Skip to main content

Cuarta Idade e posteriores Índice Homes | Elfos | Ananos | Outros | A Irmandade | Séculos posteriores | Idades posteriores | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónThe Chronology of Middle-earth (article from Mallorn 42)The Encyclopedia of ArdaFourth AgeThe Chronology of Middle-earth (article from Mallorn 42)The Fourth Age: Total War- a Rome: Total War total conversion

Historia de Arda


Anos das LámpadasAnos das ÁrboresAnos do SolPrimeira IdadeSegunda IdadeTerceira IdadeCuarta Idade e posterioreslegendariumJ. R. R. TolkienArdaTerceira IdadeSauronAnel DominanteTerra MediaValinorO Regreso do ReiElessarEldarionHomes do LesteHaradrimÉomerEorlElessarHaradSauronMordorMar de NúrnenRohanEsgarothComarcaGhân-buri-GhânDol GuldurGuerra do AnelelfosBosque EscuroThranduilEryn LasgalenThranduilOestePortos GrisesLindonCírdanLegolasIthilienAnanosEreborGimliAglarondKhazad-dûmMinas TirithDurin o DerradeiroOrcosTrollsEntsBosque de FangornBárboreIrmandade do AnelSamsagaz GamllíArwenValinorCírdanMeriadoc BrandigamoPeregrin TucRath DínenGimliGaladrielThe Tolkien Society25 de marzo26 de decembro24 de decembro18 de marzo












Cuarta Idade e posteriores




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

(Redirixido desde "Cuarta Idade")





Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Arda.Tengwar.svg A Historia de Arda

Anos Valianos

Anos das Lámpadas
Anos das Árbores
Anos do Sol



Idades dos Fillos de Ilúvatar

Primeira Idade
Segunda Idade
Terceira Idade
Cuarta Idade e posteriores




Batalla Final

Liña Temporal de Arda

A Cuarta Idade e as idades seguintes son períodos temporais do legendarium de J. R. R. Tolkien, descritos na súa obra de fantasía. Posto que a meirande parte do seu traballo sobre o mundo fantástico de Arda trata acerca de idades anteriores, hai relativamente pouco material referente ás idades que seguen á Terceira Idade.


A Cuarta Idade comezou após a derrota de Sauron e a destrución do seu Anel Dominante, cando os Portadores do Anel partiron da Terra Media cara a Valinor.[1]


Os Apéndices d'O Regreso do Rei recollen algúns dos eventos ocorridos durante os primeiros séculos da Cuarta Idade, reproducidos a continuación.




Índice





  • 1 Homes


  • 2 Elfos


  • 3 Ananos


  • 4 Outros


  • 5 A Irmandade


  • 6 Séculos posteriores


  • 7 Idades posteriores

    • 7.1 Especulacións acerca das idades posteriores



  • 8 Notas


  • 9 Véxase tamén

    • 9.1 Ligazóns externas





Homes |


Os reinos dos Homes prosperaron, xa que os reunificados reinos Númenoreanos no exilio (na forma do Reino Unificado de Gondor e Arnor) se recuperaron por completo baixo o reinado de Elessar e máis tarde Eldarion. Fíxose a paz de maneira permanente cos antigos homes inimigos: ao menos algúns Homes do Leste e Haradrim pasaron a ser aliados ou a formar parte do Reino Unificado; nos apéndices dise que Éomer cumpriu o xuramento de Eorl, cabalgando con Elessar á guerra nas chairas de Harad e alén do mar de Rhûn, así que a loita continuou polo menos contra algúns dos Homes que se aliaran con Sauron no pasado. Moitos antigos escravos de Sauron foron liberados, e concedéronselles terras en Mordor ao redor do Mar de Núrnen. Os reinos aliados como Rohan e Esgaroth tamén prosperaron, ao igual que os enclaves protexidos da Comarca e os Drúedain de Ghân-buri-Ghân.



Elfos |


Logo de rexeitaren tres grandes asaltos de Dol Guldur durante a Guerra do Anel, os elfos de Lórien conseguiron liberar o Bosque Escuro de todo mal (que habitaba na súa meirande parte en Dol Guldur). Dise tamén que Celeborn guiou moitos barcos de elfos, prontos para a batalla, augas abaixo do río Anduin e atacou Dol Guldur, pois a mesma Galadriel derrubou os seus muros e deixou ao descuberto os seus foxos; e así foi purificada a fraga. Máis tarde, Celeborn e Thranduil encontráronse no medio da fraga e déronlle o nome de Eryn Lasgalen. Semella que os reinos silvanos de Eryn Lasgalen (o reino de Thranduil e o Lórien do Leste de Celeborn) expandéronse en certa medida, aínda que unha grande parte da súa poboación marchou gradualmente cara ao Oeste. Os Portos Grises, e con eles o resto de Lindon, foron abandonados, agás por Círdan e outros poucos, que ficaron atrás. Ao menos durante un tempo, Legolas gobernou unha colonia élfica fundada en Ithilien.



Ananos |


Os Ananos da Xente de Durin prosperaron en Erebor, e hai indicios de que Gimli guiou un grupo de ananos a Aglarond. Enviáronse expedicións mineiras a Khazad-dûm, onde se volveu extraer mithril, empregado para restaurar as portas de Minas Tirith, mais Khazad-dûm non volveu ser colonizado inmediatamente. Porén seica un tal Durin o Derradeiro reconstruíu máis tarde este Reino Anano, devolvendo así o seu ancestral lar á Xente de Durin. Semella que a raza dos Ananos comezou a esmorecer contra a fin da Cuarta Idade, pois as súas mulleres supuñan menos dun terzo da súa poboación. A miúdo as mulleres arelaban un marido que non podían ter, polo que non casaban. Do mesmo xeito, moitos homes Ananos estaban atarefados de máis coas súas artes e non tiñan tempo de tomar unha esposa e ter nenos. O seu destino definitivo é confuso.



Outros |


Os Orcos e os Trolls fuxiron cara ao leste e non se volveron recuperar nunca. Ou ben durante o goberno de Eldarion ou contra a fin do de Aragorn, existiu o rumor de "Cultos orcos", mais semella que foron iniciados e estendidos por humanos.[2]


Disque os Ents nunca volveron atopar as Mullerents. Aragorn outorgoulles o Bosque de Fangorn e deulles permiso para volver espallar a fraga cara ao oeste e os vastos ermos de Eriador, onde se estendera unha vez unha enorme fraga primixenia, mais Bárbore lamentouse de que aínda que as fragas poderían seguir proliferando, os Ents non o farían. Co tempo foron minguando e un número cada vez maior deles foise tornando "arborento" e deixaron de inmiscirse nos asuntos das demais razas.



A Irmandade |


Dos demais membros da Irmandade do Anel, dise que Samsagaz Gamllí foi elixido alcalde da Comarca, e que foi asesor do Rei Elessar. A súa filla Elanor foi unha das doncelas de Arwen. Crese que cara ao final da súa vida partiu para Valinor nun dos últimos barcos de Círdan.


Meriadoc Brandigamo e Peregrin Tuc convertéronse en Amo de Gamoedo e Thain da Comarca respectivamente, e mantiveron unha estreita amizade coas casas reais de Rohan e Gondor. Na súa idade anciá marcharon xuntos cara a Gondor e Rohan. Ambos morreron ao redor de 64 C.I. e foron soterrados en Rath Dínen.


Disque Legolas acabou construíndo un barco e que se dirixiu ao Oeste. Segundo moitos, Gimli marchou con el (o único Anano en facelo), obviamente polo seu desexo de volver ver a Galadriel.



Séculos posteriores |


A obra escrita de Tolkien só fornece información dos primeiros séculos desta idade, polo que se descoñece cando rematou. Afírmase que a Cuarta Idade foi cando os Homes tomaron posesión da Terra Media, e cando os Elfos comezaron a esmorecer. Así, a Cuarta Idade constitúe o paso da prehistoria fantástica de ficción á historia real da terra.



Idades posteriores |


Tolkien afirmou crer que o tempo transcorrido entre a Terceira Idade e o século XX é de aproximadamente 6.000 anos, e que o ano 1958 debería corresponder á fin da Quinta Idade, considerando que as idades cuarta e quinta tivesen a mesma duración cá segunda e terceira. Porén, nunha carta de 1958 dixo que na súa opinión as Idades pasaran máis rápido, e que nos atopabamos contra a fin da Sexta Idade/comezos da Sétima Idade.[3]



Especulacións acerca das idades posteriores |


Aínda que nun principio Tolkien describiu o mundo da Terra Media como unha prehistoria ficticia da Terra, máis tarde corrixiu lixeiramente este punto de vista, e describiuno como un período mítico dentro da historia da Terra. Esta distinción "mítica" serviulle para desvincular as historias sobre a Terra Media de calquera período temporal concreto e evitar así posíbeis contradición cos feitos da historia real.


Determinar a época da Quinta Idade é importante para aqueles que aplican o calendario de Tolkien ás data actuais. Por exemplo, o número 42 de Mallorn, a publicación de The Tolkien Society (August 2004), contiña un extenso artigo que analizaba todos os datos dispoñíbeis e concluía que os Anos do Sol comezaron o 25 de marzo de 10160 A.C., a Segunda Idade o 26 de decembro de 9564 A.C., a Terceira Idade o 24 de decembro de 6123 A.C., e a Cuarta Idade o 18 de marzo de 3102 A.C. Segundo este esquema, a Quinta Idade equivale ao sistema de datación "despois de Cristo".[4]



Notas |




  1. Apéndice B d'O Regreso do Rei


  2. Como se relata en The New Shadow, a secuela abandonada d' O Señor dos Aneis.


  3. Carpenter, Humphrey, ed. (1981), The Letters of J. R. R. Tolkien, Boston: Houghton Mifflin, #211, ISBN 0-395-31555-7


  4. The Chronology of Middle-earth (article from Mallorn 42)



Véxase tamén |



Ligazóns externas |


  • The Encyclopedia of Arda

  • Fourth Age

  • The Chronology of Middle-earth (article from Mallorn 42)

  • The Fourth Age: Total War- a Rome: Total War total conversion




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cuarta_Idade_e_posteriores&oldid=4892776"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.192","walltime":"0.228","ppvisitednodes":"value":211,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":803,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":4,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1727,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 191.085 1 -total"," 72.94% 139.383 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 6.35% 12.130 1 Modelo:Listaref"," 1.83% 3.504 1 Modelo:Historia_de_Arda"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.094","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1303826,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1275","timestamp":"20190410054604","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":377,"wgHostname":"mw1275"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?