Marisco Índice Composición e valor nutritivo | Crustáceos | Moluscos | Equinodermos | Galería de imaxes | Véxase tamén | Menú de navegación300249710IDshellfish00564475D0127581G4F72G3PH
Marisco
crustáceosmoluscosequinodermosgastronómicotaxonomíaPanPastaQueixoArrozCarnesSopasPeixesMariscosAugaLeitePatacasVexetaisMelViñoVerdurasFroitasHortalizasLegumesEspeciasOutros ingredientesReceitas de cociñacastrosIdade de Ferrocociñaproteínascentolavieiracoláxenovieirasostrascangrexospurinasácido úricogotagraxaglícidoscentolamexillónpercebeameixavieiracolesterolácidos graxos insaturadosvitaminasmineraisiodoflúorameixascalciopercebecaracollapaspeneiracaramuxopolbolura
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Marisco
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O marisco inclúe unha ampla variedade de crustáceos, moluscos e equinodermos especialmente valorados para o seu consumo. Non se trata, realmente, dun concepto biolóxico senón gastronómico, e carece de calquera validez na taxonomía.
Índice
1 Composición e valor nutritivo
2 Crustáceos
3 Moluscos
4 Equinodermos
5 Galería de imaxes
6 Véxase tamén
6.1 Bibliografía
6.2 Outros artigos
6.3 Ligazóns externas
Composición e valor nutritivo |
Alimentos |
---|
Pan - Pasta - Queixo - Arroz |
Cociñas rexionais |
Asia - Europa - Caribe Sueste asiático - Latino américa Oriente medio - Norte de África - África - Galiza Categoría: Gastronomía |
Técnicas de preparación rexionais |
Técnicas - Utensilios Pesos e medidas |
Vexa tamén: |
Chefs famosos - Cociñas - Comidas diarias Wikibooks: Cookbook |
Numerosos castros situados na beiramar conteñen uns depósitos chamados cuncheiros por conteren restos de cunchas de moluscos e crustáceos, o que reflicte que os seus poboadores consumían estes animais xa na Idade de Ferro.
Porén, os mariscos non tiveron o recoñecemento de calidade do que agora gozan ata moi recentemente, estando hoxe en día claramente vinculados coa cociña de maior categoría. Non cabe dúbida que, actualmente, comer marisco é un signo externo de riqueza admitido por todos.
A composición nutritiva do marisco é moi variable, como non podía ser menos nun grupo tan diverso de animais. Basicamente, o principal compoñente é a auga, cun 75-80 % da porción comestible. As proteínas oscilan entre un 15 % e un 18 %, no caso dos crustáceos (entre os que destaca a centola, na que chegan ao 20 %) ou ao redor do 10 % nos moluscos (coa excepción da vieira, cun 19 %). Por outra banda, estas proteínas son de alto valor biolóxico, aínda que menos dixeribles que no caso dos peixes ao seren estes máis ricos en coláxeno.
Cómpre advertir que os mariscos, especialmente as vieiras, as ostras e os cangrexos, son ricos en purinas que, no noso organismo, se transforman en ácido úrico, polo que o consumo destes animais está contraindicado en caso de doentes con gota.
Os mariscos son relativamente pobres en graxa e posúen niveis moi baixos de glícidos. Canto ás graxas, os crustáceos posúen entre o 1 e o 5 % (destacando tamén a centola) e os moluscos entre 0,5 a 2 % (destacando o mexillón), polo que a súa contribución enerxética é reducida: por 100 g de vianda (carne sen cuncha), oscila desde 66 kcal no caso do percebe ata 127 kcal na centola, e desde 47 kcal a ameixa ata 84 kcal a vieira. En calquera caso, a cifra de calorías que achegan á dieta dependerá sempre da forma na que se cociñen.
A pesar da sona que teñen de contribuír ao aumento do colesterol en sangue non representan realmente un problema pola maior concentración en ácidos graxos insaturados.
Tamén achegan cantidades apreciables de vitaminas, sobre todo do grupo B e, no caso do mexillón, A e D; e minerais, entre os que destacan o iodo e o flúor. Algúns moluscos, como as ameixas, son especialmente ricos en calcio.
Crustáceos |
Forman o grupo máis identificado como mariscos. Para recoñecer as diferentes especies de crustáceos galegos de interese comercial pode seguirse a seguinte clave dicotómica.
- Abdome grande, desenvolvido: macruros (Macrura)
Nadadores (Natantia)- O 2º segmento do abdome tapa parcialmente o 1º:
- Os dous primeiros pares de paras posúen pequenas pinzas
Palemónidos: camarón (Palaemon serratus)
- Só o primeiro par de patas posúe pinzas
- 1º par de patas fortes e aplanadas
Crangónidos: Crangon crangon
- 1º par de patas fino
Pandálidos: Pandalus borealis
- 1º par de patas fortes e aplanadas
- Os dous primeiros pares de paras posúen pequenas pinzas
- O 2º segmento do abdome non recobre o 1º. Tres primeiros pares de patas con pinzas: peneidos (Penaeidae)
- Dentes nos dous bordos do rostro
Lagostino (Penaeus spp, Metapenaeus spp)
- Dentes só no bordo superior
Gamba branca (Parapenaeus longirostris)
Carabineiro (Plesiopenaeus edwarsianus)
Gamba vermella ou rosada (Aristeus antennatus)
Chourizo (Aristaeomorpha foliacea)
- Dentes nos dous bordos do rostro
- O 2º segmento do abdome tapa parcialmente o 1º:
Reptantes (Reptantia)- Primeiro par de patas con pinzas ausentes
- Antenas longas
Lagosta común (Palinurus vulgaris)
Lagosta moura ou mauritánica (Palinurus mauritanicus)
- Antenas curtas e ensanchadas
Santiaguiño (Scyllarus arctus)
- Antenas longas
- Primeiro par de patas con pinzas patentes
- Último par de patas normal
- Pinzas prismáticas
Cigala (Nephrops norvegicus)
- Pinzas anchas e aplanadas
Lumbrigante (Homarus gammarus)
- Pinzas prismáticas
- Último par de patas moi pequenas
Galatea (Galathea squamifera)
- Último par de patas normal
- Primeiro par de patas con pinzas ausentes
- Abdome reducido, debaixo do cacho: braquiúros (Brachyura)
- Caparazón rematado en punta na zona anterior
Centola (Maja squinado)
- Caparazón máis ancho na zona anterior que na posterior
- Artello terminal do último par de patas estreito e agudo
- Extremo das pinzas negro
Boi (Cancer pagurus)
- Extremo das pinzas claro
Cangrexo de mar (Carcinus maenas)
- Extremo das pinzas negro
- Artello terminal do último par de patas ancho e aplanado
Nécora (Necora puber)
Patulate ou falsa nécora (Liocarcinus depurator)
- Artello terminal do último par de patas estreito e agudo
- Caparazón rematado en punta na zona anterior
Nota: Por ser inconfundible, o percebe non entra nesta clave.
Moluscos |
Se ben resulta habitual incluír entre os mariscos algunhas especies de moluscos de renome indiscutible (ostras, vieiras, ameixas) non o é tanto cos outros moluscos máis comúns e menos apreciados (mexillón, berberecho etc.), que algúns mercados ou autores tamén os inclúen. Os moluscos gasterópodos (caracol, lapas, peneira) non se consideran, normalmente, como marisco, pero si o caramuxo; tampouco adoitan incluíse os moluscos cefalópodos (polbo ou lura).
- ameixas
- berberecho
- chirla
- mexillón
navalla e longueirón- ostra
- vieira
Equinodermos |
- ourizo de mar
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes de mariscos de Galicia.
|
Véxase tamén |
Bibliografía |
- Cunqueiro, Álvaro (1973): A cociña galega. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-181-5.
- Ramonell, Rosa (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
- Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Manual del marisco. (Prólogo: Domingo García Sabell. Epílogo: Luis Caparrós). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-49-2.
- Sueiro, Jorge-Víctor (1981): Comer en Galicia. (Prólogo: Álvaro Cunqueiro). Madrid: Penthalon Ediciones. ISBN 84-85337-32-8.
Outros artigos |
- Mariscada
Ligazóns externas |
- Consumer-Eroski: Todo sobre los mariscos [1].
|
|
Categoría:
- Marisco
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.216","walltime":"0.270","ppvisitednodes":"value":261,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":12282,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":123,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 188.716 1 -total"," 72.27% 136.394 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 19.88% 37.512 1 Modelo:Galería"," 5.39% 10.163 1 Modelo:Artigo_principal"," 2.86% 5.397 1 Modelo:Ligazóns_multiparámetros"," 2.23% 4.201 1 Modelo:Cociña"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.106","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2196354,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1294","timestamp":"20190327210823","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Marisco","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Marisco","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q6501235","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q6501235","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-07-02T19:43:46Z","dateModified":"2018-09-05T20:50:56Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/f/f2/Mariscada_%28cropped%29.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":167,"wgHostname":"mw1268"););