Sufraxio feminino Índice Liña temporal | Lista comparativa de países con sufraxio feminino (por orde de aprobación) | Listaxe de países sen sufraxio feminino | Sufraxistas | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónElections in Asia and the Pacific: A Data Handbook : Volume I: Middle East, Central Asia, and South Asia: Volume I: Middle East, Central Asia, and South AsiaSufraxio Universal, Fraude da Esquerda. Artigo de Inés Maldonado en Debate 21Sufraxio feminino na Alemaña119711882ID4071434-2sh8514734600563831
Sistemas electorais
sufraxiovotarmulleresdiscriminaciónEstados UnidosSuráfricasufraxio universalrazas1776Nova Jersey18071838Pitcairn1853VélezcolombianoSantander185725 de agosto1954Gustavo Rojas Pinilla1957século XIXAustralia do Sur18611869WyomingEUAsufraxio universal1893Nova ZelandiaKate Sheppard1919sufraxio universalAustralia do Sur1894Tasmania1903británicasEspañaClara CampoamorArxentinaEva PerónI Guerra Mundial
Sufraxio feminino
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Manifestación de sufraxistas na cidade de Nova York, 1912.
Antisufraxistas nos Estados Unidos.
O movemento internacional polo sufraxio feminino, levado a cabo polas sufraxistas, foi un movemento reformista social, económico e político que promovía a extensión do sufraxio (isto é, o dereito a votar) ás mulleres, avogando polo «sufraxio igual» (abolición da diferenza de capacidade de votación por xénero) en lugar do «sufraxio universal» (abolición da discriminación debida principalmente á raza), xa que este último era considerado demasiado revolucionario.
Índice
1 Liña temporal
2 Lista comparativa de países con sufraxio feminino (por orde de aprobación)
3 Listaxe de países sen sufraxio feminino
4 Sufraxistas
5 Notas
6 Véxase tamén
6.1 Outros artigos
6.2 Ligazóns externas
Liña temporal |
O sufraxio feminino foi aprobado (e revogado) varias veces en distintos países do mundo. Nalgúns países como Estados Unidos ou Suráfrica o sufraxio feminino autorizouse antes que o sufraxio universal; así, unha vez concedido este ós homes e mulleres brancos, aínda se lles seguía negando o dereito a votar a homes e mulleres doutras razas. Porén, na maioría de países o sufraxio feminino foi o que levou ao universal.
En 1776 en Nova Jersey autorizouse accidentalmente o primeiro sufraxio feminino (empregouse accidentalmente a palabra «persoas» no canto de «homes»), aínda que se aboliu en 1807.
En 1838 aprobouse o sufraxio feminino (coa mesmas características propias que o masculino) nas illas Pitcairn.
En 1853 aprobouse o sufraxio feminino na provincia de Vélez (no actual departamento colombiano de Santander). Foi o primeiro caso nun país independente; non obstante foi revogado no ano 1857 e restablecido o 25 de agosto de 1954 pero, como o país vivía a ditadura de Gustavo Rojas Pinilla, só puido poñerse en práctica a partir de 1957.
Na segunda metade do século XIX, varios países e estados recoñeceron un tipo de sufraxio feminino restrinxido comezando por Australia do Sur en 1861.
En 1869, o Territorio de Wyoming converteuse no primeiro estado dos EUA onde se instaurou o «sufraxio igual» (sen diferenzas de xénero) aínda que non era sufraxio universal, xa que non podían votar os homes e mulleres de pel negra.
En 1893 aprobouse en Nova Zelandia o primeiro sufraxio feminino sen restrinxir, grazas ao movemento liderado por Kate Sheppard. De tódolos xeitos, ás mulleres só se lles permitía votar sen poder presentarse ás eleccións. Só puideron presentarse a partir de 1919 a ser elixidas para un cargo político.
O primeiro país en ofrecer o sufraxio universal (e tamén permitir ás mulleres presentarse ás eleccións para o parlamento) foi Australia do Sur en 1902 (segundo outros en 1894) e Tasmania en 1903.
Lista comparativa de países con sufraxio feminino (por orde de aprobación) |
| Países | Dereito masculino ao voto en eleccións nacionais | Voto das mulleres en igualdade cos homes |
|---|---|---|
| 1879 | 1893 | |
| 1901 | 1902 | |
| 1906 | 1906 | |
| 1898 | 1913 | |
| 1920 | 1915 (dende 1908 podían votar as mulleres de máis de 25 anos e que pagasen impostos) | |
| 1830 | 1917 (votan por primeira vez o 3 de xullo de 1927) | |
| ? | 1918 | |
| ? | 1918 | |
| ? | 1918 | |
| 1918 | 1918 | |
| ? | 1919 | |
| ? | 1919 | |
| 1867 | 1919 | |
| 1909 | 1919 | |
| 1917 | 1919 | |
| ? | 1920 | |
| ? | 1920 | |
| 1920 | 1920 | |
| 1918 | 1928 (dende 1918 podían votar as mulleres maiores de 30 anos) | |
| ? | 1929 | |
| 1869 | 1931 | |
| ? | 1934 | |
| 1924 | 1934 | |
| 1936 | 1937 (gañado en 1935 cun referendo, 95% a favor) | |
| ? | 1939 | |
| 1920 | 1940 (en Quebéc. De 1916 a 1922 no resto do país) | |
| ? | 1942 | |
| ? | 1944 | |
| 1848 | 1944 | |
| ? | 1945 | |
| ? | 1945 | |
| 1919 | 1945 | |
| ? | 1946 | |
| ? | 1946 | |
| 1925 | 1946 | |
| ? | 1947 | |
| ? | 1947 | |
| 1912 | 1947 | |
| 1946 | 1947 | |
| ? | 1948 | |
| ? | 1948 | |
| 1919 | 1948 (dende 1920 as mulleres podían votar nas eleccións comunais) | |
| 1935 | 1949 (dende 1935 as mulleres podían votar en eleccións municipais) | |
| ? | 1949 | |
| ? | 1950 | |
| ? | 1950 | |
| ? | 1951 | |
| ? | 1951 | |
| ? | 1951 | |
| ? | 1951 | |
| ? | 1951 | |
| ? | 1952 | |
| ? | 1952 | |
| ? | 1952 | |
| 1950 | 1950 | |
| ? | 1953 | |
| 1909 | 17 de outubro de 1953 (dende 1947 en eleccións municipais) | |
| ? | 1954 | |
| ? | 1954 | |
| ? | 1955 | |
| ? | 1955 | |
| ? | 1955 | |
| ? | 1955 | |
| ? | 1955 | |
| ? | 1955 | |
| ? | 1956 | |
| 1957 (dende 1853, na provincia de Vélez -Santander-, podían votar. En 1857 perderon o dereito ao voto ao formarse o Estado de Santander. Recuperándoo de novo o 25 de agosto de 1954 e poñéndoo en práctica dende 1957). | ||
| ? | 1961 | |
| 1889 | 1961 | |
| ? | 1962 | |
| ? | 1962 | |
| ? | 1963 | |
| ? | 1963 | |
| ? | 1964 | |
| 1870 | 1965 (dende 1920 podían votar só as mulleres de pel branca) | |
| 1848 | 1971 | |
| ? | 1971 (dende 1931 podían votar as mulleres coa escola secundaria completa) | |
| ? | 1984 | |
| ? | 1986 | |
| ? | 1986 | |
| ? | 1990 | |
| 1994 | 1994 (dende 1930 podían votar só as mulleres de pel branca) | |
| ? | 2003 | |
| ? | 2005 |
Listaxe de países sen sufraxio feminino |
Na actualidade, algúns países non recoñecen o sufraxio ás mulleres. E se o recoñecen (como no Líbano), fano dun xeito diferente ós homes.
A seguinte listaxe non inclúe os países que non permiten o sufraxio nin a homes nin a mulleres:
Arabia Saudita
Brunei Darussalam
Emiratos Árabes Unidos
Líbano: De 1952 a 1957, as mulleres requiren unha proba educativa, os homes non. O voto éra obrigatorio para os homes e opcional para as mulleres durante estes cinco anos[1].
Sufraxistas |
Os e as sufraxistas foron a miúdo membros de diferentes asociacións co mesmo obxectivo, aínda que usando diferentes tácticas. Por exemplo, as sufraxistas británicas caracterizábanse por un tipo de defensa máis combativa. Noutros países o sufraxio feminino logrouse dende as institucións do estado mediante leis que foron impulsadas directamente por mulleres na política como o caso de España con Clara Campoamor ou Arxentina con Eva Perón.
Os primeiros obxectivos do movemento feminista seguiron sendo os mesmos: a incorporación da muller ao traballo durante a I Guerra Mundial, o dereito de voto, a mellora da educación, a capacitación profesional, a apertura de novos horizontes laborais, a equiparación de sexos na familia como medio de evitar a subordinación da muller e a dobre moral sexual. A grande novidade viu da ampla mobilización colectiva que soubo dirixir o movemento sufraxista en determinados países.
Notas |
↑ Dieter Nohlen; Florian Grotz; Christof Hartmann (15 November 2001). Elections in Asia and the Pacific: A Data Handbook : Volume I: Middle East, Central Asia, and South Asia: Volume I: Middle East, Central Asia, and South Asia (en francés). OUP Oxford. pp. 174–. ISBN 978-0-19-153041-8.
Véxase tamén |
Outros artigos |
Democracia.
Electorado.
Sufraxio.
Sufraxio universal.
Ligazóns externas |
- Sufraxio Universal, Fraude da Esquerda. Artigo de Inés Maldonado en Debate 21
Sufraxio feminino na Alemaña - 19 de xaneiro 1919 - primeiro sufraxio feminino na Alemaña.
|
Categoría:
- Sistemas electorais
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.524","walltime":"0.830","ppvisitednodes":"value":709,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":17401,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1386,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":5,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1652,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":6,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 565.759 1 -total"," 29.93% 169.309 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 10.94% 61.910 1 Modelo:Listaref"," 8.92% 50.454 1 Modelo:Sen_referencias"," 8.88% 50.245 1 Modelo:Cita_libro"," 8.27% 46.810 1 Modelo:Ifsubst"," 7.50% 42.428 1 Modelo:Ambox"," 2.98% 16.875 1 Modelo:1000_artigos_icona_título"," 2.40% 13.577 1 Modelo:Icona_en_título"," 1.28% 7.225 1 Modelo:BAH"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.168","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3681559,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1304","timestamp":"20190315101643","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":127,"wgHostname":"mw1271"););