Skip to main content

1810 Índice Acontecementos | Nacementos | Mortes | Outros | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Johann Baptist Ritter von Spix"e

1810













1810




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura
























1810
Calendario gregoriano1810
MDCCCX
Ab urbe condita2563
Calendario armenio1259
Calendario chinés4506 – 4507
Calendario hebreo5570 – 5571
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat
1865 – 1866
 ·  Shaka Samvat
1732 – 1733
 ·  Kali Yuga
4911 – 4912

Calendario persa1188 – 1189
Calendario musulmán1225 – 1226
Calendario rúnico2060














⟸

Década de 1810

⟹

1806

1807

1808

1809

1810

1811

1812

1813

1814


Índice





  • 1 Acontecementos

    • 1.1 Galiza


    • 1.2 España


    • 1.3 Francia


    • 1.4 Inglaterra


    • 1.5 Escocia


    • 1.6 Alemaña


    • 1.7 Suecia


    • 1.8 Resto de Europa


    • 1.9 América


    • 1.10 África



  • 2 Nacementos

    • 2.1 Data descoñecida



  • 3 Mortes


  • 4 Outros

    • 4.1 Breves



  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos





Acontecementos |





Proezas de Galicia (PDF).



Galiza |


  • O 10 de febreiro prodúcese en Ferrol unha sublevación dos traballadores dos estaleiros e do mestrado logo de levar tempo sen cobrar. A multitude asaltou a residencia do comandante xeneral, José de Vargas, levouno ata o edificio onde estaba o cárcere e o concello onde foi apuñalado, e deixou o cadáver diante da porta do estaleiro. No xuízo celebrado o ano seguinte na Audiencia da Coruña, un home e dúas mulleres foron condenados a morrer na forca coma instigadores da revolta. Unha das mulleres, Antonia Alarcón, foi ademais decapitada e exposta a súa cabeza en lugar público para atemorizar á poboación.

  • O 1 de marzo Vigo recibiu o título de cidade tralo comportamento heroico durante a guerra da independencia, engadíndoselle ó seu lema "leal e valorosa".

  • O 30 de maio ten lugar na Coruña un levantamento patriótico, un de cuxos principais instigadores foi Sinforiano López que hoxe en día dá o seu nome a unha rúa da cidade.

  • O 2 de novembro por mor dun temporal, afunden na ría de Viveiro a fragata Santa María Magdalena e o bergantín Palomo, que formaban parte da frota anglo-española destinada a defender as costas do Cantábrico dos navíos franceses. Morreron un total de 550 mariñeiros (480 da fragata e 70 do bergantín) o que a converte nunha das maiores catástrofes marítimas ocorridas nas costas galegas.

  • Sae do prelo da coruñesa imprenta Vila o primeiro libro impreso en lingua galega de autor coñecido. Trátase de Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira.


España |


  • En Cataluña a Xunta Suprema do principado, reunida na localidade de Solsona, reclama a devolución dos seus foros e privilexios tradicionais, xunto coa imposición do sistema federativo en España. Nin en Cádiz, nin nas filas francesas atopan ningún eco as súas propostas. Cataluña acaba sendo incorporada a Francia, dividida en catro departamentos e sometida á administración civil do imperio, cousa que non se realiza con ningún outro territorio español.

  • O 24 de setembro na cidade de Cádiz, coa asistencia de 105 deputados, inaugúranse as sesións das Cortes xerais extraordinarias, en realidade constituíntes, na Illa de León (Cádiz). Promovidas dende o inicio da guerra da independencia pola Xunta Central, a súa convocatoria atrasouse debido ao enfrontamento entre os que pretendían unhas Cortes constituíntes e os que avogaban polas tradicionais; discusión que permaneceu en todo o período de sesións. Os primeiros actos das Cortes constituídas foron afirma-la soberanía nacional, que nelas reside, co cal o goberno da nación emana delas, e designar a Fernando VII como rei lexítimo de España. As Cortes de Cádiz representan o primeiro e máis importante intento de acabar co antigo réxime e implanta-lo liberalismo burgués en España a través da Constitución.


Francia |


  • O matemático francés Joseph Fourier expón as primeiras series trigonométricas, que aplica á resolución de problemas físicos, especialmente sobre a propagación do movemento en cordas vibrantes e a propagación da calor. Estes traballos constitúen unha introdución ao concepto moderno de función, á análise funcional e ó cálculo integral. Coa aparición da "Teoría analítica da calor" no 1822, primeiro estudo matemático da propagación da calor nos sólidos, Fourier establece as ecuacións do movemento uniforme da calor. O emprego das súas series trigonométricas permite desenvolver en series converxentes certo tipo de funcións descontinuas, unha análise fundamental para a física matemática e de gran repercusión no estudo dos fenómenos eléctricos.


  • Napoleón ordena destruí-lo manuscrito "De l'Allemagne", de Madame Staël. A baronesa Germaine de Staël-Hoistein, que nacera o 22 de abril de 1766 en París, chamada comunmente Madame de Staël, pronto toma partido pola revolución de 1789, participa en intrigas políticas e esperta a desconfianza do poder local ao publicar en 1802 a súa novela "Delphine", onde deixa translucir as súas fortes conviccións liberais e afírmase no seu prestixio intelectual. Tralo seu fracasado intento de se-la inspiradora da política de Napoleón durante os anos do Consulado, en 1810 intenta publicar o seu ensaio titulado "De l'Allemagne", pero a policía imperial confíscao e destrúeo. Nel, a autora exhorta os intelectuais franceses a manifestar a súa confianza na liberdade e a asinar, segundo o modelo alemán, a superioridade do espírito sobre a materia. Considera que Francia, cansada pola revolución, perdeu esta fe na liberdade creadora individual, a mesma que permitiu a Alemaña, aínda que dividida politicamente, atopar no sentido de unidade nacional as forzas necesarias para a súa recuperación.

  • O 2 de abril celébranse na capital francesa, con gran pompa, as segundas nupcias do emperador Napoleón I, con 40 anos de idade, coa arquiduquesa María Luísa, 22 anos máis xove, filla do emperador austríaco Francisco I e de María Tareixa de Nápoles. Con este matrimonio, Napoleón lexitima o seu título de emperador e obtén unha serie de importantes vantaxes políticas. Froito deste matrimonio, nacerá o 20 de marzo de 1811 o único descendente de Napoleón, Napoléon François Charles Joseph Bonaparte, quen recibirá o título de rei de Roma nada máis nacer. Nomeado sucesor ó trono de Francia polo seu pai só chegou a reinar entre o 22 de xuño e o 7 de xullo de 1815, morrendo moi novo de tuberculose, o 22 de xullo de 1832, cando contaba 21 anos. Napoleón estivera casado anteriormente con Marie Josèphe Rose Tascher de La Pagerie, viúva do vizconde Alexandre de Beauharnais, sen que tiveran fillos. A voda celebrárase apresuradamente o 9 de marzo de 1796, o día anterior á coroación do emperador. Estiveron casados durante 14 anos ata que o tribunal eclesiástico de París anulou o matrimonio en 1809. Xosefina sempre tivo grande ascendente sobre Napoleón, mesmo despois da separación, ata a súa morte en 1814 en Malmaison, onde se retirara logo da separación.


Inglaterra |


  • O 3 de marzo chega a Gran Bretaña o escritor español José María Branco Crespo, máis coñecido como Blanco White, logo de que partira de Cádiz ante a invasión de Andalucía polas tropas francesas. Nado en Sevilla o 11 de xuño de 1775, Blanco White viña dunha familia de orixe irlandesa. A instancias dos seus pais, ordenouse sacerdote, e no 1801 gañou por oposición unha coenxía en Cádiz, que máis tarde abandonou para marchar á capela real de San Fernando (en Sevilla). Durante a guerra da Independencia colaborou co xornal sevillano "El Semanario Patriótico", que dirixía Quintana, a cuxos faladoiros adoitaba asistir. Xa en Inglaterra comezou a publicar nas revistas "O Español" e, máis tarde, "Variedades", onde defendeu a independencia das colonias iberoamericanas, editou textos medievais españois e publicou importantes ensaios. Home contraditorio (Menéndez Pelayo considerábao un verdadeiro heterodoxo), as súas crenzas relixiosas sufriron sucesivas revoltas, converténdose primeiro ao anglicanismo e logo ao unitarismo. Malia a súa longa e definitiva permanencia en Inglaterra (Blanco White morrería en Liverpool no 1841), España foi unha referencia constante e obsesiva na súa obra. A pesar de que o seu texto máis famoso, o soneto "Night and Death" ("Mysterious Night! when our first parent knew"), está escrito en inglés, nunca deixou de escribir en castelán. De tendencia neoclásica nos seus inicios españois, a posterior influencia do romanticismo inglés converteuno no primeiro poeta romántico español. O radicalismo de moitas das súas ideas fixo que a súa obra fose practicamente descoñecida en España, ata a edición da súa "Obra inglesa" (1972), ao coidado de Juan Goytisolo.


Escocia |


  • En Ruthwell (Escocia), dátase neste ano a creación da primeira caixa de aforros. O reverendo Henry Duncan foi o seu impulsor. As caixas de aforros nacen coa intención de recoller e gardar o diñeiro dos obreiros, a cambio duns pequenos xuros. Non teñen, a diferenza dos bancos, un fin lucrativo e os seus beneficios son empregados en obras sociais. O exemplo da institución de aforro escocesa será rapidamente imitado en todo o Reino Unido e posteriormente espallarase en Europa. O parlamento británico promulgará unha lei en 1817, na que se apoia e fomenta a creación de caixas de aforros. A necesidade deste tipo de institucións fora teorizada, anos antes da fundación da caixa de Ruthwell, polo político e economista inglés Jeremy Bentham. Os pequenos aforros dos obreiros ingleses estaban protexidos.


Alemaña |


  • O escritor e pedagogo alemán Friedrich Ludwig Jahn publica a súa obra "Deutsches Volkstum", na que pretende definir o seu concepto do que é a nacionalidade alemá, que é a tradución do título. Ao tempo emprende a promoción das sociedades ximnásticas, a primeira das cales funda en 1811 no Parque de Hasenheide de Berlín, onde os mozos alemáns deben educar o seu carácter e o seu corpo para ser bos soldados, capaces de mobilizarse contra o ocupante.

  • Comeza a docencia na universidade de Berlín con 256 alumnos e 52 profesores, aínda que a súa fundación ocorrera o 16 de agosto de 1809 grazas ó empeño do político liberal prusiano Wilhelm von Humboldt e o káiser Friedrich Wilhelm III. Trala fundación da universidade agochábase a idea de facer reformas intelectuais, morais e políticas en Prusia despois do humillante Tratado de Tilsit de 1807. Contou nos seus comezos cos mellores pensadores prusianos coma os filósofos Johann Gottlieb Fichte (primeiro reitor) e Friedrich Schleiermacher, o fundador Wilhelm von Humboldt, notable lingüista, e os poetas Heinrich von Kleist e Ernst Moritz Arndt.


Suecia |


  • O 21 de agosto, o Parlamento sueco, reunido na cidade de Örebro, acepta a proposta do rei Carlos XII, de 63 anos e sen fillos, e designa príncipe herdeiro un francés católico, antigo republicano e agora mariscal de Napoleón e cuñado seu. Trátase do mariscal Charles Jean-Baptiste Bernadotte, duque de Pontecorvo, de 43 anos, quen chegaría a reinar co nome de Carlos XIV. A elección de Bernadotte mostra o peso que adquiriu Napoleón I en Europa: para boa parte do pobo sueco, unha alianza co poderoso emperador dos franceses garante ao país a súa independencia e a posibilidade de recuperar Finlandia, que permanece en poder dos rusos. Bernadotte realizou unha brillante carreira militar; tiña apenas 30 anos cando foi ascendido a xeneral de división, e considerábano un dos poucos posibles rivais de Napoleón. Tivo unha participación moi destacada na guerra contra a segunda coalición tendo ao seu mando o exército do Rhin, antes de ser designado ministro da Guerra, en 1799. En 1805 mandou un dos corpos da Grande Armée, e a súa actuación durante as campañas de 1806 e 1807 considérase decisiva, aínda que algúns lle reprochan permanecer inactivo durante a Batalla de Jena. Talvez ese feito explique por que foi relevado do mando do noveno corpo do exército e por que rompeu con Napoleón. Para o emperador, o traslado de Bernadotte a Estocolmo fai desaparecer un motivo de friccións internas e, ao mesmo tempo, parece estender a súa influencia en Europa. Bernadotte tivo que converterse ao luteranismo para acceder ao trono sueco.


Resto de Europa |


  • O 20 de febreiro foi executado Andreas Hofer, nado en 1767 en St Leonhard in Passeier, xefe popular da rebelión tirolesa contra Francia e Baviera. Cando o seu país foi entregado a Baviera, Hofer encabezou unha insurrección armada e, co apoio dos austríacos, derrotou os bávaros no Monte Isel, preto de Innsbruck, en maio de 1809. O antigo soldado austríaco, dono dun hostal no val do Passeier, converteuse así en dono da provincia. Pero os acordos de paz asinados en Schönbrunn cambiaron a situación: o Tirol quedou en mans das tropas francesas dirixidas polo mariscal Lefebvre. Hofer recorreu entón á guerra de guerrillas e mantivo en xaque os invasores, grazas ao apoio popular de que gozaba. Mediante emboscadas e audaces golpes de man, os guerrilleiros lograron inflixir importantes perdas aos franceses, e mantiveron vivo o espírito de resistencia contra o invasor. As súas fazañas militares contra un inimigo moi superior en número e en armamento converteron a Hofer nun heroe case mítico, cuxo culto se mantería durante anos. Con todo, vítima da traizón dun dos seus veciños, o xefe tirolés caeu en poder dos franceses. Pouco despois foi conducido a Mantua, onde foi fusilado nese mesmo día.

  • O 30 de xuño, Luís Bonaparte abdica do seu título de rei de Holanda. Este reino fora creado por Napoleón o 5 de xuño de 1806.

  • En xullo, logo da abdicación de Luís Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu fillo Napoleón Luís Bonaparte, Napoleón incorpora os Países Baixos ao Imperio francés estruturados en 8 departamentos. Nomea gobernador xeral a Charles-François Lebrun, un antigo cónsul, que terá que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.

  • O 31 de decembro o tsar Alexandre I rompe o bloqueo continental e abre os portos rusos ao comercio dos países neutrais, á vez que prohibe a entrada dos produtos franceses en Rusia. A actitude rusa responde, entre outros motivos, ao malestar que causou no tsar a creación do Gran Ducado de Varsovia, o matrimonio de Napoleón coa arquiduquesa María Luisa de Austria, e as consecuencias que o bloqueo está carreando á economía rusa.


América |


  • A case totalidade das colonias españolas en América convulsiónanse baixo movementos de carácter independentista, coma os iniciados en Caracas (19 de abril), Buenos Aires (25 de maio), Bogotá (20 de xullo). Santiago de Chile (18 de setembro) ou Quito (19 de setembro) entre outros. Dende México, o crego Miguel Hidalgo encabeza en setembro unha sublevación contra o vicerrei Francisco Xavier Venegas, quen loitara contra o francés na batalla de Bailén e que á volta de América fora Capitán Xeneral de Galicia. O movemento, que nun principio se presenta cun carácter realista en apoio de Fernando VII, desemboca nun movemento independentista. En Bos Aires comeza a publicarse regularmente, dende o 7 de xuño co respaldo das autoridades, "La Gaceta de Buenos Aires", que tivera unha efémera aparición en 1781. Por fin as rúas da cidade poden dispoñer dun xornal de carácter legal e ordinario.

  • Na Illa de León (Cádiz), onde se trasladara dende Sevilla a causa do inminente ataque francés, a Xunta Central Suprema decretou o 25 de maio a súa autodisolución e nomeou un Consello de Rexencia (que xa estaba a traballar desde o 29 de xaneiro). Co territorio peninsular practicamente en mans de Napoleón e, desaparecida a Xunta de Sevilla, perante unha rexencia de discutible lexitimidade e eficacia, os sectores crioulistas independentistas achaban canle propicia para comezar a impoñe-la súa política. Pero tamén entre os leais partidarios da coroa cundiu a alarma pola conquista francesa, e a prevista formación de xuntas de goberno en situacións críticas presentóuselles como solución. Os independentistas entenderon, con todo isto, que era necesario manter a aparencia de lealdade ó rei, a máscara de Fernando VII (como chegaría a chamarse). En Buenos Aires, cabeza do vicerreinado do Río da Prata, convocouse un cabido aberto o 22 de maio a instancias de notables crioulos. Pero a decisión de manter o vicerrei Baltasar Hidalgo de Cisneros como presidente da Xunta provocou unha reacción popular. O 25 de maio diante do cabido, unha multitude esixe a destitución do vicerrei e a formación dunha nova xunta cuxos membros serían os dunha lista xa redactada. Ante isto, Cisneros renunciou e quedou establecida a primeira xunta patria que foi presidida por Cornelio Saavedra.

  • O 20 de xullo a poboación de Santa Fe de Bogotá sublévase contra as autoridades coloniais españolas, e convoca un cabido aberto antepoñendo as causas iniciadas polo incidente do Floreiro de Llorente. As primeiras medidas son a creación dunha Xunta Suprema do reino de Nova Granada, a liberación do cóengo Andrés María Rosillo, preso polas súas ideas liberais, e a prisión do vicerrei Antonio José Amar y Borbón. A convocatoria do cabido aberto de Santa Fe de Bogotá constitúe o inicio do movemento emancipador de Nova Granada.


  • Miguel Hidalgo, crego da cidade de Dolores Hidalgo, na intendencia mexicana de Guanajuato, decátase de que foi descuberta a conspiración tramada en Querétaro contra as autoridades coloniais e decide proclama-la loita aberta. Así, na primeira misa do 16 de setembro lanza o seu berro de guerra: "Viva América e morra o mal goberno!", "Viva a nosa Santísima Nai de Guadalupe!". Os realistas, máis tarde, oporíanse ó culto da Virxe india e cambiaríanlle o nome polo de Virxe dos Remedios. Logo de tomar Celaya o 22 de setembro, Hidalgo é designado capitán xeneral e asume a dirección política do movemento. Secúndao no mando militar Ignacio Allende. Non tarda Hidalgo en gañarse á maioría dos indios da rexión, que chegarían a sumar uns 50 000 combatentes. A achega indíxena constitúe un trazo singular, non repetido nas loitas pola independencia doutras rexións da América hispana. Trala toma de Guanajuato (o 28 de setembro), Hidalgo declarou abolida a escravitude e os tributos dos indios. Mentres, o vicerrei organiza as súas forzas co apoio da aristocracia hispana e crioula. Perdida Guadalaxara, onde formaran goberno, os líderes patriotas foxen a Zacatecas. Hidalgo, relevado pola súa impericia no mando militar, é capturado con outros xefes en Acatita de Baján o 21 de marzo de 1811. Tras dun xuízo militar fusiláronos en Chihuahua o 30 de xullo de 1811.

  • O 2 de novembro, o presidente estadounidense James Madison, que sucedeu nas eleccións do 4 de marzo de 1809 a Thomas Jefferson, restablece a liberdade de comercio co imperio francés. É unha forma de opoñerse á actitude británica, que está apoiando a rebelión do xefe indio Tecumseh e impón a inspección dos buques estadounidenses, por medio do dereito de visita.


África |



  • Shaka, rei dos zulús que estará no poder ata 1828, funda en África austral un imperio sanguinario, coñecido como Zululandia. Transformará o seu pobo nunha nación militar que, trala súa morte, fundará varios reinos na rexión dos Grandes Lagos. A maioría deles estarán enfrontados no 1879.


Nacementos |



  • 9 de xaneiro - Anna Bishop, soprano británica (m. 1884).


  • 23 de xaneiro - John Rogers Herbert, pintor inglés (m. 1890).


  • 25 de xaneiro - Clarina Irene Howard Nichols, escritora e xornalista americana (m. 1885).


  • 27 de xaneiro - Tomás Gomensoro, presidente de Uruguai (m. 1900)


  • 5 de febreiro - Ole Bull, violinista e compositor noruegués (m. 1880).


  • 8 de febreiro - August Joseph Norbert Burgmüller, compositor e pianista alemán (m. 1836).


  • 8 de febreiro - Alphonse-Louis Constant, máis coñecido como Éliphas Lévi, escritor e ocultista francés (m. 1875).


  • 28 de febreiro - Nicolasa Añón Paz, labrega e poetisa galega, irmá maior de Francisco Añón, nada en Boal (Outes).


  • 1 de marzo - Frédéric Chopin, pianista e compositor polaco (m. 1849).


  • 2 de marzo - León XIII, papa, nado como Vincenzo Gioacchino Pecci (m. 1903).


  • 9 de marzo - Jean-Georges Kastner, compositor francés (m. 1867).


  • 28 de marzo - Alexandre Herculano, escritor, poeta e historiador portugués (m. 1877).


  • 2 de abril - Kaspar Karsen, debuxante e pintor holandés (m. 1896).


  • 8 de abril - Hégésippe Moreau, poeta, escritor e xornalista francés (m. 1838).


  • 17 de abril - Joseph Albert Wright, político e senador americano (m. 1867).


  • 2 de maio - Hans Christian Lumbye, compositor dinamarqués (m. 1874).


  • 4 de maio - Lorenzo Salvi, tenor italiano (m. 1879).


  • 10 de maio - Louis Gallait, pintor belga (m. 1887).


  • 18 de maio - Francesco Maria Piave, libretista de ópera italiano (m. 1876).


  • 8 de xuño - Robert Schumann, mestre e músico alemán (m. 1856).


  • 9 de xuño - Otto Nicolai, compositor alemán (m. 1849).


  • 12 de xuño - David Levy Yulee, político americano (m. 1886).


  • 19 de xuño - Ferdinand David, compositor e violinista alemán (m. 1873).


  • 6 de agosto - Giorgio Ronconi, barítono italiano (m. 1890).


  • 10 de agosto - Camillo Benso, conde de Cavour, político italiano (m. 1861).


  • 10 de agosto - Lorenzo Batlle y Grau, presidente de Uruguai (m. 1887)


  • 18 de agosto - Jules Perrot, coreógrafo e bailarín francés (m. 1892).


  • 28 de agosto - Jaime L. Balmes Urpía, filósofo e teólogo español (m. 1848).


  • 29 de agosto - Juan Bautista Alberdi, político e escritor arxentino (m. 1884).


  • 7 de setembro - Hermann Heinrich Gossen, economista alemán (m. 1858).


  • 27 de setembro - Camillo Tarquini, cardeal xesuíta e arqueólogo italiano (m. 1874).


  • 12 de outubro - Nísia Floresta Brasileira Augusta, educadora, escritora, poeta e feminista brasileira (m. 1885).


  • 17 de outubro - Giovanni Matteo Mario, tenor italiano (m. 1883).


  • 28 de outubro - Adley Hogan Gladden, militar e xeneral norteamericano (m. 1862).


  • 5 de novembro - Alphonso Taft, político norteamericano (m. 1891).


  • 7 de novembro - Ferenc Erkel, pianista e compositor húngaro (m. 1893).


  • 7 de novembro - Fritz Reuter, escritor alemán (m. 1874).


  • 14 de novembro - Hector-Martin Lefuel, arquitecto e enxeñeiro francés (m. 1880).


  • 18 de novembro - Asa Gray, naturista e botánico americano (m. 1888).


  • 20 de novembro - João Lins Vieira Cansanção de Sinimbu, vizconde de Sinimbu, aristócrata e político brasileiro (m. 1906).


  • 28 de novembro - William Froude, enxeñeiro británico (m. 1879).


  • 5 de decembro - Pedro Duro y Benito, empresario español (m. 1886).


  • 11 de decembro - Alfred de Musset, escritor francés (m. 1857)


Data descoñecida |



  • Estrela da Mañá, xefe indio cheyenne (m. 1883).


  • Francisco Fernández Anciles, médico, escritor e político galego (m. 1880).


Mortes |



  • 23 de xaneiro - John Hoppner, pintor e debuxante inglés (n. 1758).


  • 23 de xaneiro - Johann Wilhelm Ritter, físico, químico e filósofo alemán (n. 1776).


  • 29 de xaneiro - Pedro Domingo Murillo, militar e político boliviano (n. 1757).


  • 24 de febreiro - Henry Cavendish, físico e quimico británico. Segundo outras fontes finou o 10 de marzo (n. 1731).


  • 8 de abril - Venanzio Rauzzine, "castrato", compositor e pianista italiano (n. 1746).


  • 26 de xuño - Joseph-Michel Montgolfier, pioneiro francés do voo en globo (n. 1740).


  • 13 de agosto - Jacques-François de Menou, barón de Boussay, xeneral francés (n. 1750).


  • 19 de outubro - Jean-Georges Noverre, coreógrafo e bailarín francés (n. 1727).


  • 26 de novembro - Nicolas Étienne Framery, escritor, poeta, dramaturgo e compositor francés (n. 1745).


  • 27 de novembro - Francesco Bianchi, compositor italiano (n. 1752).


Outros |



Breves |



  • 10 de xaneiro - Francia e Suecia asinan un tratado de paz.


  • 25 de xaneiro - O militar José de San Martín ascende ao cargo de axudante do xeneral Coupigny.


  • 19 de febreiro - Asínase o tratado de comercio e navegación entre Brasil e Inglaterra.


  • 23 de abril - Frederic Chopin recibe o bautismo na igrexa de Brochów.


  • 25 de maio - Revolución de maio na Arxentina.


  • 24 de xuño - O xurisconsulto brasileiro José da Cruz Ferreia é nomeado xuíz da vila de Fortaleza.


  • 10 de xullo - Simón Bolívar viaxa ata Inglaterra.


  • 23 de agosto - En Colombia asínase a acta de independencia de Sogamoso que trae consigo a separación da provincia de Tunja.


  • 9 de setembro - En Arxentina créase a Biblioteca Nacional da República.


  • 17 de setembro - En Colombia unha acta aprobada polo consello permite a creación da Comandancia Xeral da Mariña.


  • 18 de setembro - En Chile realízase a primeira xunta nacional de goberno, nun cabido aberto. Con isto iníciase o primeiro período da independencia chamado "Patria Vieja".


  • 21 de setembro - Na cidade venezolana de Santiago de los Caballeros de Mérida fúndase a Real Universidad de San Buenaventura.


  • 26 de outubro - Nova acta colombiana que permite a creación da Secretaría de Xustiza e Graza.


  • 30 de outubro - En México forzas insurxentes e realistas enfróntanse na batalla do Monte de las Cruces, con vitoria insurxente.


  • 31 de outubro - O naturista bávaro Johann Baptist von Spix, recibe un contrato coma zoólogo da Academia Real das Ciencias alemá[1]


  • 17 de novembro - As xentes de Olinda invaden a vila de Recife. Derruban e saquean varios edificios e monumentos, entre eles o Pelourinho.


  • 2 de decembro - O goberno e a Xunta nacional chilena acordan a creación do primeiro exército nacional.


  • 11 de decembro - En Brasil danse a coñecer as novas instalacións oficiais da vila de Porto Alegre.


  • 19 de decembro - O militar arxentino Manuel Belgrano vence os exércitos paraguaios na batalla de Campichuelo.


  • 31 de decembro - O venezolano Francisco de Miranda é nomeado xeneral dos exércitos de Venezuela.


Notas |




  1. ↑ "Johann Baptist Ritter von Spix" (en alemán). Consultado o 18 de xuño de 2016. 



Véxase tamén |







Outros artigos |


  • Historia ano a ano



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1810&oldid=4661176"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.412","walltime":"0.505","ppvisitednodes":"value":9334,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":93984,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":6947,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":21,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":933,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 320.522 1 -total"," 37.05% 118.743 1 Modelo:Século"," 34.76% 111.407 1 Modelo:Navbox"," 29.96% 96.024 2 Modelo:Infobox"," 27.54% 88.268 1 Modelo:Calendarios_do_mundo"," 14.34% 45.968 1 Modelo:Commonscat"," 13.88% 44.502 2 Modelo:Irmáns"," 13.23% 42.418 1 Modelo:Listaref"," 12.82% 41.090 2 Modelo:Caixa_lateral"," 12.41% 39.788 11 Modelo:Século/anos"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.057","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2453820,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1274","timestamp":"20190329091646","ttl":86400,"transientcontent":true);mw.config.set("wgBackendResponseTime":113,"wgHostname":"mw1248"););

Popular posts from this blog

Is it wise to focus on putting odd beats on left when playing double bass drums?What does the tie across other different notes mean?How to improve right hand picking/strumming technique for electric and acoustic guitar?How fast is the BPM should you start to use double bass pedal?Alternative or more advanced methods for counting rhythmsLost direction in practicing drumsIs there any way at all to tell if these measures are 6/4 vs. 3/2?Why is alberti bass so tiring?How does 'meter' differ from 'rhythm' in music?Rhythm question about piano sheet notationWhy is Bach's Cello Suite 1 written in 16th notes

map list to bin numbersquantilization (if that is a word)Map efficiently over duplicates in listGenerating a list of cubefree numbersIs there an equivalent to MATLAB's linspace?Convert a list of hexadecimal numbers to decimalTaking one list Mod a second listlist of items and group of alternative itemsHow find numbers in this list of inequalities?Selecting list entries with a True False index list of similar lengthReplace element in array by checking condition in another listAttempting to fill a table with the number of elements in each bin and make a table with the elements in the bins?

History of India Contents Prehistoric era (until c. 3300 BCE) Bronze Age – "First urbanisation" (c. 3300 – c. 1800 BCE) Climate change, de-urbanisation, and Indo-Aryan migrations (c.1800 – 1500 BCE) Iron Age - Vedic period (c. 1500 – c. 600 BCE) "Second urbanisation" (c. 600 – c. 200 BCE) Classical to early medieval periods (c. 200 BCE – c. 1200 CE) Late medieval period (c. 1200 – 1526 CE) Early modern period (c. 1526–1858 CE) Modern period and independence (after c. 1850 CE) Historiography See also References Further reading External links Navigation menureviewedee[update]The crisisThe Evolution and History of Human Populations in South Asia: Inter-disciplinary Studies in Archaeology, Biological Anthropology, Linguistics and GeneticsThe Ancient Indus: Urbanism, Economy, and Society"Indus River Valley Civilizations"The Ancient Indus: Urbanism, Economy, and Society"India before the British: The Mughal Empire and its Rivals, 1526–1857"Why Europe Grew Rich and Asia Did Not: Global Economic Divergence, 1600–1850Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical StatisticsDeveloping cultures: case studiesEthnic Groups of South Asia and the Pacific: An Encyclopedia: An Encyclopedia"Indian Economy During British Rule""Economic Impact of the British Rule in India | Indian History"The Bone Readers: Science and Politics in Human Origins Research"Out of Africa: new hypotheses and evidence for the dispersal of Homo sapiens along the Indian Ocean rim"10.3109/0301446100363924920334598"Genetic and archaeological perspectives on the initial modern human colonization of southern Asia"2013PNAS..11010699M10.1073/pnas.1306043110369678523754394"Edakkal Caves|Places Around in Wayanad"Protecting megaliths to keep history alive The Hindu daily"Archaeologists rock solid behind Edakkal Cave"The Global Prehistory of Human Migration"Indus Valley 2,000 years older than thought"the original"Stepwells -Cosmology of Subterranean Architecture as seen in Adalaj"A History of Ancient and Early medieval India : from the Stone Age to the 12th century"Stone celts in Harappa"the original"Peoples and languages in pre-islamic Indus valley"the original"The Sindhi language"the originalThe Aryan chromosome"Fluvial landscapes of the Harappan Civilization"2012PNAS..109E1688G10.1073/pnas.1112743109338705422645375"Is River Ghaggar, Saraswati? Geochemical Constraints""An Ancient Civilization, Upended by Climate Change""Huge Ancient Civilization's Collapse Explained"2003GeoRL..30.1425S10.1029/2002GL0168222006QSRv...25.1283M10.1016/j.quascirev.2005.10.0122011QuInt.229..140M10.1016/j.quaint.2009.11.012Climate Change and the Course of Global History: A Rough JourneyA History of Ancient and Early Medieval India: From the Stone Age to the 12th CenturyA History of Ancient and Mediaeval India: From the Stone Age to the 12th CenturyAntennae SwordA History of IndiaA History of IndiaAn Introduction to Hinduism"India: The Late 2nd Millennium and the Reemergence of Urbanism"The Coinage of Ancient IndiaA Sanskrit reader: with vocabulary and notesPedigree: the origins of words from nature"Early Sanskritization. Origins and Development of the Kuru State"10.11588/ejvs.1995.4.823The Sanskrit epics, Part 2The City in South AsiaThe UpanishadsAn Introduction to HinduismReligions of the World, Second Edition: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and PracticesA History of Ancient and Early Medieval India: From the Stone Age to the 12th CenturyEarly India: From the Origins to AD 1300Republics in ancient Indiapp. 83ff"Magadha Empire""Lumbini Development Trust: Restoring the Lumbini Garden"the originalThe great armies of antiquityarchived"The Achaemenid Persian Empire (550–330 B.C.)""East–West Orientation of Historical Empires"1076-156X"Dinner on the Grand Trunk Road"10.2307/32502263250226"Silappathikaram Tamil Literature"the originalManimekalai – English transliteration of Tamil originalIndian Temple Architecture: Form and Transformation : the Karṇāṭa Drāviḍa Tradition, 7th to 13th CenturiesBuddhist ArchitectureA History of India"The World Economy (GDP) : Historical Statistics by Professor Angus Maddison"The World Economy – Volume 1: A Millennial Perspective and Volume 2: Historical Statistics10.2307/32502140004-36483250214A Comprehensive History of India: Volume 2Between the Empires: Society in India, 300 to 400Emergence of Viṣṇu and Śiva Images in India: Numismatic and Sculptural Evidence"Parthian Pair of Earrings"the originalThe Medical Times and Gazette, Volume 1Greatest emporium in the worldThe Cambridge History of Ancient China: From the Origins of Civilization to 221 BCBuddhist Records of the Western WorldArchaeology in Soviet Central AsiaThe Grandeur of Gandhara: The Ancient Buddhist Civilization of the Swat, Peshawar, Kabul and Indus ValleysIndian Sculpture: Circa 500 B.C.-A.D. 700"The History of Pakistan: The Kushans"Gupta Dynasty – MSN Encartathe original"India – Historical Setting – The Classical Age – Gupta and Harsha""Gupta Dynasty, Golden Age Of India"the original"The Age of the Guptas and After"the originalNumber Theory and Its History"Gupta dynasty (Indian dynasty)""Gupta dynasty: empire in 4th century"the original"The Story of India – Photo Gallery"The ASI say499315420"Pallava script"p. 145"CNG: eAuction 329. INDIA, Post-Gupta (Ganges Valley). Vardhanas of Thanesar and Kanauj. Harshavardhana. Circa AD 606–647. AR Drachm (13mm, 2.28 g, 1h)""Harsha""Sthanvishvara (historical region, India)""Harsha (Indian emperor)"Shyama Kumar Chattopadhyaya (2000) The Philosophy of Sankar's Advaita VedantaShankara's IntroductionShankara's Introduction19373677Shankara's IntroductionIs The Buddhist 'No-Self' Doctrine Compatible With Pursuing Nirvana?The Seven Spiritual Laws Of YogaIndia: The Ancient Past. A History of the Indian-Subcontinent from 7000 BC to AD 1200The Kashmir Series: Glimpses of Kashmiri Culture – Vivekananda Kendra, Kanyakumari (p. 57).Al-Hind: Early Medieval India and the Expansion of Islam, 7th–11th CenturiesHistory of GopāchalaLand of Two Rivers: A History of Bengal from the Mahabharata to MujibEuropean Trade and Colonial ConquestA History of IndiaA Comprehensive History Of Ancient India (3 Vol. Set)"The Last Years of Cholas: The decline and fall of a dynasty"the originalFascinating Hindutva: Saffron Politics and Dalit MobilisationGazetteer of the province of OudhAl- Hind: The slave kings and the Islamic conquest. 2"Shahi Family"The Cambridge history of Islam"Ameer Nasir-ood-deen Subooktugeen"Gazetteer of the Attock District, 1930, Part 1Land of seven rivers: History of India's GeographyTemple Desecration and Indo-Muslim StatesIslam in South Asia: A Short HistoryBeyond Orientalism: The Work of Wilhelm Halbfass and Its Impact on Indian and Cross-cultural StudiesThe Making of Terrorism in Pakistan: Historical and Social Roots of ExtremismOrnament in Indian ArchitectureA historical review of Hindu India: 300 B.C. to 1200 A.D."Indian States and Union Territories"Islam in South Asia: A Short HistoryA Brief History of the Indian PeoplesThe Modern ReviewDelhi Sultanate"Battuta's Travels: Delhi, capital of Muslim India"the original"Timur – conquest of India"the originalIndia HandbookBhaktiThe Four Denomination of Hinduism10.1007/s11407-008-9049-925691067"Vijayanagara Research Project::Elephant Stables"10.2307/26465262646526Historical Dictionary of the TamilsBihar General Knowledge DigestMapping Bihar: From Medieval to Modern TimesPopular Literature and Pre-modern Societies in South AsiaA manual of the Kistna district in the presidency of MadrasAncient Indian History and CivilizationFragmented Memories: Struggling to be Tai-Ahom in India"The Islamic World to 1600: Rise of the Great Islamic Empires (The Mughal Empire)"the originalDynasties: A Global History of Power, 1300–1800, p. 105"Whose fort is it anyway"10.1111/0020-8833.000532600793Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical Statistics"India's Deindustrialization in the 18th and 19th Centuries"The Mughal Empire, p. 190"The Long Globalization and Textile Producers in India"The Mughal World: Life in India's Last Golden AgeAurangzeb: The Life and Legacy of India's Most Controversial KingIn the Shadow of the Taj: A Portrait of Agra"Iran in the Age of the Raj"p. 8610.2307/20539802053980Delhi, the Capital of IndiaAn Advanced History of Modern India"Journal of the Tanjore Maharaja Serfoji's Sarasvati Mahal Library"The Rediscovery of India: A New SubcontinentIslamic Renaissance In South Asia (1707–1867) : The Role Of Shah Waliallah & His SuccessorsAn Advanced History of Modern IndiaThe Great Maratha Mahadaji Scindia"Full text of "Selections from the papers of Lord Metcalfe; late governor-general of India, governor of Jamaica, and governor-general of Canada""The Discovery Of IndiaThe Sacred City of the Hindus: An Account of Benares in Ancient and Modern TimesResurrecting Banaras: Urban Space, Architecture and Religious BoundariesFaith & Philosophy of Sikhism"Missiles mainstay of Pak's N-arsenal"History Modern India By S.N. Sen"Sirajuddaula"ArchivedLongman History & Civics (Dual Government in Bengal)Madhya Pradesh National Means-Cum-Merit Scholarship Exam (Warren Hasting's system of Dual Government)A Military History of Britain: from 1775 to the PresentIndian Cultural Heritage Perspective For TourismHindu Rulers, Muslim Subjects: Islam, Rights, and the History of KashmirIndian HistoryAn Atlas and Survey of South Asian HistoryAn Historical Account of the British Trade Over the Caspian SeaIndian Merchants and Eurasian Trade, 1600–1750The Indian diaspora in Central Asia and its trade, 1550–1900From Constantinople to the home of Omar Khayyam: travels in Transcaucasia and northern Persia for historic and literary researchA journey from Bengal to England: through the northern part of India, Kashmire, Afghanistan, and Persia, and into Russia, by the Caspian-SeaA Second Journey through Persia, Armenia, and Asia Minor, to Constantinople, between the Years 1810 and 1816Reports from the consuls of the United States, 1887Portugal and its Empire, 1250–1800 (Collected Essays in Memory of Glenn J. Ames).: Portuguese Studies Review, Vol. 17, No. 1The Dutch Power in Kerala, 1729–1758http://mod.nic.inArchivedDossier Goa – A Recusa do Sacrifício InútilAn Imperial Crisis in British India: The Manipur Uprising of 1891The Truth of Babri Mosque"Kolkata (Calcutta) : History"the original"Robert Clive, Baron Clive, 'Clive of India', 1725–1774""The Transformation from a Pre-Colonial to a Colonial Order: The Case of India"10.2307/25955872595587A versatile geniusArchived10.1109/MWSYM.1997.602854"Rabindranath Tagore on Education"the original"Essay on 'Derozio and the Young Bengal Movement'"Poverty and Famines: An Essay on Entitlement and Deprivation"Plague"the originalPopulation Growth and Land Use"Reintegrating India with the World Economy""Census Of India 1931"A history of modern India, 1480–1950"'India's well-timed diversification of army helped democracy' | Business Standard News"Bal Gangadhar Tilak: Struggle for Swaraj"Participants from the Indian subcontinent in the First World War""Commonwealth War Graves Commission Annual Report 2007–2008 Online"the original1462689197110.1017/s0010417500016534178920Eurocentrism: a marxian critical realist critique"Ranjit Guha, "On Some Aspects of Historiography of Colonial India""10.2307/2168385216838510.7202/016593ar"Harvard scholar says the idea of India dates to a much earlier time than the British or the Mughals""In The Footsteps of Pilgrims""India's spiritual landscape: The heavens and the earth""India: A Sacred Geography by Diana L Eck – review"Modern India: The Origins of an Asian Democracy10.2307/21694222169422964322464"The Indian Subcontinent and 'Out of Africa 1'"254043308Encyclopedia of World ReligionsThe Evolution and History of Human Populations in South Asia: Inter-disciplinary Studies in Archaeology, Biological Anthropology, Linguistics and Genetics"The Early Paleolithic of the Indian Subcontinent: Hominin Colonization, Dispersals and Occupation History"Ancient Indian History and CivilizationAncient Indian Social History: Some Interpretationsthe originalIndia Before EuropeA Concise History of Modern India"The beginning of the historical period, c. 500–150 BCE"full textA History of Indiathe originalexcerpt and text searchexcerptexcerptAn Economic History of India: From Pre-Colonial Times to 1991excerpt and text searchexcerpt and text searchIndia as known to the ancient world10.1111/j.1468-0289.1985.tb00391.x2597191onlineThe History of India, as told by its own historians. The Muhammadan Periodonline editionHans William Brown research collection on 19th-century missionary work in India, 1882–1932, Ms. Coll. 1033, Kislak Center for Special Collections, Rare Books and Manuscripts, University of Pennsylvaniaee