Compañía Británica das Indias Orientais Índice Consolidación | Fin da compañía | Véxase tamén | Menú de navegaciónO ocaso da CompañíaDo comercio a colonizaciónSelos e insignias da Compañía Británica das Indias OrientaisWorldCat23917640013516315za11815309ID2052078-50000 0001 2187 2375n79118917olak200316450002750188449483
Historia do Reino UnidoHistoria temáticaIndia británica
inglés31 de decembro1600Isabel I de InglaterraprivilexiosIndiamonopolioIndias OrientaisIndia1858IndiaRaj BritánicoLondresGoaBombai16471634Bengalaalgodónsedaíndigoté1711CantónChinaprata1670Carlos IICasacas vermellas1689BombaiMadrásGuerra dos Sete AnosGran Bretañaséculo XIXBirmaniaSingapurHong KongFilipinasXavaopio181318331858Revolta dos sipaios185718601 de xaneiro1874
Compañía Británica das Indias Orientais
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Bandeira da Compañía desde 1707 ata 1801
A Compañía Británica das Indias Orientais (en inglés, East India Trading Company, English East India Company e as veces British East India Company) foi unha compañía de investidores que obtivo o 31 de decembro de 1600 a Carta Real de mans da raíña Isabel I de Inglaterra coa intención de garantirlle os privilexios do comercio na India. A carta real deu a nova compañía o monopolio artificial de todo o comercio nas Indias Orientais. A Compañía transformouse, pasando dunha simple unión comercial, ata converterse na empresa que gobernou de xeito virtual a India ata a disolución da compañía en 1858 pasando India a estar gobernada polo Raj Británico. Tiña a súa sede en Londres.
Índice
1 Consolidación
2 Fin da compañía
3 Véxase tamén
3.1 Ligazóns externas
Consolidación |
A East India House, sede da compañía, nun debuxo de 1817
A compañía pronto eclipsou ós portugueses que estableceran as súas bases en Goa e Bombai (que posteriormente foi cedida ós británicos). En 1647, a compañía británica tiña 23 fábricas e 90 empregados na India. En 1634, o emperador mogol ampliou a súa hospitalidade e permitiu ós británicos comerciar na rexión de Bengala.
O negocios da compañía centrábanse no algodón, a seda, o índigo e o té. Ademais, iniciaron algunhas incursións no negocio das especias, ata entón monopolizado polos holandeses. En 1711 estableceron un punto de comercio en Cantón, China, para comerciar con té e prata.
En 1670, o rei Carlos II concedeulle o dereito de capitanear os exércitos e formar alianzas, declarar a guerra ou establecer a paz e exercer a xurisdición tanto civil como criminal nas zonas nas que operaba. A Compañía tiña como principais militares ós «Casacas vermellas». Ao sufrir constantes ataques por parte dos nativos e doutros competidores comerciais, desenvolveu un importante despregue militar. En 1689, a Compañía era case un «estado» dentro da India continental, que administraba de forma independente as zonas de Bombai, Madrás e Bengala e que posuía unha forza militar tremendamente intimidatoria.
A Guerra dos Sete Anos marcou o comezo da fin da presenza colonial francesa na India. A desaparición deste potente rival comercial permitiu á Compañía Británica das Indias Orientais consolidar o monopolio do comercio na zona. O emperador mogol concedeulles o comercio na zona de Bengala, a provincia máis poboada e máis rendible de todo o pais. Porén a Compañía tivo problemas coa resistencia local.
Os esforzos da Compañía para administrar a India convertéronse nun modelo de sistema de servizos civís en Gran Bretaña, especialmente durante o século XIX.
Fin da compañía |
A mediados do século XIX, o control da Compañía estendíase pola maior parte da India, Birmania, Singapur e Hong Kong; unha quinta parte da poboación mundial estaba baixo a súa autoridade. A Compañía ocupou as Filipinas e conquistou Xava. Solucionou algúns problemas de liquidez para mercar o té en China, exportando o opio indio.
En 1813 quedou privada do monopolio comercial e en 1833 quedouse sen o comercio do té en China. Finalmente, en 1858, a compañía perdeu as súas funcións administrativas, que lle foron retiradas polo goberno despois da Revolta dos sipaios en 1857; a India converteuse formalmente nunha colonia británica. A principios de 1860, todas as posesións da Compañía pasaron a mans da coroa. A Compañía seguiu controlando o comercio do té. Finalmente, disolveuse 1 de xaneiro de 1874.
Véxase tamén |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Compañía Británica das Indias Orientais |
Ligazóns externas |
O ocaso da Compañía(en inglés)
Do comercio a colonización(en inglés)
Selos e insignias da Compañía Británica das Indias Orientais(en inglés)
|
Categorías:
- Historia do Reino Unido
- Historia temática
- India británica
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.272","walltime":"0.330","ppvisitednodes":"value":182,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":8200,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":266,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":10,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":11,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 280.660 1 -total"," 83.07% 233.153 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 15.95% 44.778 1 Modelo:Commons"," 14.98% 42.040 1 Modelo:Irmáns"," 13.21% 37.080 1 Modelo:Caixa_lateral"," 2.19% 6.138 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.88% 2.463 3 Modelo:En"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.195","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3863024,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1307","timestamp":"20190404151924","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Compau00f1u00eda Britu00e1nica das Indias Orientais","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Compa%C3%B1%C3%ADa_Brit%C3%A1nica_das_Indias_Orientais","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q83164","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q83164","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2009-11-20T14:53:26Z","dateModified":"2018-08-23T00:50:32Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/b/b3/Flag_of_the_British_East_India_Company_%281707%29.svg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":145,"wgHostname":"mw1243"););