Skip to main content

Anel Único Índice Descrición | Historia do Anel | Véxase tamén | Menú de navegación

Artefactos de Arda


artefactolegendariumJ. R. R. TolkienSauronSegunda Idadepobos libres da Terra MediaEregionCelebrimborAneis de PoderMonte do DestinopodervontadevolcánOrodruinElfosxemaTengwarLingua NegraMordorHomesNazgûlCalaquendiGlorfindelRei BruxoBatalla de FornostvaoBruinenValfendidoGandalfElrondGaladrielTom Bombadiltriloxía d'O Señor dos AneisPeter JacksonBilbo BulseiroFrodo BulseiroSamJens HansenNelsonNova ZelandiaMordorTengwarAneis de PoderElfosCelebrimborTres AneisSeñores AnanosHomes MortaisSeñor EscuroMordorIsildurá súa morteBilbo BulseiroFrodoGuerra dos Elfos e SauronEregionCelebrimborTar-MinastirGil-galadAr-PharazônUmbarsacrificio humanoCaída de NúmenorÚltima Alianza de Elfos e HomesIsildurAnduinCampos LedosTerceira IdadeHobbitRexoDéagolSméagolGollumMontañas BretemosasBosque EscurocavernasXogo de AdiviñasOrcosananosComarcaTerceira IdadeFrodoTorre EscuracompañeirosValfendidoMonte do DestinoElarañaCirith Ungol












Anel Único




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura





O Anel Único


O Anel Único, tamén coñecido como o Anel Dominante, o Grande Anel de Poder, O Anel, meu precioso, ou A Ruína de Isildur, é un artefacto do legendarium de J. R. R. Tolkien. O relato da misión emprendida para destruír o Anel está recollido na novela de Tolkien O Señor dos Aneis, ao igual que a maior parte da historia do Anel.




Índice





  • 1 Descrición

    • 1.1 Inscrición



  • 2 Historia do Anel


  • 3 Véxase tamén

    • 3.1 Outros artigos





Descrición |


O Anel Único foi creado polo Señor Escuro Sauron durante a Segunda Idade para facerse co dominio dos pobos libres da Terra Media. Baixo o disfrace de Annatar, ou "Señor dos Dons", axudou os ferreiros élficos de Eregion e o seu líder Celebrimbor a crear os Aneis de Poder. Despois el mesmo forxou o Anel Único nos lumes do Monte do Destino. A súa intención era que fose o máis poderoso de todos os Aneis, capaz de gobernar e controlar os outros (sempre que os seus donos os levasen postos). Dado que os outros Aneis eran inmensamente poderosos, Sauron viuse na obriga de insuflar nel a maior parte do seu poder, forza vital e vontade innatos para atinxir o seu propósito. Como efecto secundario disto, mentres o Anel existise sería imposíbel expulsar ao seu creador do plano dos mortais. O risco para Sauron era que se perdese o Anel, tamén el perdería unha considerábel cantidade do seu poder, e se for destruído, quizais mesmo a súa vida.


O Anel semellaba estar feito de simple ouro, mais debido ao inmenso poder contido nel, era inmune a calquera dano. O único xeito de destruílo era arrebolándoo ao foxo do volcán Orodruin, onde fora forxado en orixe. Ao igual que os aneis menores forxados polos Elfos a xeito de "ensaios para o perfeccionamento da arte" (e á diferenza dos demais Aneis de Poder), non levaba ningunha xema incrustada, mais podía ser identificado cunha simple (aínda que pouco coñecida) proba: ao se quentar, amosaba unha ardente inscrición Tengwar na Lingua Negra de Mordor. As liñas acabaron incluídas nunha rima popular que describía os Aneis, mais resultaba evidente que eran parte do feitizo usado para infundir o poder no Anel Único, posto que os elfos ouviron a Sauron pronunciar esas mesmas palabras durante a creación do Anel; este foi o motivo polo cal quitaron os seus propios aneis e frustraron o seu plan.


Cando unha persoa puña o Anel, era parcialmente transportada desde a esfera física á esfera espiritual. Alí, se era quen de someter de maneira consciente a vontade do Anel coa súa propia, podería controlar os poderes que tiña Sauron antes de perder o artefacto, especialmente o de gobernar e escravizar as vontades alleas. Un dos efectos secundarios do Anel (e normalmente o primeiro en ser percibido) era o feito de facer que aquel que o levaba posto resultase invisíbel para os seres físicos, como os Homes viventes, mais moi visíbel para os seres espirituais, como os Nazgûl; alén diso, anubraba a súa vista e agudizaba o seu ouvido. Este "mundo espiritual" era onde os Nazgûl estaban condenados a vivir permanentemente, mais tamén era o mundo no que os Calaquendi (Elfos da Luz) posuían un grande poder: é por isto que Glorfindel foi capaz de escorrentar o Rei Bruxo na Batalla de Fornost e de novo máis adiante no vao de Bruinen en Valfendido.


Outro aspecto da natureza do Anel era que corrompía ao seu portador de maneira lenta mais inexorábel, independentemente das súas intencións ao respecto. Descoñécese se este efecto foi introducido especificamente como parte da maxia do Anel ou se se debe sinxelamente á súa maligna orixe (cabería esperar que Sauron dotase o seu Anel Único dunha propiedade así, aínda que por outra banda probabelmente pensaba ser o único en usalo). Por este motivo os Sabios, incluídos Gandalf, Elrond e máis Galadriel, rexeitaron usalo na súa propia defensa, e resolveron que cumpría destruílo.


O enigmático Tom Bombadil non se vía afectado polo Anel. Isto podería explicarse de diversas maneiras. (Véxase o artigo acerca de Tom Bombadil, que inclúe varias teorías.)


Na triloxía d'O Señor dos Aneis de Peter Jackson, represéntase á persoa que leva posto o Anel como movéndose nun mundo de sombras onde todo está distorsionado. Nin Bilbo Bulseiro nin Frodo Bulseiro mencionaron nunca este fenómeno, mais cando Sam pon o Anel ao final d'As Dúas Torres, si experimenta algo similar. Esta é a única vez que se menciona nos libros, e podería atribuírse ao crecente poder de Sauron. Sam nunca puxo o Anel no filme de Peter Jackson. O Anel real usado nos filmes foi deseñado e creado polo ourive Jens Hansen en Nelson, Nova Zelandia.



Inscrición |


A inscrición do Anel está na Linga Negra, a linguaxe ficticia de Mordor, na escritura artificial do Tengwar. Simboliza o poder do Anel Único para controlar os demais Aneis de Poder.


Normalmente o Anel Único ten un aspecto sinxelo e sen trazos distintivos, mais ao ser quentado no lume aparece a inscrición en caracteres ardentes tanto por dentro como por fóra del. No Libro I, Capítulo 2 d' A Irmandade do Anel, "A Sombra do Pasado", aparece unha ilustración da inscrición, cando é lida por Gandalf:


Ash nazg durbatulûk, ash nazg gimbatul, ash nazg thrakatulûk, agh burzum-ishi krimpatul.


O ouviren estas palabras fai que todos os presentes no Consello treman. Os Elfos cobren tamén as orellas coas mans, xa sexa polo seu odio cara a Sauron ou pola dor real que causan estas verbas.


A súa tradución aproximada é a seguinte:


Un anel para gobernalos a todos, un anel para atopalos, un anel para atraelos a todos e atalos nas tebras


Ao forxar o Anel, Sauron pronunciou estas verbas en voz alta, e Celebrimbor, creador dos Tres Aneis dos Elfos, ouviuno desde lonxe e soubo así dos seus propósitos.


A inscrición usa caracteres élficos porque todas as formas de escritura que Tolkien describe para esa época foran inventadas polos Elfos.


As primeiras catro liñas da estrofa presentan tres das razas que habitan a Terra Media, así como o personaxe que dá nome á obra, O Señor dos Aneis:



Tres aneis para os Reis dos Elfos baixo o ceo

Sete para os Señores Ananos nas súas salas de pedra

Nove para os Homes Mortais condenados a morrer

Un para o Señor Escuro no seu trono Escuro

na Terra de Mordor, onde se estenden as Sombras

Un anel para gobernalos a todos, un anel para atopalos,

un anel para atraelos a todos e atalos nas tebras,

na Terra de Mordor, onde se estenden as Sombras.



Gandalf descubriu a inscrición do Anel ao ler o relato que escribira Isildur antes de marchar ao norte cara á súa morte e á perda do Anel. Cando Isildur cortara o Anel da man de Sauron, ardía de calor, polo que puido transcribir a inscrición antes de que esta se esvaecese.


Cando posteriormente Gandalf quentou o anel que Bilbo Bulseiro atopara e legara a Frodo, a inscrición volveu aparecer, e ao mago non lle coubo xa ningunha dúbida de que se trataba do Anel Único.



Historia do Anel |


Tras forxalo (ao redor de 1600 S.I.), Sauron esgrimiu o Anel e fixo a guerra contra todo aquel que se lle opuña, en concreto os Elfos (isto coñécese como a Guerra dos Elfos e Sauron). Ao primeiro a guerra foi favorábel para Sauron, e Eregion foi destruído xunto con Celebrimbor, o creador dos demais Aneis de Poder. No entanto, máis adiante (ao redor de 1700 S.I.) Tar-Minastir e Gil-galad conduciron un grande exército á Terra Media e acabaron coas hostes de Sauron, obrigándoo a volver para Mordor.


No ano 3261 S.I., Ar-Pharazôn, o derradeiro e o máis poderoso dos reis de Númenor, desembarcou en Umbar encabezando un xigantesco exército, para presentarlle batalla a Sauron. O descomunal tamaño e poder do exército numenoriano abondou para pór en fuga as forzas de Sauron. Sauron rendeuse ante Ar-Pharazôn e foi levado de volta para Númenor como prisioneiro. Nunha carta escrita en 1958 (#211) Tolkien escribiu que a rendición foi "voluntaria e astuta", para poder entrar en Númenor. Após 1.500 anos de loita contra Sauron, os Elfos non revelaran nunca aos numenoreanos a existencia do Anel Único nin dos Aneis de Poder, polo que Ar-Pharazôn non estaba ao tanto del. Grazas a el, Sauron foi quen de usar o medo á morte dos numenoreanos para volvelos na contra dos Valar, e convertelos ao culto de Melkor e ao sacrificio humano.


Aínda que o corpo de Sauron quedou destruído na Caída de Númenor, o seu espírito puido transportar o Anel até a Terra Media, onde o esgrimiu na súa renovada guerra contra a Última Alianza de Elfos e Homes entre os anos 3429 e 3441. Tolkien escribiu: "Creo que non é de estrañar que este espírito levase o Anel Único, do cal dependía agora en grande medida o seu poder para dominar as mentes". (carta #211).


O Anel foi cortado da man de Sauron por Isildur nas ladeiras do Monte do Destino, quen a súa vez o perdeu no Río Anduin (na altura dos Campos Ledos) xusto antes de morrer nunha emboscada de Orcos (ano 2 da Terceira Idade). O Anel permaneceu oculto no leito do río durante case dous milenios e medio, até que foi descuberto por un Hobbit Rexo chamado Déagol nunha excursión de pesca. Este foi asasinado polo seu amigo e parente Sméagol, que roubou o Anel e que ao longo do tempo se foi transformando na criatura chamada Gollum por mor da influencia do artefacto. O Anel, ao que Sauron dotara de vontade propia, manipulou a Gollum para que se asentase nas Montañas Bretemosas, preto do Bosque Escuro, onde Sauron comezaba a rexurdir. Alí ficou durante case que cincocentos anos, até que o Anel cansou del e caeu do seu dedo mentres volvía de matar un trasno.


Segundo se conta n'O Hobbit, Bilbo atopou o Anel estando perdido nas cavernas das Montañas Bretemosas, preto do tobo de Gollum. Cando escribiu O Hobbit, Tolkien aínda non ideara o sinistro contexto do Anel. Por iso, na primeira edición, Gollum entrega o Anel a Bilbo como premio por gañar o Xogo de Adiviñas. Porén, cando Tolkien concibiu a natureza do Anel, decatouse de que o dominio que o Anel exercía sobre Gollum nunca lle permitiría cedelo voluntariamente. Xa que logo, Tolkien revisou este capítulo na segunda edición d' O Hobbit: tras perder o Xogo de Adiviñas ante Bilbo, Gollum foi coller o seu "Precioso" (como o chamaba sempre) para poder matalo e comelo, mais alporizouse ao descubrir que faltaba. Deducindo que o tiña Bilbo, a xulgar pola súa última adiviña— "Que teño no peto?"— Gollum perseguiuno polas covas, sen saber que o Hobbit descubrira os poderes de invisibilidade do Anel e que o estaba a seguir até a saída da cova. Bilbo escapou de Gollum e dos Orcos que habitaban nas Montañas Bretemosas permanecendo invisíbel, mais non o mencionou na historia que contou aos ananos cos que estaba a viaxar. De feito, a versión dos acontecementos que contou é a contida na primeira edición d' O Hobbit. Gandalf, quen tamén viaxaba cos ananos, obrigou máis tarde a Bilbo a contarlle a historia real, e sospeitou inmediatamente dos poderes do Anel.


Gollum, pola súa banda, abandonaría despois as Montañas Bretemosas para rastrexar e recuperar o Anel. Vagou durante décadas até que foi capturado e interrogado polo propio Sauron, a quen revelou a existencia de Bilbo e da Comarca.


En 3001 da Terceira Idade, seguindo o consello de Gandalf, Bilbo entregou o Anel ao seu sobriño e herdeiro adoptivo Frodo. Este primeiro sacrificio voluntario do Anel desencadea os acontecementos que en última instancia levarán á súa destrución, e constitúe un exemplo da frecuente interrelación entre casualidade e destino, tema omnipresente n' O Señor dos Aneis.


Para entón, Sauron xa comezara a recuperar o seu poder, e a Torre Escura de Mordor estaba reconstruída. Para evitar que Sauron recobrase o seu Anel, Frodo e outros oito compañeiros partiron de Valfendido cara a Mordor, nunha tentativa de destruír o Anel nos lumes do Monte do Destino. Durante a misión, Frodo foi sucumbindo ao poder do Anel, e temeu que o acabase corrompendo. Cando el e máis Sam descubriron que Gollum estaba a seguilos e o "domaron" para que os guiase a Mordor, comezou a experimentar un estraño vencello coa malpocada e traizoeira criatura, pois vía nela unha imaxe futura de si mesmo á que tiña de salvar para se salvar a si mesmo. Con todo, Gollum cedeu á tentación do Anel, e traizoounos ante a araña Elaraña. Crendo a Frodo morto, Sam levou o Anel durante un curto período, e experimentou a tentación que este provocaba, mais nunca cedeu a ela.


Sam rescatou a Frodo dun grupo de orcos na Torre de Cirith Ungol e devolveulle o Anel, mais temendo que o dano que lle estaba a inflixir era grave de máis; e ao cabo, foino: aínda que Frodo e Sam, seguidos por Gollum, acabaron chegando ao Monte do Destino, Frodo sucumbira á súa corruptora natureza e reclamou o Anel para si no canto de destruílo. Porén, Gollum atacouno e arrincoulle dunha dentada o dedo que levaba o Anel, antes de caer aos lumes do Monte do Destino, onde o Anel foi finalmente destruído.



Véxase tamén |



Outros artigos |



  • Aneis de Poder.


  • Monte do Destino.


  • O Señor dos Aneis.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Anel_Único&oldid=4378826"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.108","walltime":"0.135","ppvisitednodes":"value":139,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":144,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":34,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":3,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 102.324 1 -total"," 96.87% 99.125 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 2.95% 3.022 1 Modelo:Outros_homónimos"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.058","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1513873,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1294","timestamp":"20190315101942","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Anel u00danico","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Anel_%C3%9Anico","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q19852","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q19852","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-12-16T20:53:28Z","dateModified":"2017-06-29T17:33:03Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/6/63/AnneauUnique.png"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":135,"wgHostname":"mw1257"););

Popular posts from this blog

What does “fit” mean in this sentence? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How does 'jealousy' mean 'suspicion'?What does “not so say” mean?Does “somebody of my caliber” mean the speaker themselves?“accounting for high fasting blood glucose”- help about the meaningWhat does “cloaked by NDA” mean in this context?What does it mean by 'community ownership' in this context?What does “human corroborators” mean in this context?What does “everything but a fire” mean in this context?What does “run” mean here?What does “rabbited” mean/imply in this sentence?

Is it wise to focus on putting odd beats on left when playing double bass drums?What does the tie across other different notes mean?How to improve right hand picking/strumming technique for electric and acoustic guitar?How fast is the BPM should you start to use double bass pedal?Alternative or more advanced methods for counting rhythmsLost direction in practicing drumsIs there any way at all to tell if these measures are 6/4 vs. 3/2?Why is alberti bass so tiring?How does 'meter' differ from 'rhythm' in music?Rhythm question about piano sheet notationWhy is Bach's Cello Suite 1 written in 16th notes

History of India Contents Prehistoric era (until c. 3300 BCE) Bronze Age – "First urbanisation" (c. 3300 – c. 1800 BCE) Climate change, de-urbanisation, and Indo-Aryan migrations (c.1800 – 1500 BCE) Iron Age - Vedic period (c. 1500 – c. 600 BCE) "Second urbanisation" (c. 600 – c. 200 BCE) Classical to early medieval periods (c. 200 BCE – c. 1200 CE) Late medieval period (c. 1200 – 1526 CE) Early modern period (c. 1526–1858 CE) Modern period and independence (after c. 1850 CE) Historiography See also References Further reading External links Navigation menureviewedee[update]The crisisThe Evolution and History of Human Populations in South Asia: Inter-disciplinary Studies in Archaeology, Biological Anthropology, Linguistics and GeneticsThe Ancient Indus: Urbanism, Economy, and Society"Indus River Valley Civilizations"The Ancient Indus: Urbanism, Economy, and Society"India before the British: The Mughal Empire and its Rivals, 1526–1857"Why Europe Grew Rich and Asia Did Not: Global Economic Divergence, 1600–1850Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical StatisticsDeveloping cultures: case studiesEthnic Groups of South Asia and the Pacific: An Encyclopedia: An Encyclopedia"Indian Economy During British Rule""Economic Impact of the British Rule in India | Indian History"The Bone Readers: Science and Politics in Human Origins Research"Out of Africa: new hypotheses and evidence for the dispersal of Homo sapiens along the Indian Ocean rim"10.3109/0301446100363924920334598"Genetic and archaeological perspectives on the initial modern human colonization of southern Asia"2013PNAS..11010699M10.1073/pnas.1306043110369678523754394"Edakkal Caves|Places Around in Wayanad"Protecting megaliths to keep history alive The Hindu daily"Archaeologists rock solid behind Edakkal Cave"The Global Prehistory of Human Migration"Indus Valley 2,000 years older than thought"the original"Stepwells -Cosmology of Subterranean Architecture as seen in Adalaj"A History of Ancient and Early medieval India : from the Stone Age to the 12th century"Stone celts in Harappa"the original"Peoples and languages in pre-islamic Indus valley"the original"The Sindhi language"the originalThe Aryan chromosome"Fluvial landscapes of the Harappan Civilization"2012PNAS..109E1688G10.1073/pnas.1112743109338705422645375"Is River Ghaggar, Saraswati? Geochemical Constraints""An Ancient Civilization, Upended by Climate Change""Huge Ancient Civilization's Collapse Explained"2003GeoRL..30.1425S10.1029/2002GL0168222006QSRv...25.1283M10.1016/j.quascirev.2005.10.0122011QuInt.229..140M10.1016/j.quaint.2009.11.012Climate Change and the Course of Global History: A Rough JourneyA History of Ancient and Early Medieval India: From the Stone Age to the 12th CenturyA History of Ancient and Mediaeval India: From the Stone Age to the 12th CenturyAntennae SwordA History of IndiaA History of IndiaAn Introduction to Hinduism"India: The Late 2nd Millennium and the Reemergence of Urbanism"The Coinage of Ancient IndiaA Sanskrit reader: with vocabulary and notesPedigree: the origins of words from nature"Early Sanskritization. Origins and Development of the Kuru State"10.11588/ejvs.1995.4.823The Sanskrit epics, Part 2The City in South AsiaThe UpanishadsAn Introduction to HinduismReligions of the World, Second Edition: A Comprehensive Encyclopedia of Beliefs and PracticesA History of Ancient and Early Medieval India: From the Stone Age to the 12th CenturyEarly India: From the Origins to AD 1300Republics in ancient Indiapp. 83ff"Magadha Empire""Lumbini Development Trust: Restoring the Lumbini Garden"the originalThe great armies of antiquityarchived"The Achaemenid Persian Empire (550–330 B.C.)""East–West Orientation of Historical Empires"1076-156X"Dinner on the Grand Trunk Road"10.2307/32502263250226"Silappathikaram Tamil Literature"the originalManimekalai – English transliteration of Tamil originalIndian Temple Architecture: Form and Transformation : the Karṇāṭa Drāviḍa Tradition, 7th to 13th CenturiesBuddhist ArchitectureA History of India"The World Economy (GDP) : Historical Statistics by Professor Angus Maddison"The World Economy – Volume 1: A Millennial Perspective and Volume 2: Historical Statistics10.2307/32502140004-36483250214A Comprehensive History of India: Volume 2Between the Empires: Society in India, 300 to 400Emergence of Viṣṇu and Śiva Images in India: Numismatic and Sculptural Evidence"Parthian Pair of Earrings"the originalThe Medical Times and Gazette, Volume 1Greatest emporium in the worldThe Cambridge History of Ancient China: From the Origins of Civilization to 221 BCBuddhist Records of the Western WorldArchaeology in Soviet Central AsiaThe Grandeur of Gandhara: The Ancient Buddhist Civilization of the Swat, Peshawar, Kabul and Indus ValleysIndian Sculpture: Circa 500 B.C.-A.D. 700"The History of Pakistan: The Kushans"Gupta Dynasty – MSN Encartathe original"India – Historical Setting – The Classical Age – Gupta and Harsha""Gupta Dynasty, Golden Age Of India"the original"The Age of the Guptas and After"the originalNumber Theory and Its History"Gupta dynasty (Indian dynasty)""Gupta dynasty: empire in 4th century"the original"The Story of India – Photo Gallery"The ASI say499315420"Pallava script"p. 145"CNG: eAuction 329. INDIA, Post-Gupta (Ganges Valley). Vardhanas of Thanesar and Kanauj. Harshavardhana. Circa AD 606–647. AR Drachm (13mm, 2.28 g, 1h)""Harsha""Sthanvishvara (historical region, India)""Harsha (Indian emperor)"Shyama Kumar Chattopadhyaya (2000) The Philosophy of Sankar's Advaita VedantaShankara's IntroductionShankara's Introduction19373677Shankara's IntroductionIs The Buddhist 'No-Self' Doctrine Compatible With Pursuing Nirvana?The Seven Spiritual Laws Of YogaIndia: The Ancient Past. A History of the Indian-Subcontinent from 7000 BC to AD 1200The Kashmir Series: Glimpses of Kashmiri Culture – Vivekananda Kendra, Kanyakumari (p. 57).Al-Hind: Early Medieval India and the Expansion of Islam, 7th–11th CenturiesHistory of GopāchalaLand of Two Rivers: A History of Bengal from the Mahabharata to MujibEuropean Trade and Colonial ConquestA History of IndiaA Comprehensive History Of Ancient India (3 Vol. Set)"The Last Years of Cholas: The decline and fall of a dynasty"the originalFascinating Hindutva: Saffron Politics and Dalit MobilisationGazetteer of the province of OudhAl- Hind: The slave kings and the Islamic conquest. 2"Shahi Family"The Cambridge history of Islam"Ameer Nasir-ood-deen Subooktugeen"Gazetteer of the Attock District, 1930, Part 1Land of seven rivers: History of India's GeographyTemple Desecration and Indo-Muslim StatesIslam in South Asia: A Short HistoryBeyond Orientalism: The Work of Wilhelm Halbfass and Its Impact on Indian and Cross-cultural StudiesThe Making of Terrorism in Pakistan: Historical and Social Roots of ExtremismOrnament in Indian ArchitectureA historical review of Hindu India: 300 B.C. to 1200 A.D."Indian States and Union Territories"Islam in South Asia: A Short HistoryA Brief History of the Indian PeoplesThe Modern ReviewDelhi Sultanate"Battuta's Travels: Delhi, capital of Muslim India"the original"Timur – conquest of India"the originalIndia HandbookBhaktiThe Four Denomination of Hinduism10.1007/s11407-008-9049-925691067"Vijayanagara Research Project::Elephant Stables"10.2307/26465262646526Historical Dictionary of the TamilsBihar General Knowledge DigestMapping Bihar: From Medieval to Modern TimesPopular Literature and Pre-modern Societies in South AsiaA manual of the Kistna district in the presidency of MadrasAncient Indian History and CivilizationFragmented Memories: Struggling to be Tai-Ahom in India"The Islamic World to 1600: Rise of the Great Islamic Empires (The Mughal Empire)"the originalDynasties: A Global History of Power, 1300–1800, p. 105"Whose fort is it anyway"10.1111/0020-8833.000532600793Development Centre Studies The World Economy Historical Statistics: Historical Statistics"India's Deindustrialization in the 18th and 19th Centuries"The Mughal Empire, p. 190"The Long Globalization and Textile Producers in India"The Mughal World: Life in India's Last Golden AgeAurangzeb: The Life and Legacy of India's Most Controversial KingIn the Shadow of the Taj: A Portrait of Agra"Iran in the Age of the Raj"p. 8610.2307/20539802053980Delhi, the Capital of IndiaAn Advanced History of Modern India"Journal of the Tanjore Maharaja Serfoji's Sarasvati Mahal Library"The Rediscovery of India: A New SubcontinentIslamic Renaissance In South Asia (1707–1867) : The Role Of Shah Waliallah & His SuccessorsAn Advanced History of Modern IndiaThe Great Maratha Mahadaji Scindia"Full text of "Selections from the papers of Lord Metcalfe; late governor-general of India, governor of Jamaica, and governor-general of Canada""The Discovery Of IndiaThe Sacred City of the Hindus: An Account of Benares in Ancient and Modern TimesResurrecting Banaras: Urban Space, Architecture and Religious BoundariesFaith & Philosophy of Sikhism"Missiles mainstay of Pak's N-arsenal"History Modern India By S.N. Sen"Sirajuddaula"ArchivedLongman History & Civics (Dual Government in Bengal)Madhya Pradesh National Means-Cum-Merit Scholarship Exam (Warren Hasting's system of Dual Government)A Military History of Britain: from 1775 to the PresentIndian Cultural Heritage Perspective For TourismHindu Rulers, Muslim Subjects: Islam, Rights, and the History of KashmirIndian HistoryAn Atlas and Survey of South Asian HistoryAn Historical Account of the British Trade Over the Caspian SeaIndian Merchants and Eurasian Trade, 1600–1750The Indian diaspora in Central Asia and its trade, 1550–1900From Constantinople to the home of Omar Khayyam: travels in Transcaucasia and northern Persia for historic and literary researchA journey from Bengal to England: through the northern part of India, Kashmire, Afghanistan, and Persia, and into Russia, by the Caspian-SeaA Second Journey through Persia, Armenia, and Asia Minor, to Constantinople, between the Years 1810 and 1816Reports from the consuls of the United States, 1887Portugal and its Empire, 1250–1800 (Collected Essays in Memory of Glenn J. Ames).: Portuguese Studies Review, Vol. 17, No. 1The Dutch Power in Kerala, 1729–1758http://mod.nic.inArchivedDossier Goa – A Recusa do Sacrifício InútilAn Imperial Crisis in British India: The Manipur Uprising of 1891The Truth of Babri Mosque"Kolkata (Calcutta) : History"the original"Robert Clive, Baron Clive, 'Clive of India', 1725–1774""The Transformation from a Pre-Colonial to a Colonial Order: The Case of India"10.2307/25955872595587A versatile geniusArchived10.1109/MWSYM.1997.602854"Rabindranath Tagore on Education"the original"Essay on 'Derozio and the Young Bengal Movement'"Poverty and Famines: An Essay on Entitlement and Deprivation"Plague"the originalPopulation Growth and Land Use"Reintegrating India with the World Economy""Census Of India 1931"A history of modern India, 1480–1950"'India's well-timed diversification of army helped democracy' | Business Standard News"Bal Gangadhar Tilak: Struggle for Swaraj"Participants from the Indian subcontinent in the First World War""Commonwealth War Graves Commission Annual Report 2007–2008 Online"the original1462689197110.1017/s0010417500016534178920Eurocentrism: a marxian critical realist critique"Ranjit Guha, "On Some Aspects of Historiography of Colonial India""10.2307/2168385216838510.7202/016593ar"Harvard scholar says the idea of India dates to a much earlier time than the British or the Mughals""In The Footsteps of Pilgrims""India's spiritual landscape: The heavens and the earth""India: A Sacred Geography by Diana L Eck – review"Modern India: The Origins of an Asian Democracy10.2307/21694222169422964322464"The Indian Subcontinent and 'Out of Africa 1'"254043308Encyclopedia of World ReligionsThe Evolution and History of Human Populations in South Asia: Inter-disciplinary Studies in Archaeology, Biological Anthropology, Linguistics and Genetics"The Early Paleolithic of the Indian Subcontinent: Hominin Colonization, Dispersals and Occupation History"Ancient Indian History and CivilizationAncient Indian Social History: Some Interpretationsthe originalIndia Before EuropeA Concise History of Modern India"The beginning of the historical period, c. 500–150 BCE"full textA History of Indiathe originalexcerpt and text searchexcerptexcerptAn Economic History of India: From Pre-Colonial Times to 1991excerpt and text searchexcerpt and text searchIndia as known to the ancient world10.1111/j.1468-0289.1985.tb00391.x2597191onlineThe History of India, as told by its own historians. The Muhammadan Periodonline editionHans William Brown research collection on 19th-century missionary work in India, 1882–1932, Ms. Coll. 1033, Kislak Center for Special Collections, Rare Books and Manuscripts, University of Pennsylvaniaee