Verdura Índice Orixes das verduras | Cores das verduras | Comercialización e distribución | Nutrición | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónDiRAGVerduras de temporada: de toda confianzaID4020069-3vegetablessh8514248913350D000067075
Hortalizas
hortalizasplantatalosfollasalimentación humanagraxascaloríasvitaminasmineraisfibrahidratos de carbonoculinariofroitosdoceprodución comercialhorticulturacontinentes[1]verdepigmentoclorofilapHmedios alcalinosamarelolaranxacarotenoidesvermelloazulremolachasantocianinamercadosclimáticassupermercadosfroitaríastendasproteínasgraxaespárragosfabasvitaminasACmineraisfibracelulosahemicelulosaligninaaugacalcioacelgasleitugaespinacaspotasiosodiomicronutrientesantioxidantesenfermidades crónicaspirámide dos alimentoshidratos de carbonocenoria
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Verdura
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
As verduras[1] son hortalizas nas que a parte comestible son os órganos verdes da planta, tal e como poden ser os talos, as follas etc. e que forman parte da alimentación humana. Case todas elas son de baixo contido en graxas e calorías, representando ademais fontes de vitaminas, minerais, fibra e hidratos de carbono. A definición do que é verdura é de uso máis 'popular' que 'científico' e está suxeita a diversas interpretacións culturais. Dende un punto de vista culinario as plantas (ou os seus froitos) que non posúen un sabor doce (agás algunhas excepcións) considéranse verduras. A produción comercial de verduras é unha ponla da horticultura denominada olericultura.
Índice
1 Orixes das verduras
1.1 Tipoloxía por orixe
1.2 Por contido de hidratos de carbono
2 Cores das verduras
3 Comercialización e distribución
4 Nutrición
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Ligazóns externas
Orixes das verduras |
As principais verduras teñen a súa orixe nos diferentes continentes (segundo J.R. Harlan: Les plantes cultivées et l'homme. Presses universitaires de France, París 1987 [1]) segundo esta distribución:
Oriente Medio e Asia
Allo, remolacha, cenoria, col, leituga, lentellas, nabos, cebolas, perexil, allo porro, chícharos, ravo.
África
Gombo, gourde, niébé.
Europa
Apio.
China do Norte
Col chinesa, cogombro, berenxena do Xapón, xenxibre, feixón azuki, nabos, ravos chineses, soia.
Sueste Asiático
Berenxena, taro.
América Central - (México)
Feixón de Lima, mandioca, batata, feixón verde
América do Sur - (Andes)
Cabaza, feixón verde, feixón de Lima, pemento, pataca, quinoa, tomate, topinambour
Tipoloxía por orixe |
Porén pódese distribuír as diferentes verduras pola parte da planta dedicada á alimentación ou que é comestible, deste xeito tense que as verduras normalmente proceden de:
Bulbos: col ravos, cebolas, fiúncho
Folla: aceda, calquera variedade de col, leituga, espinaca, acelga
Gomos: alfalfa
Inflorescencia: alcachofa, coliflor, brócoli
Froito: cabaza, tomate, pemento, berenxena, cogombro
Raíz: nabo, cenoria
Sementes: chícharo, feixóns
Talo: allo porro, espárrago, apio
Tubérculo: mandioca, patacas, ravo
Por contido de hidratos de carbono |
Existen nesta categoría tres grupos dependendo do contido de hidratos de carbono:
- Grupo A (apenas): espinaca, berenxena, col, leituga, pemento, tomate e cabaza.
- Grupo B (ata o 10% de hidratos de carbono): alcachofas, cebolas, nabos, allo porros, cabazas, cenorias e remolacha.
- Grupo C (ata un 20%): batatas, patacas e millo tenro.
Cores das verduras |
A cor das verduras indica o contido dalgunha substancia característica. O habitual é que predomine a cor verde debido á presenza dun pigmento natural verde denominado clorofila. A clorofila pode verse afectada facilmente polo pH das substancias da planta e por esta razón pode variar a cor dende o verde oliva que revela a existencia de medios ácidos ata o verde brillante dos medios alcalinos. Algúns dos ácidos presentes nas verduras libéranse durante a cocción, particularmente se se cocen sen tampa.
Se se observan outras cores como o amarelo/laranxa en verduras débese á presenza de carotenoides, que se ven afectados igualmente polos procesos de cociñado ou de cambios no pH.
O vermello/azul dalgunhas verduras como as remolachas débense á presenza dunha substancia química natural denominada antocianina, pigmento natural sensible aos cambios do pH. Cando o pH é neutro, os pigmentos son de cor púrpura, ao chegar a ácido póñense de cor vermella e ao chegar a un valor alcalino, azul. Todos estes pigmentos son moi solubles na auga.
Comercialización e distribución |
A comercialización realizouse dende a antigüidade en grandes mercados na rúa, prazas e lugares públicos, onde expuñan á venda os diferentes granxeiros e agriculores dunha rexión os produtos vexetais e hortalizas procedentes da súa colleita. Os negocios de exposición adoitaban ser familiares. Nestes casos a venda das verduras dependía da estacionalidade das mesmas, das condicións climáticas, as técnicas de cultivo etc. Tan só estaba dispoñible para vender aquilo que era posible recoller en cada época do ano. Os mercados de verduras adoitaban atoparse nas proximidades dos templos e lugares de paso.
Nas grandes cidades é frecuente poder mercar as verduras nos supermercados, grandes superficies e mercados, as froitarías ou tendas especializadas na venda de verduras son máis escasas, aínda que continúan o seu labor. A verdura dentro dun establecemento exponse en caixas numeradas e correctamente identificadas.
Nutrición |
As verduras poúen un baixo contido de proteínas e de graxa, posúen baixo contido calórico: dende 20 kcal/100 g dos espárragos ata 60 kcal/100 g das fabas.[2][3]
As vitaminas (xeralmente A e C) e os minerais, e a fibra (celulosa, hemicelulosa e lignina), o 80 % restante é auga, posúen cantidades de calcio entre 50–150 mg/100 g (acelgas, leituga, espinacas); a maioría dos vexetais conteñen moito potasio e pouco sodio.
As verduras son moi saudables porque achegan moitos micronutrientes que actúan sinerxicamente como antioxidantes[4] e protexen de varias enfermidades crónicas[5][6] e igualmente axudan a manter a saúde dos tecidos como pel e mucosas do corpo.
As verduras atópanse no segundo nivel fundamental da pirámide dos alimentos. Ademais de achegar micronutrientes, proporcionan hidratos de carbono de absorción lenta e fibra dietética. Deben inxerirse de cinco a seis porcións de verdura ao día; unha porción de verdura equivale a media cunca de vexetais verdes cociñados ou unha pataca, ou unha cenoria.
Por 100 g de produto fresco | auga g | enerxía cal | carbohidratos g | proteína g | lípidos g | calcio (Ca) mg | caroteno mg | vitamina C mg | fibra g |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Alcachofa | 85 | 40 | 7,6 | 2,1 | 0,1 | 47 | 0,1 | 8 | 2 |
Berenxena | 92 | 20 | 3,5 | 1,0 | 0,2 | 12 | 0,03 | 4 | 2,5 |
Remolacha | 86 | 40 | 8,4 | 1,3 | 0,1 | 20 | 0,05 | 10 | 2,5 |
Cenoria | 90 | 37 | 6,7 | 1,0 | 0,2 | 31 | 7 | 10 | 3 |
Cabaciña | 94,5 | 15 | 3 | 0,9 | 0,2 | 12 | 0,27 | 7 | 1,1 |
Espinaca | 92 | 17 | 1,3 | 2,7 | 0,2 | 105 | 4 | 48 | 2,7 |
Endivia (chicoria) | 95 | 12 | 2,4 | 1,1 | 0,1 | 49 | 0,1 | 7 | 2,2 |
Leituga | 94,5 | 10 | 1,3 | 0,9 | 0,1 | 17 | 0,6 | 8 | 1,5 |
Nabo | 93 | 26 | 3,2 | 0,9 | 0,1 | 34 | 0,02 | 28 | 2 |
Cebola | 89 | 37 | 7 | 1,3 | 0,2 | 30 | 0,01 | 8 | 2,1 |
Soia | 41,6 | 8,5 | 30 | 38 | 20 | 280 | 140 | 6 | 15 |
Pirixel | 83 | 28 | 1,5 | 4,4 | 0,4 | 200 | 7 | 170 | 6 |
Pataca | 77 | 85 | 19 | 1,7 | 0,1 | 7 | 0 | 10 | 2,1 |
Allo porro | 90 | 25 | 4 | 0,8 | 0,1 | 38 | 0,5 | 18 | 3,5 |
Tomate | 94 | 15 | 3 | 0,8 | 0,1 | 9 | 0,6 | 18 | 1,2 |
Notas |
↑ DiRAG
↑ Sandra Woodruff (1995): Secrets of fat-free cooking. Avery. p. 85. ISBN 0-89529-668-3.
↑ Julian Whitaker (2001): Reversing diabetes. Warner Books. pp. 269-71. ISBN 0-446-67658-6.
↑ N. V. Yanishlieva-Maslarova e I. M. Heinonen: «Sources of natural antioxidants: vegetables, fruits, herbs and spices», en J. Pokorny, N. Yanishlieva e M. Gordon: Antioxidants in food: practical applications. Cambridge: Woodhead Publishing, 2001.
↑ STEINMETZ, K. A., KUSHI. L. H., BOSTICK, R. M., FOLSOM, A. R. and POTTER, J. D. (1994): «Vegetables, fruit, and colon cancer in the Iowa Women’s Health Study», na revista Am. J. Epidemiol. 139: 1–15.
↑ K. A. Steinmetz e J. D. Potter (1991): «Vegetables, fruit and cancer», en I. Epidemiology. Cancer Cause Control 2:325–357.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Verdura |
Ligazóns externas |
Verduras de temporada: de toda confianza (en castelán)
|
|
Categoría:
- Hortalizas
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.292","walltime":"0.354","ppvisitednodes":"value":532,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":8391,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":687,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2930,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 268.812 1 -total"," 51.56% 138.600 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 22.12% 59.449 1 Modelo:Commonscat"," 20.83% 55.995 1 Modelo:Irmáns"," 19.62% 52.753 1 Modelo:Caixa_lateral"," 10.41% 27.990 1 Modelo:1000"," 9.34% 25.116 1 Modelo:Icona_en_título"," 4.06% 10.927 1 Modelo:Listaref"," 2.36% 6.338 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.70% 1.892 1 Modelo:Es"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.123","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3676742,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1294","timestamp":"20190404023646","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Verdura","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Verdura","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q11004","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q11004","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2008-04-10T00:09:50Z","dateModified":"2018-11-11T18:53:20Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/4/4e/Vegetarian_diet.jpg","headline":"hortalizas nas que a parte comestible son os u00f3rganos verdes da planta"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":141,"wgHostname":"mw1253"););