Skip to main content

Cabanas Índice Xeografía | Historia | Cultura | Infraestruturas | Galería de imaxes | Parroquias | Lugares de Cabanas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación43°25′10″N 08°09′41″O / 43.41944, -8.16139www.cabanas.ese"Evolución do uso do galego por concellos""Series históricas de poboación de España"o orixinal"Series históricas de poboación de Galicia""Gravados rupestres no Couto dos Golpes (Santa Cruz do Salto, concello de Cabanas)""Arqueoloxía e paisaxe. O arco ártabro desde a prehistoria recente ata o medievo""Catálogo de torques ártabros""O grupo aristocrático dos Fróilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII""Algúns datos do Couto de Regoela no século XVI""Historia de Cabanas""Catastro de Ensenada""Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar"CabanaseeWorldCat171462178598091428736357285347279

AbegondoAmesArangaAresArteixoArzúaA BañaBergondoBetanzosBoimortoBoiroBoqueixónBriónCabana de BergantiñosCabanasCamariñasCambreA CapelaCarballoCariñoCarnotaCarralCedeiraCeeCercedaCerdidoCoirósCorcubiónCoristancoA CoruñaCulleredoCurtisDodroDumbríaFeneFerrolFisterraFradesIrixoaA LarachaLaxeLousameMalpica de BergantiñosMañónMazaricosMelideMesíaMiñoMoecheMonferoMugardosMurosMuxíaNarónNedaNegreiraNoiaOleirosOrdesOrosoOrtigueiraOutesOza-CesurasPadernePadrónO PinoA Pobra do CaramiñalPontecesoPontedeumeAs Pontes de García RodríguezPorto do SonRianxoRibeiraRoisSadaSan SadurniñoSanta CombaSantiago de CompostelaSantisoSobradoAs SomozasTeoToquesTordoiaTouroTrazoVal do DubraValdoviñoVedraVilarmaiorVilasantarVimianzoZas


Cabanas


provincia da Coruñacomarca do EumeIGE2014cabanésGalizaprovincia da Coruñaría de Arescomarca do EumeFeneCapelaPontedeumeMonferorío EumeSantiago de CompostelaCoruñaFerrolmarismaSan Martiño de PortoCabanasIrísSoaserracanón do EumeCapelaría de FerrolLimodreSoaserraesteiroSanta Cruz do Saltorío CastroLaraxeRegoelarío Belelleséculo XX199120122014Prehistoriapetróglifoscastro das ModiastorqueDeputación da CoruñaMuseo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo AntónAntigüidade Tardíaparroquial suevoOdoarioAlta Idade MediaEumeBezoucosSan Rosendomosteiro de CaaveiroXIPedro Froilazconde de TrabaIrísAfonso VIIcondes de AndradeTombo de CaaveiroFernando IIICouto de CaaveiroIdade Modernacondes de LemosPontedeumeCaaveiro1820Pontedeumecultura megalíticacultura castrexacastroscastro de PiñeirosRegoelacoto do CastroIríscastro das ModiasSan Martiño de PortorenacentistabarrocopolicromadaadroLaraxeSan Martiño de Porto1771cruceirospazo de RiobóCabanasCaaveiroponte dos AndradeFernán Pérez de AndradeEuropahórreosmuíñoslagaresRegoelaSoaserrarío Castropraia da Madalenapraia de Chamosofragas do Eumebosque atlánticoárboresfungosliques19 de marzo1914AP-9polígono industrial de Vilar do Coloestrada nacionalBetanzosFerrolLimodreRedesAresMugardosGoentePontes de García RodríguezArealAVECampo do Oitopraia da Madalenapolígono industrialBarallobrerío EumePontedeumepraia da MadalenaCabanas (Santo André)Irís (Santo Estevo)Laraxe (San Mamede)Regoela (San Vicente)San Martiño de Porto (San Martiño)Santa Cruz do Salto (Santa Cruz)Soaserra (Santa Olaia)Lugares de Cabanas










(function()var node=document.getElementById("mw-dismissablenotice-anonplace");if(node)node.outerHTML="u003Cdiv class="mw-dismissable-notice"u003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-close"u003E[u003Ca tabindex="0" role="button"u003Eagocharu003C/au003E]u003C/divu003Eu003Cdiv class="mw-dismissable-notice-body"u003Eu003Cdiv id="localNotice" lang="gl" dir="ltr"u003Eu003Ctable class="plainlinks fmbox fmbox-system plainlinks" style="background:#fffdf5; border:1px solid #ffc5a6; margin:1em auto 1em auto; padding: 0.5ex; text-align: center;"u003Enu003Ctbodyu003Eu003Ctru003Ennu003Ctd class="mbox-text" style=""u003E u003Cbu003Eu003Ca href="/wiki/Carl_Sagan" title="Carl Sagan"u003ECarl Saganu003C/au003Eu003C/bu003E é candidato a u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade" title="Wikipedia:Artigos de calidade"u003Eartigo de calidadeu003C/au003E. u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Votaci%C3%B3ns#Quen_pode_votar?" title="Wikipedia:Votacións"u003ESe reúnes os requisitosu003C/au003E podes u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cbu003Eparticipar na votaciónu003C/bu003Eu003C/au003E. u003C/tdu003Enu003Ctd class="mbox-imageright"u003E u003Ca href="/wiki/Wikipedia:Artigos_de_calidade/Votaci%C3%B3ns" title="Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións"u003Eu003Cimg alt="Cscr-candidate.svg" src="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/30px-Cscr-candidate.svg.png" decoding="async" width="30" height="25" srcset="//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/45px-Cscr-candidate.svg.png 1.5x, //upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3d/Cscr-candidate.svg/60px-Cscr-candidate.svg.png 2x" data-file-width="522" data-file-height="438" /u003Eu003C/au003E u003C/tdu003Enu003C/tru003Enu003C/tbodyu003Eu003C/tableu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003Eu003C/divu003E";());




Cabanas




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura



Coordenadas: 43°25′10″N 08°09′41″O / 43.41944, -8.16139
























Cabanas
Escudo de Cabanas

Cabanas.Galiza.07.jpg
Vista xeral de Cabanas

Situacion Cabanas.PNG
Situación

Xentilicio[1]
cabanés/cabanesa
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Eume
Poboación3.318 hab. (2018)
Área30,3 km²
Densidade109,5 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloCabanas
Política (2015)
Alcalde
Germán Castrillón Permuy (PPdeG)
Concelleiros
BNG: 1
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 3
Outros: AEC 1, PDDdG 1
Eleccións municipais en Cabanas
Uso do galego[2] (2011)
Galegofalantes30,22%
Na rede
www.cabanas.es
cabanas@fegamp.es

Cabanas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE, en 2014 tiña 3.294 habitantes (3.346 en 2011). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés[3].




Índice





  • 1 Xeografía

    • 1.1 Situación


    • 1.2 Orografía


    • 1.3 Hidrografía


    • 1.4 Demografía



  • 2 Historia


  • 3 Cultura

    • 3.1 Patrimonio

      • 3.1.1 Patrimonio arqueolóxico


      • 3.1.2 Patrimonio arquitéctonico


      • 3.1.3 Patrimonio natural



    • 3.2 Festas e celebracións



  • 4 Infraestruturas

    • 4.1 Infraestruturas de transporte


    • 4.2 Infraestruturas portuarias


    • 4.3 Infraestruturas industriais



  • 5 Galería de imaxes


  • 6 Parroquias


  • 7 Lugares de Cabanas


  • 8 Notas


  • 9 Véxase tamén




Xeografía |



Situación |


O concello de Cabanas está situado na faixa costeira de Galiza, ao nordeste da provincia da Coruña. É o único concello incluído integramente na denominada ría de Ares. Enmarcado na comarca do Eume, limita ao norte e o oeste co concello de Fene, ao leste co concello da Capela, e ao sur coa ria de Ares e cos concellos de Pontedeume e Monfero, dos que o separa o río Eume. A capital do concello está a 82 quilómetros de Santiago de Compostela, a 37 da Coruña e a 15 de Ferrol.



Orografía |


A xeomorfoloxía defínese pola transición entre a faixa costeira e as superficies de achanzamento inferior, producindo unha superficie moi accidentada.


Na parte sur do concello a paisaxe, de oeste a leste, distínguese polas praias, acantilados e marisma nas parroquias de San Martiño de Porto e Cabanas, e o val do río Eume, amplo na parroquia de Irís, e angosto na de Soaserra, onde xa forma parte do canón do Eume.


Ao leste érguense as elevacións da Serra, que serven de límite co concello da Capela, e onde se achan as maiores elevacións do concello, sendo o pico da Aguia con 474 metros a maior altura.


O centro do concello está salpicado doutras estribacións, entre as que destacan Punxeiro con 389 metros e o coto do Castro de 343 metros. A zona norte está formada por terras que descenden das estribacións centrais cara á ría de Ferrol. No oeste do concello elévanse pequenos outeiros que forman o límite natural coa parroquia fenesa de Limodre.



Hidrografía |


O río principal é o Eume, que baña o sur do concello e fai de fronteira cos concellos de Monfero e Pontedeume. Ao leste, na parroquia de Soaserra encóntrase no canón do Eume, abríndose o val na parroquia de Irís, e formando pouco antes da súa desembocadura un amplo esteiro na parroquia de Cabanas. Agás algún curso rápido de agua que baixa polo canón, non posúe afluentes nas terras do concello.


Na parroquia de Santa Cruz do Salto nace o río Castro que baña esta parroquia e as de Laraxe e San Martiño de Porto, desembocando na ría de Ares no límite co concello de Fene.


As terras da parroquia de Regoela, no nordeste do concello, forman parte da conca do río Belelle, que nesta parte fai de límite co concello de Fene.



Demografía |


Durante o século XX, a poboación de Cabanas sufriu todo tipo de tendencias. Logo dun período de estancamento ou crecemento feble durante o primeiro terzo, aumenta considerabelmente no terzo seguinte chegando a superar os 5.000 habitantes nos anos sesenta. Nas dúas décadas seguintes sofre un baixón espectacular, situándose en pouco máis de 3.000 habitantes en 1991. A partir deste ano experimenta un notábel aumento, aínda que non suficiente para recuperar a perda das décadas anteriores, situándose en 2012 en 3.299 habitantes.


No seguinte gráfico asociado á táboa que lle segue, apréciase a evolución comentada:[4][5]





























Evolución da poboación desde

1900 ata 2011



1900



1910

1920

1930

1940

1950

1960

1970

1981

1991

2001

2011

3.322


3.447
3.443
3.584
4.100
4.380
5.014
5.001
3.500
3.074
3.292
3.346



En 2014 a distribución da poboación por tramos de idade era:










Censo total 20143.294 habitantes
Menores de 15 anos
363 (11.02 %)
Entre 15 e 64 anos
2.057 (62.45 %)
Maiores de 65 anos
874 (26.53 %)


Historia |




Torque de San Martiño de Porto, castro das Modias. Actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón.


Polo que respecta á Prehistoria, en Santa Cruz do Salto descubriuse un conxunto de petróglifos[6] ao carón do conxunto tumular neolítico do coto dos Golpes[7]. No castro das Modias achouse un torque que foi adquirido pola Deputación da Coruña en 1868, consérvase actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón[8]. Na Antigüidade Tardía o territorio preséntase adscrito á diocese de Bretoña no parroquial suevo do século VI e Laraxe rexístrase na doazón de Odoario a Santa María de Lugo no século VIII[9].


No remate da Alta Idade Media, a terra ao norte do río Eume denomínase por primeira vez como Bezoucos[10] e en 936 Santa Cruz do Salto e Soaserra forman parte da doazón de San Rosendo ao mosteiro de Caaveiro. Por volta do século XI, a documentación notarial acredita posesións de Pedro Froilaz, conde de Traba, en Porto, Laraxe e Irís[11]. Desde 1117, Regoela constitúe un couto redondo dependente do mosteiro de San Martiño de Xubia, a través dunha doazón de Afonso VII. Este cenobio afórallo posteriormente a Alonso de Parga, que transmite o foro aos seus descendentes[12]. Asemade, o Couto de Porto pertence en 1156 ao bispado de Mondoñedo, probablemente por doazón da casa de Traba, e no século XV é arrendado aos condes de Andrade[13], que antes se chamaron a Laraxe.


A vila de Cabanas documéntase no Tombo de Caaveiro no ano 1175[14], como vila no Couto de Irís. Mediante doazón, Fernando III incorpora Irís ao Couto de Caaveiro no 1238[15] e , en substitución da Capela, a vila de Cabanas convértese na sede prioral e administrativa de Caaveiro no século XV.


Na Idade Moderna, o territorio municipal divídese entre o priorato de Caaveiro, por unha banda, e pola outra os condes de Lemos logo demarcación de Pontedeume[16]. Antes de extinguirse a sede administrativa do antigo couto en 1835, constitúese o concello constitucional de Porto entre 1821 e 1822. En 1846 o Concello de Cabanas aglutina as sete parroquias actuais e a parroquia de Caaveiro[17], que acabará por pasar á Capela en 1925.


No ámbito xudicial, o territorio repártese entre as xurisdicións priorais e a nobiliaria ata que en 1820 as parroquias actuais máis Caaveiro aparecen incluídas dentro do partido de Pontedeume, en que permanecen ata 1867. Tras un breve período de tempo na xurisdición de Ferrol, volven pertencer a Pontedeume ata que, en 1965, definitivamente o Concello de Cabanas pasa á xurisdición de Ferrol.



Cultura |



Patrimonio |



Patrimonio arqueolóxico |


A cultura megalítica está representada por 29 túmulos distribuídos na zona centro-oriental de Cabanas, destaca a necrópole do coto dos Golpes e coto de Punxeiro, con 21 monumentos funerarios. Tamén hai manifestacións da cultura castrexa reflectidas en tres castros: o castro de Piñeiros, en Regoela; o coto do Castro, en Irís, e o castro das Modias, en San Martiño de Porto.



Patrimonio arquitéctonico |





Cruceiro do Areal, situado actualmente no Campo do Oito.


En canto á arquitectura relixiosa, destaca a igrexa parroquial de San Martiño de Porto, que aparece citada en distintos documentos dende o século XV e a capela de Riobó, que é de estilo renacentista. Nela hai restos dun altar barroco en madeira policromada. No adro da igrexa de San Mamede de Laraxe localízase a Pía de San Mamede, á que se lle atribúe un carácter máxico porque sempre ten auga e nunca esgota o seu manancial nin en épocas de seca. A capela do Bo Xesús, no Pudrical, en San Martiño de Porto, é unha pequena igrexa de estilo barroco fundada no ano 1771. Tamén hai constancia documental sobre a existencia de varias capelas desaparecidas. Os cruceiros adoitan situarse en cruzamentos de camiños, en adros de igrexas ou en lugares aos que se lles supón certo carácter máxico. En Cabanas hai catro cruceiros, entre os que destaca o do Areal que presenta como elemento decorativo unha flor con catro puntas.


No municipio tamén hai numerosos pazos, coma o de Fraián, en San Martiño de Porto; o pazo de Riobó, na vila de Cabanas ou o de Caaveiro que conserva o escudo do Real Padroado de Caaveiro cunha inscrición que di que foi reedificado entre os anos 1742 e 1748. En relación coa ponte dos Andrade, a lenda conta que foi construída nunha soa noite por unha aposta co demo, quen, por non colocar a derradeira pedra antes de romper o día, non puido cobrar o prezo da aposta. Esta obra, levantada a expensas de Fernán Pérez de Andrade, foi considerada como a máis grande de Europa na súa clase.


As construcións populares están representadas polos numerosos hórreos, cabazos, muíños, lagares e fontes. Destacan entre os máis de 200 hórreos que se localizan no municipio: o do Pazo de Riobó, o de Fraián e o de Xavariz. Os cabazos constrúense nas parroquias de Regoela e Soaserra, para almacenar gran en épocas de boas colleitas cando os hórreos son insuficientes. O concello de Cabanas conserva restos de preto de medio centenar de muíños, dos que aínda funcionan polo menos unha ducia. Todos son hidráulicos e só un é mixto, de mareas e río, está situado na desembocadura do río Castro. A tradición do viño conservouse neste territorio fundamentalmente nas parroquias de Irís e Cabanas.



Patrimonio natural |


Localizados nun fondo da ría están o piñeiral e a praia da Madalena, que, cun proceso de regulación urbanística, son un exemplo único na nosa xeografía litoral. As súas características naturais, as súas augas tranquilas, a calidade da area e o seu extenso e frondoso piñeiral vense complementados cuns servizos excelentes (fontes, mesas e asentos rústicos, grelladas etc), ademais da ampla oferta en restauración e aloxamento hoteleiro que se brinda no propio concello.


A praia de Chamoso está nunha costa acantilada á que se accede por unha pista situada fronte á igrexa de San Martiño de Porto e ofrece outra alternativa ao bulicio da primeira.


Xa cara ao interior, as fragas do Eume constitúen un espazo natural destacable, considerado como "o bosque atlántico costeiro máis importante e mellor conservado de Europa". Existen máis de 20 especies de árbores e máis de 100 especies de fungos e 250 de liques.



Festas e celebracións |


Hai constancia dalgunhas festas de carácter ecoloxista celebradas antano, como a Festa da Árbore o día 19 de marzo de 1914 e que hoxe continúa no Día do Ambiente cando se plantan árbores tanto de doazóns oficiais coma de particulares. A popular romaría de santa Marta ten lugar, dende a súa recuperación en 1990, no piñeiral da Madalena, o domingo posterior ao 29 de xullo. As sete parroquias de Cabanas festexan anualmente os seus patróns con comidas familiares, gaitas, bailes e verbenas nocturnas:


  • San Vicente en Regoela, o 22 de xaneiro.

  • Santa Cruz en Salto, o 3 e 4 de maio.

  • San Lourenzo en Laraxe, os días 10, 11 e 12 de agosto.

  • San Martiño de Porto, o 11 e 12 de novembro.

  • Santo Andrés en Cabanas, o 30 de novembro e 1 de decembro.

  • Santa Eulalia en Soaserra, o 10 de decembro.

  • Santo Estevo en Irís, o 26 de decembro.


Infraestruturas |



Infraestruturas de transporte |


A principal vía de comunicación que atravesa o concello é a autoestrada do Atlántico AP-9 que ten dúas saídas en Cabanas, unha a carón do río Eume e outra no polígono industrial de Vilar do Colo.


Séguelle en importancia a estrada nacional 651 (antigo ramal Betanzos-Ferrol da nacional VI). Do cruzamento de Cardeita parten a estrada AC-122 en dirección a Limodre, que comunica con Redes, Ares e Mugardos; e a AG-564 ata Goente, comunicando coas Pontes de García Rodríguez.


A liña ferroviaria Betanzos-Ferrol pasa polo concello, posuíndo unha estación no lugar do Areal. Está proxectada unha estación da futura liña do AVE A Coruña-Ferrol.



Infraestruturas portuarias |


Existe un pequeno punto de atraque preto da desembocadura do río Eume, no lugar do Campo do Oito. A praia da Madalena, na súa punta norte, fai de atracadoiro natural.



Infraestruturas industriais |


Os concellos de Cabanas e Fene comparten o polígono industrial de Vilar do Colo, en terras de Laraxe e Barallobre.



Galería de imaxes |



Artigo principal: Galería de imaxes de Cabanas.


Véxase tamén: Galería de imaxes da praia da Madalena.


Parroquias |





Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cabanas


Cabanas (Santo André) | Irís (Santo Estevo) | Laraxe (San Mamede) | Regoela (San Vicente) | San Martiño de Porto (San Martiño) | Santa Cruz do Salto (Santa Cruz) | Soaserra (Santa Olaia)



Lugares de Cabanas |


Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cabanas vexa: Lugares de Cabanas.



Notas |




  1. Véxase no Galizionario.


  2. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014. 


  3. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7


  4. INE (ed.). "Series históricas de poboación de España" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 15 de abril de 2013. 


  5. IGE (ed.). "Series históricas de poboación de Galicia". Consultado o 15 de abril de 2013. 


  6. Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos (2006). "Gravados rupestres no Couto dos Golpes (Santa Cruz do Salto, concello de Cabanas)" (PDF). Anuario Brigantino (29). 


  7. Carneiro Rey e Serrano Otero (2000). "Arqueoloxía e paisaxe. O arco ártabro desde a prehistoria recente ata o medievo" (PDF). Cátedra. Revista Eumesa de Estudios (7): 133–135. 


  8. Martínez López, Mª Carmen (2014). "Catálogo de torques ártabros" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (21): 105. 


  9. García Conde, A. (1951). "Documentos Odoarianos". Boletín de la Comisión provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo 4 (35): 85–88. ... in Besancos sancto Mamete de Larido, et sancto Georgio de Castrobomir ab integro stipatas de familia mea 


  10. Fernández de Viana y Vieites, J.I., González Balasch, M.T., Pablos Ramírez, J.C. de (1996). "El Tumbo de Caaveiro". Cátedra. Revista eumesa de estudios (3): 267–437. [Ano 890, doc. 2151, páx. 323] ... sicuti et donamus nostram villam propriam que est in territorio Bisaquis, villa que vocant Calavario, que fuit patris mei Begicarii... 


  11. Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Fróilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (13): 355–433. ... manifestan que esa presencia dos antepasados do conde no termo de Porto foi unha realidade innegábel... páx. 360 


  12. González López, Dolores (2007). "Algúns datos do Couto de Regoela no século XVI" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (14): 221–250. 


  13. "Historia de Cabanas". Consultado o 14 de xullo de 2018. [Ligazón morta]. Documento de doazón do 1407 "[...] arrendamos et demos en çensso a uos Nunno Freyre d -Andrade fillo de Pedro Fernandes d -Andrade que foy para en todo tenpo de uossa bide conuen a saber que uos arrendamos os nossos coutos de San Martinno do Porto que he açerca da Pontedeume en terra de Besancos [...]" consultado en http://sli.uvigo.es/xelmirez/


  14. Fernández de Viana y Vieites et allii (1996). "El Tumbo de Caaveiro". Cátedra. Revista eumesa de estudios (3): 267–437. [Ano 1153, doc. 2181, páx. 351] ... illo quinione de Gundisalvo Menendiz; et de ipso casale de Cabanas, quod tenebat Muninus Monacus, mea directura... [Ano 1175, doc. 2184, páx. 354] ... est ipsa hereditate in terra Bisaquis, in villa que vocitant Cabanas, discurrente ad aulam Sancti Stephani de Herenes... 


  15. Op. cit. Ano de 1238, doc. 2143, páx. 317-318 "dono itaque vobis et concedo ecclesiam Sancti Stephani de Herenes cum sua filigresia et cum suo cauto..." http://corpus.cirp.gal/codolga/


  16. "Catastro de Ensenada". 2015-03-20. 


  17. "Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar". 2018-05-30. 



Véxase tamén |





  • Cabanas en OpenStreetMap.



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cabanas&oldid=5026573"










Menú de navegación


























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.560","walltime":"1.078","ppvisitednodes":"value":2132,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":64067,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":3387,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":21880,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 940.827 1 -total"," 16.43% 154.624 1 Modelo:Listaref"," 15.40% 144.863 1 Modelo:Concello"," 13.84% 130.170 1 Modelo:Infobox"," 10.35% 97.345 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 7.15% 67.299 4 Modelo:Cita_web"," 5.27% 49.605 10 Modelo:Cita_publicación_periódica"," 3.57% 33.611 1 Modelo:Coordenadas"," 2.76% 25.990 1 Modelo:Commonscat"," 2.40% 22.534 1 Modelo:Irmáns"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.242","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":4849109,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1295","timestamp":"20190323005441","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Cabanas","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Cabanas","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q974129","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q974129","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-11-10T15:28:41Z","dateModified":"2019-01-02T00:48:10Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/gl/0/0f/Cabanas.Galiza.07.jpg","headline":"concello da provincia da Coruu00f1a"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":148,"wgHostname":"mw1251"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?