Skip to main content

Árbore Índice Clasificación | Evolución | Simboloxía na iconografía relixiosa | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDicionario da Real Academia GalegaPortal das Palabras"TreeBOL project"1139211934786x1948675ID3055-6434004845-7treessh8513724100575101

Árbores


vexetalperennetroncocerdeiramaceiracastiñeiroaciñeirapiñeiromagnoliasequoiasCaliforniaNadalxinkgocarballoxinkgofósil viventeordesfamiliasórganos reprodutivosevolución paralelaespeciesplantastropicaisbotánicosperíodo devonianoNorteaméricaAmérica do Suratmosferaosíxenofotosínteseanimaisfieitos arborescentesequisetáceaslicofitasbosquescarboníferoTriásicoconíferasxinkgoscícadasximnospermasplantas con florCretáceoanxiospermasCycadophytamesopotámicopersasárabesbizantinosteogoníasUniversoDeusparaísoarte románicacristiáXesús CristoSanta María la Real de Nievaprovincia de SegoviaEspañaCastelaoGalicia










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());


Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Árbore




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura







Oliveiras en Calabria.




Un salgueiro, neste caso salgueiro chorón.





Sequoias.





Bananeira en Mandaio (Oza-Cesuras).


Unha árbore[1] é un tipo de vexetal perenne, de tronco leñoso, que se ramifica a certa altura do chan. Son árbores, por exemplo, a cerdeira, a maceira, o castiñeiro, a aciñeira, o piñeiro, a magnolia etc.


Certas especies de árbores poden superar os 100 metros de altura, e chegar a vivir durante miles de anos. As grandes árbores, coma as sequoias xigantes de California, poden pesar máis de 6.000 toneladas, o que as converte no ente vivo máis pesado que existiu sobre o planeta [Cómpre referencia].


As árbores son compoñentes importantes do medio natural así como útiles para os seres humanos como fornecedores de material de construción, transporte e mobiliario; alimento e recursos medicinais; leña para calefacción etc. Tamén xogan un importante papel na cultura, considérense as árbores de Nadal, a árbore da sabedoría, a árbore xaponesa do amor (o xinkgo) etc. A árbore por excelencia en Galicia é o carballo, o mesmo que no País Vasco, Gran Bretaña ou Alemaña.




Índice





  • 1 Clasificación


  • 2 Evolución


  • 3 Simboloxía na iconografía relixiosa


  • 4 Notas


  • 5 Véxase tamén

    • 5.1 Bibliografía


    • 5.2 Outros artigos





Clasificación |


Os tres grupos principais de árbores son:


  1. As frondosas ou follosas (folla ancha): coma o carballo, o loureiro, a maceira, a camelia etc.

  2. As coníferas (folla accicular: arume): coma o piñeiro, o abeto, o teixo, o cipreste, o xenebro, a tuia, etc.

  3. As palmeiras, aínda que taxonomicamente non son consideradas árbores porque todas as árbores posúen o crecemento do diámetro do seu talo en aneis para a formación do toro, que produce a madeira, e isto non acontece coas palmeiras.[Cómpre referencia]

O xinkgo (Ginkgo biloba L.) é unha árbore considerada coma exemplo de fósil vivente. Malia que anteriormente era incluída nas coníferas, agora é clasificada nun grupo aparte, Ginkgophyta, unha división das plantas máis estendida na era secundaria, da que é o único representante actual. [Cómpre referencia]




Raíces.



Evolución |




Castiñeira común en Tesino, Suíza


Unha árbore é unha forma de planta que aparece en moitas ordes e familias de plantas diferentes. As árbores amosan unha gran variedade de formas de crecemento, formas de follas, características da cortiz e órganos reprodutivos.


A forma da árbore evolucionou separadamente en clases de plantas sen parentesco, respondendo a uns desafíos medioambientais análogos, facendo así un clásico exemplo de evolución paralela. Cunhas aproximadamente 100 000 especies arbóreas, o número de especies en todo o mundo pode supoñer o 25 % de todas as especies de plantas vivas.[2] A maioría das especies arbóreas medran en rexións tropicais do mundo e moitas desas áreas non foron aínda investigadas polos botánicos, facendo que a diversidade de especies e as áreas de distribución se entendan de maneira fragmentaria.[3]




Árbol tropical en Campeche, México.


En abril de 2007 a datación das primeiras árbores coñecidas é do rango dos 380 millóns de anos, en pleno período devoniano cando os animais vertebrados apenas comezaban a colonizar as terras emerxidas. Esas árbores, do xénero Wattieza, que poboaban zonas actualmente correspondentes a Norteamérica e América do Sur, probablemente enriqueceron a atmosfera con osíxeno producido mediante a fotosíntese favorecendo deste xeito o desenvolvemento de especies superiores de animais fóra dos mares. As árbores máis antigas eran fieitos arborescentes, equisetáceas e licofitas, que medraron en bosques no período carbonífero; aínda sobreviven fieitos arborescentes, pero as únicas equisetáceas e licofitas que quedan non teñen forma de árbore. Máis tarde, no período Triásico, apareceron as coníferas, os xinkgos, as cícadas e outras ximnospermas, e posteriormente as plantas con flor no Cretáceo. A maior parte das especies actuais son plantas con flor (anxiospermas) e coníferas.


Atópanse plantas co biotipo de árbore en todas as clases da superdivisión Spermatophyta, agás nas cícadas (Cycadophyta), que son de biotipo Palmeroide.



Simboloxía na iconografía relixiosa |



Artigo principal: A árbore na cultura popular galega.

É o eixo entre os mundos inferior, terrestre e celeste. Coincide coa cruz da redención. Na iconografía cristiá, a cruz está representada moitas veces como árbore da vida.


Esta árbore da vida xorde por primeira vez na arte dos pobos orientais; é o hom a árbore central colocada entre dous animais ou dous seres fabulosos; é un tema mesopotámico que pasou a Extremo Oriente e Occidente por medio dos persas, árabes e bizantinos. Para as teogonías orientais o hom ten un sentido cósmico, está situado no centro do Universo e móvese coa idea do Deus creador. No paraíso, a árbore da vida estaba oculta.


Na arte románica encóntrase ás veces con algunhas variacións. O hom, ó pasar á simboloxía cristiá, representa a Xesús Cristo.


No claustro da igrexa de Santa María la Real de Nieva na provincia de Segovia (España), nalgúns capiteis pódese observar a representación do hom oriental como símbolo da árbore da vida:


  • Árbore co león e o boi alados (que representan a Marcos e Lucas) que están defendendo o hom.

  • Un piñeiro, e ós seus lados uns cans con rostro humano cubertos por carapucha. Son os cans dominicanos como defensores do hom.

  • Notro capitel, os animais son dous bufos, símbolo da sabedoría e a noite, tamén defendendo o hom.

Pero non só no cristianismo achamos o culto ás árbores. Así, por exemplo:


  • Os druídas veneraban os carballos.

  • A deusa grega Dafne por escapar do amor de Apolo, converteuse en loureiro (hoxe símbolo da vitoria igual que na antiga Grecia).

  • Os hindús veneran a figueira de Bengala.

  • Odín logrou a sabedoría bebendo da auga que había entre as raíces dunha árbore.

Mesmo para Castelao a árbore ten unha simboloxía importante relativa a Galicia:


"A árbore é o símbolo do señorío espiritual de Galicia. A árbore é un engado dos ollos pola súa fermosura; é unha ledicia dos oídos porque nela cantan os paxaros: é un arrolador do espírito porque nas súas ponlas conta contos o vento. A árbore dános froita, que é un manxar composto polo mesmo creador para regalía do noso paladar: o derradeiro ben que nos quedou do paraíso perdido. A árbore pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura".


Notas |




  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para árbore.


  2. "TreeBOL project". Consultado o 11 de xullo de 2008. 


  3. Friis, Ib, and Henrik Balslev. 2005. Plant diversity and complexity patterns: local, regional, and global dimensions : proceedings of an international symposium held at the Royal Danish Academy of Sciences and Letters in Copenhagen, Dinamarca, 25–28 de maio de 2003. Biologiske skrifter, 55. Copenhaguen: Royal Danish Academy of Sciences and Letters. pp 57-59.



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • Marisa Castro Cerceda, Luís Freire e Antonio Prunell (1990). Guía das árbores de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia (2ª ed.). ISBN 84-7507-406-5. 


  • Marisa Castro Cerceda, Antonio Prunell e Jaime B. Blanco-Dios (2007). Guía das árbores autóctonas e ornamentais de Galicia. Vigo. Xerais. ISBN 978-84-9782-645-7. 


  • Henrique Niño Ricoi, Calros Silvar (2006 (3º edición)). Guía das árbores de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96526-70-4. 


  • Varios autores (2006). Árbores de Galiza. Vigo: Promocións Culturais Galegas / A Nosa Terra. ISBN 84-8341-043-5. 


Outros artigos |


  • Árbore froiteira

  • As árbores na cultura popular galega

  • Tronco


  • Cortiza e casca

  • Xema

  • Folla


  • Froitos e bagas

  • Sementes

  • Piñas

  • Bonsai

  • Polinización

  • Deforestación

  • Ecoloxía

  • Natureza

  • Incendio forestal




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Árbore&oldid=5070117"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.356","walltime":"0.456","ppvisitednodes":"value":650,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":15056,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":872,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":9,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2247,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":10,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 380.231 1 -total"," 46.47% 176.676 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 20.73% 78.807 1 Modelo:Listaref"," 16.18% 61.527 1 Modelo:Cita_web"," 7.16% 27.232 4 Modelo:Cita_libro"," 6.51% 24.765 1 Modelo:1000"," 5.92% 22.493 1 Modelo:Commons"," 5.75% 21.873 1 Modelo:Icona_en_título"," 5.16% 19.626 1 Modelo:Irmáns"," 4.10% 15.602 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.188","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4433566,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1310","timestamp":"20190403233505","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"u00c1rbore","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/%C3%81rbore","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q10884","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q10884","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-01-12T22:01:26Z","dateModified":"2019-02-20T21:53:39Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/28/Kalabrien_Oliven_2257.jpg","headline":"tipo de vexetal perenne, de tronco leu00f1oso, que se ramifica a certa altura do chan"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":130,"wgHostname":"mw1264"););

Popular posts from this blog

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?

Barrañán, Arteixo Índice Festas | Galería de imaxes | Lugares e parroquias | Véxase tamén | Menú de navegación43°18′23″N 8°33′04″O / 43.3064, -8.5510

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано