Lexión romana Índice Historia | Localización das lexións | Véxase tamén | Menú de navegaciónLexionarios e minerías de estaño romanase37071ID7882
Exército romanoExército romano tardíoLexión romanaLexionarioTropas auxiliares romanasDux bellorumMagister militumTribuno militarCónsul romanoCabaleiro romanoMariña romanaGarda PretorianaAccioTeutoburgoAlesiaReformas de Mario
Roma antiga
exército romanocohortestribunocenturiascenturiónsmanípulosdecuriasdecuriónRepúblicaImperio Romanocónsul69Marco Aurelioséculo IIIséculo I
Lexión romana
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
A lexión romana (do latín legio, "leva") era a división fundamental do exército romano e estaba formada xeralmente por entre 5000 e 6000 soldados de infantaría (posteriormente 8000) e varios centos de cabaleiros e tropas auxiliares. As lexións tiñan un nome e un número e coñécense unhas 50. Habitualmente había 28 lexións máis os auxiliares.
Índice
1 Historia
2 Localización das lexións
3 Véxase tamén
3.1 Outros artigos
3.2 Ligazóns externas
Historia |
Dos 5000 homes da lexión, cerca de 300 proviñan de cidades ou estados vasalos, e facían o papel de auxiliares de infantaría ou cabalaría. O compoñente principal da lexión era a infantaría pesada, formada por soldados armados con pillum e gladius e protexidos por unha loriga segmentata e un escudo rectangular convexo. Alén, é claro, dun casco, sendo o máis utilizado no período imperial o modelo imperial gálico.
Unha Lexión dividíase en dez cohortes de 500 ou 600 homes, comandada cada unha por un tribuno. As cohortes constaban de seis centurias (divisións con 100 lexionarios), comandadas polos centurións. Por outra parte, cada cohorte constaba de tres manípulos de douscentos homes (dúas centurias). As centurias tiñan dez decurias, cun decurión ao fronte de cada unha. Ademais, cada lexión contaba con trescentos xinetes, seleccionados de entre os patricios. As lexións estaban comandadas por seis tribunos que recibían as ordes do cónsul.
Durante a República e certos períodos do Imperio Romano, non había un exército romano propiamente dito. Cada xeneral ou alto maxistrado posuía unha ou máis lexións que lle eran fieis e obedecían antes as súas ordes do que as dun comandante xeral. Durante a República, cada cónsul era responsábel das súas propias lexións, debendo tamén comandalas. Das catro lexións que tiña o exército romano a fins da República e comezos do Imperio (que podían aumentar en casos especiais) pasouse a 28 cara o ano 69 d.C., cun total aproximado de 168.000 infantes e 8.400 xinetes. En tempos de Marco Aurelio, coa máxima expansión do Imperio, o exército chegou ás 40 lexións, con case 250.000 efectivos. No século III, as tropas de cabalaría comezaban a substituír a estrutura militar das lexións.
Localización das lexións |
A finais do século I, as lexións e a súa localización eran as seguintes:
- Lexión II Augusta en Gloucester (Inglaterra)
- Lexión IX Hispana en Lincoln (Inglaterra);
- Lexión XX Valeria Victrix preto de Shrewsbury (Inglaterra)
- Lexións V Alaudae e XV Primigenia en Xanten (Alemaña);
- Lexión XVI Gallica en Neuss (Alemaña)
- Lexión I Germanica en Bonn (Alemaña)
- Lexións IV Macedonia e XXII Primigenia en Maguncia (Alemaña)
- Lexión XXI Rapax en Windisch (Austria)
- Lexión X Gemina preto de Bratislava (Eslovaquia)
- Lexión XIII Gemina preto de Budapest (Hungría)
- Lexións XI Claudia, VIII Augusta, III Gallica e VII Claudia na ribeira sur do Danubio
- Lexións IV Scythica, XII Fulminata e VI Ferrata preto de Antioquía (Siria)
- Lexións V Macedonica, X Fretensis e XV Apollinaris, en Xudea
- Lexións III Cyrenaica e XXII Deiotariana en Alexandría (Exipto)
- Lexión III Augusta preto da fronteira entre Túnez e Alxeria
- Lexión VI Victrix en España
- Lexión I Italica en Italia
- Lexión XIV Gemina en Lión (Francia).
Véxase tamén |
Outros artigos |
- Campamento romano
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lexión romana |
Ligazóns externas |
- Lexionarios e minerías de estaño romanas
|
|
Categoría:
- Roma antiga
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.180","walltime":"0.264","ppvisitednodes":"value":244,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":16139,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":168,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":9,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":3,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":0,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":4,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 208.581 1 -total"," 71.10% 148.291 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 17.52% 36.538 1 Modelo:Commons"," 16.39% 34.178 1 Modelo:Irmáns"," 14.94% 31.160 1 Modelo:Caixa_lateral"," 11.25% 23.469 1 Modelo:Historia_militar_de_Roma"," 9.53% 19.881 1 Modelo:Navbox"," 3.65% 7.611 1 Modelo:Título_sen_retrouso"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.107","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":2130364,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1332","timestamp":"20190410235457","ttl":2592000,"transientcontent":false);mw.config.set("wgBackendResponseTime":197,"wgHostname":"mw1249"););