Skip to main content

Auga Índice Funcións biolóxica da auga | Toponimia | Propiedades físicas e químicas | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación604511931913j1921053ID2874064689-0watersh851454470056774112022acqua7732-18-515377CHEMBL109865993709145DTXSID6026296100.028.902HMDB0002111D00001D014867N000014704296211295C0043047059QF0KO0R

Substancias químicasEtimoloxía


substanciamoléculasátomoshidróxenoosíxenofórmulaUniversoTerrasuperficieseres vivosestados físicosciclo continuolíquidaauga doceríoslagosmontañasauga salgadamaresocéanossólidoxeogasosovapor de augaatmosfera terrestre°CKelvinxeocalor específicacapacidade de disolvervidaevoluciónorganismo pluricelularanimaisvexetaisespeciesdesertosnaturezamineraissalinidadeagriculturaacuíferoscontinentespoluciónbiodiversidadealimentospoboaciónauga potábelsaúdehumanidadeculturapobosrecursos hídricosbioloxíaquímicamolécula bipolarpHxeoloxíaerosiónrochastecidoser humanotopónimos










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());


Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter



Auga




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




H2O, molécula de auga.




Diagrama da molécula de auga coas dimensións.


A auga é unha substancia cuxas moléculas están formadas por dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno, xa que logo a súa fórmula é H2O. É abundante no Universo, inclusive na Terra, onde cobre gran parte da súa superficie e é o maior constituínte dos fluídos dos seres vivos. As temperaturas do planeta permiten a ocorrencia da auga nos seus tres estados físicos principais, pasando dun estado a outro nun ciclo continuo. A auga líquida, que en pequenas cantidades é incolora, mais en grandes volumes manifesta unha coloración azulada, pode atoparse como auga doce (en ríos, lagos, e montañas), ou como auga salgada nos mares e océanos que cobren case tres cuartos da superfície do planeta. No estado sólido, as masas de xeo concéntranse principalmente nas rexións polares e, no estado gasoso, o vapor de auga forma parte da atmosfera terrestre. A 0 °C (273 aproximadamente na escala Kelvin) atópase en estado sólido como xeo, e ferve a aproximadamente a 100 °C. O punto de xeación espontánea atópase preto dos 233 K.


A auga posúe unha serie de características peculiares, coma a dilatación anómala, a alta calor específica e a capacidade de disolver un gran número de substancias. De feito estas peculiaridades favoreceron o xurdimento nos océanos primitivos da vida e a súa evolución. Tódolos seres vivos existentes precisan dela para a súa supervivencia, constituíndo a base de todo organismo pluricelular. A maior parte dos animais e vexetais conteñen unha alta porcentaxe de auga, e son poucas as especies que poden sobrevivir nos lugares onde esta é escasa (desertos e outras zonas áridas).


Na natureza nunca se atopa en estado puro, senón mesturada con minerais e outras moitas substancias. Aínda que os océanos cobren a maior parte da superfície terrestre, a súa auga é inadecuada para o consumo humano por culpa da súa salinidade. Só unha pequena fracción dispoñíbel sobre a superfície dos continentes que contén poucos sales disolvidos, a auga doce, é apta para o consumo directo. Con todo, a súa distribución non é uniforme, o que fai que diversas rexións sufran de escaseza hídrica. As actividades humanas, principalmente a agricultura, necesitan grandes cantidades de auga que, ao seren retiradas do seu leito natural superficial ou dos acuíferos subterráneos, ten afectado negativamente na súa distribución sobre os continentes.


A polución hídrica prexudica a calidade da auga e, xa que logo, a biodiversidade, o abastecemento de auga e a produción de alimentos. Ademais, unha parte considerábel da poboación mundial aínda non ten acceso á auga potábel, o que trae diversos problemas de saúde. A auga é indispensábel no modo de vida da humanidade, de forma que está fortemente ligada á cultura de tódolos pobos da Terra. Diante dos problemas derivados do mal uso dos recursos hídricos, xorde unha nova consciencia de que é necesario utilizar a auga racionalmente.


A auga ten un importante papel en múltiples ámbitos: en bioloxía debido á xa mencionada importancia para a vida, en química pola súa composición e por ser unha molécula bipolar e de pH neutro, en xeoloxía polo seu importante papel na erosión das rochas etc.




Índice





  • 1 Funcións biolóxica da auga

    • 1.1 Enfermidades causadas por auga contaminada



  • 2 Toponimia


  • 3 Propiedades físicas e químicas


  • 4 Galería de imaxes


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos





Funcións biolóxica da auga |


A auga, compoñente maioritario da materia viva, constitúe por termo medio o 75% do seu peso, aínda que a proporción varía segundo as distintas especies, a idade do individuo e o tipo de tecido: canto máis novo é o organismo, e canto máis complexas son as funcións dun tecido, maior é o seu contido en auga.


As principais funcións biolóxicas da auga son:


  • Participa no mantemento da forma e estrutura celular e dos organismos, sobre todo nas plantas.

  • É un excelente disolvente, especialmente das substancias iónicas e dos compostos polares. Resulta indispensábel para o intercambio nutritivo entre as células e o seu medio, xa que só as substancias disoltas poden atravesar a membrana plasmática, e actúa coma vehículo de transporte de diferentes produtos dun punto a outro do organismo. Amais, coma a maioría das biomoléculas están disoltas en auga, dese xeito reaccionan entre si; ou sexa, a auga actúa coma medio de reacción, en cuxo seo se producen as reaccións vitais.

  • Intervén como axente químico reactivo na hidratación, hidrólise e oxidación-redución.

  • Permite o movemento no seu seo das partículas disoltas (difusión) e constitúe o principal axente de transporte de moitas substancias nutritivas reguladoras ou de excreción.

  • É un excelente termorregulador. A auga absorbe máis calorías que calquera outro composto para aumentar un grao a súa temperatura. Iso permítelle actuar coma regulador térmico pois, aínda que as reaccións vitais producen calor, a temperatura do ser vivo non aumenta: o alto contido hídrico da materia viva absorbe o exceso de calorías producidas.[1]


Enfermidades causadas por auga contaminada |


















Protozoo
Enfermidade
Síntomas
AmoebaDisentería ameboide
Forte diarrea, dor de cabeza, dor abdominal, calafríos, febre; de non se tratar, abscesos no fígado, perforación intestinal e morte.
Cryptosporidium parvumCriptosporidiose
Sensación de mareo, vómitos, diarrea acuosa, falta de apetito.
Giardia lamblia
Giardíase
Diarrea, fatiga, cambras abdominais, flatulencia.
Toxoplasma gondiiToxoplasmose

Gripe, inflamación dos ganglios linfáticas; aborto e infeccións cerebrais.




























Bacteria
Enfermidade
Síntomas

Aeromonas sp.
Enterite
Diarrea moi líquida, con sangue e moco.

Campylobacter jejuni
Campilobacteriose
Gripe, diarreas, dor de cabeza e estómago, febre, cambras e náuseas.

Escherichia coli
Infeccións do tracto urinario, meninxite neonatal, enfermidades intestinais.
Diarrea acuosa, dores de cabeza, febre, uremia, danos hepáticos.
Plesiomonas shigelloidesPlesiomonas-infección
Náuseas, dores de estómago e diarrea acuosa, dores de cabeza e vómitos.
Salmonella typhi
Febre tifoide
Febre.

Salmonella sp.

Salmonelose
Mareos, cambras intestinais, vómitos, diarrea e ás veces febre leve.

Streptococcus sp.
Enfermidade (gastro) intestinal
Dores de estómago, diarrea e febre, ás veces vómitos.

Vibrio O Tor

Cólera (forma leve)
Forte diarrea.


Toponimia |




Gota de auga caendo.


Da importancia da auga na vida biolóxica e sentimental do ser humano, sobre todo nas súas orixes nas que non dispuña dela a pracer coma agora, dan conta a abundancia de topónimos. Estes son algúns exemplos espallados:



  • Alhama (Provincia de Almería, Provincia de Granada, Rexión de Murcia, Provincia de Zaragoza) do árabe al-hammah, "fonte termal".


  • As Burgas (Provincia de Ourense) probable do éuscaro: bero + ur + ga, "manacial ou lugar de auga quente".

  • Dos Aigüas (Provincia de Valencia).


  • Fervenza ← ferver.


  • Río Guadalquivir significa "río río río" ← Wad ("leito" en árabe) + al (artigo determinado árabe) + quivir (supostamente do íbero ibr, "agua", coma Ebro, Iberia etc.); o mesmo con moitos topónimos que comezan por Guad-: Guadiana, Guadalix, Guadalete, Guadalhorce, Guadiamar del Segura, Guadalajara, Guadarrama (do árabe "río de arena") etc. Co segundo termo íbero: Alcazarquivir.


  • Lago de Carucedo (Provincia de León), polo represado formado cando os romanos botaron os restos de terra da mina de ouro de Las Médulas e se encorou arroyo.


  • Entrambasaugas (parroquia do concello de Guntín) ← entre + ambas + augas ("aguas").

  • Septe Aigüas (Provincia de Valencia).


  • Tambre (Santiago de Compostela, Provincia da Coruña) ou Tamuxe e Tameiga (Mos, Provincia de Pontevedra) ← supostamente de Tam-, "río" precéltico, paracéltico ou céltico.

  • Tossa de Mar (Provincia de Xirona), do éuscaro: iturri, "fonte".


  • Aquisgrán (Alemaña), do latín Aquae granni, que remite ao deus celta da curación chamado Grannus. En Aquisgrán hai balnearios con mananciais curativos, e de aí pode provir a orixe do nome.


Propiedades físicas e químicas |


Algunhas das propiedades máis salientables son:


  • A auga é líquida en condicións normais de presión e temperatura.

  • A cor da auga varía segundo o seu estado: como líquido, pode parecer incolora en pequenas cantidades, aínda que no espectrógrafo se proba que ten un lixeiro ton azul verdoso. O xeo tamén tende ao azul, e en estado gasoso (vapor de auga) é incolora.

  • A auga bloquea só lixeiramente a radiación solar UV forte, permitindo que as plantas acuáticas absorban a súa enerxía. Xa que o osíxeno ten unha electronegatividade superior á do hidróxeno, a auga é unha molécula polar. O osíxeno ten unha lixeira carga negativa, mentres que os átomos de hidróxeno teñen unha carga lixeiramente positiva do que resulta un forte momento dipolar eléctrico. A interacción entre os diferentes dipolos eléctricos dunha molécula causa unha atracción en rede que explica o elevado índice de tensión superficial da auga.

  • A forza de interacción da tensión superficial da auga é a forza de vander Waals entre moléculas de auga. A aparente elasticidade causada pola tensión superficial explica a formación de ondas capilares. A presión constante, o índice de tensión superficial da auga diminúe ao aumentar a súa temperatura. Tamén ten un alto valor adhesivo grazas á súa natureza polar.

  • A capilaridade refírese á tendencia da auga a moverse por un tubo estreito en contra da forza da gravidade. Esta propiedade é aproveitada por todas as plantas vasculares, como as árbores.


Galería de imaxes |



Notas |




  1. Miguel González, Carlos A. (2000). Biología y Geología. Bachillerato Everest. ISBN 84-241-7568-9. 



Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Orixe da auga na Terra





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Auga&oldid=5047970"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.468","walltime":"0.595","ppvisitednodes":"value":548,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":20757,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1351,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":26,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2718,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":27,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 519.976 1 -total"," 64.35% 334.618 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.27% 58.604 1 Modelo:Sen_referencias"," 10.47% 54.462 1 Modelo:Ifsubst"," 9.89% 51.403 1 Modelo:Ambox"," 9.80% 50.962 1 Modelo:Listaref"," 8.30% 43.137 1 Modelo:Cita_libro"," 4.11% 21.355 1 Modelo:Commons"," 3.60% 18.719 1 Modelo:Irmáns"," 2.82% 14.684 1 Modelo:Caixa_lateral"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.298","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":6790612,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1334","timestamp":"20190329155316","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":139,"wgHostname":"mw1271"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?