Skip to main content

Urbano González Índice Traxectoria | Obra bibliográfica | Recoñecementos | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegacióne"Necrología. Urbano González Varela"1576-87673-3-1949CantaresIlustradores galegos de preguerra (1880-1936)Literatura gallegaPáxina web en memoria de Urbano González VarelaArtigos de González Varela na hemeroteca virtual da RAGCompendio de bibliografíaurbano-gonzalez-varela

Pintores de Galicia do século XIXGalegos de CubaEscritores de Galicia en lingua galegaEscritores de Galicia en lingua casteláNados en Santiago de CompostelaNados en 1868Finados en 1906Membros correspondentes da Real Academia GalegaPintores de Galicia coa obra no dominio públicoEscritores de Galicia coa obra no dominio públicoPoetas en lingua casteláPoetas de GaliciaDramaturgos de GaliciaDramaturgos en lingua galegaIlustradores de Galicia


Santiago de Compostela3 de marzo186824 de abril1906Manuel Lugrís FreireCubaCasto PlasenciaCova CélticaAcademia de Belas Artes da Coruñaobra de teatroversoxogos floraisTuidramaUniversidade de Santiago de CompostelaJosé María FenolleraOvidio Murguía












Urbano González




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura


















Urbano González
Urbano González Varela.png
Nacemento
3 de marzo de 1868
 Santiago de Compostela
Falecemento
24 de abril de 1906
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Ocupación
pintor, escritor e xornalista
CónxuxeCarmen García Arbuthnot
FillosCarmen González García
Urbano González Varela, firma.svg
[ editar datos en Wikidata ]

Urbano González Varela, nado en Santiago de Compostela o 3 de marzo de 1868 e finado prematuramente na mesma cidade o 24 de abril de 1906, foi un pintor, escritor e xornalista galego.[1]




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Obra bibliográfica


  • 3 Recoñecementos


  • 4 Galería de imaxes


  • 5 Notas


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Bibliografía


    • 6.2 Outros artigos


    • 6.3 Ligazóns externas





Traxectoria |


Fillo de Secundino González Valdés e Patrocinio Varela e irmán de Pura González Varela, que en 1902 casou con Manuel Lugrís Freire. Iniciou os seus estudos en Santiago de Compostela. Emigrou sendo mozo a Cuba e estudou na Academia de Belas Artes San Jorge da Habana e na de Arquitectura de Nova York e en Madrid co pintor Casto Plasencia. Pertenceu á Cova Céltica, faladoiro de intelectuales galeguistas. Foi profesor das Escolas de Artes da Coruña e Santiago de Compostela. Foi académico, co número 58, da Academia de Belas Artes da Coruña. Pertenceu á primeira xunta directiva de La Voz de Galicia, do que foi o primeiro director de arte e redactor e colaborou en Revista Gallega, Eco de Galicia, El Noroeste, El Alcance, Extracto de Literatura e Pasatiempos. Obtivo o premio á mellor obra de teatro en verso en galego nos primeiros xogos florais celebrados en Tui o 24 de xullo de 1891 por "Amor e meiguería". Deixou un drama inédito titulado Contagio. Foi fundador e primeiro presidente da Asociación da Prensa da Coruña. Morreu recluído nun sanatorio psiquiátrico.[2]





Cantares, 1888.


Como pintor foi iniciador das pinturas do teito do paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, que rematou José María Fenollera. Entre as súas obras pictóricas figuran "La primera labor", "Retrato de una vieja" (dedicado a Ovidio Murguía), "Vista de la catedral de Santiago", "Retrato del general García Reboredo", "Retrato yacente de Casto Plasencia" e "El viejo de la zanfona".



Obra bibliográfica |



  • Cantares, 1888, poemas en castelán.[3]


  • Amor e meiguería, 1891, comedia en galego nun acto en verso.

  • Ilustracións, en 1893, da reedición das Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira, canda Román Navarro.


  • Entre luces, 1900, Biblioteca de autores gallegos, contos en castelán.


  • Estudio sobre Gregorio Hernández, ensaio.


  • Contagio, drama, inédito.


Recoñecementos |


O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa en 2010.[4]



Galería de imaxes |



Notas |




  1. "Necrología. Urbano González Varela". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (1): 12–14. 1906. ISSN 1576-8767. 


  2. La Noche, 3-3-1949, p. 1.


  3. Cantares en Galiciana. Biblioteca de Galicia.


  4. "Urbano González, Juan Cancelo y E. Merino entran en el callejero". El Ideal Gallego (en castelán). 8 de xullo de 2010. 



Véxase tamén |



Bibliografía |




  • "González Varela, Urbano". Diccionario enciclopédico galego universal 31. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 48. ISBN 84-7680-429-6. 


  • "González Varela, Urbano". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 180. 


  • "González Varela, Urbano". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 997. ISBN 978-84-8288-942-9. 


  • "González Varela, Urbano". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 55. ISBN 84-7680-288-9. 


  • Bangueses Vázquez, Mercedes (2010). Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936). IEV. ISBN 978-84-89599-44-4. 


  • Carballo Calero, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. ISBN 84-7154-227-7. 


  • Carré Aldao, Eugenio (1911). Literatura gallega (en castelán). Barcelona: Maucci. 


  • Couceiro Freijomil, A. (1951-53). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. pp. 199–200. 


  • Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 199. ISBN 84-7492-465-0. 


  • Lourenzo, Manuel; Pillado Mayor, F. (1979). O teatro galego. Sada: Ediciós do Castro. 


  • Vilanova, A. (2005). "González Varela, Urbano". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8. 


  • Vilavedra, D., ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Galaxia. p. 277. ISBN 84-8288-019-5. 



Outros artigos |






  • Cova Céltica

  • Román Navarro

  • José María Fenollera


Ligazóns externas |


  • Irmáns Cabeza de León-González Varela: Páxina web en memoria de Urbano González Varela (en castelán).

  • Artigos de González Varela na hemeroteca virtual da RAG

  • Compendio de bibliografía




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Urbano_González&oldid=4835981"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.484","walltime":"0.614","ppvisitednodes":"value":3584,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":38500,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1393,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":1,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":6322,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":2,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 538.145 1 -total"," 47.03% 253.067 1 Modelo:Biografía"," 45.64% 245.597 1 Modelo:Infobox"," 31.59% 170.011 26 Modelo:Propiedade"," 15.97% 85.921 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 11.97% 64.391 1 Modelo:Listaref"," 8.21% 44.194 1 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 7.16% 38.553 8 Modelo:Cita_libro"," 4.96% 26.716 1 Modelo:Se_é_muller"," 4.73% 25.479 1 Modelo:Commonscat"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.274","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4558878,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1334","timestamp":"20190315115829","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":145,"wgHostname":"mw1262"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Is 1 ppb equal to 1 μg/kg? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How to determine the concentration after a dilution with Beer's law?What would be SMILES notation for a compound with delocalized bonding?Amount of substance of a molecule in a solute the same as amount of substance of constituent elements?Interpreting notation format 1.64E-02 from particulate emission dataWhat was the lithium concentration in 1940's 7-Up?Why are osmoles not considered SI units?Why is Ka constant when volume is increased?Should residual sodium be considered in measuring sodium content of sweat?Concentration of mercury in bodyConversion from a PPB value to µg/m3 of Isobutylene

What does “fit” mean in this sentence? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How does 'jealousy' mean 'suspicion'?What does “not so say” mean?Does “somebody of my caliber” mean the speaker themselves?“accounting for high fasting blood glucose”- help about the meaningWhat does “cloaked by NDA” mean in this context?What does it mean by 'community ownership' in this context?What does “human corroborators” mean in this context?What does “everything but a fire” mean in this context?What does “run” mean here?What does “rabbited” mean/imply in this sentence?