Bosque Escuro Índice Características | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónTolkien in the land of Arthur: the Old Forest episode from The Lord of the Rings
Xeografía de Arda
legendariumJ.R.R. TolkienTerra MediaRhovanionAnduinMontañas GrisesOestronTerceira IdadeReino do BosqueElfos SilvanosThranduilSegunda IdadeDol GuldurhomesSindarinSauronElfosLago LongoEsgarothBilbo BulseiroThorin Escudo de CarballoGandalfEreborDragónSmaugArañas XigantesElarañaConsello BrancoMordorGollumAragornOrcoMoriaAnel ÚnicoCuarta IdadeNoldorinLothlórienGaladrielLegolasIrmandade do Anel
Bosque Escuro
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
O Bosque Escuro é un territorio ficticio do legendarium de J.R.R. Tolkien situado no continente da Terra Media, que aparece n'O Hobbit, O Señor dos Aneis e outras obras relacionadas.
Índice
1 Características
2 Notas
3 Véxase tamén
3.1 Bibliografía
3.2 Ligazóns externas
Características |
O Bosque Escuro era unha vasta fraga situada en Rhovanion, ao leste do río Anduin e ao sur das Montañas Grises. O nome semella ser unha tradución directa dun nome descoñecido en Oestron, a lingua franca da Terra Media na Terceira Idade. No seu interior atopábase o Reino do Bosque dos Elfos Silvanos, gobernado polo seu rei, Thranduil, que estabeleceu alí a súa corte ao redor do ano 1000 da Segunda Idade, cando o Bosque Escuro era aínda coñecido como o Gran Bosque Verde (Eryn Galen).[1] Sobre o ano 1050 da Terceira Idade, cando a "sombra de Dol Guldur" caeu sobre el, os homes comezaron a chamalo Taur-nu-Fuin (Sindarin: a Fraga baixo a Noite) e Taur-e-Ndaedelos (fraga de grande medo).[2] A sombra era o poder de Sauron, que, oculto tras unha identidade falsa, estabeleceuse na fortaleza do outeiro de Dol Guldur en Amon Lanc. A presenza dos servos de Sauron empurrou a Thranduil e aos seus máis cara ao norte, co cal contra a fin da Terceira Idade convertéranse nun pobo minguado e receoso, atrincheirado nas Montañas do Bosque Escuro (Emyn Fuin, antes chamadas Emyn Duir ou "Montañas Escuras"). O Camiño Vello do Bosque ou Camiño Vello dos Ananos cruzaba a fraga de leste a oeste, mais por mor da súa relativa proximidade a Dol Guldur, resultaba máis ben impracticábel. Os Elfos crearon un carreiro máis ao norte, que remataba nalgures das brañas ao sur de Lago Longo en Esgaroth.
N' O Hobbit, Bilbo Bulseiro, xunto con Thorin Escudo de Carballo e a súa compañía de Ananos (sen Gandalf) aventuráronse no Bosque Escuro durante a súa misión de recuperar Erebor das poutas do Dragón Smaug. Durante o seu paso a través da fraga, o grupo foi capturado polas Arañas Xigantes, descendentes de Elaraña que habitaban alí. Pouco despois de escaparen, os Elfos fixeron prisioneiros aos Ananos e leváronos ante Thranduil, que os encarcerou. Aínda que non fica completamente claro, foi pouco despois disto ou seica ao mesmo tempo cando o Consello Branco expulsou a Sauron de Dol Guldur. Cando este fuxiu para Mordor, a súa influencia no Bosque Escuro diminuíu durante un tempo.
Anos despois, cando Gollum, foi liberado de Mordor, Aragorn capturouno e levouno preso ao reino de Thranduil. Por mágoa, concedéuselle una certa liberdade para vagar pola fraga (baixo unha estreita vixilancia), mais Gollum escapou durante un asalto Orco e fuxiu ao sur cara a Moria, na procura do Anel Único.
Após a derrota de Sauron á fin da Terceira Idade, o Bosque Escuro foi purificado e pasou a chamarse Eryn Lasgalen, que en Sindarin quere dicir Fraga de Follas Verdes.
O Bosque Escuro albergou un dos poucos asentaméntos élficos que restaban na Terra Media durante a Cuarta Idade. Estaba poboado por Elfos Silvanos, máis reticentes a abandonar a Terra Media ca os seus parentes Noldorin. Os habitantes de Lothlórien que non acompañaron a Galadriel cara ao oeste migraron a esta fraga a comezos da Cuarta Idade.
Legolas, un dos membros da Irmandade do Anel e fillo de Thranduil, tamén procedía do reino élfico do Bosque.
Notas |
↑ Robert Foster, A Guide to Middle Earth, NY:Ballantine Books (Random House), 1971, p. 251
↑ Robert Foster, A Guide to Middle Earth, NY:Ballantine Books (Random House), 1971, p. 174
Véxase tamén |
Bibliografía |
- Evans, J., Drout, Michael D. C. (ed.) (2006): J. R. R. Tolkien Encyclopedia: Scholarship and Critical Assessment, Routledge, ISBN 0-415-96942-5, páx. 429-430, "Mirkwood"
Ligazóns externas |
Tolkien in the land of Arthur: the Old Forest episode from The Lord of the Rings. Mythopoeic Society, 2006. Artigo acerca do significado das fragas na obra de Tolkien, en especial o Bosque Vello, con comparacións con outros mitos e novelas. (en inglés)
Categoría:
- Xeografía de Arda
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.128","walltime":"0.160","ppvisitednodes":"value":108,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":35,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":0,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":3,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":821,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":1,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 103.199 1 -total"," 97.49% 100.611 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 2.40% 2.480 1 Modelo:En"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.062","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1354833,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1319","timestamp":"20190410041134","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":114,"wgHostname":"mw1269"););