Skip to main content

Wikipedia:Artigo destacado Artigo destacadoVindeiros artigos destacados na PortadaArtigo destacadoArtigo destacadoArquivoModeloMenú de navegacióneditareditar

Wikipedia:Seccións da Portada


Artigos de calidadeArtigos bosArtigo destacadoArtigo sobre GaliciaImaxe da semanaVotacións en cursoResultados de votaciónsArtigos propostos para borrarFicheiros propostos para borrarVotacións á administraciónPeticións de aprobación de botsPortadaGalipediapáxina de propostasWorcesterMassachusetts8 de xaneiro1859CannesFrancia22 de xaneiro1925xeógrafacartógrafaexploradoraescritora de viaxesmontañeiraestadounidenseHimalaiasufraxio femininoEuropaWilliam Hunter WorkmanÁfricaAsiaHimalaia occidentalKarakorumglaciaresmontañasmetrospico PinnacleSorbonaRoyal Geographical SocietyNova YorkPrinceton, Nova Jerseyfísico teóricoestadounidensexudíafísicaUniversidade de California, Berkeleybomba atómicaProxecto Manhattanarmas nuclearesSegunda Guerra MundialProba TrinityNovo MéxicoComisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidoscarreira armamentísticaUnión SoviéticaJohn F. KennedyLyndon B. JohnsonPremio Enrico Fermifísicaaproximación de Born-Oppenheimerelectrónspositrónsproceso de Oppenheimer-Phillipsfusión nuclearefecto túnelestrelas de neutrónsburatos negrosmecánica cuánticateoría cuántica de camposraios cósmicosHalifaxNova EscociaCanadáSS ImoSS Mont-Blancbuque de cargaexplosivosbaía de Halifaxenseada de Bedforddistrito de Richmondarmas nuclearesDartmouthNova EscociaNovo BrunswickEstados Unidos de AméricaReplacement filing cabinet.svgArquivo de artigos destacados










Esta páxina está semiprotexida



Wikipedia:Artigo destacado




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura




Votacións

Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe da semana (Propor · Votar)



Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións



Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar



Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots



Atallo:

WP:DT

O artigo destacado é unha sección da Portada onde se mostra un retazo dun dos máis completos artigos da Galipedia.


Para propor artigos destacados para os próximos meses ou votar a favor ou en contra dos xa propostos, vai á páxina de propostas.


Actualmente o artigo destacado é:






Artigo destacado







Fanny Bullock Workman (cropped).jpg


Fanny Bullock Workman, nada en Worcester, Massachusetts, o 8 de xaneiro de 1859 e finada en Cannes, Francia, o 22 de xaneiro de 1925, foi unha xeógrafa, cartógrafa, exploradora, escritora de viaxes e montañeira estadounidense, de forma notable no Himalaia. Foi unha das primeiras alpinistas profesionais femininas, e ademais de realizar exploracións escribiu varios libros sobre as súas viaxes. Marcou varios récords femininos de altitude, publicou oito libros de viaxe xunto ó seu esposo e promoveu os dereitos das mulleres e o sufraxio feminino.


Nada no seo dunha familia rica, Workman asistiu a algunhas das mellores escolas femininas da época e realizou varias viaxes a Europa. Xunto co seu esposo William Hunter Workman viaxou por toda Europa, polo norte de África e por Asia, e escribiron libros sobre cada unha das súas viaxes, nos que Fanny adoitaba comentar a situación das mulleres en cada lugar que visitaban. Ao finalizar a súa viaxe en bicicleta pola India, a parella viaxou ata o Himalaia occidental e ata Karakorum durante os meses do verán, onde comezaron a realizar alpinismo de grande altitude. Volveron ata esta rexión oito veces máis durante os seguintes catorce anos. Malia non dispoñer de equipamento moderno de alpinismo, os Workman exploraron varios glaciares e acadaron os cumios de varias montañas, chegando eventualmente ós 7 000 metros do pico Pinnacle, marcando un récord feminino de altitude naquela época.


Fanny Workman converteuse na primeira muller estadounidense en dar unha charla na Sorbona, e a segunda en falar na Royal Geographical Society. Recibiu numerosas medallas de honra de sociedades europeas xeográficas e de montañismo, e foi recoñecida como unha das montañeiras máis importantes da súa época. Naquel momento demostrou que unha muller podía escalar a grandes altitudes da mesma forma que un home, contribuíndo a eliminar a barreira de xénero no alpinismo.




Vindeiros artigos destacados na Portada


  • En abril o artigo destacado será:




Artigo destacado







JROppenheimer-LosAlamos.jpg


Robert Oppenheimer, nado o 22 de abril de 1904 en Nova York e finado o 18 de febreiro de 1967 en Princeton, Nova Jersey, foi un físico teórico estadounidense de orixe xudía e profesor de física na Universidade de California, Berkeley. É un dos chamados «pais da bomba atómica» pola súa destacada participación no Proxecto Manhattan, o proxecto que conseguiu desenvolver as primeiras armas nucleares da historia durante a Segunda Guerra Mundial. A primeira bomba nuclear foi detonada o 16 de xullo de 1945 na Proba Trinity en Novo México, Estados Unidos. Logo da guerra ocupou o cargo de asesor xefe na daquela recentemente creada Comisión da Enerxía Atómica dos Estados Unidos e utilizou a súa posición para avogar polo control internacional do poder nuclear, evitar a proliferación de armamento nuclear e frear a carreira armamentística entre Estados Unidos e a Unión Soviética.


O goberno retiroulle o seu pase de seguridade, perdendo o acceso aos documentos militares segredos do seu país, e perdeu a súa influencia política directa durante unha moi publicitada auditoría en 1954. Nove anos despois da auditoría, os presidentes John F. Kennedy e Lyndon B. Johnson concedéronlle e outorgáronlle respectivamente o Premio Enrico Fermi como un xesto de rehabilitación da súa figura pública. Oppenheimer conseguiu varios logros notables no campo da física, como por exemplo a aproximación de Born-Oppenheimer. Tamén traballou na teoría de electróns e positróns, o proceso de Oppenheimer-Phillips da fusión nuclear e na primeira predición sobre o efecto túnel. Xunto cos seus alumnos fixo importantes contribucións á teoría moderna sobre as estrelas de neutróns e os buratos negros, así como á mecánica cuántica, á teoría cuántica de campos e ás interaccións dos raios cósmicos.



editar


  • En maio o artigo destacado será:




Artigo destacado







Halifax Explosion blast cloud restored.jpg


A explosión de Halifax foi un desastre marítimo en Halifax, Nova Escocia, Canadá, sucedido na mañá do 6 de decembro de 1917. O navío noruegués SS Imo colidiu co SS Mont-Blanc, un buque de carga francés cargado de explosivos, no estreito de Narrows que conecta a baía de Halifax coa enseada de Bedford. O lume provocado na borda do navío francés prendeu os explosivos da súa carga, provocando unha gran explosión que devastou o distrito de Richmond de Halifax. Aproximadamente unhas 2 000 persoas faleceron, e segundo as estimacións outras 9 000 persoas quedaron feridas. Esta foi a maior explosión provocada polo home da historia antes do desenvolvemento das armas nucleares.


Case tódalas estruturas a un radio de 800 metros quedaron arrasadas, incluíndo a comunidade de Richmond. En Dartmouth, ó outro lado da baía, tamén se produciron danos xeneralizados.


Os traballos de recuperación comezaron case de inmediato, e os hospitais enchéronse de feridos en pouco tempo. O mesmo día da explosión comezaron a chegar trens de rescate dende Nova Escocia e Novo Brunswick, mentres que outros trens enviados dende Canadá central e dende o nordeste dos Estados Unidos de América non puideron chegar por mor das nevaradas. A investigación xudicial inicial determinou que o Mont-Blanc fora o responsable do desastre, mais unha apelación posterior determinou que ámbolos dous navíos tiñan a culpa do sucedido.



editar


Arquivo



Véxase tamén: Wikipedia:Artigos da portada.

Replacement filing cabinet.svg Arquivo de artigos destacados


A continuación, móstrase unha lista cos artigos destacados do ano pasado, este ano e o vindeiro:








2018



  • Xaneiro (Osíxeno)


  • Febreiro (Angela Gheorghiu)


  • Marzo (Sítidos)


  • Abril (Morte de Adolf Hitler)


  • Maio (María Amelia de Braganza)


  • Xuño (A Balsa da Medusa)


  • Xullo (Execución da familia Romanov)


  • Agosto (Proxecto Manhattan)


  • Setembro (Táboa periódica dos elementos)


  • Outubro (Xoán I de Inglaterra)


  • Novembro (Xirafa)


  • Decembro (Fight Club)




2019



  • Xaneiro (Ukiyo-e)


  • Febreiro (Paporroibo)


  • Marzo (Fanny Bullock Workman)


  • Abril (Robert Oppenheimer)


  • Maio (Explosión de Halifax)


  • Xuño (Boeing 777)


  • Xullo ([[]])


  • Agosto ([[]])


  • Setembro ([[]])


  • Outubro ([[]])


  • Novembro ([[]])


  • Decembro ([[]])




2020



  • Xaneiro ([[]])


  • Febreiro ([[]])


  • Marzo ([[]])


  • Abril ([[]])


  • Maio ([[]])


  • Xuño ([[]])


  • Xullo ([[]])


  • Agosto ([[]])


  • Setembro ([[]])


  • Outubro ([[]])


  • Novembro ([[]])


  • Decembro ([[]])



Modelo


A continuación, móstrase o modelo que deberán seguir as subpáxinas que conteñan os artigos destacados:


<div style="float:left;margin-right:0.9em">
[[Ficheiro:IMAXE_RELACIONADA_CO_ARTIGO|none|125px]]
</div>
'''[[NOME_DO_ARTIGO_DESTACADO]]''' PEQUENO_RESUMO_DO_ARTIGO
<noinclude>[[Categoría:Artigos destacados en subst:CURRENTYEAR| +1month]]</noinclude>








Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Wikipedia:Artigo_destacado&oldid=4413027"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.156","walltime":"0.223","ppvisitednodes":"value":529,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":22358,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":7608,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":8,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":0,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":309,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":0,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 119.285 1 -total"," 29.06% 34.660 3 Modelo:PortadaCadro"," 16.44% 19.607 1 Modelo:Protexido"," 16.37% 19.530 1 Wikipedia:Artigo_destacado/Arquivo/2020"," 14.21% 16.945 1 Wikipedia:Artigo_destacado/maio_2019"," 13.36% 15.931 1 Modelo:Icona_en_título"," 10.44% 12.449 2 Modelo:SS"," 9.93% 11.839 1 Modelo:VT"," 5.36% 6.397 1 Modelo:Votacións"," 5.02% 5.988 1 Wikipedia:Artigo_destacado/abril_2019"],"cachereport":"origin":"mw1268","timestamp":"20190327152745","ttl":86400,"transientcontent":true);mw.config.set("wgBackendResponseTime":142,"wgHostname":"mw1333"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Is 1 ppb equal to 1 μg/kg? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How to determine the concentration after a dilution with Beer's law?What would be SMILES notation for a compound with delocalized bonding?Amount of substance of a molecule in a solute the same as amount of substance of constituent elements?Interpreting notation format 1.64E-02 from particulate emission dataWhat was the lithium concentration in 1940's 7-Up?Why are osmoles not considered SI units?Why is Ka constant when volume is increased?Should residual sodium be considered in measuring sodium content of sweat?Concentration of mercury in bodyConversion from a PPB value to µg/m3 of Isobutylene

What does “fit” mean in this sentence? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How does 'jealousy' mean 'suspicion'?What does “not so say” mean?Does “somebody of my caliber” mean the speaker themselves?“accounting for high fasting blood glucose”- help about the meaningWhat does “cloaked by NDA” mean in this context?What does it mean by 'community ownership' in this context?What does “human corroborators” mean in this context?What does “everything but a fire” mean in this context?What does “run” mean here?What does “rabbited” mean/imply in this sentence?