Mantemento
Mantemento de artigos
|
---|
Total artigos: 155640
| Limpar |
0
|
Violacións dereitos autor |
2
|
Consultas de borrado |
1
|
Traducir |
95
|
Traducións non revisadas |
152
|
Artigos duplicados |
144
|
Artigos sen formato wiki |
993
|
Tarefas pendentes |
137
|
Requiren revisión |
92
|
Revisión ortográfica |
118
|
Atención |
1830
|
Que requiren referencias |
9084
|
Páxinas sen categorías |
43
|
En edición |
90
|
Sen ligazóns internas |
129
|
Sen interwikis |
1030
|
Ligazóns externas rotas |
5782
|
Mover a wiki-irmáns |
12
|
Inclúen títulos dubidosos |
43
|
Que requiren expansión |
275
|
Artigos orfos |
547
|
En progreso |
11534
|
Artigos desactualizados |
514
|
Commonscat incorrecto |
1
|
Categorías para mover |
0
|
Erros de referencia |
31
|
Referencias sen título |
86
|
Erros nas ligazóns externas |
0
|
Artigos sen coordenadas |
2668
|
Psencat • Orfas • Catsencat • RD
| E.modelos: Msencat • Msenuso
| 5 abril 2019 01:44 UTC actualizar
| Mantemento de imaxes:
|
---|
Total ficheiros: 9323
| Imaxes para borrar |
0
|
Imaxes derivadas |
0
|
Imaxes sen licenza |
0
|
Imaxes sen orixe |
1
|
Sen orixe, autoría propia? |
0
|
Ligazóns rotas a ficheiros |
9
|
Imaxes sen categoría |
24
|
Tarefas pendentes |
1
|
Con título incorrecto |
1
|
Símbolos ptes. conf. |
0
|
Imaxes sen coordenadas |
305
|
S. a Wikimedia Commons |
193
|
E.: I.novas • I.sencat • I.senuso
|
Este lugar é como o servizo técnico da Galipedia, e está destinado a concentrar os esforzos para mellorar a calidade da enciclopedia libre en galego. Á parte de edicións, moita xente encárgase das tarefas de mantemento, necesarias para o bo funcionamento do wiki. O obxectivo é a obtención dunha enciclopedia máis ampla, mellor e de maior interese para as persoas que a consultan.
A maior parte dos labores de mantemento consisten na inclusión de marcadores nas páxinas, que indican algún tipo de páxina problemática ou que precisa dalgún tratamento, conforme á relación de categorías abaixo indicadas e a solución deses problemas. Esta zona de mantemento está dividida en seccións que fan referencia aos distintos tipos de traballos que hai que realizar para manter o correcto funcionamento da Galipedia.
Artigos en edición - Benvida - Borrar - Categorías - Fusións - Homónimos - Imaxes - Interwiki - Ligazóns - Páxinas buscadas - Revisión - Traducións - Transwiki
Artigos en edición
En progreso
As páxinas catalogadas como En progreso son esbozos de artigos que conteñen apenas unha definición pobre do tema, xeralmente en un ou dous parágrafos (non obstante, dependendo da complexidade do tema, un artigo de varios parágrafos pode ser considerado un esbozo). O usuario que desenvolve o esbozo engade o marcador En progreso á páxina, coa esperanza de que alguén complete a información. Modelo de mensaxe para os esbozos: En progreso.
- Categoría:Wikipedia:En progreso
En uso
Para aquelas páxinas que están sendo editadas por un colaborador, e durante o período de edición se solicita que outros colaboradores non editen nese artigo úsase o modelo marcador En uso.
Benvida
Aínda que as benvidas neste wiki por regra xeral fanse de xeito personalizado hai un marcador para a benvida, é subst:Benvida. Úsase incluíndo na páxina de conversa do novo usuario subst:Benvida e asinando a continuación. Se é un IP use subst:Benvida ip.
Borrar
Na operación diaria da Wikipedia moitas páxinas por diversas razón deben ser borradas. Hai dous procesos principais para o borrado de artigos: Wikipedia:Eliminación rápida e Wikipedia:Votacións para borrar. Para incluír as páxinas nunha categoría ou outra utilice os marcadores (mensaxes predefinidas) Lixo e Escribindo aquí o motivo para a eliminación rápida, e Vpb para votacións para borrar.
Véxase Wikipedia:Borrar para máis información.
Categoría:Wikipedia:Limpar para unha lista das páxinas clasificadas en eliminación rápida.
Categoría:Wikipedia:Borrar para unha lista das páxinas en votacións para borrar.
Teña en conta que os artigos en Wikipedia:Votacións para borrar requiren dun proceso de rexistro manual para que as páxinas aparezan na lista de votacións (non da categoría).
Categorías
Todos os artigos teñen que estar clasificados, polo menos, nunha categoría. Non obstante, pode haber algún artigo sen clasificar.
MediaWiki (o software das wikipedias) dispón dalgúns instrumentos que permiten comprobar a clasificación das páxinas en categorías e as propias categorías dentro doutras.
- Páxinas sen clasificar
Categorías sen clasificar dentro doutras categorías (isto pode significar que son categorías do primeiro nivel ou categorías illadas).
Outra opción para as páxinas sen clasificar é: Categoría:Wikipedia:Páxinas sen categorías (nos casos que existan dúbidas, estea en proceso de debate, ou se vaian clasificar noutro momento).
Por outra banda, podemos ver a lista completa de categorías na Galipedia (Nota: nesta lista poden aparecer categorías que non existen ou que non estean aprobadas pola comunidade) en:
- Lista de categorías de páxina
E no Wikiproxecto Categorías estase traballando no sistema de clasificación en categorías: avaliando e propoñendo solucións para o seu debate e posterior aprobación. (En Wikipedia:Categorías hai unha clasificación manual de categorías. Nota: só e parcial e abarca as árbores de categorías máis desenvolvidas).
Fusións
O marcador fusión colócase en dúas ou máis páxinas que deben ter o contido unido nun só artigo. Para unir artigos duplicados procédese do seguinte xeito:
- Engádese na páxina a unir o marcador Fusión seguido do nome do artigo ao que se debe unir [[nome doutro artigo]]. Así:
nome doutro artigo . Os usuarios que vexan ese artigo saberán que deben unirse.
- Na páxina que se faga a fusión debe escribirse na zona superior:
Fusión desde
Por favor teña en conta que a lista de artigos a combinar e as razóns para facelo non se xera automaticamente, e hai que engadir de xeito manual as páxinas á lista de artigos duplicados.
Homónimos
O marcador Homónimos colócase naquelas páxinas que como axuda de navegación presentan unha lista doutras páxinas que compartirían o mesmo título; porque se pronuncian coma do título, ou ben se pronuncian e escriben igual. Permite distinguir dous ou máis significados da mesma palabra ou expresión. O marcador que se engade á páxina escríbese así: Homónimos.
No caso de que queiramos enlazar unha páxina coa súa páxina de homónimos (sempre que sexa do tipo Título_da_páxina (homónimos)) pode usarse o modelo Outros homónimos, ao inserilo na páxina crea automaticamente a ligazón.
Imaxes
As imaxes publicadas na Galipedia deben ir identificadas coa táboa de datos de imaxe e co marcador de licenza.
Nas páxinas especiais que dispón o software da Wikipedia MediaWiki existen algunhas que permiten facer un seguimento das imaxes que se cargan no wiki, son:
Galería de imaxes novas para ver as últimas imaxes cargadas.
Lista de imaxes ofrece unha lista de todas as imaxes do wiki.
Imaxes non usadas son aquelas que quedaron orfas de páxina, esquecidas ou están en espera de situar nun artigo proximamente.
Por outra parte existe unha categoría chamada Imaxes que permite facer un seguimento das imaxes e das súas licenzas segundo os marcadores utilizados:
As imaxes clasifícanse por tipo, por licenza, por tema.
Cando falta información ou hai problemas coa imaxe:
- Falta licenza: poñer marcador SenLicenza (as imaxes sen licenza engádense automaticamente á categoría Imaxes sen Licenza)
- Falta orixe: poñer marcador SenOrixe (as imaxes sen orixe engádense automaticamente á categoría Imaxes sen orixe)
- Incluíndo o ficheiro na imaxe indicando a data:
data
- Para avisar ao usuario da falta de información da licenza, orixe, autor ou calquera outra información que falte pode usar o marcador isd
outras imaxes, cada unha delas precedida de dous puntos :
sinatura do usuario que deixa o aviso (Aviso: é moi importante non esquecer os tres separadores ||| entre o nome da imaxe e a sinatura, se non a sinatura aparecerá no medio do texto.
- Para borrar: marcador Borrar imaxe
- Incluíndo o ficheiro na imaxe indicando a data (día, mes, ano) e motivo de eliminación:
Motivo para borrar a imaxe
- Incluíndo o ficheiro na imaxe indicando o motivo de eliminación: Motivo para borrar a imaxe
- En Wikipedia:Imaxes para borrar inclúense todas aquelas imaxes propostas para borrar. Para avisar ao usuario de que unha imaxe que cargou está proposta para borrar úsase o marcador Abi do seguinte xeito
aquí poden engadirse avisos sobre máis imaxes, texto personalizado e a sinatura do usuario que deixa o aviso
- Incluír o marcador PendenteImaxe coa seguinte sintaxe subst:PendenteImaxe. Esta mensaxe debe usarse só naqueles casos nos que se teña a seguridade de que a imaxe cumpre os requisitos para permanecer na Galipedia. Ter polo tanto unha licenza libre e estar pendente completar datos de orixe, autor ou licenza definitiva. As imaxes clasifícanse automaticamente na categoría Imaxes tarefas pendentes.
As categorías de mantemento de imaxes están clasificadas na categoría Mantemento de imaxes.
Interwiki
Para facer ligazóns con outros proxectos da Fundación Wikimedia poden usarse os seguintes modelos de marcador:
- Coas imaxes dispoñibles en Wikimedia Commons sobre o artigo:
nome da páxina en Wikimedia Commons . Por exemplo: para ligar o artigo Nova York escribimos Nova York .
- Para ligar coa versión en galego de Galilibros se existe un libro co mesmo título, úsase o marcador Wikibooks. Automaticamente crea unha ligazón á entrada do mesmo título.
- Para ligar coa entrada na versión galega de Galifontes o marcador é Wikisource.
- Para ligar coa entrada na versión galega de Galicitas o marcador é Wikiquote.
- Para ligar coa entrada do Galizionario o marcador é Galizionario.
Ligazóns entre artigos
Páxinas orfas
Artigos orfos son aqueles que non teñen ningunha ligazón que proceda doutro artigo. Resultan invisibles á navegación entre os textos, un dos xeitos principais de consulta da Wikipedia; deben pórse ligazóns, polo tanto, nalgún artigo que estea relacionado. Para indicar un artigo neste estado use Illado, os artigos que conteñan ese marcador clasifícanse automaticamente na categoría Artigos orfos.
Páxinas sen ligazóns cara a outras
Son artigos sen saída que non teñen ligazóns con ningún outro artigo. Iso normalmente ocorre porque quen escribiu o artigo non lle deu o formato propio da sintaxe wiki, ou porque todas as súas ligazóns apuntan cara a artigos inexistentes. Para indicar que unha páxina se atopa neste estado use Ligazóns internas.
- Páxinas sen ligazóns cara a outras
Páxinas requiridas
Páxinas requiridas son aquelas que aparecen enlazadas noutros artigos e sobre as que non existe páxina na Galipedia. Nalgúns casos son reseñadas con tanta frecuencia que sería preciso crealas con certa urxencia.
Revisión - Artigos con problemas
Algúns artigos necesitan atención porque presentan problemas na súa estrutura, comprensión ou mesmo credibilidade. Outros artigos tratan asuntos de forma non enciclopédica ou temas que non corresponden a unha enciclopedia. Nalgúns casos o usuario que creou a páxina descoñece o idioma galego e escribe un artigo con graves problemas.
En todas estas circunstancias debe incluírse na páxina unha mensaxe de atención, o modelo de marcador chámase subst:Atención. Unha vez incluído o marcador subst:Atención na parte superior da páxina, esta aparece automaticamente na Categoría:Wikipedia:Atención, ademais disto é preciso engadila manualmente na páxina Wikipedia:Artigos con problemas indicando os motivos para adxuntala á lista.
- Categoría:Wikipedia:Atención
Traducións
Algúns artigos importados doutras Wikipedias necesitan ser traducidos. A persoa que crea o artigo coloca un aviso Nongalego para indicar que o artigo ten que traducirse ao galego e a axuda doutros usuarios é benvida. No caso de que o usuario que importou o artigo non queira axuda engade o marcador Entradución.
- Categoría:Wikipedia:Artigos que precisan tradución
Transwiki
Ás veces hai páxinas na Galipedia que resultan máis apropiadas para o Galizionario, para as Galifontes ou para outro dos proxectos de Wikimedia. Neses casos poden usarse os modelos Mover ao Galizionario para sinalar á páxina como candidata a mover ao Galizionario, Mover ás Galifontes para avisar de que debe moverse ás Galifontes, Mover ás Galicitas para avisar de que debe moverse ás Galicitas e Mover aos Galilibros para avisar de que debe moverse ao Galilibros. O marcador engádese na parte superior da páxina e as páxinas marcadas e as razóns rexístranse nas páxinas: Wikipedia:Mover ao Galizionario, Wikipedia:Mover ás Galifontes, Wikipedia:Mover ás Galicitas e Wikipedia:Mover aos Galilibros segundo o caso.
Unha vez marcadas as páxinas e cando por fin se trasladan ao outro proxecto wiki, seguen un proceso que se chama Transwiki: consiste en crear noutro proxecto páxinas no espazo de nomes Transwiki antes de que os usuarios do proxecto convirtan á páxina ao seu formato e a fagan definitiva. Finalmente teñen que incluírse no rexistro transwiki, no que se enganden manualmente todos os artigos movidos.
Para ver todos os artigos marcados para mover poden consultarse as categorías:
- Categoría:Mover ao Galizionario
- Categoría:Mover ás Galifontes
- Categoría:Mover ás Galicitas
- Categoría:Mover aos Galilibros
Se unha páxina non ten interwikis, use Seniw
|