Skip to main content

Cunedda Índice Traxectoria | Familia inmediata[1] | Véxase tamén | Notas | Menú de navegacióneA History of Wales from the Earliest Times to the Edwardian Conquest, Volume I, 1912eID39297Edyrn-1

Yr Hen OgleddPersonalidades de GalesMonarcas


GalesReino de GwyneddbritónicaxenealoxíaPadarn BeisruddClackmannanshireEscociaMagno MáximopictasirlandesasMuro de HadriánUí Liatháinreino de GwyneddVortigernépoca posromanaP. C. BartrumDavid DumvilleConstantino IIIChesterLlŷnWroxeterSheppard FreresaxónsMaelgwn GwyneddXildasGwawlCoel HenEboracumCeredigionMeirionnyddCeredigMeirion












Cunedda




Na Galipedia, a Wikipedia en galego.






Saltar ata a navegación
Saltar á procura














Cunedda
Crop Cunedda from File History of the Kings.jpg
Nacemento386
 Gododdin
Falecemento460
NacionalidadeGales
Ocupaciónpolítico
FillosCeredig, Einion Yrth ap Cunedda, sen etiquetar, Ysfael Gwron, Rhufon e Dogfael ap Cunedda
[ editar datos en Wikidata ]

Cunedda ap Edern (século V) (en latín Cunetacius, en inglés Kenneth), coñecido tamén como Cunedda Wledig, foi un importante líder no Gales antigo e o proxenitor da dinastía real do Reino de Gwynedd.




Índice





  • 1 Traxectoria


  • 2 Familia inmediata[1]

    • 2.1 Devanceiros inmediatos


    • 2.2 Fillos



  • 3 Véxase tamén

    • 3.1 Bibliografía



  • 4 Notas




Traxectoria |


O nome Cunedda deriva da palabra britónica kunodagos, que significa 'can bo'. A súa xenealoxía remóntase a Padarn Beisrudd, que se traduce literalmente como Paternus o da túnica vermella. Unha interpretación tradicional interpreta que Padarn era un oficial romano ou britano-romano de bastante alto rango que fora posto ao mando das tropas dos Votadini estacionadas na rexión de Clackmannanshire en Escocia sobre o ano 380 ou mesmo antes polo emperador Magno Máximo. Outra posibilidade é que fose un oficial fronteirizo que obtivo un rango militar romano, práctica testemuñada nesa época por todos os territorios do limes. Con toda probabilidade, o mando que tivo Padarn en Escocia asumiuno o seu fillo, Edern (en latín Æturnus), e logo pasou ao fillo de Edern, Cunedda.


Cunedda e os seus devanceiros guiaron os votadini contra as incursións pictas e irlandesas ao sur do Muro de Hadrián. Algo despois as tropas dos votadini so mando de Cunedda trasladáronse ao norte de Gales para defenderen a rexión das invasións irlandesas, exactamente a de Uí Liatháin, segundo se di na Historia Brittonum. Cunedda estableceuse en Gales, no territorio dos venedoti, o que se había converter no centro do reino de Gwynedd. Téñense suxerido dúas explicacións para estas accións: ou ben Cunedda actuaba so as ordes de Máximo (ou os seus sucesores) ou ben de Vortigern, o rei dos britóns na época posromana. O rango de datas (suxerido por P. C. Bartrum) vai desde finais da década de 370, cousa que favorecería a Máximo, a finais da década de 440, que favorecería a Vortigern.


A suxestión de que Cunedda operase baixo ordes de Roma lanzárona varios historiadores. David Dumville rexeita o concepto enteiro de os romanos transplantaren foederati desde Escocia a Gales desta maneira, dado que a situación política do mundo britano posromano faría imposíbel un tal control centralizado no século V. Como o mesmo Máximo foi matado a finais de 388 e Constantino III partiron de Britania coas últimas forzas militares romanas en 407, menos dunha xeración despois, é dubidoso que Roma tivese moita influencia directa sobre as accións militares dos votadini, por medio de Máximo ou calquera outro emisario, durante un longo período de tempo.


Máximo (ou os seus sucesores) poden ter entregado o control das fronteiras britoas a xefes locais en data anterior; coa evacuación do forte de Chester na década de 370 poucas opcións lle terían quedado. Dado que o rexistro arqueolóxico amosa asentamentos irlandeses na península de Llŷn e posíbeis incursións tan ao oeste como Wroxeter a finais do século IV é difícil concibir que unhas forzas for romanas for aliadas britoas presentasen unha defensa efectiva en Gales.


Académicos como Sheppard Frere argumenta que foi Vortigern quen, adoptando elementos da organización romana, tería movido os votadini ao sur, do mesmo modo que invitou os saxóns para protexer outras partes da illa. segundo esta versión dos acontecementos, Vortigern tería ordenado a Cunedda e os seus votadini desprazarse a Gales en resposta ás devanditas incursións irlandesas non máis alá do ano 442, cando os seus antigos aliados saxóns se rebelaron contra o seu mando.


O suposto neto de Cunedda, Maelgwn Gwynedd, foi contemporáneo de Xildas. Porén a fiabilidade das antigas xenealoxías galesas non carece de críticas e moitas das reclamacións sobre o número e identidade dos herdeiros de Cunedda non xorden ata o século X.
Descoñécese case todo da personalidade de Cunedda. Probabelmente celebrado pola súa forza, coraxe e habilidade para reunir as cercadas forzas romano-britoas da rexión, é probábel que conseguise un matrimonio politicamente vantaxoso con Gwawl, filla de Coel Hen, o gobernante romano-britón de Eboracum (a moderna York), e dise que tivo nove fillos. Os antigos reinos de Ceredigion e Meirionnydd terían recibido o seu nome supostamente dos seus fillos Ceredig e Meirion.



Familia inmediata[1] |



Devanceiros inmediatos |


  • Eternus (Edeyrn): pai.

  • Paternus-(Padarn Beisrudd-da túnica vermella): avó.

  • Tacitus - (Tegid): bisavó.


Fillos |


  • Osmail.

  • Rumanus.

  • Dunautus.

  • Eternus.

  • Ceretic.

  • Abloyc.

  • Enniaun Girt (Einion Yrth).

  • Docmail.

  • Typiaun.


Véxase tamén |



Bibliografía |


  • Lloyd, John Edward (1911): A History of Wales: From the Norman Invasion to the Edwardian Conquest, Volume I. Px.117, 118.

  • J. Fenton, 'The Grave of Sawyl Benisel, King of the Britons', Archaeol. Camb., vol 2, (1851) new ser, pp. 159162.


Notas |




  1. A History of Wales from the Earliest Times to the Edwardian Conquest, Volume I, 1912





Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Cunedda&oldid=4973694"










Menú de navegación

























(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.408","walltime":"0.488","ppvisitednodes":"value":2896,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":16351,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":198,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":11,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":4,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":680,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":5,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 433.465 1 -total"," 70.44% 305.332 1 Modelo:Biografía"," 68.78% 298.129 1 Modelo:Infobox"," 52.56% 227.821 26 Modelo:Propiedade"," 20.11% 87.170 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 3.85% 16.703 1 Modelo:Se_é_muller"," 3.33% 14.431 1 Modelo:Yr_hen_ogledd"," 2.72% 11.785 1 Modelo:Navbox"," 1.71% 7.399 1 Modelo:Título_sen_retrouso"," 0.93% 4.020 1 Modelo:Listaref"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.257","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2892224,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1302","timestamp":"20190408192046","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":155,"wgHostname":"mw1320"););

Popular posts from this blog

Isurus Índice Especies | Notas | Véxase tamén | Menú de navegación"A compendium of fossil marine animal genera (Chondrichthyes entry)"o orixinal"A review of the Tertiary fossil Cetacea (Mammalia) localities in wales port taf Museum Victoria"o orixinalThe Vertebrate Fauna of the Selma Formation of Alabama. Part VII. Part VIII. The Mosasaurs The Fishes50419737IDsh85068767Isurus2548834613242066569678159923NHMSYS00210535017845105743

Король Коль Исторические данные | Стихотворение | Примечания | Навигацияверсии1 правкаверсии1 правкаA New interpretation of the 'Artognou' stone, TintagelTintagel IslandАрхивировано

Roughly how much would it cost to hire a team of dwarves to build a home in the mountainside? Announcing the arrival of Valued Associate #679: Cesar Manara Planned maintenance scheduled April 17/18, 2019 at 00:00UTC (8:00pm US/Eastern)How much does a house cost?How long does it take to mine rock?How much does a house cost?How much gold would the construction of a forge cost?How much does a door cost?How much would it cost to make this magic item?How much would a glue bomb cost?How much does mandrake root cost?How much does a slave cost?How much does equipment cost?How much do sheep cost?How much would firearms cost?