Frades Índice Demografía | Xeografía | Historia | Patrimonio | Galería de imaxes | Parroquias | Lugares de Frades | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación43°2′24″N 8°16′38″O / 43.04000, -8.27722concellodefrades.eseINEIGE"Evolución do uso do galego por concellos"eeWorldCat31673483665340011155557
AbegondoAmesArangaAresArteixoArzúaA BañaBergondoBetanzosBoimortoBoiroBoqueixónBriónCabana de BergantiñosCabanasCamariñasCambreA CapelaCarballoCariñoCarnotaCarralCedeiraCeeCercedaCerdidoCoirósCorcubiónCoristancoA CoruñaCulleredoCurtisDodroDumbríaFeneFerrolFisterraFradesIrixoaA LarachaLaxeLousameMalpica de BergantiñosMañónMazaricosMelideMesíaMiñoMoecheMonferoMugardosMurosMuxíaNarónNedaNegreiraNoiaOleirosOrdesOrosoOrtigueiraOutesOza-CesurasPadernePadrónO PinoA Pobra do CaramiñalPontecesoPontedeumeAs Pontes de García RodríguezPorto do SonRianxoRibeiraRoisSadaSan SadurniñoSanta CombaSantiago de CompostelaSantisoSobradoAs SomozasTeoToquesTordoiaTouroTrazoVal do DubraValdoviñoVedraVilarmaiorVilasantarVimianzoZas
Frades
latínprovincia da Coruñacomarca de Ordes2014fradenseMesíaArzúaO PinoOrosoBoimortoOrdesSan AmaroPonte CarreiraGafoirío TambreSantiago de CompostelaSobrado dos Monxesrío Samoclima oceánicoºCantigo réximeprovincia de Santiago de Compostelacondado de AltamiraFlandresMugardosCoruñaMadridCarlos II de Españalintelpazo do Peñascocruz de MaltaAiazomuseo etnográfico de FradesperpiañopresbiterioábsidaGafoiEstatuaAbellá (Santo Estevo)Aiazo (San Pedro)Añá (Santa María)Céltigos (San Xulián)Frades (San Martiño)Gafoi (Santa Mariña)Galegos (San Martiño)Ledoira (San Martiño)Mesos (San Salvador)Moar (Santaia)Papucín (Santa María)Vitre (San Xoán)Lugares de Frades
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Frades
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 43°2′24″N 8°16′38″O / 43.04000, -8.27722
Frades | |
---|---|
Ponte Carreira. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | fradense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Ordes |
Poboación | 2.385 hab. (2018) |
Área | 81,7 km² |
Densidade | 29,19 hab./km² |
Entidades de poboación | 12 parroquias |
Capital do concello | Cimadevila |
Política (2015) | |
Alcalde | Roberto Rey Martínez (PPdeG) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 8 |
Eleccións municipais en Frades | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 87,86% |
Na rede | |
concellodefrades.es | |
alcaldia@frades.dicoruna.es | |
Frades (do latín fratres, irmáns, seguramente monxes, freires dunha congregación relixiosa) é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.
Índice
1 Demografía
2 Xeografía
3 Historia
4 Patrimonio
4.1 Patrimonio civil
4.2 Patrimonio relixioso
5 Galería de imaxes
6 Parroquias
7 Lugares de Frades
8 Notas
9 Véxase tamén
Demografía |
Segundo o INE en 2014 tiña 2485 habitantes (2706 no 2009, 2841 no 2006, 2871 no 2005, 2920 no 2004, 2975 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fradense».
Censo total 2014 | 2485 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 176 (7,08 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1566 (63,02 %) |
Maiores de 65 anos | 743 (29,9 %) |
Evolución da poboación de Frades Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
3328 | 3766 | 4624 | 3655 | 2920 | 2566 | 13 | 14 | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía |
O concello ten 81,7 km², e abrangue 12 parroquias e 138 entidades de poboación. Limita ao norte con Mesía, ao sur con Arzúa, O Pino e Oroso, ao leste con Boimorto e ao oeste con Ordes. A capital está en San Amaro, e o maior núcleo de poboación é Ponte Carreira, na parroquia de Gafoi, á beira do río Tambre. Está a 33 km de Santiago de Compostela, sendo lugar de paso entre a capital galega e Sobrado dos Monxes.
Ten un relevo suave con altitudes entre os 441 m cara ao norte, e os 280 ao sueste, cara ao río Tambre. O río Samo, afluente do anterior, fai de fronteira con Ordes. Outros cursos menores son o Maruzo, o Gaiteiro, o Mostás e o Pío. Ten clima oceánico, con máis de 1400 mm de precipitacións anuais e unha temperatura media de 12 ºC.
Historia |
No antigo réxime pertencía á provincia de Santiago de Compostela, estando o territorio dividido nas xurisdicións de Mesía e Folgoso, esta última baixo tutela do condado de Altamira.
Patrimonio |
Patrimonio civil |
O pazo de San Martiño de Galegos é renacentista, do século XVII. Nel hospedáronse o 15 de abril de 1690 Mariana de Neoburgo e mailo seu irmán. Tras chegaren en barco desde Flandres a Mugardos, pasaron pola Coruña e Compostela para seguir en dirección á corte de Madrid. En agradecemento pola pousada, o rei Carlos II de España (esposo de Mariana) concedeu aos propietarios do pazo o dereito de ser pechado con cadea. No lintel hai unha inscrición ao respecto, co seguinte texto: En 15 de Abril de 1690 durmió en esta casa la Reina Ntra. Sra. D.ª Mariana de Neoburgo, mujer del rey Ntro. Sr. D. Carlos 2º, viniendo de la Coruña en Romería a Ntro. Santo Apóstol Santiago. Siendo dueños de esta Casa D. Antl. Mosquera Pimentel Riva de Neira casado con D.ª Baltasara Antonia de Luna Lovera y Valladares. Ad Majorem Dei Gloriam.
Actualmente o pazo pertence a unha orde relixiosa, á que lle foi doado. Conserva os escudos dos Mosquera Pimentel e dos Enríquez Novoa e a antiga capela cunha torre pequena máis moderna.
O pazo do Peñasco está na parroquia de Abellá. Foi construído no século XVII por Pedro Vázquez Vaamonde, pero foi reconstruído recentemente. Ten un escudo timbrado coa cruz de Malta e catro cuarteis: o «M» dos Montenegro, os escaques dos Bermúdez, a cabeza de lobo dos Moscoso e un castelo.
Outras casas grandes son a casa do Fogueteiro (Aiazo), casa de Botana (Cimadevila) e a casa do Cruceiro (Añá).
O museo etnográfico de Frades reúne útiles e ferramentas tradicionais do campo e do fogar.
Patrimonio relixioso |
Na igrexa de Céltigos apareceu unha pedra cunha inscrición do ano 969, facendo referencia á fundación dunha basílica e da casa de San Xulián. A pedra servía de perpiaño no arco de entrada ao presbiterio.
A igrexa de Papucín conserva a estrutura románica, pero foi reconstruída. No testeiro da ábsida ten un pequeno escudo incrustado. Está situada preto do casal de Quintá de Arriba.
A igrexa de Gafoi conserva unha porta románica, con dous pares de columnas, tímpano liso e arquivolta exterior xadrezada. No chan do adro hai unha cruz inscrita nun círculo, procedente do templo medieval.
A ermida de San Nicolás está no alto do monte do mesmo nome. En Moar está a ermida de San Roque, rodeada dunha fraga. En San Amaro está a ermida da Madalena, con dúas pedras con inscricións sobre a porta relativas á súa construción en 1668.
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes de Frades.
Casa do concello.
Estrada principal de Ponte Carreira, parroquia de Gafoi.
Estatua en homenaxe á muller rural, parroquia de Gafoi.
Detalle da anterior estatua.
Parroquias |
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Frades | |
---|---|
Abellá (Santo Estevo) | Aiazo (San Pedro) | Añá (Santa María) | Céltigos (San Xulián) | Frades (San Martiño) | Gafoi (Santa Mariña) | Galegos (San Martiño) | Ledoira (San Martiño) | Mesos (San Salvador) | Moar (Santaia) | Papucín (Santa María) | Vitre (San Xoán) |
Lugares de Frades |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Frades vexa: Lugares de Frades.
Notas |
↑ Véxase no Galizionario.
↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frades |
|
|
|
Categoría:
- Frades
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.456","walltime":"1.012","ppvisitednodes":"value":1242,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":43429,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2923,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":5954,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 887.772 1 -total"," 18.26% 162.063 1 Modelo:Concello"," 16.69% 148.191 1 Modelo:Infobox"," 13.43% 119.234 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 5.89% 52.298 1 Modelo:Listaref"," 5.30% 47.055 1 Modelo:Cita_web"," 3.49% 30.983 1 Modelo:Commonscat"," 3.25% 28.825 1 Modelo:ConcellosOrdes"," 2.98% 26.444 1 Modelo:Irmáns"," 2.90% 25.705 1 Modelo:Navbox_con_columnas"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.211","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3878018,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1243","timestamp":"20190318152033","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":131,"wgHostname":"mw1241"););