Skip to main content

Xosé Fernández Neira Índice Traxectoria Obra Véxase tamén eProezas de GaliciaPapés d'emprenta condenada IIHistoria xeral da literatura galegaEdición de 1810edición de 1893

Coruña1790galegoXunta Suprema do Reino de GaliciaMarqués de la Romanaloita contra o exército francésXestaLalínMonforte de LemosBorraxeirosAgoladaAmoeiro18141820InquisiciónDeputación da Coruña18231810Andrés Martínez SalazarRomán NavarroUrbano GonzálezEditorial de los Bibliófilos Gallegos






Abrir o menú principal



Wikipedia












Xosé Fernández Neira


escritor e militar galego









function mfTempOpenSection(id)var block=document.getElementById("mf-section-"+id);block.className+=" open-block";block.previousSibling.className+=" open-block";


José Fernández y Neira, nado na Coruña en 1790, foi un escritor e militar galego.












Xosé Fernández Neira

José Fernández y Neira en Album Galicia, 1908.jpg
José Fernández y Neira en Album Galicia, 1908

Nacemento1790
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupación
militar e escritor
Coñecido/a porProezas de Galicia
[ editar datos en Wikidata ]

Índice






Traxectoria



Foi secretario da Xunta Suprema do Reino de Galicia trala invasión francesa, foi adscrito á contadoría da Fábrica de Tabacos da Palloza da Coruña. Coa chegada dos franceses a Galicia converteuse en guerrilleiro, percorreu Galicia incitando os galegos á rebelión. Uniuse ao Marqués de la Romana na súa loita contra o exército francés. A súa primeira fazaña militar tivo como escenario a parroquia da Xesta (Lalín), onde se apoderou do correo diplomático que o gobernador interino de Santiago lle enviaba ao de Ourense, e entregoullo á Xunta subalterna de Monforte de Lemos. Ferido en campaña, incorporouse á administración galega, sendo destinado, en xuño de 1809, a administrar os hospitais da Torre, en Borraxeiros (Agolada) e o de Gaión, en Amoeiro, e en xullo volveu encargarse da contadoría da Fábrica de Tabacos da Palloza.



 


Proezas de Galicia (PDF).


Liberal exaltado, exiliouse en 1814. Retornou en 1820 e a Xunta de Galicia encomendoulle comisións como a liquidación das rendas da Inquisición, ocupación das temporalidades do arcebispo por abandonar a diocese, ocupación e administración dos bens dos realistas fuxidos. En recompensa, a Xunta nomeouno oficial primeiro da Deputación da Coruña. En 1823 foi depurado e suspenso de emprego e soldo ata 1825, ano en que volveu ao seu posto na administración de facenda.





Obra



Escribiu, como propaganda bélica, a primeira obra de autor coñecido en galego da época contemporánea, as Proezas de Galicia, explicadas bajo la conversación rústica de los dos compadres, Chinto y Mingote (1810), que foi reeditada por Andrés Martínez Salazar en 1893, con ilustracións de Román Navarro e Urbano González. Con esta obra perseguía a excitación dos galegos contra os galos, e dá por válidos e, mesmo merecentes de gabanza, toda clase de métodos de loita contra eles. Empregou un galego moi fluído e cheo de rexistros propios da lingua oral, con exclamacións, expresións populares, apelacións e cortes sintácticos. En 1984 foi reeditada, de novo, dentro da colección da Editorial de los Bibliófilos Gallegos.





Véxase tamén




Bibliografía




  • Proezas de Galicia en Papés d'emprenta condenada II, 2012, Consello da Cultura Galega.


  • "Fernández Neira, Xosé". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 77. 


  • Couceiro Freijomil, Antonio (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. pp. 59–60. 


  • Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 147–148. ISBN 84-7492-465-0. 


  • Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. p. 109. ISBN 84-95350-79-3. 


  • Vilanova, Alberto (2005). "Fernández Neira, José". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 



Outros artigos


  • Proezas de Galicia


Ligazóns externas



  • Proezas de Galicia: Edición de 1810 e edición de 1893 Real Academia Galega.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Xosé_Fernández_Neira&oldid=4712328"







Wikipedia


Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 3.0, agás que se indique o contrario.








(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.340","walltime":"0.448","ppvisitednodes":"value":3136,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":22591,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":919,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":2,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":3,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 391.347 1 -total"," 48.40% 189.398 1 Modelo:Biografía"," 46.50% 181.963 1 Modelo:Infobox"," 31.95% 125.033 26 Modelo:Propiedade"," 22.58% 88.375 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 18.97% 74.257 4 Modelo:Cita_libro"," 5.38% 21.036 1 Modelo:Commonscat"," 4.80% 18.766 2 Modelo:Irmáns"," 3.87% 15.130 2 Modelo:Caixa_lateral"," 3.25% 12.715 1 Modelo:Se_é_muller"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.210","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4275058,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1262","timestamp":"20190319052240","ttl":2592000,"transientcontent":false););(window.NORLQ=window.NORLQ||[]).push(function()var ns,i,p,img;ns=document.getElementsByTagName('noscript');for(i=0;i-1)img=document.createElement('img');img.setAttribute('src',p.getAttribute('data-src'));img.setAttribute('width',p.getAttribute('data-width'));img.setAttribute('height',p.getAttribute('data-height'));img.setAttribute('alt',p.getAttribute('data-alt'));p.parentNode.replaceChild(img,p);});(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":164,"wgHostname":"mw1256"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Is 1 ppb equal to 1 μg/kg? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How to determine the concentration after a dilution with Beer's law?What would be SMILES notation for a compound with delocalized bonding?Amount of substance of a molecule in a solute the same as amount of substance of constituent elements?Interpreting notation format 1.64E-02 from particulate emission dataWhat was the lithium concentration in 1940's 7-Up?Why are osmoles not considered SI units?Why is Ka constant when volume is increased?Should residual sodium be considered in measuring sodium content of sweat?Concentration of mercury in bodyConversion from a PPB value to µg/m3 of Isobutylene

Can multiple values be entered for one axis in a /testfor? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)What can I use the /testfor command In MinecraftPossible to add multiple enchantments in one try?Testfor multiple dropped itemsminecraft-commands: Multiple commands on one line?Test for range of values in a datatag using testforblockTestfor command for a blockHow would one testfor a block placed?Problem with multiple commands in one Command Block/testfor valuesAdding multiple values of the same scoreboard to a target slector