Skip to main content

O Señor dos Aneis Índice Trama | Publicación | Lugar dentro da obra de Tolkien | Personaxes | Adaptacións | Véxase tamén | Menú de navegaciónSobre a tradución á lingua galega da triloxíaA Irmandade do AnelAs Dúas TorresO Regreso do ReieeWorldCat184093601XX304945911939715mID4124318-314350no970794521386651IDaun20063735591487587OL27448W

Songs for the PhilologistsO HobbitLeaf by NiggleThe Lay of Aotrou and ItrounFarmer Giles of HamThe Homecoming of Beorhtnoth Beorhthelm's SonO Señor dos AneisThe Adventures of Tom BombadilTree and LeafThe Tolkien ReaderThe Road Goes Ever OnSmith of Wootton MajorA Irmandade do AnelAs Dúas TorresO Retorno do ReiO HobbitThe Adventures of Tom BombadilThe Road Goes Ever OnO SilmarillionUnfinished Tales of Númenor and Middle-earth The History of Middle-earthThe History of The Lord of the RingsBilbo's Last SongThe Children of HúrinThe History of The HobbitThe Lord of the Rings: A Reader's CompanionThe Lord of the RingsThe Return of the KingLord of the BeansThe Lord of the Rings: The Fellowship of the RingThe Lord of the Rings: The Two TowersThe Lord of the Rings: The Return of the KingJourney to RivendellGame OneGame Two: Shadows of MordorWar in Middle EarthVol. I (1990)Vol. I (SNES)J. R. R. Tolkien's Riders of RohanElendorMUMEVolume IIThe Two Towers (MUD)Kingdom O' MagicThe Fellowship of the RingThe Two TowersThe Return of the KingWar of the RingThe Third AgeThe Third AgeThe Battle for Middle-earthTacticsThe Battle for Middle-earth IIThe White CouncilThe Lord of the Rings OnlineConquestThird Age: Total WarAragorn's QuestWar in the NorthLego The Lord of the RingsGuardians of Middle-earthMiddle-earth: Shadow of MordorLego Dimensions


O Señor dos AneisLibros sobre a Terra MediaObras literarias de 1954Obras traducidas do inglés ao galego


John Ronald Reuel TolkienTerceira Idadelingua inglesa1954Moisés Barcia Rodríguezséculo XXBibliahobbitFrodo BulseiroMonte do DestinoSauronSauronMordorAnel ÚnicoBilbo BulseiroTerra MediaSauronSilmarilselfoshobbitsananoshumanosIrmandade do AnelAnel ÚnicoSauronfantasía épicaConanRobert E. HowardRei ArturGeorge Unwinséculo XXfiloloxíalinguas élficasQuenyaSindarinUniversidade de OxfordRohanGondorSilmarilsBeleriandO HobbitRalph BakshiPeter Jackson










1000 12/16



O Señor dos Aneis




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



























O Señor dos Aneis

Colina de Hobbiton.jpg

Hobbiton en Matamata (Nova Zelandia), escenario da adaptación cinematográfica d`O Señor dos Aneis de Peter Jackson

Título orixinalThe Lord of the Rings
Autor/aJ. R. R. Tolkien
OrixeReino Unido
LinguaInglés
Colección
Fóra de Xogo (nº 56, 57 e 58)
Xénero(s)Novela
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.
Flag of the United Kingdom.svg 1954
Galicia 2001-2002
Formato13 x 21 cm. Rústico cosido a fío.
Páxinas520
440
400
ISBN978-84-8302-683-0
978-84-8302-826-1
978-84-8302-916-9
TraduciónMoisés Barcia Rodríguez

O Señor dos Aneis é unha triloxía narrativa, obra cume do escritor John Ronald Reuel Tolkien, ambientada nun mundo fantástico chamado a Terra Media, durante o final da Terceira Idade da mesma. Foi publicada en lingua inglesa en 1954, e a tradución ao galego de Moisés Barcia Rodríguez foi editada por Xerais entre 2001 e 2002. Vendeu millóns de exemplares, e é o libro máis vendido do século XX, e crese que o segundo máis vendido da historia moderna, despois da Biblia, existindo traducións a 40 idiomas. Coñeceu tres adaptacións cinematográficas e é unha das obras que máis influíron o xénero da literatura fantástica.




Índice





  • 1 Trama


  • 2 Publicación


  • 3 Lugar dentro da obra de Tolkien


  • 4 Personaxes


  • 5 Adaptacións


  • 6 Véxase tamén

    • 6.1 Outros artigos


    • 6.2 Ligazóns externas





Trama |


O libro conta a aventura do hobbit Frodo Baggins (Frodo Bulseiro na tradución galega) na súa viaxe rumbo ó Monte do Destino, co fin de destruír o anel de poder forxado por Sauron, o grande Inimigo Escuro, motivo da trama da triloxía. Sauron, o Señor Escuro de Mordor, é o principal vilán da historia, creador do Anel Único que utilizou para controlar o poder dos demais Aneis.


O Señor dos Aneis constitúe a continuación dun libro anterior de Tolkien, O Hobbit, que trata da historia de como o Anel do Poder pasa ás mans do tío de Frodo Bulseiro, Bilbo Bulseiro. Nun nivel máis profundo constitúe a continuación doutro libro chamado O Silmarillion, que fala da creación da Terra Media, de todas as criaturas que nela habitan, do primeiro Señor Escuro, mestre de Sauron e das loitas polos Silmarils.




O Anel Único.


O Señor dos Aneis narra a historia dun grupo de seres (elfos, hobbits, ananos, humanos), que forman a Irmandade do Anel, no seu intento por destruír o Anel Único, forxado por Sauron, o amo do mal. É a historia do heroe do pobo chan, daquela persoa que aínda sabendo que o seu destino pode ser fatal, loita por cumprilo, pois del depende a continuidade do seu mundo.


Aínda que algúns o consideran o comezo da fantasía épica, existen múltiples precedentes, como o Conan de Robert E. Howard, ou as historias do Rei Artur. Non obstante, ningún dos seus predecesores tivo a habilidade de crear toda unha mitoloxía no extremo que o fixo J.R.R. Tolkien, xa que o escritor literalmente inventou un mundo completo coa súa xeografía, a súa historia, as súas linguas, lendas e cancións, creando un universo literario de profundidade e riqueza que dota á novela dun ar de verosimilitude, dando lugar a un verdadeiro exercicio de mitopoese (das palabras gregas que significan "creación de mitos")



Publicación |


A novela como tal fora encargada por George Unwin, que desexaba aproveitar o éxito que tivera O Hobbit. Porén, O Señor dos Aneis defraudou nun principio os editores, que agardaban unha novela "máis para nenos", ao estilo do propio Hobbit e encontráronse cunha composición de máis de mil páxinas nun estilo moito máis adulto, que non era o que encargaran, e dubidaban do seu éxito, e ademais a súa publicación sería moito máis cara. Crese que foi idea dos editores dividir a novela en tres libros para abaratar os custos da súa publicación e avaliar a acollida polo público. A comezos dos anos 50 había unha gran carestía de papel como consecuencia do período de posguerra. O mesmo Tolkien nunca estivo moi de acordo con esta decisión, e, en particular, sempre criticou o título do terceiro libro (O Regreso do Rei), que, segundo el, anticipaba o desenlace da novela.




Un dos Nazgûl de a cabalo nun outeiro.


A novela divídese entón en tres partes, que acostuman publicarse por separado, e un libro de apéndices:



  • A Irmandade do Anel: Presenta o conflito básico da historia, explicando quen son os hobbits, personaxes esenciais no enredo, e reúne os protagonistas. O nome foi evidente, pois Tolkien mesmo o anticipa na novela tras o Consello de Elrond no que se xuntan todos os protagonistas principais.


  • As Dúas Torres: Narra o conflito con Saruman. O nome non está claro. Nunca se soubo con certeza se as dúas torres eran Minas Tirith e Minas Morgul, Minas Tirith e Barad-dûr, Minas Tirith e Orthanc, Orthanc e Barad-dûr ou unha mestura de todas elas.


  • O Regreso do Rei: Nun principio chamado por Tolkien A Guerra do Anel, aínda que cambiado polos editores que non o encontraban comercial, contén, segundo palabras do propio Tolkien, a descrición da última defensa contra a Sombra.


  • Apéndices: Recompilación dunha serie de historias curtas, xenealoxías, calendarios e, como Tolkien era un grande lingüista, é natural que haxa notas sobre os idiomas ficticios que el creou, sendo os principais o Quenya e o Sindarin.

O autor foi minucioso canto ás descricións dos lugares e personaxes e, debido á inmensa cantidade de lugares, elaborou mapas que son útiles para entender o camiño de cada un na Irmandade do Anel. Xustamente por pasar en varios lugares, os libros deben ser lidos con bastante atención.


Desde a súa primeira publicación, foi un enorme éxito editorial, que cativou e continúa cativando un gran público, converténdose nunha das novelas máis importantes do século XX, non soamente polo seu éxito, senón tamén desde un punto de vista literario, ao practicamente crear un estilo novo dentro da literatura.



Lugar dentro da obra de Tolkien |




Representación dun cabaleiro de Rohan.


O libro é de grande relevancia para os interesados na filoloxía, debido a que Tolkien mestura varios idiomas nel, algúns inventados (como as linguas élficas Quenya e Sindarin), e outras variacións do inglés ou do anglosaxón, que coñecía perfectamente por ser profesor destas materias na Universidade de Oxford. Desta forma, á lingua dos habitantes de Rohan deulle un parecido coa dos anglosaxóns (por admiración de Tolkien a este pobo e porque, dalgunha maneira, os rohirrim parecíanse a estes) e en Gondor falan nun inglés moi protocolario, os elfos, con frecuencia, en élfico etc.


Comparando as dúas obras de Tolkien máis próximas a "O Señor dos Aneis", se ben é certo que "O Silmarillion" é cronoloxicamente anterior ao Hobbit, non é exactamente a súa predecesora, xa que mentres aquela se dedica na súa inmensa maioría aos Días Antigos e ás loitas dos Elfos contra Morgoth polos Silmarils e o dominio de Beleriand, e na que nin sequera se mencionan os Hobbits, O Hobbit relata acontecementos moito máis próximos no tempo do Señor dos Aneis, podéndose considerar como o seu prólogo.



Personaxes |





Tolkien en 1916



  • Hobbits:

    • Frodo Bulseiro, o encargado de destruír o Anel.


    • Samsagaz "Sam" Gamllí, amigo e xardineiro de Frodo.


    • Peregrin "Pipin" Tuc, amigo de Frodo.


    • Meriadoc "Merri" Brandigamo, amigo de Frodo.


    • Bilbo Bulseiro, tío de Frodo, e protagonista d´O Hobbit, foi quen encontrou o anel.


    • Fredegar "Gordiño" Bocho, amigo de Pipin e Merri.


    • Rosiña Cotón, esposa de Samsagaz Gamllí.


    • Sméagol, que foi o primeiro hobbit que encontrou o anel do poder e a quen somerxeu nunha gran maldición consumíndose e converténdose nunha criatura chamada Gollum.



  • Homes:

    • Aragorn chamado tamén Alancadas e Elessar ("Pedra de Elfo", trixésimo nono herdeiro de Elendil por liña directa.


    • Boromir, fillo de Denethor.


    • Faramir, fillo de Denethor, irmán menor de Boromir.


    • Denethor, fillo de Ecthelion, señor e Mordomo de Gondor.


    • Théoden, Rei de Rohan.


    • Éomer, sobriño de Théoden e Terceiro Mariscal da Marca.


    • Éowyn, sobriña de Théoden e escudeira de Rohan.


    • Halbarad, montesío do Norte, axudante nos Campos de Pelennor, curmán de Aragorn.


    • Lingua de Verme, axudante de Saruman.



  • Elfos:

    • Legolas, fillo do Rei do Bosque Verde, Thranduil.


    • Elrond, señor de Valfendido, fillo de Eärendil.


    • Arwen Undómiel, filla de Elrond e neta de Galadriel.


    • Galadriel, a Dama do reino dos bosques de Lórien.


    • Celeborn, Esposo de Galadriel e Señor de Lothlórien.


    • Elladan, axudante de Aragorn nos campos de Pelennor, fillo de Elrond e xemelgo de Elrohir.


    • Elrohir, axudante de Aragorn nos campos de Pelennor, fillo de Elrond e xemelgo de Elladan.



  • Ananos:

    • Gimli, fillo de Glóin, representante da raza dos Ananos na novela.


    • Glóin, membro da Casa de Durin. Desempeña un importante papel n´O Hobbit.



  • Magos:

    • Gandalf o gris, o protector e amigo de Frodo, mago da orde dos Istari.


    • Saruman, líder da orde de magos, foi atraído ao lado escuro do anel debido ao seu extenso coñecemento do mesmo.


    • Radagast o Pardo, outro dos Istari, deulle a Gandalf a mensaxe de Saruman que lle fixo pensar que o anel de Frodo era o Único.


    • Os Magos Azuis.



  • Criaturas da Escuridade:

    • Sauron, un espírito antigo representante do Mal.

    • Os Nazgûl, os seus máis poderosos servidores, antigos reis dos homes que sucumbiron ao poder do Anel Único e convertéronse en escravos de Sauron.


    • Rei Bruxo de Angmar, capitán dos Nazgûl e dirixente dos exércitos de Mordor.


    • Grishnak, Uruk-hai,


    • Lurtz, Uruk-hai,


    • Shagrat, Uruk-hai,


    • Gothmog, orco de Minas Morgul. Segundo ó mando do exército de Mordor despois do Rei Bruxo de Angmar.



  • Outros personaxes:

    • Tom Bombadil.


    • Bagadouro, esposa de Tom Bombadil.


    • Bárbore, o máis antigo dos Ents, gardiáns do bosque.


    • Gwaihir, Señor das Grandes Aguias



Adaptacións |


Da novela realizáronse unha película de debuxos animados dirixida por Ralph Bakshi, que tivo un discreto éxito, e unha superprodución, presentada en tres partes como a novela, dirixida polo neozelandés Peter Jackson. Esta segunda adaptación tivo un grande éxito de público e reviviu o fenómeno Tolkien, sendo (as tres partes xuntas) a película de cine máis longa xamais rodada e a que conseguiu maior número de premios Oscar da Academia de Cine dos EUA, 17 Oscar entre as tres películas, sendo a máis galardoada a terceira parte, que obtivo 11 (os mesmos que un mito do cine, a película Ben-Hur), entre eles o de mellor película, mellor director e mellor guión adaptado.



Véxase tamén |



Outros artigos |


  • Arda

  • A triloxía de Peter Jackson inspirada na novela:
    • O Señor dos Aneis: A Irmandade do Anel

    • O Señor dos Aneis: As Dúas Torres

    • O Señor dos Aneis: O Regreso do Rei



  • Alan Lee, reputado ilustrador da novela e colaborador no deseño da triloxía de Peter Jackson.


Ligazóns externas |


  • Sobre a tradución á lingua galega da triloxía


  • A Irmandade do Anel, ficha en Xerais.


  • As Dúas Torres, ficha en Xerais.


  • O Regreso do Rei, ficha en Xerais.




Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=O_Señor_dos_Aneis&oldid=5025313"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.496","walltime":"0.789","ppvisitednodes":"value":1018,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":51538,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1556,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":10,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":12,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":13,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 663.982 1 -total"," 82.32% 546.579 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 7.61% 50.516 4 Modelo:Navbox"," 4.90% 32.509 1 Modelo:Libro"," 4.85% 32.224 1 Modelo:Título_en_cursiva"," 4.22% 28.029 1 Modelo:Infobox"," 3.42% 22.726 1 Modelo:O_Señor_dos_Aneis"," 2.31% 15.337 1 Modelo:J._R._R._Tolkien"," 2.10% 13.976 1 Modelo:1000_artigos_icona_título"," 1.88% 12.467 1 Modelo:Navbox_subgroup"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.320","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4635502,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1305","timestamp":"20190409074948","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":126,"wgHostname":"mw1254"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?