Muros Índice Poboación | Clima | Historia | Muros na literatura popular | Galería de imaxes | Parroquias | Lugares de Muros | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación42°46′N 9°5′O / 42.767, -9.083www.muros.galeINEIGE"Evolución do uso do galego por concellos"eeWorldCat13406811800450186357322346506Traballa nel
AbegondoAmesArangaAresArteixoArzúaA BañaBergondoBetanzosBoimortoBoiroBoqueixónBriónCabana de BergantiñosCabanasCamariñasCambreA CapelaCarballoCariñoCarnotaCarralCedeiraCeeCercedaCerdidoCoirósCorcubiónCoristancoA CoruñaCulleredoCurtisDodroDumbríaFeneFerrolFisterraFradesIrixoaA LarachaLaxeLousameMalpica de BergantiñosMañónMazaricosMelideMesíaMiñoMoecheMonferoMugardosMurosMuxíaNarónNedaNegreiraNoiaOleirosOrdesOrosoOrtigueiraOutesOza-CesurasPadernePadrónO PinoA Pobra do CaramiñalPontecesoPontedeumeAs Pontes de García RodríguezPorto do SonRianxoRibeiraRoisSadaSan SadurniñoSanta CombaSantiago de CompostelaSantisoSobradoAs SomozasTeoToquesTordoiaTouroTrazoVal do DubraValdoviñoVedraVilarmaiorVilasantarVimianzoZas
Muros
provincia da Coruñacomarca de Murosría de Muros e Noiarías BaixasIGEmuradámuradánpetróglifoscastrosromanizaciónséculo XSancho IV de CastelaPonte Nafonso1298Fernando IVmitra compostelávieirasséculo XVXoán II de Castela1520amurallada1520Alonso III de Fonseca1544batalla de MurosArmada EspañolaÁlvaro de Bazánséculo XVIGuerra da Independencianapoleónicasséculo XIXsardiñaarenqueestaleirosséculo XXMaría Cristina de Habsburgo-LorenaAfonso XIII1970Ría de Muros e NoiaAbelleira, MurosEsteiro, MurosMonte LouroBaroñaAbelleira (Santo Estevo)Esteiro (Santa Mariña)Louro (Santiago)Muros (San Pedro)Serres (San Xoán)Sestaio (San Miguel)Tal (Santiago)Torea (San Xián)Lugares de Muros
Muros
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 42°46′N 9°5′O / 42.767, -9.083
| Muros | |
|---|---|
Porto de Muros. | |
| Situación | |
Xentilicio[1] | muradán/muradá |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia da Coruña |
| Comarca | Comarca de Muros |
| Poboación | 8.695 hab. (2018) |
| Área | 72,9 km² |
| Densidade | 119,27 hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 parroquias |
| Capital do concello | Muros |
| Política (2015) | |
| Alcaldesa | María Xosé Alfonso Torres (CxG) |
| Concelleiros | BNG: 2 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 4 Outros: CxG: 3 |
| Eleccións municipais en Muros | |
| Uso do galego[2] (2011) | |
| Galegofalantes | 76,77% |
| Na rede | |
| www.muros.gal | |
| muros@fegamp.es | |
Muros é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Muros. Está situado no extremo norte da ría de Muros e Noia, a máis setentrional das rías Baixas.
Segundo o IGE no 2014 tiña unha poboación de 9.117 habitantes (9.787 no 2009, 9.999 no 2006, 9.995 no 2005, 10.050 no 2004, 10.095 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é muradá para o feminino ou muradán para o masculino.
Índice
1 Poboación
2 Clima
3 Historia
4 Muros na literatura popular
5 Galería de imaxes
6 Parroquias
7 Lugares de Muros
8 Notas
9 Véxase tamén
Poboación |
Censo Total (Habitantes) | 9.117 (2014) |
Menores de 15 anos | 956 (10.48 %) |
Entre 15 e 64 anos | 5.561 (60.99 %) |
Maiores de 65 anos | 2.600 (28.52 %) |

Evolución da poboación de Muros Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 |
| 9.130 | 10.282 | 11.155 | 12.302 | 10.050 | 9.787 | 9.565 | 9.437 | 13 | 14 | ||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) | |||||||||||||
Clima |
O clima de Muros é propio do dominio oceánico hiperhúmedo aínda que, debido á orientación ó sur dominante e á protección dos ventos polas serras que o delimitan, permite a suavidade de certos trazos climáticos. A concentración de precipitacións no outono-inverno e o descenso no verán é patente, tanto que incluso nalgún se chega a falar de aridez estival e déficit hídrico, vinculado á dificultade de reter a auga por parte do substrato areoso.
Historia |
Na zona atopáronse restos prehistóricos, como os petróglifos de Louro e Serres, así como castros da época castrexa e calzadas do período da romanización.
No século X o rei Sancho IV de Castela mandou repoboar a zona entre O Ézaro e Ponte Nafonso, nomeando a zona como Póboa de Muro. O primeiro emprazamento correspondíase coa parte sur do actual. O primeiro documento no que se documenta este lugar é de 1286, En 1298 Fernando IV doa esta vila á mitra compostelá, desaparecendo do seu escudo o castelo e o león (símbolos dos reis de Castela) e pasando a figurar nel dúas vieiras, que representan a igrexa compostelá. A mediados do século XV o rei Xoán II de Castela habilitou o porto da vila para exportar e importar mercadorías.
A vila foi gañando importancia co tempo, e en 1520 foi amurallada. A construción, de entre 3 e 4 m de grosor e até 7 de altura, dividía a poboación en dous barrios perfectamente delimitados: A Cerca e A Axesta. A porta principal de acceso era a Porta da Vila, flanqueada por dúas poderosas torres defensivas, estaba situada preto da actual Casa Consistorial, A muralla tiña outras dúas portas e dezaoito torres ameadas de até 11 m de altura. Tamén en 1520 Alonso III de Fonseca mandou construír o forte de Monte Louro para defenderse dos ataques dos piratas. En 1544 tivo lugar a batalla de Muros, na que a Armada Española, mandada polo almirante Álvaro de Bazán, derrotou a escuadra francesa. Nesa época o goberno local reuníase no adro da igrexa de San Pedro. A finais do século XVI o marqués de Cerralbo construíu un castelo nas inmediacións da vella lonxa, que no século XVIII chegou a contar con 12 canóns.
Vista de Muros por Mariano Ramón Sánchez (1792-1793).
En marzo de 1809, no marco da Guerra da Independencia, a vila foi destruída polas tropas napoleónicas en tan só doce horas. Amais dos danos humanos e materiais (190 casas destruídas), queimouse o Arquivo Municipal, o que supuxo a perda da maioría da documentación histórica. No século XIX chegaron á vila empresarios cataláns, que crearon máis de 30 fábricas de salgadura, principalmente de sardiña e arenque. Xunto cos estaleiros, isto marcou a vida laboral e a fisionomía da vila.
A comezos do século XX a vila foi visitada por María Cristina de Habsburgo-Lorena, raíña nai de Afonso XIII. A nobre estivo varios días hospedada co se séquito.
En maio de 1970 a vila foi declarada conxunto histórico-artístico, sendo definida como «Vila mariñeira que conserva os seus valores ambientais, típicos e pintorescos, ó lado da severa grandeza monumental de góticos palacios e templos como o da antiga Colexiata e o Santuario da Virxe do Camiño».
Muros na literatura popular |
Eu fun a Muros pescar,/ pescar unha muradana,/ e si a pesquei fixen ben/ dormir con ela na cama [3].
Heime de casar en Louro,/ casar con unha loiriña,/ Nosa Señora de Louro/ ha sere a miña madriña [4].
Heime de casar no Louro,/ no Louro cunha louriña,/ Nosa Señora de Louro/ ten que ser miña madriña [5].
Indo polo mar embaixo/ o aire rifoume a vela:/ nosa Señora da Creba/ deume o pano para ela [6].
Os de Noia son borrachos,/ os de Muros aloqueiros,/ os de Fisterra son mouros,/ e os do Son sonche bucheiros [7].
Os de Noia son bos mozos,/ os de Muros baloqueiros,/ os de Fisterra son negros,/ e os do Son son mariñeiros [8].
Quen me dera estar na Creba/ e na Creba haber un piño,/ para ver o que se pasa/ esta noite en Portosiño [9].
Santo Cristo de Fisterra,/ ten unha pistola de ouro/ para matar os do Son/ por riba do Monte Louro [10].
Si todo o mar fora leite/ e Monte Louro boroa,/ xa terían que comer/ os tramalleiros de Boa [11][12].
Galería de imaxes |
- Artigo principal: Galería de imaxes de Muros.

Casa do concello

Ría de Muros e Noia, probablemente desde Abelleira, Muros

Esteiro, Muros

Monte Louro dende Arnela, Baroña

Muíño de mareas de Pozo de Cachón

Capela de San Roque

Lavadoiro
Parroquias |
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Muros | |
|---|---|
Abelleira (Santo Estevo) | Esteiro (Santa Mariña) | Louro (Santiago) | Muros (San Pedro) | Serres (San Xoán) | Sestaio (San Miguel) | Tal (Santiago) | Torea (San Xián) |
Lugares de Muros |
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Muros vexa: Lugares de Muros.
Notas |
↑ Véxase no Galizionario.
↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 217. No texto: á Muros.
↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 217. No texto: Héime. Santiago de Louro é unha parroquia do concello de Muros.
↑ Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 168. No texto: c-unha.
↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 193. No texto: pol-o, rifóume, díume.
↑ ANÓNIMO (1968): Cantigas do viño. Ed. Castrelos, Vigo (Col. O Moucho 6). Aloque ou aloqueiro significan pantano, lameira, e, por extensión, atranco, dificultade, compromiso. Bucheiro pode significar barrigán, tripón; ou pescador de bucheiros, nome local dos muxos.
↑ Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192. No texto: bós. Segundo Eladio Rodríguez, chámase baloqueiro á persoa moi aficionada ás balocas (castañas ou patacas) cocidas.
↑ A illa da Creba pertence a Muros pero está fronte por fronte a Portosín (lugar de Porto do Son). Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192.
↑ Fermín Bouza Brey: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II], 184. No texto: ôs do Son.
↑ Boa é a parroquia máis occidental do concello coruñés de Noia, lindando con Porto do Son. Tramalleiros son os que pescan ó tramallo, unha arte de pesca formada por tres redes superpostas. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 94, 15.10.1931, 192; no texto: Montelouro,
↑ Lino Lema Bouzas (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993, 15.
Véxase tamén |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muros |
| |||||||||||
| ||||||||
|
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Categoría:
- Muros
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.472","walltime":"1.009","ppvisitednodes":"value":1398,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":40127,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1776,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":12,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":4,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":12833,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 895.107 1 -total"," 15.51% 138.797 1 Modelo:Concello"," 15.43% 138.128 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 13.95% 124.890 1 Modelo:Infobox"," 7.06% 63.192 1 Modelo:Listaref"," 5.68% 50.842 1 Modelo:Cita_web"," 4.29% 38.410 1 Modelo:Coordenadas"," 3.80% 33.972 1 Modelo:ConcellosMuros"," 3.39% 30.374 1 Modelo:Navbox_con_columnas"," 3.14% 28.109 1 Modelo:Commonscat"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.191","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":3888267,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1338","timestamp":"20190318160236","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Muros","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Muros","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q578957","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q578957","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2004-12-10T20:37:15Z","dateModified":"2018-10-16T08:58:02Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/9/9d/Muros.Galiza.04-2008.jpg","headline":"concello da comarca de Muros"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":161,"wgHostname":"mw1267"););