Skip to main content

Rianxo Índice Xeografía | Cultura | Economía | Política e goberno | Cidades irmandadas | Galería de imaxes | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación42°39′N 8°49′O / 42.650, -8.817rianxo.gale"Evolución do uso do galego por concellos"IGEArquivadoArquivadoEleccións 2003"Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2011 - A Coruña - Rianxo 2011"Eleccións 2007"Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2015 - A Coruña - Rianxo 2015""Rianxo y Padrón afianzan su histórica hermandad"Páxina web do concelloPáxina web do concelloPáxina web de turismo do concelloRianxoeeWorldCat15266616700552506357340n200703205434620012694774

AbegondoAmesArangaAresArteixoArzúaA BañaBergondoBetanzosBoimortoBoiroBoqueixónBriónCabana de BergantiñosCabanasCamariñasCambreA CapelaCarballoCariñoCarnotaCarralCedeiraCeeCercedaCerdidoCoirósCorcubiónCoristancoA CoruñaCulleredoCurtisDodroDumbríaFeneFerrolFisterraFradesIrixoaA LarachaLaxeLousameMalpica de BergantiñosMañónMazaricosMelideMesíaMiñoMoecheMonferoMugardosMurosMuxíaNarónNedaNegreiraNoiaOleirosOrdesOrosoOrtigueiraOutesOza-CesurasPadernePadrónO PinoA Pobra do CaramiñalPontecesoPontedeumeAs Pontes de García RodríguezPorto do SonRianxoRibeiraRoisSadaSan SadurniñoSanta CombaSantiago de CompostelaSantisoSobradoAs SomozasTeoToquesTordoiaTouroTrazoVal do DubraValdoviñoVedraVilarmaiorVilasantarVimianzoZas


Topónimos con etimoloxíaRianxo


provincia da Coruñacomarca da BarbanzaLousameRoisBoiroDodroCatoirarío Ullaría de ArousaSantiago de CompostelaOurenseIGE2015RibeiraBoirorianxeiro/rianxeirarío Ullaría de ArousaCompostelaLousameRoisría de Arousaprovincia de PontevedraDodroCatoirarío UllaBoiroCastelaoManuel AntonioRafael Diestelatínparroquia do ArañohórreoGaliciacatedral de Santiago de CompostelaIllas CíesRía de VigoarqueolóxicomámoaspetróglifoscastrosCastriñoSercasTrabapazoshórreoscruceirosGaliciapesca de baixurasardiñaxoubamarisqueoberberechoameixamexillónagriculturaganderíaconserveiraturismoeconomíaAdolfo MuíñosBNG2011eleccións municipais do 2007BNGPPCastelaoRafael DiesteO Araño (Santa Baia)Asados (Santa María)Isorna (Santa María)Leiro (Santa María)Rianxo (Santa Comba)Taragoña (San Salvador)












Rianxo




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 42°39′N 8°49′O / 42.650, -8.817
























Rianxo

Bandeira de Rianxo---Escudo de Rianxo

Vila de Rianxo.jpg
Panorámica da vila.

Situacion Rianxo.PNG
Situación

Xentilicio[1]
rianxeiro/-a
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Barbanza
Poboación11.104 hab. (2018)
Área58,8 km²
Densidade188,84 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloRianxo
Política (2015)
Alcalde
Adolfo Muíños (BNG)
Concelleiros
BNG: 6
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 4
Outros: Rianxo en Común 2
Eleccións municipais en Rianxo
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes85,73%
Na rede
rianxo.gal
info@concelloderianxo.gal

Rianxo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.


Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes [3](11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².


O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.




Índice





  • 1 Xeografía

    • 1.1 Situación


    • 1.2 Demografía



  • 2 Cultura

    • 2.1 Toponimia


    • 2.2 Patrimonio


    • 2.3 Etnografía

      • 2.3.1 Festas e celebracións


      • 2.3.2 Folclore



    • 2.4 Rianxo na literatura popular



  • 3 Economía


  • 4 Política e goberno


  • 5 Cidades irmandadas


  • 6 Galería de imaxes


  • 7 Notas


  • 8 Véxase tamén

    • 8.1 Bibliografía


    • 8.2 Outros artigos


    • 8.3 Ligazóns externas





Xeografía |



Situación |


O concello de Rianxo atópase na marxe dereita do río Ulla e da ría de Arousa, a uns 50 km de Compostela. Rianxo fai fronteira polo norte cos concellos de Lousame e Rois; polo sur coa ría de Arousa, que o separa da provincia de Pontevedra; polo leste cos concellos de Dodro e Catoira (separada do territorio rianxeiro polo río Ulla), e polo oeste co concello de Boiro.



Demografía |










Censo total
11.386 (2015)
Menores de 15 anos
1.454 (12.77 %)
Entre 15 e 64 anos
7.165 (62.93 %)
Maiores de 65 anos
2.767 (24.3 %)

























Serie de poboación histórica de Rianxo
(Fonte/s: INE)
Ano19001930195019812004200920112012201320142015
Poboación8.2779.46111.12012.71511.58211.76911.78011.72911.59811.47911.386


Cultura |


Orixinarios da vila son personaxes de tanto peso na cultura galega coma Castelao, Manuel Antonio ou Rafael Dieste, entre outros.



Toponimia |


O topónimo de Rianxo provén seguramente do latín rivus angulus, «a curvatura do río» (Rivu(m) Ángulu(m) > Riv'ang'lo > Rianxo) dada a forma que describe a ría ao seu paso pola vila. Porén, tamén se especula con que provén de rivus amplus, «río ancho».



Patrimonio |


A vila de Rianxo destaca polo seu atractivo turístico e cultural. Na parroquia do Araño atópase o meirande hórreo de toda Galicia[4], en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). No tocante ao seu atractivo paisaxístico a vila destaca polo esteiro do Ulla, as súas praias e os miradores do Castro Barbudo, do Monte Pena e do Pico Muralla, dende o que se pode ver as torres da catedral de Santiago de Compostela e incluso as Illas Cíes, na bocana da Ría de Vigo, e aínda máis alá, ata preto da costa portuguesa. Rianxo tamén destaca polo seu patrimonio arqueolóxico e cultural. Na vila atópanse númerosas mámoas como Os Campiños; petróglifos, na actualidade están catalogadas 59 estacións rupestres no concello; castros como o do Castriño, o das Sercas ou o de Traba; ademais de igrexas, capelas, ermidas, pazos, hórreos e os máis de 188 cruceiros catalogados na vila[5].



Etnografía |



Festas e celebracións |


  • Festa da Guadalupe


Folclore |


Ademais de polas súas paisaxes e patrimonio, Rianxo tamén é coñecida por A Rianxeira, canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo dos emigrantes popularizada por emigrantes rianxeiros no exterior.



Rianxo na literatura popular |


Cantigueiro

  • A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros [6].


  • Aí vén o maio/ pola punta de Rianxo,/ vén a patadas/ co fillo do Macanxo [7].


  • Alá vén Nosa Señora/ andando pola ribeira,/ trai as perniñas ó aire,/ parece unha rianxeira [8].


  • Araño, meu Arañiño/ Na parroquia do Araño/ teño todo o meu cariño [9].


  • As miniñas de Rianxo/ pagan as rendas ó cuco,/ eu como son rianxeira/ ¡tócalle o pito, Farruco! [10][11].


  • As mociñas do Araño/ mentras os máis van á misa,/ quedan na corte coas vacas/ rillando palla maísa.


  • Cando veño do axexo,/ cando vou para a luzada/ quérote ver rianxeira/ sempre no muelle sentada [12].


  • De Rianxo, miña nai,/ de Rianxo para Noia,/ de Rianxo, miña nai,/ que se fai a festa toda [13].


  • Deprendéronme a cantar/ as neniñas de Rianxo,/ deprendéronme a cantar/ indo polo mar abaixo [14].


  • En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna [15].


  • Eu caseime no Araño/ co fillo dun arañón,/ pensando que non pasaba fame/ o forno da miña sogra cría silvas no verán.


  • Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño [16].


  • Para bailar e cantar/ xa Rianxo ten a sona,/ para rapazas bonitas/ vivan as de Taragoña [17].


  • Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro [18].


  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de laranxo/ quen che mandou dar pintura/ foi o cura de Rianxo [19].


  • Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño [20].


  • Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [21].


  • Si o río de Te/ fora de coñá/ máis de catro mozos/ irían alá [22].


  • Teño un amor en Rianxo/ outro en Vilagarcía./ Para ver os meus amores/ teño que cruza-la ría.


Economía |


Na vila de Rianxo o sector predominante é o primario no que destacan principalmente a pesca de baixura (sobre todo da sardiña e da xouba), o marisqueo (do berberecho e da ameixa), e o cultivo do mexillón, existindo tamén outras actividades como a agricultura, a explotación forestal e a gandería. A maior presenza industrial é a conserveira. Nos últimos anos produciuse un notable incremento do turismo que influíu notable e positivamente na economía da vila, chegando nos meses estivais case a duplicarse a poboación. En Rianxo existe unha grande oferta de festas variadas, actos culturais e actividades deportivas[23].



Política e goberno |





Casa do concello



Artigo principal: Eleccións municipais en Rianxo.

Adolfo Muíños (BNG) é o alcalde de Rianxo dende xuño de 2011, cando accedeu ao posto tras as eleccións do 22 de maio de 2011[24]. Nas eleccións municipais do 2007, cun 63,77% de participación, o PSdG-PSOE foi o partido máis votado con 3.540 votos (49,73 %), obtendo así a maioría absoluta con 9 edís; o BNG foi a segunda candidatura máis votada con 1.737 sufraxios (24,40%) e 4 concelleiros, seguido polo PP con 1.725 apoios (24,23%) e 4 representantes[25].

























Eleccións municipais, 25 de maio de 2003[26]

Partido

Votos

%

Concelleiros

PSOE
4.404
58,88 %
11

PP
1.275
16,47 %
3

BNG
1.178
15,22 %
2
  • Alcalde electo: Pedro Piñeiro Hermida (PSOE).


















Eleccións municipais, 22 de maio de 2011[27]

Partido

Votos

%

Concelleiros

PP
2.439
36.11 %
6

BNG
2.146
31.77 %
6

PSOE
2.030
30.05 %
5
  • Alcalde electo: Adolfo Muíños (BNG).


















Eleccións municipais, 27 de maio de 2007[28]

Partido

Votos

%

Concelleiros

PSOE
3.540
49,27 %
9

BNG
1.737
24,18 %
4

PP
1.725
24,01 %
4
  • Alcalde electo: Pedro Piñeiro Hermida (PSOE).






















Eleccións municipais, 2 de xuño de 2015[29]

Partido

Votos

%

Concelleiros

BNG
2.164
34.38 %
6

PP
1.687
26.80 %
5

PSOE
1.662
26.41 %
4

SON
695
11.04 %
2
  • Alcalde electo: Adolfo Muíños (BNG).


Cidades irmandadas |



  • Requeixo (Zamora).[30]


  • Padrón (A Coruña).[31]


Galería de imaxes |


Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Rianxo


Vila de Rianxo



Notas |




  1. Véxase no Galizionario.


  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 


  3. IGE


  4. http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=374&idIdioma=2 Arquivado 16 de agosto de 2009 en Wayback Machine. O hórreo máis grande


  5. Lois M. Blanco, La Voz de Galicia, 4.03.1993.


  6. A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Fermín Bouza Brey 1929, 203. No orixinal: Atalaya, non-a.


  7. Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: Ahí, ven, pol-a.


  8. Fermín Bouza-Brey 1929, 184. No orixinal: ven, pol-a, ô.


  9. Fermín Bouza Brey 1929, 202.


  10. José Pérez Ballesteros, II, 54,17. No orixinal: tócall'o pito.


  11. Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: neniñas, ô cuco.


  12. Lino Lema Bouzas, 13. No orixinal: asexo. Pescar ó axexo é facelo desde o solpor ata que se fai noite; e pescar á luzada é facelo ó mencer.


  13. Fermín Bouza-Brey 1929, 204. No orixinal: Noya.


  14. Fermín Bouza-Brey 1929, 166.


  15. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Atalaya. Somoza, A Marquesa e A Atalaia son tres lugares da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).


  16. Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Teayo.


  17. Fermín Bouza-Brey 1929, 172.


  18. Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey 1929, 162.


  19. Fermín Bouza-Brey 1929, 184.


  20. Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo. Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 184.


  21. Refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras; Bouza Brey engade que estas illas aparecen como ínsua de San Bartolomeu nas cartas de navegación antigas. Fermín Bouza-Brey 1929, 187. No orixinal: de unha, de outra.


  22. O río Te (ou río da Torre) atravesa a parroquia de Taragoña, en Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 187.


  23. http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=151&idIdioma=2 Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Economía de Rianxo


  24. http://eleccions.crtvg.es/eleccions/historico.php?id=1076[Ligazón morta] Histórico das Eleccións Municipais nos concellos galegos


  25. http://www.elpais.com/comunes/2007/elecciones/municipales/Rianxo/15/072/ Resultados Elecciones Municipales 2007 - Rianxo en castelán


  26. Eleccións 2003


  27. "Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2011 - A Coruña - Rianxo 2011". elecciones.mir.es. Consultado o 2016-06-22. 


  28. Eleccións 2007


  29. "Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2015 - A Coruña - Rianxo 2015". elecciones.mir.es. Consultado o 2016-01-14. 


  30. http://www.laopiniondezamora.es/comarcas/2010/07/03/requejo-rianxo-hermanados-virgen-guadalupe/447317.html Noticia en "La Opinión de Zamora" en castelán


  31. "Rianxo y Padrón afianzan su histórica hermandad". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-09-12. Consultado o 2018-07-04. 



Véxase tamén |





Bibliografía |



  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].


  • LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.


  • PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña. 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.


Outros artigos |


  • Lugares de Rianxo


Ligazóns externas |


  • Páxina web do concello

  • Páxina web do concello

  • Páxina web de turismo do concello


  • Rianxo en OpenStreetMap.




Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo


O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Rianxo&oldid=4908152"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.692","walltime":"0.882","ppvisitednodes":"value":1907,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":51337,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":2463,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":6,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":24129,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":7,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 684.613 1 -total"," 24.08% 164.846 1 Modelo:Concello"," 21.98% 150.483 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 21.55% 147.516 1 Modelo:Infobox"," 20.53% 140.535 1 Modelo:Listaref"," 11.47% 78.558 3 Modelo:Cita_web"," 5.65% 38.710 1 Modelo:Coordenadas"," 4.47% 30.609 1 Modelo:Commonscat"," 3.98% 27.259 1 Modelo:Irmáns"," 3.97% 27.194 1 Modelo:Concellos_O_Barbanza"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.285","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":5818010,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1307","timestamp":"20190318160244","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":166,"wgHostname":"mw1255"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?