.[4]


Son os únicos mamíferos capaces de voar, espalláronse por case todo o mundo e ocuparon unha gran variedade de nichos ecolóxicos diferentes. Desempeñan un papel ecolóxico vital como polinizadores e tamén desenvolven un importante papel na dispersión de sementes; moitas plantas tropicais dependen por completo dos morcegos.[5] Teñen as patas anteriores transformadas en ás e a maioría guíanse e cazan por ecolocación.[6] Preto dun 70% das especies son insectívoras e a maior parte do resto fruxívoras; algunhas aliméntanse de pequenos vertebrados como ras, roedores, aves, peixes, outros morcegos ou, como no caso dos vampiros (subfamilia Desmodontinae), de sangue.


O seu tamaño varía dende os 29-33 mm de lonxitude e 2 g de peso do morcego moscardón (Craseonycteris thonglongyai), aos máis de 1,5 m de lonxitude e 1,2 kg de peso do raposo voador filipino (Acerodon jubatus).


Por mor dos hábitos nocturnos da maioría das súas especies e a ancestral incomprensión sobre como podían «ver» na escuridade, considerábaselles e aínda se lles considera a miúdo como habitantes sinistros da noite, e con poucas excepcións (como na China, onde son símbolo de felicidade e proveito) na maior parte do mundo os morcegos causaron temor entre os humanos ao longo da historia; iconas imprescindibles no cinema de terror, aparecen en multitude de mitos e lendas e, aínda que en realidade só tres especies son hematófagas, a miúdo son vencelladas cos mitolóxicos vampiros.


En Galicia rexistrouse a presenza de 19 das 40 especies de morcegos que viven en Europa o que fai de Galicia un paraíso para os quirópteros europeos.[7]




Índice





  • 1 Etimoloxía


  • 2 Morfoloxía

    • 2.1 Esqueleto



  • 3 Clasificación


  • 4 Anatomia


  • 5 Reprodución


  • 6 Inimigos


  • 7 Vector da rabia


  • 8 Morcegos en Galicia


  • 9 Aspectos culturais

    • 9.1 Os morcegos na cultura popular galega



  • 10 Notas


  • 11 Véxase tamén

    • 11.1 Ligazóns externas





Etimoloxía |


O nome científico da orde, Chiroptera, provén de dous vocábulos gregos, cheir (χειρ, "man"), e pteron (πτερον, "á"). Malia ser poucos os quirópteros que o son completamente, antigamente predominaba a crenza de que eran cegos, como demostra a orixe do seu nome común, «morcego», formada pola expresión do galego antigo mur cego «rato cego», a cal deriva á súa vez da unión dos termos latinos mus (rato), caecŭlus (diminutivo de caecus, "cego"), e alatus (alado). Noutras linguas o seu nome común tamén é unha palabra composta que alude á súa semellanza cos roedores e a súa capacidade de voar, como ratpenat (rata alada) en catalán, ou fledermause (rato que voa) en alemán, en éuscaro chámase sagu zahar (rato vello), os chineses chámanos sein-shii (rato celeste) e os aztecas chamábanos quimichpapalotl, de quimich, rato, e papalotl, bolboreta.[8][9]


O termo «vampiro», que se emprega como nome común dos morcegos hematófagos, ten a súa orixe nos míticos vampiros, termo que provén de vampir nas linguas eslavas e do alemán, que se deriva do polaco wampir e este á súa vez do eslavo arcaico oper, con raíces indoeuropeas paralelas no turco e no persa, e que significa «ser voador», «beber ou chuchar» e «lobo».[10]



Morfoloxía |


Xunto coas aves e os xa extintos pterosaurios, os morcegos son os únicos animais vertebrados capaces de voar.[11] Para conseguilo, desenvolveron unha serie de caracteres destinados a permitir o voo; agás o polgar, todos os dedos das mans están particularmente alongados e sosteñen unha fina membrana de pel, flexible e elástica, que garante a sustentación. Esta membrana, denominada pataxio, está formada por dúas capas de pel que recobren unha capa central de tecidos inervados, vasos sanguíneos e fibras musculares.


A súa pelaxe varía segundo as especies, pero xeralmente son pardos, grises, amarelos, vermellos e negros. O seu tamaño varía dende os 29?33 mm de lonxitude e 2 g de peso do Craseonycteris thonglongyai o mamífero máis pequeno existente na actualidade,[12] aos máis de 1,5 m de lonxitude e 1,2 kg de peso do gran Acerodon jubatus.[13][14] Outros morcegos de gran tamaño son o Pteropus giganteus, o Pteropus livingstonii ou o Pteropus vampyrus, o morcego de maior envergadura. A pesar do seu nome, os megaquirópteros non son sempre maiores cá os microquirópteros, pois algunhas especies tan só miden seis centímetros de lonxitude e son máis pequenos cós microquirópteros de maior tamaño.



Esqueleto |




Esqueleto de Myotis myotis (as costelas están danadas).


A principal adaptación esquelética desta orde de mamíferos é un pronunciado alongamento do quiridio, especialmente nos seus ósos máis separados da liña media. O radio é longo e a ulna reducida e está fusionada con este, e o úmero é tamén moi longo e cunha cabeza grande, articulada coa escápula dunha forma especial, pois os movementos de voo danse sobre todo a nivel do ombreiro, permanecendo ríxido o resto da extremidade; o cóbado tan só permite movementos de flexión-extensión e o carpo realiza a flexión-extensión e o despregamento dos dedos. O primeiro dedo é robusto e externo á á e sempre esta provisto de unlla (no caso dos megaquirópteros tamén o segundo dedo); o resto de metacarpianos e falanxes proximais están especialmente alongados para soster o pataxio, coas falanxes distais relativamente curtas. As extremidades posteriores son débiles e contan con cinco dedos provistos de unllas, que empregan para pendurarse sen necesidade de contracción muscular.[15]


O esterno forma unha quilla onde se inseren os seus potentes músculos pectorais e a ancha e vigorosa clavícula adoita estar fusionada co esterno e a escápula. As costelas son anchas, teñen pouca mobilidade e poden fusionarse entre si e coas vértebras, o que fai que a súa respiración sexa predominantemente diafragmática. A pelve evolucionou para adaptarse ao voo; áchase desprazada de forma que o acetábulo queda situado dorsalmente e a pata sostense cara a fóra e cara arriba, e xeralmente carecen de sínfise pubiana; nos microquirópteros, o ilion e o sacro están fusionados até o nivel do acetábulo, co que carecen de mobilidade na unión iliosacral, e no caso dos megaquirópeteros os dous ósos están completamente fusionados. As esternebras son robustas e están fusionadas, e as espiñas neurais, a propia columna vertebral e especialmente a rexión lumbar son curtas. A columna está composta por sete vértebras cervicais, once vértebras torácicas e até dez vértebras caudais; para sustentar os seus poderosos músculos de voo, as vértebras torácicas están fortemente unidas entre si formando unha columna ríxida.[15][16]


A orientación das súas extremidades inferiores é única entre os mamíferos; a unión da cadeira está virada 90° de forma que as pernas proxéctanse de lado e a cara dos xeonllos fica case cara atrás. En parte debido a esta rotación, o seu movemento ao andar é xeralmente romo e a diferenza doutros tetrápodos. Este deseño das extremidades inferiores dá apoio ao pataxio no voo e permítelles pendurarse boca abaixo, posición na que pasan gran parte da súa vida, pendendo das ramas das árbores ou dos teitos das covas onde habitan. Tamén teñen o polgar dos pés libre e está dotado dunha unlla que lles axuda a pendurarse e rubir. Cando están pendurados, o seu peso exerce unha tracción sobre os tendóns que mantén as poutas en posición de enganche, o que lles permite ficar pendurados mesmo durmidos e non gastar enerxía aínda que permanezan nesa posición durante grandes períodos de tempo.[17]



Clasificación |


Hai dúas subordes de morcegos:



  1. Megachiroptera, morcegos fruxívoros


  2. Microchiroptera, morcegos insectívoros

Os Megachiroptera comen froitas, mentres que os Microchiroptera comen principalmente insectos, e con frecuencia dependen da ecolocación para navegación e para atopar presas. Un grupo de especies, os vampiros, aliméntase de sangue.


Críase que as dúas subordes se desenvolveron de forma independente, e que as súas características semellantes eran o resultado de evolución converxente, mailas análises xenéticas mostraron que os dous grupos teñen un devanceiro voador común.


Sábese pouco sobre a evolución dos morcegos, xa que os seus esqueletos pequenos e delicados non fosilizan ben. Os morcegos fósiles máis antigos atopados son o Icaronyctens, Archaeonyctnes, Palaeochropteryx e Hasianycteris do Eoceno inferior (preto de 50 millóns de anos atrás), mais son xa moi semellantes aos Microchiroptera modernos.


Os morcegos agrúpanse usualmente, xunto cos Scandentia, Dermoptera e primates, na superorde Archonta.



  • ORDE CHIROPTERA

    • Suborde Megachiroptera
      • Pteropodidae


    • Suborde Microchiroptera
      • Superfamilia Emballonuroidea
        • Emballonuridae

      • Superfamilia Rhinopomatoidea
        • Rhinopomatidae

        • Craseonycteridae


      • Superfamilia Rhinolophoidea
        • Rhinolophidae

        • Nycteridae


        • Megadermatidae (Falsos vampiros)


      • Superfamilia Vespertilionoidea
        • Vespertilionidae

      • Superfamilia Molosoidea
        • Molosidae

        • Antrozoidae


      • Superfamilia Nataloidea
        • Natalidae

        • Myzopodidae

        • Thyropteridae

        • Furipteridae


      • Superfamilia Noctilionoidea
        • Noctilionidae


        • Mystacinidae (morcego-de-rabo-curto da Nova Zelandia)

        • Mormoopidae

        • Phyllostomidae




Anatomia |


O óso do metacarpo e o segundo e quinto dedos dos membros anteriores son alongados, e entre eles existe unha membrana, chamada quiropataxio. A membrana esténdese dos dedos ata o lado do corpo e deste ata a base dos membros posteriores. A ala enteira dun morcego é chamada pataxio. Moitas especies teñen tamén unha membrana entre os membros posteriores incluíndo a cola. Esta membrana é o uropataxio.


O pataxio está cheo de delicados vasos sanguineos, fibras musculares e nervios. No tempo frío, os morcegos enrólanse nas súas propias alas como nunha casaca. Cando vai calor expándennas para refrescar os seus corpos.


O polgar e mais ás veces o segundo dedo dos membros anteriores teñen garras, como os cinco dedos dos membros posteriores. As garras traseiras permiten aos morcegos agarrárense ás pólas ou saíntes. Os morcegos tamén poden moverse no chan, mais son bastante desaxeitados.


Todos os morcegos son activos á noite ou ao luscofusco, polo tanto os ollos da maioría das especies están pouco desenvolvidos. O seus sentidos de olfacto e audición, non obstante, son excelentes. Ao emitir sons de alta frecuencia e escoitar os seus ecos, os Microchiroptera localizan presas e outros obxectos próximos. Este é o proceso de ecolocación, unha habilidade que comparten cos golfiños e mailas baleas.


Os dentes parécense aos dos insectívoros. Son moi agudos, para roer a través da casca das froitas ou da armadura de quitina dos insectos.



Reprodución |


Un morcego acabado de nacer agárrase á pel da nai e é transportado, aínda que logo se torne grande de máis para isto. Sería difícil para un adulto carregar máis dunha cría, polo tanto normalmente nace só unha. Os morcegos frecuentemente forman colonias con moitas femias dando a luz na mesma área, sexa unha caverna, un oco de árbore ou unha cavidade nunha construción. A xestación dura de 2 a 7 meses, variando conforme a especie. Nalgunhas especies dúas glándulas mamarias están situadas entre o peito e os ombros (axilares), mais tamén poden ser pectorais ou abdominais.


A habilidade de voar é conxénita, mais despois do nacemento as alas son pequenas para voar. Os xoves morcegos da orde Microchiroptera tórnanse independentes á idade de 6 a 8 semanas, os da orde Megachiroptera non antes dos catro meses. Á idade de dous anos os morcegos están sexualmente maduros.


A expectativa de vida do morcego vai de 10 a 30 anos, segundo a especie.



Inimigos |


Os morcegos pequenos son ás veces presas de curuxas e falcóns. De maneira xeral, hai poucos animais capaces de cazar un morcego. En Asia existe unha ave, un tipo de falcón, que se especializou en cazar morcegos. O gato doméstico é un predador regular en áreas urbanas, colle morcegos que están entrando ou deixando un abrigo, ou no chan. Raramente os morcegos descenden ao chan para se alimentar, pode acontecer debido a accidentes mentres están aprendendo a voar, en tempo frío ou como estratexia de aproximación.


Os peores inimigos son os parasitos. As membranas, cos seus vasos sanguíneos, son fontes ideais de alimento para pulgas, carrachas e ácaros. Algúns grupos de insectos zugan só sangue de morcego, por exemplo a mosca do morcego. Nas súas cavernas os morcegos fican pendurados moi próximos, polo tanto é fácil para os parasitos infestar novos hospedadores.



Vector da rabia |


Nos lugares onde a rabia non é endémica, como na maior parte da Europa occidental, os pequenos morcegos poden ser considerados inofensivos, pero noutras rexións poden funcionar como vectores da doenza. Os morcegos grandes poden dar unha trabada desagradable. Deben tratarse co mesmo respecto que a calquera animal silvestre.



Morcegos en Galicia |


[Cómpre referencia] Na listaxe seguinte atópase primeiro o nome galego, logo o nome científico e unha referencia da distribución en Galicia e o hábitat máis común:



  • Morcego pequeno de ferradura, Rhinolophus hipposideros. Cavidades e construcións abandonadas.


  • Morcego grande de ferradura, Rhinolophus ferrumequinum. Cavidades. No verán tamén en edificacións.


  • Morcego mediterráneo de ferradura ,Rhinolophus euryale. Covas e campanarios.


  • Morcego das ribeiras, Myotis daubentonii. Ligado a masas de auga, refúxiase en árbores e construcións.


  • Morcego de bigotes, Myotis mystacinus. Especie forestal, rara na Península Ibérica.


  • Morcego de orellas dentadas, Myotis emarginatus. Minas, covas, casas vellas.


  • Morcego de Natterer, Myotis nattereri. É un complexo específico que agrupa especies con diferentes requerimentos ecolóxicos.


  • Morcego de Bechestein, Myotis bechsteinii. Forestal. Raro en Galicia.


  • Morcego rateiro grande, Myotis myotis. Minas, casas abandonadas.


  • Nóctulo pequeno, Nyctalus leisleri. Ligado a masas forestais, está relativamente estendido na metade oriental.


  • Morcego das hortas, Eptesicus serotinus. Frecuente no mundo rural.


  • Morcego común, Pipistrellus pipistrellus. Moi abundante, en todo tipo de ambientes.


  • Morcego pigmeo, Pipistrellus pygmaeus. Ligado a cursos fluviais amplos e bosques de ribeira.


  • Morcego de monte, Hypsugo savii. Zonas de montaña. Frecuente na montaña oriental galega.


  • Morcego orelludo común, Plecotus auritus. Pouco abundante.


  • Morcego orelludo meridional, Plecotus austriacus. Raro.


  • Morcego de fraga, Barbastella barbastellus. Frecuente en zonas con masas forestais ben conservadas.


  • Morcego das covas, Miniopterus schereibersii. Distribución restrinxida pola presenza de cavidades.


  • Morcego rabudo, Tadarida teniotis. Refúxiase en fendas rochosas e construcións. Frecuente en Ourense e a metade sur de Lugo.


Aspectos culturais |


O morcego é sagrado en Tonga, África Occidental e Bosnia, e frecuentemente é considerado a manifestación física dunha alma separada. Os morcegos están intimamente relacionados cos vampiros, que se di serán capaces de se metamorfosear en morcegos ou lobos. Son tamén un simbolo de pantasmas, morte e doenza. Entre algúns nativos americanos, como os creek, cherokees e apaches, o morcego é un espírito embusteiro. A tradición chinesa afirma que o morcego é un símbolo de lonxevidade e felicidade, como en Polonia, na rexión da Macedonia e entre os árabes e Kwakiutls.


Na cultura occidentel o morcego é frecuentemente símbolo da noite e a súa natureza prohibida. É un dos animais básicos asociados cos caracteres ficcionais da noite, tanto viláns como Drácula, canto heroes como Batman.


No Reino Unido todos os morcegos están protexidos polos Decretos da Vida Silvestre e Zona Rural (Wildlife and Countryside Acts), e incluso perturbar un morcego ou o seu niño pode ser multado.



Os morcegos na cultura popular galega |



Artigo principal: O morcego na cultura popular galega.

Hai quen cre que se se lle dá a alguén a beber sangue de morcego, non dormirá nunca máis. Outros etnógrafos din que é un afamado bebedizo para namorar, útil para calquera dos dous sexos. Finalmente, hai quen asegura que o sangue de morcego é mortal: se se bota no viño e se lle dá a beber a alguén, este morre ou tolea.



Notas |




  1. ↑ "Chiroptera (bat)" (en inglés). The Paleobiology Database. Consultado o 6/1/2011. 


  2. ↑ Eick et ál. (2005). "A Nuclear DNA Phylogenetic Perspective on the Evolution of Echolocation and Historical Biogeography of Extant Bats (Chiroptera)". Molecular Biology and Evolution 22 (9): 1869–1886. PMID 15930153. doi:10.1093/molbev/msi180. Several molecular studies have shown that Chiroptera belong to the Laurasiatheria (represented by carnivores, pangolins, cetartiodactyls, eulipotyphlans, and perissodactyls) and are only distantly related to dermopterans, scandentians, and primates (Nikaido et al. 2000; Lin and Penny 2001; Madsen et al. 2001; Murphy et al. 2001a, 2001b; Van Den Bussche and Hoofer 2004). 


  3. ↑ Tudge, Colin (2000). The Variety of Life (en inglés). Oxford University Press. ISBN 0-19-860426-2. 


  4. ↑ Simmons, Nancy B. (2009). "Orixe e evolución dos morcegos". Investigación e Ciencia (390): 64–72. ISSN 0210-136X. 


  5. ↑ Galindo González, J. (1998). "Dispersión de sementes por morcegos: a súa importancia na conservación e rexeneración do bosque tropical" (PDF). Acta Zoológica Mexicana (73): 57–74. [Ligazón morta]


  6. ↑ Nowak, R. M. (1994). Walker's Bats of the World (en inglés). The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-4986-2. 


  7. ↑ Galicia cuenta con casi la mitad de la diversidad de murciélagos de Europa Soitu.es 19/08/2008, Consultada o 17/07/09


  8. ↑ "murciégalo". Diccionario de la lengua española. Real Academia Española. Consultado o 7/1/2011. 


  9. ↑ Villa Ramírez, B (1976). "Biología de los murciélagos hematófagos" (PDF). Ciencia veterinaria (Facultad de Medicina Veterinaria y Zootecnia. UNAM) 1: 65–99. 


  10. ↑ Fló, Martín & FFA. "El origen etimológico del vampiro moderno" (PDF). Portal de la Sociedad Española de Estudios sobre vampiros. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23/09/2013. Consultado o 7/01/2011. 


  11. ↑ Holmes, B (12/7/2008). "How bats made the leap from gliding to flying". New Scientist (en inglés) 199 (2664): 16. Consultado o 7/01/2011. 


  12. ↑ "Bumblebee bat (Craseonycteris thonglongyai)" (en inglés). EDGE Species. Consultado o 17/1/2010. 


  13. ↑ Mildenstein, T. et ál (2008). "Acerodon jubatus" (en inglés). IUCN Rede List of Threatened Species. Version 2009.2. Consultado o 17/1/2010. 


  14. ↑ Mildenstein, T.L., Stier, S.C., Novo-Diego, C.E., Mills, L.S. (2005). "Habitat selection of endangered and endemic large flying-foxes in Subic Bay, Philippines" (PDF). Biological Conservation (en inglés) 126 (1): 93–102. doi:10.1016/j.biocon.2005.05.001. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29/12/2010. Consultado o 7/01/2011. 


  15. ↑ 15,015,1 Dicionario enciclopédico Salvat Universal 17 (15ª ed.). Barcelona: Salvat Editores, S.A. 1981. pp. 187–188. ISBN 84-345-3717-6. 


  16. ↑ Kardong, K. V. (1998). Vertebrates: comparative anatomy, function, evolution (en inglés). WCB/McGraw-Hill. ISBN 0697286541. 


  17. ↑ Simmons, N. B. e Conway, T (1997). "Chiroptera" (en inglés). Tree of Life Web Project. Consultado o 25/01/2011. 



Véxase tamén |





Ligazóns externas |


  • Morcegos de Galicia (http://www.morcegosdegalicia.org) para un atlas de distribución dos morcegos de Galicia

  • Morcego Libre (http://www.morcegolibre.vet.br/especies.html[Ligazón morta]) para un inventario detallado das especies de morcego existentes no Brasil


  • https://web.archive.org/web/20031212192447/http://animaldiversity.ummz.umich.edu/chordata/mammalia/chiroptera.html - en inglés


  • http://tolweb.org/tree?group=Chiroptera&contgroup=Euthería - en inglés


  • https://web.archive.org/web/20050403144404/http://katydid.uni-graz.at/batkey/ - en inglés


  • Flying Fur Os morcegos son útiles, precisan da nosa protección - en inglés


  • Morcego como símbolo - en inglés


  • http://www.cdc.gov/ncidod/dvrd/rabies/Bats_&_Rabies/bats&.htm CDC, sobre morcegos e rabia - en inglés

  • Blog de Drosera (http://blogdrosera.blogspot.com) para unha organización de estudo e conservación dos morcegos en Galicia




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Morcegos&oldid=4903769"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.624","walltime":"0.731","ppvisitednodes":"value":2062,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":46993,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2150,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":26,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":20489,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":27,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 617.573 1 -total"," 47.00% 290.278 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 32.87% 202.981 1 Modelo:Listaref"," 15.83% 97.792 6 Modelo:Cita_web"," 11.31% 69.827 1 Modelo:Taxobox"," 8.94% 55.231 1 Modelo:Taxobox/núcleo"," 6.54% 40.405 6 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 3.90% 24.104 1 Modelo:Wiktionary"," 3.70% 22.839 3 Modelo:Cita_libro"," 2.90% 17.936 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.356","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6374187,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1308","timestamp":"20190403155408","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":186,"wgHostname":"mw1319"););

Popular posts from this blog

Is it wise to focus on putting odd beats on left when playing double bass drums?What does the tie across other different notes mean?How to improve right hand picking/strumming technique for electric and acoustic guitar?How fast is the BPM should you start to use double bass pedal?Alternative or more advanced methods for counting rhythmsLost direction in practicing drumsIs there any way at all to tell if these measures are 6/4 vs. 3/2?Why is alberti bass so tiring?How does 'meter' differ from 'rhythm' in music?Rhythm question about piano sheet notationWhy is Bach's Cello Suite 1 written in 16th notes

map list to bin numbersquantilization (if that is a word)Map efficiently over duplicates in listGenerating a list of cubefree numbersIs there an equivalent to MATLAB's linspace?Convert a list of hexadecimal numbers to decimalTaking one list Mod a second listlist of items and group of alternative itemsHow find numbers in this list of inequalities?Selecting list entries with a True False index list of similar lengthReplace element in array by checking condition in another listAttempting to fill a table with the number of elements in each bin and make a table with the elements in the bins?

History of India Contents Prehistoric era (until c. 3300 BCE) Bronze Age – "First urbanisation" (c. 3300 – c. 1800 BCE) Climate change, de-urbanisation, and Indo-Aryan migrations (c.1800 – 1500 BCE) Iron Age - Vedic period (c. 1500 – c. 600 BCE) "Second urbanisation" (c. 600 – c. 200 BCE) Classical to early medieval periods (c. 200 BCE – c. 1200 CE) Late medieval period (c. 1200 – 1526 CE) Early modern period (c. 1526–1858 CE) Modern period and independence (after c. 1850 CE) Historiography See also References Further reading External links Navigation menureviewedee[update]The crisisThe Evolution and History of Human Populations in South Asia: Inter-disciplinary Studies in Archaeology, Biological Anthropology, Linguistics and GeneticsThe Ancient Indus: Urbanism, Economy, and Society"Indus River Valley Civilizations"The Ancient Indus: Urbanism, Economy, and Society"India before the British: The Mughal Empire and its Rivals, 1526–1857"Why Europe Grew Rich and Asia Did Not: Global Economic Divergence, 1600–1850Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical StatisticsDeveloping cultures: case studiesEthnic Groups of South Asia and the Pacific: An Encyclopedia: An Encyclopedia"Indian Economy During British Rule""Economic Impact of the British Rule in India | Indian History"The Bone Readers: Science and Politics in Human Origins Research"Out of Africa: new hypotheses and evidence for the dispersal of Homo sapiens along the Indian Ocean rim"10.3109/0301446100363924920334598"Genetic and archaeological perspectives on the initial modern human colonization of southern Asia"2013PNAS..11010699M10.1073/pnas.1306043110369678523754394"Edakkal Caves|Places Around in Wayanad"Protecting megaliths to keep history alive The Hindu daily"Archaeologists rock solid behind Edakkal Cave"The Global Prehistory of Human Migration"Indus Valley 2,000 years older than thought"the original"Stepwells -Cosmology of Subterranean Architecture as seen in Adalaj"A History of Ancient and Early medieval India : from the Stone Age to the 12th century"Stone celts in Harappa"the original"Peoples and languages in pre-islamic Indus valley"the original"The Sindhi language"the originalThe Aryan chromosome"Fluvial landscapes of the Harappan Civilization"2012PNAS..109E1688G10.1073/pnas.1112743109338705422645375"Is River Ghaggar, Saraswati? Geochemical Constraints""An Ancient Civilization, Upended by Climate Change""Huge Ancient Civilization's Collapse Explained"2003GeoRL..30.1425S10.1029/2002GL0168222006QSRv...25.1283M10.1016/j.quascirev.2005.10.0122011QuInt.229..140M10.1016/j.quaint.2009.11.012Climate Change and the Course of Global History: A Rough JourneyA History of Ancient and Early Medieval India: From the Stone Age to the 12th CenturyA History of Ancient and Mediaeval India: From the Stone Age to the 12th CenturyAntennae SwordA History of IndiaA History of IndiaAn Introduction to Hinduism"India: The Late 2nd Millennium and the Reemergence of Urbanism"The Coinage of Ancient IndiaA Sanskrit reader: with vocabulary and notesPedigree: the origins of words from nature"Early Sanskritization. Origins and Development of the Kuru State"10.11588/ejvs.1995.4.823The Sanskrit epics, Part 2The City in South AsiaThe UpanishadsAn Introduction to HinduismReligions of the World, Second Edition: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and PracticesA History of Ancient and Early Medieval India: From the Stone Age to the 12th CenturyEarly India: From the Origins to AD 1300Republics in ancient Indiapp. 83ff"Magadha Empire""Lumbini Development Trust: Restoring the Lumbini Garden"the originalThe great armies of antiquityarchived"The Achaemenid Persian Empire (550–330 B.C.)""East–West Orientation of Historical Empires"1076-156X"Dinner on the Grand Trunk Road"10.2307/32502263250226"Silappathikaram Tamil Literature"the originalManimekalai – English transliteration of Tamil originalIndian Temple Architecture: Form and Transformation : the Karṇāṭa Drāviḍa Tradition, 7th to 13th CenturiesBuddhist ArchitectureA History of India"The World Economy (GDP) : Historical Statistics by Professor Angus Maddison"The World Economy – Volume 1: A Millennial Perspective and Volume 2: Historical Statistics10.2307/32502140004-36483250214A Comprehensive History of India: Volume 2Between the Empires: Society in India, 300 to 400Emergence of Viṣṇu and Śiva Images in India: Numismatic and Sculptural Evidence"Parthian Pair of Earrings"the originalThe Medical Times and Gazette, Volume 1Greatest emporium in the worldThe Cambridge History of Ancient China: From the Origins of Civilization to 221 BCBuddhist Records of the Western WorldArchaeology in Soviet Central AsiaThe Grandeur of Gandhara: The Ancient Buddhist Civilization of the Swat, Peshawar, Kabul and Indus ValleysIndian Sculpture: Circa 500 B.C.-A.D. 700"The History of Pakistan: The Kushans"Gupta Dynasty – MSN Encartathe original"India – Historical Setting – The Classical Age – Gupta and Harsha""Gupta Dynasty, Golden Age Of India"the original"The Age of the Guptas and After"the originalNumber Theory and Its History"Gupta dynasty (Indian dynasty)""Gupta dynasty: empire in 4th century"the original"The Story of India – Photo Gallery"The ASI say499315420"Pallava script"p. 145"CNG: eAuction 329. INDIA, Post-Gupta (Ganges Valley). Vardhanas of Thanesar and Kanauj. Harshavardhana. Circa AD 606–647. AR Drachm (13mm, 2.28 g, 1h)""Harsha""Sthanvishvara (historical region, India)""Harsha (Indian emperor)"Shyama Kumar Chattopadhyaya (2000) The Philosophy of Sankar's Advaita VedantaShankara's IntroductionShankara's Introduction19373677Shankara's IntroductionIs The Buddhist 'No-Self' Doctrine Compatible With Pursuing Nirvana?The Seven Spiritual Laws Of YogaIndia: The Ancient Past. A History of the Indian-Subcontinent from 7000 BC to AD 1200The Kashmir Series: Glimpses of Kashmiri Culture – Vivekananda Kendra, Kanyakumari (p. 57).Al-Hind: Early Medieval India and the Expansion of Islam, 7th–11th CenturiesHistory of GopāchalaLand of Two Rivers: A History of Bengal from the Mahabharata to MujibEuropean Trade and Colonial ConquestA History of IndiaA Comprehensive History Of Ancient India (3 Vol. Set)"The Last Years of Cholas: The decline and fall of a dynasty"the originalFascinating Hindutva: Saffron Politics and Dalit MobilisationGazetteer of the province of OudhAl- Hind: The slave kings and the Islamic conquest. 2"Shahi Family"The Cambridge history of Islam"Ameer Nasir-ood-deen Subooktugeen"Gazetteer of the Attock District, 1930, Part 1Land of seven rivers: History of India's GeographyTemple Desecration and Indo-Muslim StatesIslam in South Asia: A Short HistoryBeyond Orientalism: The Work of Wilhelm Halbfass and Its Impact on Indian and Cross-cultural StudiesThe Making of Terrorism in Pakistan: Historical and Social Roots of ExtremismOrnament in Indian ArchitectureA historical review of Hindu India: 300 B.C. to 1200 A.D."Indian States and Union Territories"Islam in South Asia: A Short HistoryA Brief History of the Indian PeoplesThe Modern ReviewDelhi Sultanate"Battuta's Travels: Delhi, capital of Muslim India"the original"Timur – conquest of India"the originalIndia HandbookBhaktiThe Four Denomination of Hinduism10.1007/s11407-008-9049-925691067"Vijayanagara Research Project::Elephant Stables"10.2307/26465262646526Historical Dictionary of the TamilsBihar General Knowledge DigestMapping Bihar: From Medieval to Modern TimesPopular Literature and Pre-modern Societies in South AsiaA manual of the Kistna district in the presidency of MadrasAncient Indian History and CivilizationFragmented Memories: Struggling to be Tai-Ahom in India"The Islamic World to 1600: Rise of the Great Islamic Empires (The Mughal Empire)"the originalDynasties: A Global History of Power, 1300–1800, p. 105"Whose fort is it anyway"10.1111/0020-8833.000532600793Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical Statistics"India's Deindustrialization in the 18th and 19th Centuries"The Mughal Empire, p. 190"The Long Globalization and Textile Producers in India"The Mughal World: Life in India's Last Golden AgeAurangzeb: The Life and Legacy of India's Most Controversial KingIn the Shadow of the Taj: A Portrait of Agra"Iran in the Age of the Raj"p. 8610.2307/20539802053980Delhi, the Capital of IndiaAn Advanced History of Modern India"Journal of the Tanjore Maharaja Serfoji's Sarasvati Mahal Library"The Rediscovery of India: A New SubcontinentIslamic Renaissance In South Asia (1707–1867) : The Role Of Shah Waliallah & His SuccessorsAn Advanced History of Modern IndiaThe Great Maratha Mahadaji Scindia"Full text of "Selections from the papers of Lord Metcalfe; late governor-general of India, governor of Jamaica, and governor-general of Canada""The Discovery Of IndiaThe Sacred City of the Hindus: An Account of Benares in Ancient and Modern TimesResurrecting Banaras: Urban Space, Architecture and Religious BoundariesFaith & Philosophy of Sikhism"Missiles mainstay of Pak's N-arsenal"History Modern India By S.N. Sen"Sirajuddaula"ArchivedLongman History & Civics (Dual Government in Bengal)Madhya Pradesh National Means-Cum-Merit Scholarship Exam (Warren Hasting's system of Dual Government)A Military History of Britain: from 1775 to the PresentIndian Cultural Heritage Perspective For TourismHindu Rulers, Muslim Subjects: Islam, Rights, and the History of KashmirIndian HistoryAn Atlas and Survey of South Asian HistoryAn Historical Account of the British Trade Over the Caspian SeaIndian Merchants and Eurasian Trade, 1600–1750The Indian diaspora in Central Asia and its trade, 1550–1900From Constantinople to the home of Omar Khayyam: travels in Transcaucasia and northern Persia for historic and literary researchA journey from Bengal to England: through the northern part of India, Kashmire, Afghanistan, and Persia, and into Russia, by the Caspian-SeaA Second Journey through Persia, Armenia, and Asia Minor, to Constantinople, between the Years 1810 and 1816Reports from the consuls of the United States, 1887Portugal and its Empire, 1250–1800 (Collected Essays in Memory of Glenn J. Ames).: Portuguese Studies Review, Vol. 17, No. 1The Dutch Power in Kerala, 1729–1758http://mod.nic.inArchivedDossier Goa – A Recusa do Sacrifício InútilAn Imperial Crisis in British India: The Manipur Uprising of 1891The Truth of Babri Mosque"Kolkata (Calcutta) : History"the original"Robert Clive, Baron Clive, 'Clive of India', 1725–1774""The Transformation from a Pre-Colonial to a Colonial Order: The Case of India"10.2307/25955872595587A versatile geniusArchived10.1109/MWSYM.1997.602854"Rabindranath Tagore on Education"the original"Essay on 'Derozio and the Young Bengal Movement'"Poverty and Famines: An Essay on Entitlement and Deprivation"Plague"the originalPopulation Growth and Land Use"Reintegrating India with the World Economy""Census Of India 1931"A history of modern India, 1480–1950"'India's well-timed diversification of army helped democracy' | Business Standard News"Bal Gangadhar Tilak: Struggle for Swaraj"Participants from the Indian subcontinent in the First World War""Commonwealth War Graves Commission Annual Report 2007–2008 Online"the original1462689197110.1017/s0010417500016534178920Eurocentrism: a marxian critical realist critique"Ranjit Guha, "On Some Aspects of Historiography of Colonial India""10.2307/2168385216838510.7202/016593ar"Harvard scholar says the idea of India dates to a much earlier time than the British or the Mughals""In The Footsteps of Pilgrims""India's spiritual landscape: The heavens and the earth""India: A Sacred Geography by Diana L Eck – review"Modern India: The Origins of an Asian Democracy10.2307/21694222169422964322464"The Indian Subcontinent and 'Out of Africa 1'"254043308Encyclopedia of World ReligionsThe Evolution and History of Human Populations in South Asia: Inter-disciplinary Studies in Archaeology, Biological Anthropology, Linguistics and Genetics"The Early Paleolithic of the Indian Subcontinent: Hominin Colonization, Dispersals and Occupation History"Ancient Indian History and CivilizationAncient Indian Social History: Some Interpretationsthe originalIndia Before EuropeA Concise History of Modern India"The beginning of the historical period, c. 500–150 BCE"full textA History of Indiathe originalexcerpt and text searchexcerptexcerptAn Economic History of India: From Pre-Colonial Times to 1991excerpt and text searchexcerpt and text searchIndia as known to the ancient world10.1111/j.1468-0289.1985.tb00391.x2597191onlineThe History of India, as told by its own historians. The Muhammadan Periodonline editionHans William Brown research collection on 19th-century missionary work in India, 1882–1932, Ms. Coll. 1033, Kislak Center for Special Collections, Rare Books and Manuscripts, University of Pennsylvaniaee