Laxe Índice Xeografía | Historia | Cultura | Economía | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación43°13′11″N 9°0′18″O / 43.21972, -9.00500www.concellodelaxe.comeINEIGE"Evolución do uso do galego por concellos"128 letras de cancións galegasee6357309341948
AbegondoAmesArangaAresArteixoArzúaA BañaBergondoBetanzosBoimortoBoiroBoqueixónBriónCabana de BergantiñosCabanasCamariñasCambreA CapelaCarballoCariñoCarnotaCarralCedeiraCeeCercedaCerdidoCoirósCorcubiónCoristancoA CoruñaCulleredoCurtisDodroDumbríaFeneFerrolFisterraFradesIrixoaA LarachaLaxeLousameMalpica de BergantiñosMañónMazaricosMelideMesíaMiñoMoecheMonferoMugardosMurosMuxíaNarónNedaNegreiraNoiaOleirosOrdesOrosoOrtigueiraOutesOza-CesurasPadernePadrónO PinoA Pobra do CaramiñalPontecesoPontedeumeAs Pontes de García RodríguezPorto do SonRianxoRibeiraRoisSadaSan SadurniñoSanta CombaSantiago de CompostelaSantisoSobradoAs SomozasTeoToquesTordoiaTouroTrazoVal do DubraValdoviñoVedraVilarmaiorVilasantarVimianzoZas
LaxeCosta da Morte
provincia da Coruñacomarca de BergantiñosIGE2016laxenseprovincia da Coruñacosta da Morteríaría de Corme e LaxeVimianzoCabana de BergantiñosZasocéano Atlántico1900castro de Torre da Moacastro de CastreloIdade MediaPedro Foilaz de TrabaAfonso Vséculo XIIAfonso IXséculo XIVséculo XVIII19 de decembro1830xeólogoIsidro Parga Pondal19001986Antón Zapata GarcíaBuenos Airesséculo XXagriculturapescaEspazo natural da Lagoa e Dunas de TrabaLaxe (Santa María)Nande (San Simón)Sarces (San Amedio)Serantes (Santa María)Soesto (Santo Estevo)Traba (Santiago)
(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());
Laxe
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 43°13′11″N 9°0′18″O / 43.21972, -9.00500
Laxe | |
---|---|
Vista xeral de Laxe | |
Situación | |
Xentilicio[1] | laxense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca de Bergantiños |
Poboación | 3.084 hab. (2018) |
Área | 36,9 km² |
Densidade | 83,58 hab./km² |
Entidades de poboación | 6 parroquias |
Capital do concello | Laxe |
Política (2015) | |
Alcalde | José Manuel Mouzo Castiñeira (PSdeG-PSOE) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 5 PSdeG-PSOE: 5 |
Eleccións municipais en Laxe | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 84,35% |
Na rede | |
www.concellodelaxe.com | |
info@concellodelaxe.com | |
Laxe é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños.
Segundo o IGE en 2016 tiña 3.148 habitantes (3.313 no 2012, 3.366 no 2011, 3.417 no 2010).
O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é laxense.
Índice
1 Xeografía
1.1 Situación
1.2 Demografía
2 Historia
3 Cultura
3.1 Toponimia
3.2 Laxe na cultura popular
4 Economía
4.1 Infraestruturas portuarias
4.2 Patrimonio
4.2.1 Patrimonio artístico
4.2.2 Patrimonio natural
5 Galería de imaxes
6 Notas
7 Véxase tamén
7.1 Outros artigos
Xeografía |
Situación |
Laxe está situado no noroeste da provincia da Coruña, no corazón da costa da Morte, e no extremo sur da ría que leva o seu nome. Limita ao norte coa ría de Corme e Laxe, ao sur con Vimianzo, ao leste con Cabana de Bergantiños e Zas e ao oeste co océano Atlántico.
Demografía |
Censo total 2014 | 3.207 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 314 (9.79 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2.029 (63.27 %) |
Maiores de 65 anos | 864 (26.94 %) |
Evolución da poboación dende 1900:
Evolución da poboación de Laxe Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
3.245 | 3.228 | 3.884 | 3.654 | 3.558 | 3.413 | 3.366 | 3.313 | 3.267 | 3.207 | 14 | |||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia |
A historia de Laxe remóntase a tempos prehistóricos, como o demostran os restos aparecidos no castro de Torre da Moa ou o castro de Castrelo. Ata aquí tamén chegaba a vía Per Loca Marítima construída polos romanos para acceder a todo este territorio. Estas terras foron gobernadas na Idade Media polos poderosos condes de Traba, entre os que destaca Pedro Foilaz de Traba. Este nobre, que se autodenominou Conde de Galicia, formou na súa xuventude ao rei Afonso V.
Posteriormente a zona de Laxe pasou a mans da familia Moscoso-Altamira. Outras familias ilustres como os Montero-Núñez tamén exerceron o seu poder en Laxe. A finais do século XII, residen en Soesto o rei Afonso IX e a súa esposa Dona Berenguela, reis de Galicia e León.
No século XIV constrúese a igrexa de Santa María da Atalaia, que tería a misión auxiliar de servir de defensa ante posibles ataques á poboación. Malia iso, no século XVIII a vila foi arrasada polos piratas ingleses.
O 19 de decembro de 1830 afóndese na baía o buque inglés "Adelaide". Procedente de Bristol con rumbo ás Antillas trasportando armas e ouro, o temporal que azoutaba esa noite a costa leva ao capitán Guillermo Dovel a buscar refuxio na ría. Soamente el e un mariño puideron chegar á praia. Ao día seguinte, foron aparecendo os corpos sen vida do resto da tripulación, entre a que se atopaba a muller e o fillo do capitán, que foron enterrados moi preto da igrexa de Santa María. Durante anos, o capitán Dovel volvía a Laxe para visitar a tumba, que na actualidade se atopa nun terreo privado.
Outros ilustres habitantes da vila foron o xeólogo Isidro Parga Pondal (1900 - 1986), que fundou en Laxe un interesante Laboratorio Xeolóxico, unha das institucións xeográficas máis importantes do mundo, e Antón Zapata García, importante poeta que emigrou a Buenos Aires a principios do século XX.
Cultura |
Toponimia |
A orixe do topónimo está na verba laxe, procedente da forma altomedieval lagena, de probable orixe celta.[3]
Laxe na cultura popular |
- Xuntaronse catro un día
os millores deste barrio,- mataron un gato a tiros
e o meteron nun saco.
- Vai o gato metido nun saco
vai o gato pra terra de Laxe,- vai o gato metido nun saco
Hai gatiño! xa non volve máis!.
- Aquel gato era un artista,
traballaba na ribeira,- agora é un bañista
na praia da castañeira.
- Vai o gato metido nun saco
vai o gato pra terra de Laxe,- vai o gato metido nun saco
Hai gatiño! xa non volve máis!.[4]
Economía |
É unha vila señorial e histórica que sempre tivo un grande arraigo turístico, debido principalmente á súa praia urbana, converténdose no verán nunha vila alegre e de grande encanto.
As fontes de riqueza da poboación do municipio son a agricultura e a pesca. Laxe é unha vila de gran tradición pesqueira, experimentando un grande auxe a mediados do século XX cunha ampla frota de baixura. Na súa lonxa podemos atopar toda clase de peixes e mariscos do día. Nos últimos anos, houbo un claro aumento do turismo.
Infraestruturas portuarias |
As principais actividades que se levan a cabo no peirao de Laxe están relacionadas coa pesca de baixura (motor principal da economía laxense). Así pois, o porto laxense é o único da Costa da Morte que está aumentando tanto o número de capturas como de embarcacións e de traballadores.
Outras actividades que se levan a cabo neste porto son: a descarga de atún e madeira así como tamén de ferro para construción.
Patrimonio |
Patrimonio artístico |
- Arqueolóxico
Castro de Castrelo, castro galaico da Segunda Idade de Ferro.
Fornela dos Mouros, dolmen no lugar do Aprazaduiro, en Nande.
- Civil
Pazo de Soesto ou de Leis, pazo do século XVI en Soesto.
Pazo do Aprazaduiro, pazo do século XVI, no lugar do Aprazaduiro, en Nande. Consérvanse só restos e paredes e a capela cos escudos.
Casa de Carrabete ou do Herdeiro en Serantes.
Faro de Laxe, de 11 metros de altura, atópase na punta Ínsua do cabo Laxe.
Casa do Arco, casa gótica do século XV na vila de Laxe.- Casa do Piñeiro, desaparecida, o seu escudo fica noutra casa da aldea do Piñeiro.
- Torres de Xallóns, desaparecidas, en Sarces. Só se conserva o escudo, que fica en Laxe, na casa de Isidro Parga Pondal.
- Casa do Pombal en Boaño, Traba.
- Casa de Tras do Río, en Traba.
- Casa da Cabanela, en Traba.
- Torres de Mórdomo, desaparecidas, en Mórdomo, Traba.
- Relixioso
Igrexa de Santa María da Atalaia, século XV.
Igrexa de Santiago de Traba, románica.
Igrexa de Santa María de Serantes, século XV con partes do século XII.
Ermida de Santa Rosa de Lima, século XII.
Patrimonio natural |
- Penedos de Traba en Traba., formacións rochosas ás que a erosión deu formas caprichosas.
- Praia de Laxe
Ó pé das casas a gran praia de Laxe, resgardada dentro da ría, caracterízase polas súas augas repousadas e limpas, e por ter unha area fina e moi branca.
Esténdese ó longo de case dous quilómetros. Por estar no mesmo centro da Vila de Laxe, conta con servizos propios dunha praia urbana: aparcadoiro para os coches, varias duchas ó longo do areal, autobuses, vixilancia, pasarelas, ramplas de acceso para os minusválidos, paseo marítimo, limpeza diaria, cruz vermella, sinalización do estado do mar, establecementos de hostalería e restauración moi próximos á praia etc.
- Praia de Soesto
A praia de Soesto é unha praia de reducidas dimensións -850 metros de extensión-, e caracterízase por ser un areal retirado, tranquilo, de area fina e de augas ás veces mansas e moitas outras feras que rachan coa dureza da costa rochosa do mar aberto. Praia ideal para a práctica do surf e por iso o último fin de semana de agosto ten lugar nas súas augas a celebración de probas deportivas pertencentes ó campionato de España.
- Praia de Traba
A praia de Traba é a praia máis grande, agreste, e con máis valor medioambiental de tódalas que hai en Laxe. Ten case tres quilómetros de lonxitude e está rodeada por un inmenso areal, con dunas, marismas e unha lagoa costeira cargada de lendas. O grande interese medioambiental da lagoa e da praia de Traba foi recoñecido ó ser declarada espazo natural co nome de Espazo natural da Lagoa e Dunas de Traba.
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes de Laxe.
|
Notas |
↑ Véxase no Galizionario.
↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
↑ Cabeza Quiles, Fernando (2008). Toponímia de Galicia. Galaxia, Vigo, px. 338. ISBN 978-84-9865-092-1.
↑ 128 letras de cancións galegas
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Laxe |
Outros artigos |
- Lugares de Laxe
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Laxe | |
---|---|
Laxe (Santa María) | Nande (San Simón) | Sarces (San Amedio) | Serantes (Santa María) | Soesto (Santo Estevo) | Traba (Santiago) |
|
|
|
Categorías:
- Laxe
- Costa da Morte
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.464","walltime":"0.624","ppvisitednodes":"value":1399,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":54753,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":4245,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":2,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":2554,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":3,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 466.487 1 -total"," 31.30% 145.991 1 Modelo:Concello"," 28.60% 133.436 1 Modelo:Infobox"," 21.98% 102.539 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 12.43% 58.004 1 Modelo:Listaref"," 11.48% 53.555 1 Modelo:Sen_referencias"," 10.69% 49.886 1 Modelo:Ifsubst"," 9.93% 46.336 1 Modelo:Ambox"," 9.55% 44.558 1 Modelo:Cita_web"," 5.54% 25.865 1 Modelo:Commonscat"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.189","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4237672,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1301","timestamp":"20190318160234","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":121,"wgHostname":"mw1274"););