Bilbo Bulseiro Índice Bilbo n'O hobbit | Bilbo Bulseiro nos diferentes idiomas | Xenealoxía de Bilbo (e relación con Frodo) por parte de nai | Xenealoxía de Bilbo (e relación con Frodo) por parte de pai | Notas | Menú de navegacióneIDch0000153WorldCatno2015091501
A Irmandade do AnelAs Dúas TorresO Retorno do ReiO HobbitThe Adventures of Tom BombadilThe Road Goes Ever OnO SilmarillionUnfinished Tales of Númenor and Middle-earth The History of Middle-earthThe History of The Lord of the RingsBilbo's Last SongThe Children of HúrinThe History of The HobbitThe Lord of the Rings: A Reader's CompanionThe Lord of the RingsThe Return of the KingLord of the BeansThe Lord of the Rings: The Fellowship of the RingThe Lord of the Rings: The Two TowersThe Lord of the Rings: The Return of the KingJourney to RivendellGame OneGame Two: Shadows of MordorWar in Middle EarthVol. I (1990)Vol. I (SNES)J. R. R. Tolkien's Riders of RohanElendorMUMEVolume IIThe Two Towers (MUD)Kingdom O' MagicThe Fellowship of the RingThe Two TowersThe Return of the KingWar of the RingThe Third AgeThe Third AgeThe Battle for Middle-earthTacticsThe Battle for Middle-earth IIThe White CouncilThe Lord of the Rings OnlineConquestThird Age: Total WarAragorn's QuestWar in the NorthLego The Lord of the RingsGuardians of Middle-earthMiddle-earth: Shadow of MordorLego Dimensions
Personaxes d'O Señor dos AneisPersonaxes d'O hobbit
J. R. R. TolkienTerra MediaAnel ÚnicoComarcaTerceira IdadeGandalfananosDwalinBalinKiliFíliDoriNoriOriÓinGlóinBifurBofurBomburThorinMontaña SolitariaSmaugTrollsGondolinElrondAguillónMontañas BretemosasGollumThranduilLegolasO Señor dos AneisMontaña SolitariaBardoSmaugBatalla dos Cinco ExércitosBeornEreborComarcaFrodoVila BulsaValfendidoGandalfElrondGaladrielTol EressëaTerras ImperecedoirasPeter JacksonIan HolmMartin Freeman
Bilbo Bulseiro
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Bilbo Bulseiro[1] é o protagonista d'O Hobbit, novela de J. R. R. Tolkien. Aparece tamén n' O Señor dos Aneis, famosa novela do mesmo autor. É o primeiro na historia da Terra Media en dar voluntariamente o Anel Único.
Índice
1 Bilbo n'O hobbit
2 Bilbo Bulseiro nos diferentes idiomas
3 Xenealoxía de Bilbo (e relación con Frodo) por parte de nai
4 Xenealoxía de Bilbo (e relación con Frodo) por parte de pai
5 Notas
Bilbo n'O hobbit |
É fillo de Bungo Bulseiro e de Beladona Tuk.
Se ben ó principio na Comarca tívoselle por un hobbit normal e con bo sentido común, a súa vida mudou por completo no ano 2941 da Terceira Idade tras recibir unha visita inesperada de Gandalf e dunha compañía de ananos. Sen previo aviso, foron chegando á súa casa a tomar té Dwalin, Balin, Kili e Fíli, Dori, Nori, Ori, Óin e Glóin, e por último, Gandalf (ó que si invitara), acompañado de Bifur, Bofur, Bombur e Thorin Escudo de Carballo.
Os Ananos, liderados por Thorin, necesitaban un membro máis, un saqueador experto, para poder levar a cabo o seu plan: alcanzar a Montaña Solitaria, derrotar ó gran dragón Smaug e recuperar o Reino Baixo a Montaña.
Gandalf recomendáralles para esta misión a Bilbo, e deste modo o Hobbit viuse envolto nunha aventura que xamais imaxinara. Polo camiño lograron a duras penas (e grazas á axuda de Gandalf) escapar dos Trolls, e foi na súa gorida onde atopou un coitelo dos Elfos de Gondolin (como máis tarde lles contaría Elrond), que se converteu na súa espada, á que chamou Aguillón.
No seu paso polas Montañas Bretemosas, Bilbo atopou un anel máxico, que ata ese momento estaba en poder dunha criatura misteriosa chamada Gollum. Bilbo ten que xogar a vida con Gollum nun torneo de adiviñas, do que sae vitorioso, pero non do modo máis "ortodoxo". Bilbo descobre casualmente que o Anel confire a invisibilidade e grazas a isto, logra escapar e reunirse cos seus compañeiros.
Polo camiño, Bilbo e os seus compañeiros son perseguidos polos Orcos, rescatados polas grandes aguias, axexados e capturados polas Grandes Arañas e tras ser liberados grazas a Bilbo, os Ananos son pechados nos alxubes do Rei dos Elfos do Bosque (que non era outro que Thranduil, o pai de Legolas, como se saberá por O Señor dos Aneis). Grazas ó enxeño de Bilbo, logran fuxir e chegar finalmente á Cidade do Lago.
Desde aí encamíñanse á Montaña Solitaria, onde Bilbo invisible grazas ó Anel, entra na sala onde Smaug durmía sobre un enorme tesouro. A través das conversas que mantivo co dragón, Bilbo comprobou que tiña un punto débil no peito e namentres llo contaba ós compañeiros ananos, isto escoitouno un vello zorzal, que llo comunicou a Bardo o arqueiro e o vello Smaug é finalmente abatido pola frecha negra.
Unha vez derrotado o dragón, Thorin proclámase Rei Baixo a Montaña, pero os Homes e os Elfos queren obter parte do tesouro que gardaba Smaug, atopándose ca rotunda negativa de Thorin. Bilbo intenta mediar, e entrega a Pedra da Arca a Bardo. Porén, un grande exército de orcos atácaos, dando lugar á que foi coñecida como a Batalla dos Cinco Exércitos, na que tamén participou Beorn, que os axudara no camiño. Thorin morre despois da Batalla, e Dáin faise cargo do reino dos Ananos de Erebor.
Bilbo volve á Comarca rico, e pasa alí moitos anos felices. Adopta a Frodo, primo-sobriño afastado seu, como o seu herdeiro e mantén o Anel Único oculto.
Tras deixar Vila Bulsa, por consello e coa axuda de Gandalf, dirixiuse a Valfendido, onde permaneceu ata que embarcou con Gandalf, Elrond, Galadriel e Frodo nun barco de Elfos que os levou a Tol Eressëa, nas Terras Imperecedoiras.
Bilbo Bulseiro nos diferentes idiomas |
Na versión orixinal inglesa, o apelido de Bilbo é Baggins, pero acostuma ser traducido ós distintos idiomas:
- Na tradución alemá chámase Bilbo Beutlin.
- Na tradución francesa, Bilbo (ou Bilbon) Sacquet.
- Na tradución catalá, Bilbo Saquet.
- Na tradución castelá Bilbo Bolsón.
- Na tradución norueguesa, Bilbo Lommelun.
- Na tradución finlandesa, Bilbo Reppuli.
- Na tradución neerlandesa, Bilbo Balings.
- Na tradución portuguesa de Brasil, Bilbo Bolseiro, se ben na primeira edición do Hobbit foi Bilbo Bolsin.
- Na tradución húngara, Zsákos Bilbó.
- Nunha das tres traducións polacas d'O Señor dos Aneis chámase Bilbo Bagosz, pero nas outras dúas e no Hobbit mantén o seu nome orixinal en inglés.
Na triloxía cinematográfica O Señor dos Aneis de Peter Jackson (2001, 2002, 2003), Bilbo está interpretado por Ian Holm. Na triloxía do mesmo director baseada na novela O Hobbit (2012, 2013, 2014), Bilbo vello é interpretado novamente por Iam Holm, e Bilbo novo por Martin Freeman.
Xenealoxía de Bilbo (e relación con Frodo) por parte de nai |
Gerontius Tuk = Adamanta Redondo
|
_______|___________
| |
Bungo Bulseiro =Belladona Tuk Mirabella Tuk= Gorbadoc Brandigamo
| |
| |
Bilbo Bulseiro Prímula Brandigamo = Drogo Bulseiro
|
|
Frodo Bulseiro
Xenealoxía de Bilbo (e relación con Frodo) por parte de pai |
Balbo Bulseiro = Berilia Boffin
|
_______|___________
| |
Laura Cavada =Mungo Bulseiro Largo Bulseiro= Tanta Corneta
| |
| |
Belladona Tuk =Bungo Bulseiro Fosco Bulseiro= Ruby Bolger
| |
| |
Bilbo Bulseiro Drogo Bulseiro = Prímula Brandigamo
|
|
Frodo Bulseiro
Notas |
↑ TOLKIEN, J. R. R. (1955). Edicións Xerais, ed. O Señor dos Aneis. 978-84-8302-683-0.
|
|
Categorías:
- Personaxes d'O Señor dos Aneis
- Personaxes d'O hobbit
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.276","walltime":"0.406","ppvisitednodes":"value":692,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":36229,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":436,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":10,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1186,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 304.153 1 -total"," 72.12% 219.370 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.84% 54.252 1 Modelo:Listaref"," 16.12% 49.043 1 Modelo:Cita_libro"," 14.50% 44.089 3 Modelo:Navbox"," 9.98% 30.345 1 Modelo:O_Señor_dos_Aneis"," 3.44% 10.459 1 Modelo:Navbox_subgroup"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.151","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3660243,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1240","timestamp":"20190409220357","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Bilbo Bulseiro","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Bilbo_Bulseiro","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q185737","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q185737","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2007-08-30T15:41:51Z","dateModified":"2016-04-18T20:10:56Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/ed/Over_Hill_-_Bilbo_and_Gandalf_by_Joel_Lee.jpg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":120,"wgHostname":"mw1245"););